Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Referencias lexislativas e normativas:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación 

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Centro:

O CEIP Wenceslao Fernández Flórez está situado na localidade de Cambre, capital do Concello, nun núcleo urbano ben comunicado e con numerosos servizos. O nivel socio-económico, segundo os datos dos anuarios económicos, sitúase na media de Galicia.

O colexio ten adscrita unha Escola de Educación Infantil: EEI San Bartolomeu (Pravio). O instituto ao que está adscrito é o IES Afonso X O Sabio.

O noso centro forma parte do proxecto E-dixgal desde hai catro cursos e, anteriormente, participou no proxecto Abalar. O instituto ao que está adscrito o centro e o outro instituto da contorna, tamén forman parte do proxecto E-dixgal, co que o alumnado que pasa a secundaria ten xa certa soltura co manexo dos equipos e a plataforma.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O 100% do equipo directivo, o 84% do profesorado e o 70% do alumnado realizou a autoavialiación SELFIE.

O 67% do profesorado cubriu o test CDD.

Ademais, aproveitamos o coñecemento directo da realidade do centro que ten o profesorado implicado na elaboración do Plan Dixital.

A partir destas fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais
do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

 

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11. Non aprenden a codificar ou programar. Alumnado Si
Debilidade Grandes diferenzas de nivel en conceptos básicos de manexo dos ordenadores ao chegar a 5º de primaria. Alumnado Si
Debilidade Problemas derivados do mal uso das redes sociais. Alumnado Non
Debilidade Falta de control do coidado dos equipos do centro. Familias Si
Debilidade Falta de control do emprego de redes sociais e tempo adicado ás pantallas. Familias Non
Debilidade C12. Fenda dixital docente: ausencia de plans a nivel de centro para o ensino mixto. Infraestruturas Non
Debilidade C12. Fenda dixital docente: ausencia de plans a nivel de centro para os retos do ensino mixto. Organización de centro Si
Debilidade C16. Ausencia de bibliotecas/repositorios en línea de materiais de elaboración propia. Organización de centro Non
Debilidade A1. Falta dunha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade B1. Non existe avaliación do progreso. Organización de centro Non
Debilidade A4. Falta de tempo para explorar o ensino dixital. Organización de centro Si
Debilidade C14. Espazos físicos pouco axeitados para a aprendizaxe dixital. Organización de centro Non
Debilidade A4. Falta de tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade F6. En xeral, non se usan as tecnoloxías dixitais en Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade D3. Falta de tempo e dun modo fluído de intercambio de experiencias. Persoal docente Si
Fortaleza H8. O alumnado aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais (foros, chats..) Alumnado Non
Fortaleza Apoian o proxecto Edixgal e implícanse no acceso dos seus fillos ás aulas virtuais, blogs... Familias Non
Fortaleza C10. Dispositivos de préstamo para o alumnado que o precise no caso de ensino online. Infraestruturas Non
Fortaleza C5. Asistencia técnica contratada polo centro. Infraestruturas Non
Fortaleza C10. Dispositivos de préstamo para o alumnado que o precise no caso de ensino online. Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Dotacion suficiente de dispositivos dixitais, especialmente en 5o e 6o (Edixgal). Infraestruturas Non
Fortaleza Actividades extraescolares de informática e robótica. Oferta Non
Fortaleza C5. Web, blogs e aulas virtuais actualizadas e dinamizadas. Organización de centro Non
Fortaleza C5. Comunicación fluida coas familias a través da aplicación Abalar. Organización de centro Non
Fortaleza C5. Asistencia técnica contratada polo centro. Organización de centro Non
Fortaleza C5. Organización horaria de uso da aula de informática e os equipos (tablets, robots...) Organización de centro Non
Fortaleza E1. Utilización frecuente de recursos educativos en línea. Persoal docente Non
Fortaleza D2. Boa disposición xeral para participar no Desenvolvemento Profesional Continuo. Persoal docente Non
Fortaleza E3. Emprego de entornos virtuales de aprendizaje (aulas virtuales, blogs, Edixgal). Persoal docente Non
Fortaleza F1. Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza C5. Asistencia técnica contratada polo centro. Persoal non docente Non
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia. Administración educativa Non
Ameaza Cambios lexislativos constantes. Lexislación Non
Ameaza Lei de protección de datos e de propiedade intelectual (dereitos de uso). Por restrictivas e a nosa falta de dominio resultan limitantes no noso traballo. Lexislación Non
Ameaza Problemas de conexión en determinadas áreas do centro. Outras Non
Oportunidade Colaboración. ANPA Non
Oportunidade Entorno cultural favorable. Contorna Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O CEIP Wenceslao Fernández Flórez presenta, a día de hoxe, moitas fortalezas para ser quen de desenvolver unha boa estratexia de ensino dixital: está, en xeral, ben dotado de infraestruturas e equipos, con algúns problemas de conexión puntuais, algúns dos cales poden ser solventados grazas á contratación dunha empresa externa. 

As webs, blogues e aulas virtuais e Edixgal están dinamizadas e as familias e o alumnado están afeitas ao seu uso, sendo frecuente que o profesorado utilice recursos dixitais e estando establecida unha comunicación habitual por medio da aplicación Abalar. Ademais o profesorado ten boa disposción para a formación nesta materia e existe unha organización funcional da aula de informática. 

Por último, ofértanse actividades extraescolares relacionadas coas tecnoloxías como informática, robótica e programación.

 

Por outra banda, hai moitas melloras que introducir para poder seguir avanzando: 

Non había, até o de agora, unha estratexia dixital a nivel de centro que permitira establecer obxectivos e avaliar resultados. O profesorado explora pola súa conta as ferramentas dixitais pero acusa falta de tempo para seguir aprendendo e aplicando, así como para compartir experiencias (en persoa ou en repositorios), o que resultaría especialmente relevante, pois existe gran diversidade en canto ao dominio destas ferramentas que temos uns e outros. Tamén se observa a necesidade de integrar o uso das tecnoloxías na metodoloxía diaria de forma máis significativa, por exemplo a través de proxectos interdisciplinares. 

Algúns espazos físicos e infraestruturas precisan ser mellorados, como certas pantallas dixitais ou a propia aula de informática. Tamén se precisa dotar de equipamento informático ás aulas non Edixgal.

O alumnado, pola súa parte, benefíciase da achega que fan moitos dos mestres ás novas tecnoloxías, pero chegan a 5º e 6º con coñecementos irregulares sobre o manexo básicos dos equipos, non aprenden a programar e son moi novos para ser quen de controlar o bo uso da Internet (chats, foros, redes sociais...), problema ao que se enfrentan as familias: xestión do tempo de uso e seguridade en liña. 

 

No tocante aos factores máis externos, atopámonos coas fortalezas dunha ANPA colaboradora e disposta e un entorno cultural favorable. Pola outra banda, a excesiva burocracia exixida pola administración, os cambios lexislativos frecuentes e pouco claros, e as leis de protección de datos e propiedade intelectual, moi estritas, engaden dificultades á nosa labor. Así como a resposta irregular ante as dificultades técnicas que xurden no día a día. 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Aprender as bases da linguaxe informática (codificar, programar). (H. Competencias dixitais do alumnado)
O2PD Dotación de equipos portátiles para o alumnado de segundo ciclo de primaria, para a súa familiarización cos equipos antes de chegar a 5o (curso Edixgal). (C. Infraestruturas e equipamento).
O3PD Programar e realizar formacións adaptadas ás necesidades do claustro. (D. Desenvolvemento profesional continuo)
O4PD Crear un banco de recursos colaborativo do centro. (B. Colaboración e Redes)
O5PD Optimizar os espazos e recursos informáticos do centro. (C. INFRAESTRUTURA E EQUIPAMENTO.)

Seguimento

Procedemento

Avaliación procesual. O equipo do Plan Dixital (coincidente co Equipo TICs), reunirase coa periodicidade habitual tratando as accións necesarias para ir cumprindo os obxectivos do plan. Na última reunión do equipo TIC do trimestre prestarase especial atención á evolución da consecución dos obxectivos e indicadores do plan dixital, cos seguintes aspectos a valorar:

  •  estado da execución das accións,
  •  análise e valoración dos resultados
  •  posibles modificacións das accións
  •  propostas de mellora

Os avances e atrancos, serán tratados tamén coa persoa coordinadora do Equipo Adix dúas veces por trimestre.

A persoa coordinadora do Plan Dixital, rexistrará en Educalidade a evolución do plan ao final de cada trimestre. 

1º Trimestre

O centro foi admitido no programa de Polos creativos. O último día de novembro chegaron os materiais, polo que se dedicaron os meses anteriores a acondicionar as aulas para recibilos e os meses posteriores a organizalos. 

A implantación da ferramenta PROENS fixo que fose máis difícil a adicación ao Plan Dixital.

O obxectivo 1 (robótica) queda pendente da formación derivada do PFPP de Polos Creativos e da chegada dos materiais, aínda que se segue traballando de forma puntual cos materiais do curso anterior.

O obxectivo 2 (dotación de portátiles ás aulas de cuarto) cúmprese nas primeiras semanas de curso utilizando os ordenadores que viñeran para o préstamo ao alumnado que o precisara e que non estaban sendo utilizados. Exténdese a entrega de equipos ás aulas de 3º de EP. 

O obxectivo 3 cúmprese no primeiro mes de curso e queda solicitada unha formación para desenvolver o polo creativo á que se apuntan 21 persoas do claustro (o 60%). Ademais de poñer en funcionamento o Polo Creativo, recibiremos docencias sobre impresión 3D, plotter de corte, robótica e monitor interactivo.

Sobre o obxectivo 4 (banco de recursos dixitais) estúdanse opcións e consúltase co asesor ADIX a mellor opción, elixindo un aula virtual na que esteamos matriculados todos os docentes e poidamos compartir e descargar recursos. Con todo, posponse a súa realización por falta de tempo para difundilo e dinamizalo propiamente, por mor da carga de traballo deste primeiro trimestre. 

Tras realizar as primeiras accións do obxectivo 5 (enquisa e revisión) detéctanse necesidades de material que son comunicadas nunha das reunións co asesor ADIX.

2º Trimestre

O material de polos creativos é inventariado, organizado e etiquetado a pesar de non estar completo, dos problemas de compatibilidade entre os materiais e de non ter listas as aulas (á espera de obras de empresas privadas e do concello). Pídense orzamentos para acometer obras de pintura, electricidade, chan, insonorización...

Continuamos agardando os equipos prometidos para este trimestre como dotación do plan dixital (sobremesas, tabletas...).

Chega o carro de carga para os equipos de préstamos ao alumnado que nós estamos utilizando nas aulas de 3º e 4º EP.

 

3º Trimestre

Envíase a petición formal (con proposta e orzamentos) para o acondicionamento das aulas de polos (illamento acústico, pintura, chan, teito e electricidade e redes) e acométese a obra de electricidade e pintura. 

Prepáranse as aulas para a chegada dos monitores interactivos e a súa instalación. Sitúanse as antigas noutras dependencias do centro onde son necesarias. 

Prepárase a difusión do Polo Creativo entre a comunidade educativa para o inicio do vindeiro curso.

Chegan once equipos para alumnado.

A mediados de maio aínda non recibimos ningún do material solicitado para o Plan Dixital. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Tras unha valoración nos equipos de ciclo en torno aos obxectivos fixados, na última reunión do equipo TIC recolleremos o sentir do claustro valorando os seguintes aspectos:

- Logro dos obxectivos
- Propostas de mellora para a seguinte versión do PLAN.

 

Valoración xeral

En xeral deseñamos un plan realista e práctico sendo quen de cumprir grande parte dos obxectivos.

Os motivos de non acadar todo o que nos propuxemos teñen que ver, fundamentalmente coa falta de tempo para explorar a competencia dixital, coordinarse e preparar actividades e coa falta dos equipamentos solicitados.

 

Obxectivo 1 (robótica). Indicador de logro: Unha experiencia mensual en todos os niveis. Non acadado por falta de tempo para explorar as posibilidades dos materiais e para coordinarse e deseñar actividades conxuntas. As prácticas de programación e robótica seguen sendo irregulares tendo algunha presenza esporádica en 5º, 1º e infantil.

Obxectivo 2 (dotación de portátiles ás aulas de cuarto) cúmprese nas primeiras semanas de curso utilizando os ordenadores que viñeran para o préstamo ao alumnado que o precisara e que non estaban sendo utilizados. Exténdese a entrega de equipos ás aulas de 3º de EP. Chegan 11 máis. A valoración da súa utilidade e frecuencia de uso por parte das titoras é moi positiva. 

Obxectivo 3 (formación) cúmprese no primeiro mes de curso e queda solicitada unha formación para desenvolver o polo creativo á que se apuntan 22 persoas do claustro (o 60%). No PFPP, ademais de poñer en funcionamento o Polo Creativo, recibimos docencias sobre impresión 3D, plotter de corte, robótica e monitor interactivo. Con todo, consideramos as horas de docencia insuficientes, queda moito por facer a nivel de exploración persoal e moi pouco tempo para coordinarse e practicar.

Obxectivo 4 (banco de recursos dixitais) estúdianse opcións e consúltase co asesor ADIX a mellor opción, elixindo un aula virtual na que esteamos matriculados todos os docentes e poidamos compartir e descargar recursos. Con todo, posponse a súa realización por falta de tempo para difundilo e dinamizalo propiamente, por mor da carga de traballo deste curso.

Obxectivo 5. Optimizar os espazos informáticos do centro. Indicador de logro: O 100 das infraestruturas e equipos do centro en uso. Tras realizar unha enquisa inicial e revisar, detéctanse necesidades de material que son comunicadas nunha das reunións co asesor ADIX e que non chegaron en todo o curso. Con todo, a aula de informática incrementou a súa frecuencia de uso, acudindo a ela todas as clases de 3º e 4º con frecuencia semanal...

 

Proposta de mellora

- Aunar os equipos TICS/PLAN DIXITAL/POLOS e definir claramente as súas funcións.

- Acadar mellores horarios para a atención ao desenvolvemento do Plan Dixital e dos Polos Creativos que permitan a coordinación e a dinamización efectiva e real. Contar alomenos cunha hora de liberación horaria para explorar a competencia digital e os polos creativos, para cada docente ou, cando menos, para cada membro do equipo de TICS (coincidindo varios do equipo para poderse coordinar). Tamén pode ser útil reorganizar as reunións de equipos de traballo dos luns polas tardes para liberar unha tarde ao mes para estas tarefas e para formacións (Edixgal, materiais de polos creativos, plan de mellora de bibliotecas, etc...). Desde o equipo do PFPP envíase unha proposta á CCP e ao equipo directivo para solicitar cobertura horaria para a atención ao Polo Creativo.

- Adquirir tabletas actualizadas para o seu uso nas aulas.

- Poder imprimir desde os equipos de cada aula a unha impresora ou fotocopiadora no edificio principal.

- Adquirir un equipo de son para o centro. 

- Completar a aula de informática.

- Estudar a compra de recursos dixitais interesantes, como un editor de vídeo ou o Kahoot, sempre e cando non poidan ser utilizadas as ferramentas corporativas para eses fins. 

- Optimizar o uso dos monitores dixitais, que están a dar problemas de velocidade e carga de contidos.

- Establecer a fitura de dinamizadores dixitais, con liberación horaria, que organicen y executen actividades para o alumnado.

- Implementar formación en protección de datos.

- Na redacción do plan dixital do vindeiro curso, redactar de forma máis clara os valores dos indicadores. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan foi posto en coñecemento do Claustro e, posteriormente aprobado polo Consello Escolar.
Ademais, foi difundido entre a comunidade educativa a través da súa publicación na páxina web do centro.