Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Para realizar un seguimento axeitado do plan, realízanse reunións periódicas e, tras un consenso grupal, distribúense as distintas funcións das que se encarga cada membro do equipo.
No obxectivo O1PD, tanto as accións AO.1.1 coma a AO1.2 están pendentes de realizarse, debido a que no primeiro trimestre retrasouse a posta en marcha da aula virtual pois a persona coordinadora incorporouse a mediados de outubro, e tivo que priorizar a posta en marcha da aula de informática, revisando os equipos e conexións. Intentarase iniciar o segundo trimestre con ambas accións do obxectivo O1PD.
No referente ao O2PD, dicir que se desenvolveron as seguintes accións: AO2.1. Solicitar o itinerario de formación EDIXGAL a finais de setembro a través da asesora do CAFI; AO2.2. A formación EDIXGAL iniciouse en decembro e terá continuidade ao longo do mes de xaneiro e primeira quincena de febreiro cunha porcentaxe de profesorado participante dun 51% (14 docentes); AO2.3. O alumnado de 5º de Educación Primaria comezan a empregar os equipamentos en setembro e son instruidos dende o inicio das normas de uso e coidado dos que deben ser responsables; AO2.4. O alumnado de 5º de Educación Primaria iniciouse en setembro e continuou ao longo do trimestre, no referente ao manexo da plataforma vitual de aprendizaxe EDIXGAL, tanto na aula conectados á rede, coma nas casas con actividades cargadas a través de EVA offline.
O3PD, a acción de AO3.1 xestión altas e baixas na UAC dos equipamentos, dicir que se deron de alta varios equipamentos do programa EDIXGAL en 5º de Educación Primaria:un carro de carga con 27 ordenadores portátiles para o alumnado (23 de alumnado e 4 auxiliares), 6 ordenadores de mestres para o equipo docente e un ordenador de aula.
Todas as accións o referidas ao O4PD (AO4.1, AO4.2, AO4.3, AO4.4), serán desenvoltas nos próximos trimestres.
O5PD, a acción establecida AO5.1 desenvolveuse no mes de outubro, creouse un espazo para a divulgación das actividades da ANPA na web do centro. A ANPA xa comezou a empregala engadindo un listado de comercios colaboradores (21/11/2023).
O6PD, AO6.1 e AO6.2, pendientes de desenvolver pois os mestres responsables e coñecedores das ferramentas, están de baixa, polo que debemos dar tempo a aqueles que asumen as súas funcións para organizarse; Desenvólvese a acción AO6.3, en relación aos Polos Creativos, iníciase a participación da formación da persoa coordinadora a mediados do mes de outubro (17/10/2023).
No obxectivo O7PD, AO7.2 a acción referida ás actividades sobre o respecto dos dereitos de autor, desenvolveránse nos seguintes trimestres. Neste primeiro trimestre, iniciáronse as seguintes accións: AO7.1 No mes de novembro, realízase a acción de aprender a manexar diferentes ferramentas co alumnado de 4º de Educación Primaria, tales como: kahoot e presentacións de traballos en impress. Traballando a selección de información e imaxes, a edición de texto e imaxe e organizar dita información en carpetas. Do mesmo xeito, o alumnado de 3º de Educación Primaria, realizaron búsquedas sobre coñecemento do mundo que nos rodea, a través de mapas e buscar información; AO7.3 O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu a través da Cruz Vermella charlas sobre os riscos e perigos na rede no mes de novembro (28/11/2023). Do mesmo xeito, tamén se ofertou charla ás familias (23/11/2023), ás que só acudiron 3 familias; AO7.4 recolle a implementación das diferentes propostas do INCIBE. En 2ºB de Educación Primaria, traballaron con actividades sobre ciberseguridade https://cyberscouts.osi.es/ .
No obxectivo O1PD, desenvolvese a acción AO.1.1 o 23 de xaneiro realizase a formación do profesorado no uso e xestión da aula virtual do centro por parte de un docente do centro: créanse as áreas e instrúese na matriculación do alumnado. O martes 20 de febreiro, realizouse outra sesión para aclarar dúbidas. Quedando pendente AO1.2. para o terceiro trimestre.
No referente ao O2PD, a acción: AO2.1, AO2.3 e AO2.4 desenvolvéronse no 1º trimestre; AO2.2. A formación EDIXGAL iniciouse en decembro e tivo continuidade ao longo segundo trimestre con sesións de formación por parte da asesora, así coma sesións de traballo grupal e individual, rematando a mesma no mes de marzo. O Nº PARTICIPANTES:14 (de 27)51%, pero ao final déronse de baixa dous docentes, sendo a porcentaxe final de 45%.
O3PD, a acción de AO3.1 xestión altas e baixas na UAC dos equipamentos,. Dicir que se deron de baixa varios equipamentos, realizase o expurgo de 3 impresoras e 17 CPU obsoletas e inservibles a finais de xaneiro. E danse de alta 3 portátiles para as aulas de 5º, 6ºA 6º B en xaneiro e a inicio de febreiro instalanse dous ordenadores de mesa que chegan para zonas de uso común que son inventariados a través da aplicación.
As accións o referidas ao O4PD AO4.2, Nas aulas, dende 3º de educación primaria, realizáronse pequenas búsquedas na rede, para desenvolver tarefas propostas. AO4.4) Realizase a difusión na web do centro de programas de radio para o que se habilita un espazo propio. O AO4.1 e AO4.3 planificase que se van desenvolver no terceiro trimestre.
O5PD, a acción establecida AO5.1 levouse a cabo no primeiro trimestre.
O6PD, AO6.1 O alumnado de 5º de EP recibiu formación sobre edición de programas para a radio escolar o 5 e 12 de marzo a través do obradoiro Gravación e mestura para radio e podcast, impartido por Pedro Iglesias (Gráfica, sonora e social) e AO6.2 Realizouse un programa dunha peza teatral o alumnado de 3ºB de Educación primaria (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaxardin/taxonomy/term/93 ), outro para conmemorar o día de Rosalía con recitado de obras da autora por todo o centro. Desenvólvese a acción AO6.3, en relación aos Polos Creativos, iniciase a formación de persoas coordinadoras no mes de outubro. No mes de xaneiro, a asesora de polos acode ao centro, así coma se realiza a formación a través de Webex. O 2 de marzo, realízouse a formación técnica.
No obxectivo O7PD, AO7.2 a acción referida ás actividades sobre o respecto dos dereitos de autor, desenvolveránse no seguinte trimestre. No primeiro trimestre, iniciouse a acción: AO7.1 desenvolveuse no primeiro trimestre ainda que ten continuidade ao longo do curso. A Acción AO7.3 tamén se iniciou no primeiro trimestre, pero o 19 de xaneiro O alumnado de 5º e 6º de Educación primaria participan na Charla de prevención de Acoso Escolar, impartido pola Cruz Vermella.
O81.1 ,segue pendiente para realizar no seguinte trimestre, co fin de aunar aqueles recursos que están sendo creados polos docentes do centro.
No referente a O.1. Dinamizar a aula virtual do centro como recurso facilitador dos procesos de ensino-aprendizaxe, dicir que se desenvolveron as accións O.1.A.1 sobre a formación sobre aula virtual no primeiro trimestre, quedando sen realizar o O.1.A.2. relativo a propoñer tarefas a través da aula virtual nos cursos de Educación Primaria.
No O.2. Implantar en 5º de Educación Primaria o entorno virtual de aprendizaxe EDIXGAL dotando de equipamentos e formación a docentes e alumnado, realizaronse as accións O.2.A.1. Solicitar un itinerario de formación en EDIXGAL mediante unha actividade do PFPP a través CAFI, no mes de setembro; O.2.A.2 Iniciase a formación no mes de decembro, con sesións de formación por parte da asesora, así coma sesións de traballo grupal e individual, rematando a mesma no mes de maio e O.2.A.3. Instruir ao alumnado no uso e coidado dos equipamentos informáticos, dende o mes de outubro continuando ao longo do curso; O.2.A.4. Formar ao alumnado no manexo da plataforma de aprendizaxe, no mes de decembro e continuando ao longo do curso.
No O.3. Actualizar e expurgar o equipamento informático, realizouse a acción O.3.A.1. Xestionar as altas/baixas do equipamento informático a través da UAC. Ao longo do curso, realizase o expurgo de 3 impresoras e 17 CPU obsoletas e inservibles a finais de xaneiro. Dotase ao centro no presente curso con 15portátiles e un carro de carga, así coma os equipamentos do alumnado EDIXGAL e do equipo docente ao inicio de curso, 3 portátiles para as aulas de 5º, 6ºA 6º B en xaneiro, así coma se instala o panel da aula de 4ºB, que son inventariados a través da aplicación. Solicitase a retirada a UAC de unha impresora e 4 pantallas dixitais non funcionáis e un cañón da ayka de informática debe ser substituída.
O.4. Fomentar o uso de ferramentas dixitais na posta en marcha do proxecto interdisciplinar anual, O.4.A.1. Propor a realización de tarefas en relación ao Proxecto interdisciplicar anual, realizaronse en diferentes aulas, por exemplo en 5º EP cunha presentación sobre os produtos de tempada, relacionadas co proxecto do centro; O.4.A.2 Nas aulas, dende 3º de educación primaria, realizáronse pequenas búsquedas na rede, para desenvolver tarefas propostas; na acción O.4.A.3. Elaborar produtos dixitais. Realizouse a grabación e edición de programas de radio co equipo da radio e o programa Audacity, ademáis creouse un video no que o alumnado era protagonista e expoñía diferentes actividades realizadas ao longo do curso; na O.4.A.4. Promover a súa difusión dos traballos realizados na web do centro. Diferentes actividades foron difundidas a través da web, como son un decálogo de boas prácticas, os programas de radio e o video creado, actividades relativas ao programa Erasmus.
O.5. Posibilitar á ANPA a difusión da súa actividade na páxina web do centro, realizouse a acción O.5.A.1. Crear un espazo para a divulgación das actividades da ANPA na web, na que actualizaron os seus colaboradores.
O.6. Mellorar a competencia dixital do profesorado e alumnado en relación ao desenvolvemento a diferentes programas educativos (radio, polos creativos,..). Realizaronse as seguintes accións: O.6.A.1 O alumnado de 5º de EP recibiu formación sobre edición de programas para a radio escolar o 5 e 12 de marzo a través do obradoiro Gravación e mestura para radio e podcast, impartido por Pedro Iglesias (Gráfica, sonora e social). O.6.A.2. Crear contidos para a radio escolar, realizouse un programa dunha peza teatral o alumnado de 3ºB de Educación primaria, outro para conmemorar o día de Rosalía con recitado de obras da autora por todo o centro. O.6.A.3 Iniciase a formación de persoas coordinadoras de Polos Creativos no mes de outubro. No mes de xaneiro, a asesora de polos acode ao centro, así coma se realiza a formación a través de Webex. O 2 de marzo, realízase a formación técnica e entrega de evidencias requeridas.
O.7. Dotar ao alumnado de habilidades e estratexias para o tratamento da información fomentando o espíritu crítico e o respecto dos dereitos de autor sensibilizando sobre os riscos e perigos da internet e redes sociais. Levouse a cabo o O.7.A.3 O alumnado de 5º e 6º de Educación primaria participan na Charla de prevención de Acoso Escolar, impartido pola Cruz Vermella o 19 de xaneiro. O 29/05 e 05/06 desenvolvéronse as charlas do Plan director sobre ciberseguridade. Quedando pendientes: O.7.A.1 Realizar búsquedas na rede en diferentes fontes que permitan contrastar o contido e seleccionar a máis conveniente, O.7.A.2 Coñecer a importancia de respectar os dereitos de autor, O.7.A.4 Desenvolver actividades de seguridade na rede propostas dende o Incibe.
O.8. Crear un banco de recursos dixitais compartido polo profesorado do centro, está pendiente de desenvolverse a súa acción O.8.A.1. Crear recursos educativos dixitais e compartilos nos diferentes cursos da aula virtual.
Avaliación
A avaliación do Plan Dixital será levada a cabo polo equipo dixital do centro en colaboración co equipo de Dinamización das TIC e coordinado polo coordinador do Plan Dixital. Esta avaliación levarase a cabo en dous momentos:
- Avaliación procesual: Realizarase unha reunión trimestral para valorar o estado da execución das acciñons, a análise e avaliación dos resultados, e de ser o caso, as posibles modificacións das acción e as propostas de traballo.
- Avaliación final: Ao finalizar o curso escolar levarase a cabo unha avaliación final para valorar o grado de consecución dos obxectivos establecidos e as propostas de mellora.
O traballo do equipo TIC, como sinalamos anteriormente, consistiu en arranxar os problemas cos dispositivos do centro: ordenadores, proxectores, altofalantes, PDI… Ademais, tamén nos encargamos da organización da aula de informática, dende os horarios ata o espazo físico, ou da renovación da aula virtual e da páxina web do centro (actualización do formato, inclusión de diferentes logos dos programas educativos, activación do punto laranxa...), entre outros. E a inicio de curso, organizáronse os ordenadores portátiles no carro de carga, así coma rexistrar as súas referencias e etiquetaxe.
Con respecto aos obxectivos marcados anteriormente, cabe destacar que, dos 8 marcados, cumpríronse 3 na súa totalidade e outros 4 parcialmente, quedando un sen acadar.
Entre as dificultades, podemos salientar os ordenadores de mesa da aula de informática que non eran funcionais, equipos dos mestres ou de despachos (por exemplo, o do departamento de orientación) proxectores ou ordenadores, tanto por causas da súa lonxevidade.
Situación que provocou que, en ocasións, se vise interrompido o desenvolvemento do traballo programado ou non se puidese realizar. Os kits de pantalla das aulas, non funcionan correctamente, pero seguimos esperando a instalación dos novos paneis en 5ºEP e 6ºEP, que mellorarán a situación.
A aula de informática está pendente de mellorar o canón e pantalla, que daban erros, así coma mellorar a funcionalidade de 3 equipos de mesa instalando novas memorias SSD. A maioría dos equipos quedan operativos, cunha mellora significativa dos mesmos no presente curso, pero é preciso mantelos actualizados de cara ao curso que vén co fin de mellorar a dinamización da aula de informática.
Por outra banda, salientar que debido ao mal estado da instalación eléctrica xeral, tiñamos cortes de luz no cadro eléctrico, imposibilitando a carga do carro dos portátiles, non podendo ser empregados.
Non esquecer, a necesidade de dotar a aula de mellor mobiliario co fin de almacenar e inventariar os equipamentos funcionais. Estase traballando na expurga de aquel inservible, que non debe quedar almacenado.
De cara ao curso 2024/2025 e, tras analizar o cumprimento dos obxectivos deste curso, realízanse unha serie de propostas de mellora, representadas a partir dos obxectivos marcados para o curso que vén:
-
Utilizar a aula virtual, de maneira periódica, por parte de todo o profesorado, a exepción dos cursos E-DIXGAL, que empregarán a súa propia plataforma.
-
Rematar co acondicionamento da aula de informática (adquisición de novo mobiliario, mellorar os discos SSD de 3 equipos que quedan pendentes deste curso, ocultar o cableado, retirar o material inservible).
-
Continuar co programa E-Dixgal en 5ºEP, e iniciar a implementación no curso que vén en 6ºEP, sendo o 2º curso de implantación.
-
Participación de todo o alumnado no proxecto interdisciplinar do centro a través de pequenos proxectos e a súa difusión.
-
Realizar formación relativa a diferentes ferramentas educativas para poder incluílas no día a día das actividades de aula e centro.
-
Dar a coñecer entre o alumnado os riscos de internet e das redes sociais.
-
Dotar diferentes dependencias do centro das pantallas dixitais substituídas neste curso.
-
Ofrecer unha formación axeitada para continuar coa implementación do 2º curso de E-DIXGAL e ter en conta a formación relativa ao emprego dos novos paneis.
i. Revisar as incidencias e necesidades novas atopadas nos dispositivos do centro e aquelas que non puideron ser atendidos.
Comunicación e difusión
O presente Pllan Dixital daráse a coñecer a través da páxina web do centro.