Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

Nome do centro: CEIP Praia Xardín

Código do centro: 15001471

Enderezo: Rúa Praia Xardín, s/n, 15930, Boiro

Teléfono: 881866545

Fax: 881866548

Correo electrónico: ceip.praia.xardin@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaxardin

Etapas educativas: Educación Infantil e Educación Primaria Alumnado: 62 EI, 177 EP Profesorado: 24

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro O Plan Dixital que se desenvolve no presente documento, foi deseñado para ser aplicado no CEIP Praia Xardín, situado no Concello de Boiro, na provincia de A Coruña. Trátase dun Concello urbano, que conta con sete CEIP, un CPR e tres IES. O nivel socioéconómico das familias do alumnado que temos no centro é medio. A maioría do alumnado asiste ao comedor escolar e non fai pago do servizo, o que nos indica este nivel económico. Algún membro de moitas das familias do concello traballa en empresas conserveiras. Este Plan toma como referencia as indicacións realizadas tanto no Proxecto Educativo do centro, como nas sucesivas Programacións Xerais Anuais; nas que se sinala como un dos obxectivos a “mellora da Competencia Dixital do alumnado” así como o “fomento no uso das ferramentas TIC por parte dos integrantes da comunidade escolar” . Deste mesmo xeito, queda tamén enmarcado nas propostas realizadas no “Plan das TIC” do centro. Tanto a PXA do vindeiro curso, así como Proxecto Educativo, que terá que ser reelaborado para adaptarse á LOMLOE, contemplarán as indicacións feitas no presente Plan Dixital, que se desenvolverá nas seguintes páxinas.

1.3. Breve xustificación do mesmo Para a elaboración do Plan Dixital tivemos presente a seguinte normativa: - Artigo 111 bis, Artigo 121 e Artigo da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. - Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no curso académico 2021- 2022 - Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 - LOMCE: Lei Orgánica 8/2013 do 9 de decembro para a mellora da calidade da Educación. - Currículos LOMCE de Educación Infantil en Galicia : Decreto 330/2009 do 4 de xullo. - Currículos LOMCE de Educación Primaria en Galicia: Decreto 105/2014 do 4 de setembro. - LOMLOE: Lei Orgánica 3/2022 do 29 de decembro, pola que se modifica a lei orgánica 2/2006 do 3 de maio. Tivemos en conta que durante o proceso de elaboración deste documento para referirnos á competencia dixital, que nos atopamos nunha transición na aplicación de dúas normativas educativas LOMCE e LOMLOE. Será esta última aquela na que se comezará a aplicar este plan. Do mesmo xeito, aínda que no momento da elaboración deste documento, os currículos LOMLOE de Galicia non se atopaban oficialmente presentados, si se tiveron en conta as consideracións feitas nos borradores dos mesmos, tanto para a Educación Infantil como de Primaria, nos aspectos relacionados coa Competencia Dixital.

1.4. Proceso de elaboración Para a elaboración do Plan Dixital constituise un grupo de traballo formado por seis mestres do centro e solicitouse un PFPP. Todo o proceso de elaboración estivo guiado e orientado polo mentor de zona ADIX Ribeira Félix Pimentel, que xunto cos seus compañeiros ADIX orientáronnos a través dun curso onde se propoñían tarefas para chegar ao produto final. - Comezamos facendo o test SELFIE o profesorado e o alumnado entre os meses de novembro e decembro. - No mes de marzo realizamos o profesorado realizou o test CDD. Estes dous test proporcionáronnos a información de partida do centro. - A partir disto elaboramos un informe DAFO que nos proporcionou os datos precisos para elaborar o Plan de Acción establecendo un obxectivos realistas e asumibles polo centro para o vindeiro curso escolar. - Finalmente elaborouse Plan Dixital que foi presentado e aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro no mes de xuño

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Entre os instrumentos utilizados para recoller información acerca do nivel tecnolóxico do centro, podemos destacar o SELFIE ou o CDD, ademais de toda a información interna aportada por todo o profesorado e entorno

Interno
44 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Os coñecementos da mayoría do alumnado para uso de ordenadores, aula virtual é baixo. Tan só usa a aula virtual o alumnado de 6º de EP Alumnado Non
Debilidade 2. En tódolos apartados da área G do SELFIE (Prácticas de avaliación) o resultado é moi baixo. Alumnado Non
Debilidade 4. Falta de interese por parte do alumnado e das familias no uso dos contidos dixitais, a pesar de darlles as indicacións precisas, tendo que recorrer á obligación para o seu uso. Alumnado Non
Debilidade 5. O uso que fan dos mesmos non é o axeitado. Alumnado Si
Debilidade 3. No noso centro o alumnado non aprende a crear contidos dixitais. (H7 SELFIE) Alumnado Si
Debilidade 1. O profesorado considera que as familias non dispoñen de tantos dispositivos como o alumnado manifesta Familias Non
Debilidade 2. Ainda dispoñendo de dispositivos dixitais, nin as familias nin o alumnado ten competencia para empregalos Familias Non
Debilidade 3. Pouco interese das familias por adquirir coñecementos relacionados coas TIC. A aula CEMIT do concello ofrece cursos relacionados co uso do abalar, a sede electrónica, ... e as familias non adoitan participar. Familias Non
Debilidade 4.Só se teñen preocupado polo seu uso cando non podían dispor de material funxible Familias Non
Debilidade 2. Os equipos cos que contamos na aula de informática son vellos e a Consellería non os repón Infraestruturas Si
Debilidade 6. Falta de formación máis específica no ámbito das TIC. Infraestruturas Non
Debilidade 1. A conexión inhalámbrica, ainda que se cambiaron os routers, non sempre funciona. Infraestruturas Non
Debilidade 4. Ainda que o centro conta cos kits dixitais non habería dispositivos suficientes para dotar a tódolos alumnos que o precisan no caso dun confinamento. Infraestruturas Non
Debilidade 3. Os cañóns proxectores, as PDI e os equipos da maioría das aulas non funcionan correctamente Infraestruturas Non
Debilidade 5. O coordinador TIC non é o suficientemente competente para solucionar moitas das incidencias que hai nos dispositivos dixitais do centro. Infraestruturas Non
Debilidade 1. A falta de tempo por horario, principalmente motivada pola xornada partida, impide unha maior formación por parte do profesorado. Oferta Non
Debilidade 2.Falta de tempo para adicalo á procura do material máis axeitado, e máis aínda para a propia elaboración dentro do horario de traballo. Oferta Non
Debilidade 3. Debería haber liberación horaria para a coordinación TIC Organización de centro Non
Debilidade 1. Falta de tempo por parte do profesorado (xornada partida, pouco cadro de profesorado que limita o número de horas de garda) para preparar recursos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade 2. O centro non conta con estratexia dixital definida. (A1 SELFIE) Organización de centro Non
Debilidade 1. No test CDD a metade do profesorado do centro que o fixo está nun nivel Explorador A2. (Ter en conta o exposto na fortaleza 1) Persoal docente Si
Debilidade 2. Non se empregan ferramentas TIC para a avaliación. (G1 SELFIE) Persoal docente Non
Debilidade 3. O profesorado non dispón do tempo necesario para formarse. Persoal docente Non
Debilidade 4. Cada curso escolar cambia case a metade dos compoñentes do claustro Persoal docente Non
Debilidade 1. A persoa auxiliar administrativa non conta coa formación actualizada para desempeñar a súa función. Persoal non docente Non
Debilidade 2. Debería fomentarse a formación para o persoal non docente no ámbito das TIC. Persoal non docente Non
Fortaleza 1. Os coñementos que ten o alumnado no uso de tecnoloxías dixitais no referido a móvil e táblet é alto. Alumnado Non
Fortaleza 2. Curiosidade do alumnado polos recursos empregados no ordenador da aula. Alumnado Si
Fortaleza 1. A mayoría dos alumnos dispón de dispositivos dixitais para traballar fóra do centro. (Respostado polo 46% do alumnado e un 35% máis dispón dun dispositivo compartido que non sempre ten á súa disposición). Familias Non
Fortaleza 2. A partir da pandemia as familias adquiriron equipos Familias Non
Fortaleza 3. Hai algunhas familias que estarían interesadas en recibir formación para o emprego das TIC. Familias Non
Fortaleza 1. O centro conta cunha boa conexión a internet por cable. (C3 SELFIE) Infraestruturas Si
Fortaleza 3. Diante da falta de equipos, hai persoal docente que emprega os seus dispostivos persoais na aula. Infraestruturas Non
Fortaleza 2. No centro hai dispositivos dixitais que o alumnado pode utilizar: os kits dixitais que enviou a Consellería para tal fin (12 kits). (C8 SELFIE) Infraestruturas Non
Fortaleza 1. O emprego de recursos dixitais na aula, ben sexan de creación propia ou de búsqueda en interntet, depende da iniciativa persoal do profesorado, que no noso centro é manifesta. Oferta Non
Fortaleza 1. O equipo directivo ofrece facilidades para o uso dos recursos dixitais dispoñibles no centro e liberdade de cátedra para o emprego dos dispositivos e recursos dixitais na aula. Organización de centro Non
Fortaleza 2. Todos os cursos académicos se crea un grupo de PFPP, este ano adicado á radio escolar (no que se empregan tecnoloxías dixitais). Organización de centro Non
Fortaleza 1. O profesorado está formado e ten coñecementos para empregar ferramentas dixitais, que non sempre se empregan porque non dispoñemos dos equipos precisos e tamén pola idade do alumnado co que traballamos Persoal docente Non
Fortaleza 2. O profesorado busca recursos dixitais en liña para traballar na aula. (E1 SELFIE) Persoal docente Non
Fortaleza 3. O profesorado crea contidos dixitais. (E2 SELFIE) Persoal docente Non
Fortaleza 4. O profesorado ten iniciativa para preparar materiais para a aula. Persoal docente Non
Fortaleza 1. O conserxe ten formación e un nivel de coñecementos tcnolóxicos alto, incluso maior ca os docentes. Persoal non docente Non
Fortaleza 2. A colaboración do persoal non docente cos docentes e co alumnado é moi boa. Persoal non docente Non
Fortaleza 3. A dispoñibilidade e interese por parte do persoal non docente para a súa formación dixital. Persoal non docente Non
44 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. A administración non dota dos recursos materiais suficientes ao centro Administración educativa Non
Ameaza 2. Ainda que o centro adique recursos económicos para paliar a falta de dotación por parte da administración, esta non se fai responsable nin do mantemento nin do arranxo destes equipos Administración educativa Non
Ameaza 1. A falta de medios dixitais e de formación dificulta a súa labor no desenvolvemento da estratexia dixital de centro. ANPA Si
Ameaza 1. É posible que tendo en conta o número de colexios e institutos que hai no concello a dotación deste para cada un deles non sexa a suficiente. Contorna Non
Ameaza 1. Tanto os cambios lexislativos (a inestabilidade) coma a falta de claridade nos mesmos implica non poder facer planificacións a longo prazo na estratexia dixital Lexislación Non
Ameaza 1. Falta de coordinación entre as distintas entidades, asociacións ¿. á hora de establecer unha liña de traballo en común. Outras Non
Oportunidade 1. A administración oferta cursos de formación para o profesorado Administración educativa Non
Oportunidade 2. A UAC envía técnicos ao centro para as incidencias que hai nos equipos dotados pola Consellería. Administración educativa Non
Oportunidade 1. A súa colaboración na medida das súas posibilidades sería moi favorable para levar a cabo unha estratexia dixital de centro. ANPA Non
Oportunidade 2. Crear un espazo dentro da páxina web do colexio para difundir a súa información (actividades, saídas, ...) ANPA Non
Oportunidade 1. As entidades da contorna (o concello, a aula CEMIT, a ENAPA, o Colexio de Educación Especial) ofrecen formación, recursos e páxinas web que están á nosa disposición. Contorna Non
Oportunidade 2. O concello adoita colaborar co centro propoñendo actividades, facendo dotacións económicas e materiais e sería importante a súa colaboración tamén co centro na dotación de recursos económicos e materias relacionados coas tecnoloxías dixitais. Contorna Non
Oportunidade 2. Que se estableza un Plan Dixital para os vindeiros 10 anos manifesta o interese polo ensino dixital. Lexislación Non
Oportunidade 1. A inclusión de obxectivos e estándares nos currículos escolares relacionados coas Tic favorecen a adquisición por parte do alumnado. Lexislación Non
Oportunidade 1.A fundación PAIDEIA visitou o centro e vista a falta de recursos materiais dotounos de equipos informáticos. Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Con toda a información recollida nos anteriores medios citados, propuxéronse unha serie de obxectivos para o curso actual tendo en conta as debilidades e fortalezas do centro, que se atopan expostos no apartado DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Uso da aula virtual do centro polo profesorado e polo alumnado
02PD Solicitar o programa EDIXGAL para implantalo no centro no curso 2023-2024 e un PFPP de formación
03PD Actualizar e expurgar o equipamento informático.
04PD A totalidade do alumnado participa nun proxecto interdisciplinar anual
05PD A ANPA difunde a súa actividade na páxina web do centro
06PD Manexo adecuado do uso da radio.
07PD O alumnado aprende a dar crédito á información que atopa en internet e coñece a importancia dos dereitos de autor.
08PD Crear un banco de recursos dixitais compartido polo profesorado do centro na rede Agueiro
09PD Facer ao alumnado coñecedor dos riscos da internet e das redes sociais.

Seguimento

Procedemento

Para realizar un seguimento axeitado do plan, realízanse reunións periódicas e, tras un consenso grupal, distribúense as distintas funcións das que se encarga cada membro do equipo.

1º Trimestre

A continuación, especifico as accións cumpridas dos distintos obxectivos datados para este trimestre: 

No obxectivo 1, cumpríronse as accións 1 e 2 (crear un curso de formación na AV; e formar ao profesorado e alumnado que o precise na AV).

No obxectivo 3, realizouse a acción 1 (solicitar á UAC dar de baixa os equipos en mal estado).

No obxectivo 4, cumpriuse a acción 1 (escoller un proxecto interdisciplinar no centro).

No obxectivo 5, realizouse a acción 1 (crear un menu na páxina web para a ANPA).

2º Trimestre

A continuación, especifico as accións cumpridas dos distintos obxectivos datados para este trimestre: 

No obxectivo 2, cumpríronse as accións 1, 2, 3 e 4 ao longo do trimestre (solicitar o programa EDIXGAL; solicitar un PFPP de formación en EDIXGAL; contactar co CFR para atopar relatores que impartan docencia; e a realización do PFPP de EDIXGAL).

No obxectivo 3, realizouse a accións 1 (repoñer o equipamento informático do centro).

No obxectivo 8, cumpriuse a acción 1 (formación en Agueiro mediante o PFPP).

 

Pola contra, especifico agora as accións datadas para este trimestre que non se cumpriron:

No obxectivo 9, non se cumpriu a acción 1 (realizar charlas formativas sobre o risco das redes) por dificultades á hora de coordinar a tarefa.

 

Ademais, destaco tamén as accións que se comezaron e aínda non se remataron:

No obxectivo 6, a acción 1 (manexar o Audacity) atópase en proceso aínda que xa se iniciou aos alumnos nela.

No obxectivo 7, realizouse a metade da acción 1 (facer búsquedas en Internet si, pero detectar as que están libres de dereitos non).

3º Trimestre

A continuación, especifico as accións cumpridas dos distintos obxectivos datados para este trimestre: 

No obxectivo 1, realizouse a acción 3 (realizar tarefas na aula virtual).

No obxectivo 4, cumpríronse as accións 2 e 4 (buscar información en internet; e difundir actividades na páxina web do centro).

No obxectivo 5, realizouse a acción 2 (a ANPA comparte información na páxina web do centro).

No obxectivo 6, cumpríronse as accións 2, 3 e 4 (búsqueda de elementos audovisuais en internet; gravación do produto final; e difusión do produto na páxina web).

No obxectivo 9, realizouse a acción 2 (coñecemento dos riscos das redes).

 

Pola contra, especifico agora as accións datadas para este trimestre que non se cumpriron:

No obxectivo 4, non se cumpriu a acción 3 (elaborar recursos dixitais) pola gran dificultade que supoñían as tarefas anteriores.

No obxectivo 7, non se alcanzou a acción 2 (recoñecer cando as páxinas están libres de dereitos) polo mesmo motivo que antes.

No obxectivo 8, non se cumpriu a acción 2 (compartir recursos en Agueiro) debido a que os esforzos se centraron principalmente na Aula virtual.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do Plan Dixital será levada a cabo polo equipo dixital do centro en colaboración co equipo de Dinamización das TIC e coordinado polo coordinador do Plan Dixital. Esta avaliación levarase a cabo en dous momentos:

- Avaliación procesual: Realizarase unha reunión trimestral para valorar o estado da execución das acciñons, a análise e avaliación dos resultados, e de ser o caso, as posibles modificacións das acción e as propostas de traballo.

- Avaliación final: Ao finalizar o curso escolar levarase a cabo unha avaliación final para valorar o grado de consecución dos obxectivos establecidos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

O plan, en xeral, resultou satisfactorio, con obxectivos axeitados ás características do centro e plantexados dentro das posibilidades do propio centro. Non obstante, hai algúns obxectivos que non se puideron cumprir, ben por incapacidade ou por factores externos a nós. 

Entre eles destaco principalmente o de compartir recursos en Agueiro, xa que, tras valoralo dende o PFPP de recursos didácticos dixitais, pensouse que sería máis útil aplicar os esforzos na Aula Virtual, que supoñen un nexo e introdución a plataforma de EDIXGAL, que comezará no próximo curso. Tamén cabe destacar a charla sobre os riscos de internet e redes sociais, que non se puido realizar por dificultades ao concordar as datas, a pesar de que se consideraba útil. É por isto que é un obxectivo que se mantén de cara ao próximo curso.

Polo resto, os obxectivos cumpríronse, en maior ou en menor medida, satisfactoriamente.

Proposta de mellora

De cara ao curso 2023/2024 e, tras analizar o cumprimento dos obxectivos deste curso, realízanse unha serie de propostas de mellora, representadas a partir dos obxectivos marcados para o curso que vén:

a.     Utilizar a aula virtual, de maneira periódica, por parte de todo o profesorado.

b.     Dotar ao coordinador do equipo TIC dunha hora semanal dedicada ao cumprimento das súas funcións.

c.      Iniciarse no programa Edixgal, que se implementará no curso que vén en 5º.

d.     Participación de todo o alumnado no proxecto interdisciplinar do centro.

e.     Compartir o uso da radio entre toda a comunidade educativa, coa axuda da páxina web do centro.

f.      Dar a coñecer entre o alumnado os riscos de internet e das redes sociais.

g.     Dotar ás aulas de PT, AL e outras dependencias do centro das pantallas dixitais substituídas neste curso.

h.     Ofrecer unha formación axeitada aos membros do equipo TIC ou, cando menos, ao coordinador do equipo.

i.       Revisar as incidencias e necesidades atopadas nos dispositivos do centro  que non puideron ser atendidos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital será difundido a toda a comunidade educativa para o seu coñecemento a través da páxina web do centro:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaxardin/node/529