Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización:

O centro atópase no barrio vigués de Coia. Trátase dun barrio habitado maioritariamente por familias de clase media traballadora. Preto do instituto atópase unha zona recentemente urbanizada da parroquia de Navia.

A maior parte do alumnado reside preto do centro; Coia, PAU de Navia, Alcabre ou Bouzas, e procede dos centros de primaria adscritos que son o CEIP Celso Emilio Ferreiro, o CEIP Escultor Acuña e o CEIP Javier Sensat.

O Plan Dixital do centro está deseñado para contribuír á dinamización do uso das novas tecnoloxías no centro. O instituto atópase agora nun momento no que precisa renovación de equipamento, tanto nas aulas (encerados dixitais, ordenadores portátiles e proxectores) como nas aulas de informática. O curso pasado recibimos uns portátiles para poder prestar ao alumnado con dificultades tecnolóxicas no fogar.

Ademais o centro conta con implicación do profesorado e ferramentas que facilitaban a emisión das clases en directo e a gravación das mesmas se fose preciso.. Neste sentido, existen varias liñas de traballo do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) do centro, que conta neste curso, ademais de co grupo de traballo correspondente ao Plan Dixital, cunha liña de “Integración didáctica das TIC no IES Álvaro Cunqueiro”, dentro da que se incluíron:

O proxecto do Club de Ciencia, iniciado este curso, tamén contou cunha parte de programación e robótica e outra de intelixencia artificial, ámbalas dúas intimamente vencelladas á dinamización das novas tecnoloxías.

Por outra banda, o noso centro participa dende hai varios cursos no proxecto Erasmus+ cunha liña centrada no uso das TIC para a aprendizaxe de idiomas estranxeiros ("ICT Tools" the Most Effective Ways to Learn a Foreign Language).

En prol de mellorar a relación coas familias e a difusión da actividade do centro, un dos obxetivos do equipo TIC este curso é a renovación do sitio web do centro. Outro aspecto importante é a proposta que se preparou para a participación no curso 2022-2023 nos Polos Creativos, que aglutina distintos proxectos, entre os que destacan a edición de vídeo e audio e a robótica. A dinamización dos Polos Creativos do IES será un dos eixos centrais do Plan Dixital nos próximos cursos académicos.

Xustificación. Normativa.

A educación pública non pode quedar á marxe da importancia das novas tecnoloxías e da súa incorporación ao día a día da comunidade educativa. A administración manifesta dita vontade a través da lexislación vixente, da que podemos mencionar como exemplos:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
Que entre outros aspectos menciona: “Los entornos virtuales de aprendizaje que se empleen en los centros docentes sostenidos con fondos públicos facilitarán la aplicación de planes educativos específicos diseñados por los docentes para la consecución de objetivos concretos del currículo, y deberán contribuir a la extensión del concepto de aula en el tiempo y en el espacio” (Art. 111 bis).
Obriga á creación dunha estratexia dixital, indicando que “El proyecto educativo del centro recogerá asimismo la estrategia digital del centro,[...]” (Art. 121).
Ademais, o Art. 132 inclúe entre as funcións do director:

l) Promover experimentaciones, innovaciones pedagógicas, programas educativos, planes de trabajo, formas de organización, normas de convivencia, ampliación del calendario escolar o del horario lectivo de áreas o materias,[...].

m) Fomentar la cualificación y formación del equipo docente, así como la investigación, la experimentación y la innovación educativa en el centro.

n) Diseñar la planificación y organización docente del centro, recogida en la programación general anual.

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
Que especifica a necesidade de elaboración de dito documento: “Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.”

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
Onde se concretan as instrucións para a elaboración deste documento na Comunidade Autónoma de Galicia.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, Onde se concretan as instrucións para a elaboración deste documento na Comunidade Autónoma de Galicia.

Proceso de elaboración

Durante o curso 2021 – 2022, no IES Álvaro Cunqueiro desenvolveuse unha liña de formación específica dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) para a elaboración do Plan Dixital de centro. Dentro do equipo, Antón Fente Hernández actuou como coordinador da liña de traballo e enlace co Centro de Formación e Recursos (CFR) de Vigo.

O Plan Dixital do IES Álvaro Cunqueiro desenvolveuse, en catro etapas, unha primeira de toma de evidencias sobre o estado do centro, unha segunda de análise e unha terceira de deseño de accións. A última fase, de elaboración, tivo como obxectivo a elaboración do documento.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Na primeira fase da elaboración do plan dixital, seguindo o liderado do CFR, recolléronse datos do centro por medio de enquisas ao profesorado e alumnado. Para iso se utilizaron a ferramenta SELFIE da Comisión Europea e o TestCDD da Consellería de Educación.

A táboa 3.2-1 (incluida no ANEXO I) recolle un resumo do resultado das enquisas feitas coa ferramenta SELFIE que despois utilizamos para a realización da análise DAFO.

 

Nas táboas do TestCDD (táboas 3.2-2, 3.2-3, 3.2-3 e 3.2-4, incluidas no ANEXO I) recóllese información sobre a participación do profesorado e as puntuacións obtidas de media.

 

Outras fontes: ademais dos resultados das enquisas, o equipo de elaboración do Plan Dixital tivo en conta a súa propia experiencia no centro no momento de facer valoracións sobre aspectos que resultaban positivos e negativos para o centro. Xunto con esta experiencia, consideráronse os resultados globais da enquisa SELFIE e do testCDD no conxunto dos centros de Galicia, que serviu como marco de referencia para a toma destas decisións.

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Aprender a comunicarse Alumnado Non
Debilidade Estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade Tecnoloxías asistenciais Organización de centro Non
Debilidade Tempo para o ensino dixital Persoal docente Si
Debilidade Colaboracións Persoal docente Si
Debilidade Proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Fortaleza Comportamento responsable Alumnado Non
Fortaleza Infraestrutura Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos para o alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza Novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Non
Fortaleza Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Dispositivos para o alumnado Administración educativa Non
Ameaza Asistencia técnica Administración educativa Non
Ameaza Bibliotecas/repositorios en liña Administración educativa Non
Ameaza Dispositivos dixitais para o ensino Administración educativa Non
Ameaza Protección de datos Lexislación Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Nesta primeira elaboración do Plan Dixital, levouse a cabo unha análise coa técnica DAFO para a detección das debilidades do centro, a partir das cales, dende o equipo de dinamización do Plan Dixital, establecéronse áreas prioritarias e determináronse varios obxectivos para acadar durante o curso 2022-2023. Estes obxectivos elíxense de xeito que sexan específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal, o que se coñece como obxectivos SMART, polas súas siglas en inglés. Ademais, todos eles atópanse contextualizados en áreas de mellora relacionadas coas do marco DigCompOrg.

Para o curso 2022-2023 fixáronse 6 obxectivos, cada un dos cales se inclúe nunha táboa nas seguintes páxinas. Os obxectivos elixidos para este curso céntranse en distintas áreas do marco DigCompOrg:

• Obxectivo 1: Liderado (A)

• Obxectivo 2: Colaboración e redes (B)

• Obxectivo 3: Infraestruturas e equipamento (C)

• Obxectivo 4: Desenvolvemento profesional continuo (D)

• Obxectivo 5: Pedagoxía: Implementación na aula (F6)

• Obxectivo 6: Prácticas de avaliación (G)

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Estratexia dixital do centro (Liderado)
O02PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital (B3*)(Colaboración e redes)
O03PD Favorecer o acceso do alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) o acceso ás tecnoloxías asistenciais (Infraestruturas e equipamento)
O04PD Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, tanto entre o profesorado do propio centro coma doutros centros de similares características (D3*) (Desenvolvemento profesional continuo)
O05PD Fomentar a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando as TICs (Pedagoxía: Implementación na aula)
O06PD Promover o uso das novas tecnoloxías para a avaliación do alumnado (G1) e a autorreflexión sobre a aprendizaxe (G5) (Prácticas de avaliación)

Seguimento

Procedemento

Mensualmente, a persoa coordinadora do equipo de dinamización do Plan Dixital, Alejandra Pereria e o profesor Antón Fente, reuníronse coa persoa mentora ADIX asignada ao noso centro educativo, José Antonio Rodríguez, que asesorou e prestou o apoio necesario para o desenvolvemento deste proceso.

1º Trimestre

Reunións realizadas no primeiro trimestre:
 

Venres, 7 de outubro de 2022 ás 11:20

Acordos adoptados con accións recomendadas:

  • A01.1 Realizada.
  • A02.1 Realizada.
  • A03.1 Utilizar portátiles "Educa en Dixital"
  • A04.1 Realizada.
  • A05.1 Pendente.
  • A06.1 e 406.2 Pendentes.


Recollida de boas prácticas innovadoras: Centro de referencia do CEIP Escultor Acuña que é centro de primaria para alumnado con discapacidade auditiva.

Planificación de formación especifica sobre competencia dixital:

LINA PLAN DIXITAL Actualización da web

LIÑA AVALIACIÓN: Non se realizará.
 

Outros acordos: Concedido Polos Creativos. No centro creáronse cinco clubs: Ciencias, Lego, Manga, Igualdade, Cine.


Venres, 3 de novembro de 2022 ás 11:20


Acordos adoptados con accións recomendadas:

  • A03.1 Realizada. A03.2 Aprazada.
  • OBX 5 Non acadado.
  • A06.3 Pendente.

 

 

2º Trimestre

Reunións realizadas no segundo trimestre:
 

Venres, 13 de xaneiro de 2023 ás 11:20

Acordos adoptados con accións recomendadas:
A04.2 Realizada.
A05.2 Pendente.

Outros acordos: Explicada a plataforma EDUCALIDADE.


Venres, 3 de marzo de 2023 ás 11:20

Outros acordos: O asesor ADIX explica a organización e montaxe do espazo polos creativos e aporta información relevante sobre a acreditación en competencia dixital.

 

3º Trimestre

Reunións realizadas no terceiro trimestre:
 

Venres, 28 de abril de 2023 ás 11:20

Acordos adoptados con accións recomendadas:

  • A02.2 Realizada.
  • OBX 2 Acadado.
  • A04.3 Realizada.


Outros acordos: Acabar de introducir os datos do Plan Dixital en EDUCALIDADE.


Venres, 16 de xuño de 2023 ás 11:20

Revisión do Plan dixital, apartado seguimento.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan Dixital, igual ca o resto de documentos do centro, é un documento vivo é dinámico que evoluciona coas circunstancias do momento e os cambios asociados ao curso. Como tal, trátase dun documento que debe estar suxeito a unha revisión constante e da que será responsable o equipo de dinamización das TIC.

A avaliación realizarase en partes diferenciadas, unha avaliación procesual que terá lugar ao longo do curso e outra final ao remate da actividade académica.

• Avaliación procesual. Ademais de posibles consideracións que se fagan durante o curso, realizarase unha reunión ordinaria do equipo do Plan Dixital ao remate de cada avaliación co obxectivo de valorar o estado de execución do PD e de cada unha das accións que se estean levan do a cabo. De ser o caso realizaranse modificacións pertinentes para contribuír ao correcto desenvolvemento do plan.

• Avaliación final. Unha vez rematado o curso académico, realizarase unha avaliación final do plan, revisando o estado do plan e do centro, a consecución de obxectivos, incluíndo propostas de mellora, e fixando novos obxectivos para o seguinte curso académico.

Valoración xeral

O Obxetivo 1: Acadado.

O Obxetivo 2: Acadado.

O Obxetivo 3: Acadado.

O Obxetivo 4: Parcialmente acadado.

O Obxetivo 5: Non se acadou por non atopar a formación axeitada. As propostas sobre interdisciplinaridade están máis orientadas a primaria. Tampouco a organizacón horaria do cantro facilia o traballo deste xeito.

O Obxetivo 6: 

Proposta de mellora

Eliminar obxetivo 1 e obxetivo 5.

Engadir Obxetivo 1 : Dinamización de Polos Creativos.

Accións:

- Grupo de traballo para formación en Polos Creativos.

- Uso dos Polos Creativos, para mellorar a innovación na práctica docente.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital estará a disposición de toda a comunidade educativa na páxina web do centro, xunto ao resto de documentos que conforman o proxecto educativo.

No caso do profesorado, será o equipo directivo o que facilite esta información ao profesorado recen chegado ao centro (no caso de que sexa unha vez iniciado o curso, serán ás distintas xefaturas de departamento as que fagan esta función).

A principio de curso, o profesorado titor porá en coñecemento das familias a localización destes documentos na web do centro.

Finalmente, aquelas actividades que estean directamente relacionadas co plan dixital, como os polos creativos, serán publicadas na páxina web do centro como novidades.