Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN

O Plan Dixital ven a completar o desenvolvemento normativo establecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e pola propia autonomía do noso centro. Como tal, ven a substituír o Plan Tic, que xa fai máis dunha década veu a concretar como traballamos na comunidade educativa do IES Lagoa de Antela coas TIC´s, tanto dentro e fóra da aula.

A introdución das novas tecnoloxías no terreo da educación fai que toda a comunidade educativa se comprometa no seu avance dentro da aula. O profesor, como na materia, debe tomar unha actitude onde comprobe que a competencia dixital é unha unha ferramenta de comunicación e intercambio que o alumnado sabe manexar, unha ferramenta para informar e orientar, así como unha ferramenta para o ensino e autorización a distancia.

Pero tamén o alumnado e as familias deben asumir este novo reto de aprender doutra maneira, axudados por novas técnicas e recursos que han revolucionar a aprendizaxe dende o presente que vivimos. Este cambio significativo na forma de levar a cabo a Ensinanza-Aprendizaxe vai supor unha auténtica revolución nas entidades educativas e nos seus protagonistas, se non está a suceder xa.

A orientación educativa atopa nas Tecnoloxías da información e a Comunicación gran cantidade de fontes de información para a autoformación e a práctica profesional. O profesor leva aos alumnos a través das innovacións tecnolóxicas aplicadas á materia, e que proporcionan recursos en beneficio das súas funcións.

Os recursos utilizados a partir das novas tecnoloxías non son incompatibles co desenvolvemento das programacións das diferentes materias que compoñen o Currículo educativo; máis ben poden servir para ampliar aqueles conceptos que os alumnos non entendan e que co uso ó procura persoal do devandito concepto por si mesmos leve á súa aprendizaxe de forma autónoma.

O uso das novas Tecnoloxías en continua evolución cada vez está máis presente no noso labor docente e témonos que adaptar a ela e actualizarnos como referente para o noso alumnado.

É, polo tanto, necesaria a elaboración e posta en funcionamento dun plan que permita o máximo aproveitamento das TIC, marcándose obxectivos a curto, medio e longo prazo, que deben ser revisados periodicamente e ser incluídos tanto no PEC como no PXA.

Agora ben, o Plan Dixital desenvolverá as obxectivos, claves, tarefas, necesidades materiais e formativas e resultados pretendidos no proceso de ensinanza-aprendizaxe, non só no campo científico-técnico senón en xeral, na aplicación da competencia dixital e tic en todas as materias e planos de aprendizaxe.

Por iso, na Programación Xeral Anual do vindeiro curso, teremos que concretar ditas intencións así como intentar aplicar e levar a cabo as principais liñas de actuación e solucionar as necesidades tecnolóxicas e materiais.

BREVE XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL

Xa a LOE e a LOMCE, instruían aos centros e ao profesorado para concretar obxectivos, procedementos e medidas para traballar coas novas tecnoloxías en relación á metodoloxía docente, pero tamén nos resultados e competencias dos discentes.

O reto que supón a introdución definitiva das TIC na educación secundaria obrigatoria, obriga a tomar unha serie de medidas e demarcar unha serie de normas que faciliten o traballo do profesorado e a comprensión do alumnados, destes novos métodos a utilizar. A sociedade global na que nos atopamos hoxe, implica o uso case imprescindible das novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC), feito que permite distintas estratexias e recursos aplicables ao ámbito educativo, tanto na xestión do Centro como nos labores educativos ou mesmo nas relacións entre profesores, pais e nais e alumnado.

Cales os as razóns que nos levan a aproveitar as posibilidades que proporcionan a Competencia Dixital e as TIC nos procesos de ensinanza e aprendizaxe? Pois, a nós ocórrensenos varias, ao menos:

  • No tocante á motivación do alumnado (pero tamén do profesorado), os novos medios poden resultar máis atractivos para ambos.
  • Un vínculo permanente coas fontes de información actuais e globais.
  • Promoción da aprendizaxe cooperativa, que permite o traballo en grupo, o intercambio de ideas e a participación, tanto entre o alumnado, coma entre o alumnado e o profesorado.
  • Acceso inmediato a múltiples recursos educativos e entornos de aprendizaxe.
  • Tratamento axeitado da Atención á diversidade. Pódense personalizar os procesos de ensinanza aprendizaxe para cada alumno.

 

O lento pero progresivo incremento en dotación que teñen os centros, non vai en relación moitas das veces coa lenta adaptación tanto dos espazos do Centro, os recursos cos que conta o alumnado nas súas casas, e os xeitos de traballo dos docentes. Esta situación crea dificultades na aplicación das novas metodoloxías e técnicas relacionadas coa ensinanza dixital e as TIC, tanto de espazos como de medios, debidos á falta de planificación ou a carencias na formación.

Por último, temos que sinalar outras dificultades para poñer en marcha un proxecto deste tipo as cales se deben, fundamentalmente, ao contexto socioeconómico e cultural no que se circunscribe o noso centro. Non queremos deixar de mencionar o feito de que a maior parte do noso alumnado vive no rural onde, por razón diversas, o acceso ás novas tecnoloxías non é doado.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

INFORME SELFIE

TEST DE COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE

Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. No noso centro o alumnado non aprende a codificar ou programar. 2. O alumnado non está suficientemente informado de que existen dispositivos no centro que poden levar a casa en modalidade de préstamo. Alumnado Non
Debilidade 1. No noso centro o alumnado non pode traer os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases. 2. As familias non están suficientemente informadas de que o centro pode emprestar dispositivos aos seus fillos/as. Familias Non
Debilidade 1. Non podo traer o meu propio dispositivo portátil ao centro e utilizalo durante as clases. 2. Non contamos con asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. 3. Hai limitacións nos espazos físicos que non facilitan o ensino e aprendizaxe contecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade 1. O alumnado non está suficientemente informado de que o centro conta con dispositivos para emprestar ao alumnado. 2. O alumnado con necesidades educativas especiais non ten acceso a tecnoloxías asistenciais. 3. No noso centro non contamos con bibliotecas e repositorios en liña. Infraestruturas Non
Debilidade 1. O equipo directivo considera que pode apoiar ou fomentar en maior medida a posta en práctica de novas modalidades de ensinanza por parte do profesorado. 2. Tanto o equipo directivo como o resto do profesorado non dispoñen de suficiente tempo para explorar o ensino dixital. 3. O alumnado considera insuficiente o emprego das tecnoloxías no centro para a realización de tarefas escolares. 4. O 80% do equipo directivo considera a conexión a internet no centro como pouco fiable ou lenta. Oferta Non
Debilidade 1. Non colaboramos con outros centros e/ou outras organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. 2. Fenda dixital:apoio para abordar dificultades. Organización de centro Non
Debilidade 1. Non se aproveitan as tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións. 2. O profesorado non conta con tempo suficiente para explorar o ensino dixital. 3. Non avaliamos o progreso en aprendizaxe dixital. 4. No noso centro non debatemos sobre o uso detecnoloxías dixitais. 5. Non debatemos sobre as necesidadesdo Desenvolvemento Profesional Continuo. Persoal docente Non
Debilidade 1. Non intercambiamos experiencias co persoal non docente sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza 1. O noso centro posúe e administra dispositivos portátiles que o alumnado pode levar é casa en caso de que sexa necesario. Alumnado Non
Fortaleza 1. A maioría das familias comunícanse co noso centro a través de ABALAR. Familias Non
Fortaleza 1. A infrastrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. 2. Contamos con sistemas de protección de datos. Infraestruturas Si
Fortaleza 1.No noso centro hai dispositivos dixitais que podo utilizar no meu labor docente. 2.Contamos con dispositivos dixitais para a aprendizaxe. 3.O centro conta con dispositivos dixitais que pode emprestar ao alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. O profesorado séntese apoiado polo equipo directivo á hora de probar novas modalidades de ensinanza. 2. O profesorado valora como útil ou moi útil as actividades de Desenvolvemento Profesional Continuo nas que participou no último ano. Oferta Non
Fortaleza 1. A asistencia técnica con respecto ao equipamento do noso centro valoraríase positivamente. 2. O funcionamento da biblioteca e os repositorios en liña valórase positivamente, sobre todo entre o profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza 1.O noso profesorado busca recursos educativos dixitais en liña. 2.O profesorado conta co apoio do equipo directivo á hora de explorar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza 1. Búsqueda de recursos educativos dixitais en liña 2. Creación de recursos dixitais para reforzar o método de ensino. Persoal non docente Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Non podo traer o meu propio dispositivo portátil e utilizalo durante as clases. 2. Asistencia técnica cando xurden problemas cas tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza 1. Observamos que existe unha baixa competencia dixital das familias, o alumnado só pide axuda na casa para usar software nun 26.6%. 2. Pouca actualización e reciclaxe no mundo tecnolóxico. ANPA Non
Ameaza 1.Non contamos con medidas para identificar os retos que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. 2. No noso centro non contamos cun plan que axude ao profesorado a abordar os retos que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e o seu contexto socioeconómico. 3. Alta porcentaxe de alumnado que ten dificultades para conectarse a Internet dende o seu enderezo. Contorna Non
Ameaza 1. O pago de licencias e dereitos de autor. Lexislación Non
Ameaza 1. Non utilizamos tecnoloxías dixitais para colaborar con outras entidades. 2. Non colaboramos con outros centro ou/e organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais. Outras Non
Oportunidade 1. A infrastuctura dixital respalda o proceso de ensinoaprendizaxe con tecnoloxías dixitais. 2. No noso centro hai dispositivos dixitais que podo utilizar na miña labor docente. 3. O funcionamento da biblioteca e os repositorios en liña valóranse positivamente, sobre todo entre o profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Existe unha boa conexión entre o centro educativo e os membros da ANPA, conexión abalada pola mensaxería electrónica e polo uso de ABALAR. ANPA Non
Oportunidade 1.Somos conscientes do contexto socioeconómico do noso alumnado, que non é favorable ao uso de tecnoloxías dixitais no proceso de ensino. Contorna Non
Oportunidade 1. A maioría do profesorado é coñecedor das normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. 2. No noso centro contamos con sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade 1. No noso centro somos conscientes da importancia de utilizar as tecnoloxías dixitais para colaborar con outras entidades. 2. Somos conscientes da importancia de colaborar con outros centro ou/e organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de  Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto reflíctese na seguinte lapela (Obxectivos).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PDC 1. Crear novo espazo (AULA DIXITAL) no centro educativo para á ensinaza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais
O02PDC 2. Achegar o funcionamento e uso da biblioteca dixital (Proxecto ELBE)
O03PDC 3. Dinamizar a páxina web do centro e mellora da identidade corporativa dixital.
O04PDC 4. Introducir novas metodoloxías de ensinanza dixital como a Clase invertida ou Flipped Classroom, ou o E-learning

Seguimento

Procedemento

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a
evolución deste Plan.
A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro para
analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo.
A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances
e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O01PD que consiste en: Crear novo espazo (AULA DIXITAL) no centro educativo para á ensinaza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais.

En relación ao O02PD “Achegar o funcionamento e uso da biblioteca dixital (Proxecto ELBE)” están realizadas  todas as accións.
Iniciouse o O03PD que, na actualidade, atópase en proceso.
O O04PD aínda non está iniciado.

En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño.

2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre do presente curso acadouse o obxectivo  O02PD “Achegar o funcionamento e uso da biblioteca dixital (Proxecto ELBE)”  do que están realizadas  todas as accións.
Iniciouse o O03PD que neste intre atópase en proceso.
O O04PD aínda non está iniciado e, con toda probabilidade, quede posposto para o vindeiro curso.

En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A valoración dos obxectivos propostos no Plan de Acción (ver punto 3 do presente documento) realizarase a través de listas de control adaptadas aos mesmos. Así, para cada obxectivo, entre 2 e 3 membros do equipo de traballo avaliarán o grao de aplicación e cumprimento do Plan de Acción nun informe que será remitido á  persoa coordinadora do Plan Dixital para a súa posterior valoración.

-          AVALIACIÓN PROCESUAL: Unha vez ao trimestre, os membros do equipo de traballo realizarán un informe baseado en listas de control (ver Exemplo I) sobre o grao de desenvolvemento do Plan de Acción. Dito informe será remitido á persoa coordinadora do Plan Dixital, quen identificará e valorará o estado de execución das accións e os resultados acadados ata o momento. Estes puntos serán tratados de forma conxunta nunha reunión do Equipo Dixital para a discusión de posibles modificacións e propostas de mellora. Estas modificacións serán tidas en conta en posteriores avaliacións.

-          AVALIACIÓN FINAL: A finais de curso, remitido xa o informe correspondente ao último trimestre e analizados os resultados, o equipo dixital reunirase para valorar de forma conxunta o logro dos obxectivos recollidos no Plan de Acción.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

O grupo de profesores creado  inicialmente para a elaboración do Plan Dixital, variou notablemente, debido a xubilacións de compañeiras e compañeiro, cambios de destino...Por este motivo, o novo grupo considera que o seguinte obxectivo: " 4. Introducir novas metodoloxías de ensinanza dixital como a Clase invertida ou Flipped Classroom, ou o E-learning", non é prioritario, polo que no seguinte Plan Dixital elaborado polo centro para o videiro curso 2023-2024, será eliminado e, no seu lugar, preténdese contemplar os seguintes obxectivos:

1. Creación dun grupo para inventariar todo o equipamento dixital do centro a través da aplicación que a Consellería vai habilitar para tal efecto.

2. Creación dun grupo de traballo e solicitude de formación para a utilización dos novos paneis dixitais que van instalar no centro para o vindeuiro curso.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

É preciso que o Plan Dixital elaborado chegue a tódolos membros da comunidade escolar: Claustro de profesores, alumnado, familias e PND.

Os responsables do Plan Dixital comunicarán os aspectos máis relevantes do mesmo aos membros do Claustro por medio de diferentes canles, como poden ser as reunións da CCP nas que participan os xefes de Departamento, as do Claustro de Profesores, a publicación do documento na web do centro e na Aula virtual, ou tamén no espazo “común profesores” do servidor do centro.

A información e asesoramento dos docentes do centro, de xeito continuado, é a mellor forma de dinamizar e promover este plan, facendo que o profesorado se senta seguro e confiado á hora de utilizar todos os recursos dixitais do que dispón o centro.

O alumnado será informado daqueles aspectos do PD que máis lles incumben: Aula virtual, Cisco Webex (ou similares), uso responsable, protección de datos... Esta información estará dirixida polos titores de cada grupo.

Preténdese que toda a comunidade educativa contribúa á maior presenza das TIC nos procesos educativos que se realizan desde o centro; por iso tanto as familias como o PND serán obxecto de acción formativas, incidindo no uso adecuado das RRSS.