Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

No corazón de Galicia, ao noroeste da provincia de Ourense e somerxida no val do Río Arenteiro, encóntrase a vila de O Carballiño, capital da comarca que leva o seu mesmo nome: “Comarca de O Carballiño». Atópase a 26 km. da capital de Ourense e á seguinte distancia do resto de principais cidades galegas: Vigo - 87 Km., Pontevedra - 66 Km., A Coruña - 155 Km., Santiago - 89 Km., Ferrol - 175 Km. e Lugo - 90 Km. A poboación da Comarca de O Carballiño é de arredor duns 27.000 habitantes , comprende unha superficie total de 554,4 Km2 e está formada por nove municipios: Beariz, Boborás, O Carballiño, Cea, O Irixo, Maside, Piñor de Cea, Punxín e San Amaro. As taxas de natalidade son baixas e as tres cuartas partes da poboación concéntrase en catro concellos (O Carballiño, Boborás, Cea e Maside), precisamente os de maior nivel de infraestruturas e desenvolvemento urbanístico. Conta cunha Área Industrial composta polo Polígono Industrial da Uceira e o Parque Empresarial de O Carballiño, no que se encontran importantes empresas do sector do metal que son as que máis traballo están creando na comarca, xa que entre Dizmar e a empresa de fabricación de torres eólicas GRI, nas épocas de máis carga superan os 500 empregados. De feito, esta última conta con 350 traballadores na actualidade. Ao IES asisten alumnos e alumnas do medio rural, maioritariamente, e dun entorno sociocultural medio. A lingua de comunicación empregada pola maioría deles é fundamentalmente o castelán, aínda que cunha perfecta comprensión da lingua galega.

O Plan Dixital pretendemos que teña unha importancia clave tanto no Proxecto Educativo do centro coma na Programación Xeral Anual ao ser un aspecto relevante en todas as ensinanzas, materias e para todos os docentes e alumnado. O Plan Dixital vai a ter unha relevancia transversal en todas as materias e ensinanzas. No ensino e na aprendizaxe de hoxe en día as TIC son e van a ser fundamentais. Isto fai necesaria unha estratexia para mellorar os puntos febles existentes no noso centro. O noso obxectivo é que todas estas melloras acaben repercutindo no noso alumnado.

Breve xustificación do mesmo

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Proceso de elaboración

No noso centro o profesorado implicado dentor do PFPP do Plan Dixital foi o encargado de elaborar dito Plan e no que estivo moi implicado o equipo directivo e o profesorado con atribucións relacioandas coas TICs.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

AUTOAVALICIÓN SELFIE

TEST CDD

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C- DISPARIDADE DE ACCESO AOS EQUIPOS DO CENTRO ( O ALUMNADO DE FP TEN UNHA RATIO DE CASE UN COMPUTADOR POR ESTUDANTE, PERO NON É ASÍ NA ESO E EN BAC). H- ALUMNADO QUE FINALIZA OS ESTUDOS NO CENTRO SEN TER LOGRADA UNHA AXEITADA COMPETENCIA DIXITAL:DIMENSIÓN OPERATICA, XESTIÓN DA INFORMACIÓN, COMUNICACIÓN, ACTITUDES RESPONSABLES, ETC. Alumnado Si
Debilidade BAIXA COMPETENCIA DIXITAL. Familias Non
Debilidade EQUIPAMENTO DIXITAL INSUFICIENTE. CONEXIÓN A INTERNET POUCO FIABLE E/OU MELLORABLE. LIMITACIÓN NO ESPAZO ESCOLAR. APOIO TÉCNICO LIMITADO E INSUFICIENTE. Infraestruturas Non
Debilidade D- CURSOS DE ACTUALIZACIÓN DIXITAL PARA OS DOCENTES. B- EQUIPOS DE TRABALLO SOBRE CONTIDOS DIDÁCTICOS DIXITAIS. B- FALTA DE REDE DE COLABORACIÓN ENTRE IGUAIS. Oferta Non
Debilidade B- CENTRO CON PROBLEMAS PARA COLABORAR EN MATERIA DE TICS. A- FALTA DUNHA ESTRATEXIA DIXITAL. B- COMUNICACIÓN MELLORABLE E MELLOR ORGANIZADA. B- FALTA DE PROXECTOS INTERDISCIPLINARES. B- MOITO PROFESORADO TEMPORAL QUE FAI MOI DIFÍCIL TER A TODO O MUNDO IMPLICADO NA ESTRATEXIA DIXITAL. Organización de centro Si
Debilidade B3 - COLABORACIÓN CON OUTROS ORGANISMOS OU ENTRE IGUAIS NO USO DAS TICS. G3 - Pouco uso da RETROALIMENTACIÓN no proceso de AVALIACIÓN. G5 - AUTORREFLEXIÓN SOBRE A APRENDIZAXE.FALTA DE TEMPO PARA DESENROLAR MATERIAL.D- DIFERENZAS ENTRE A COMPETENCIA DIXITAL DO CLAUSTRO DE DOCENTES: COÑECEMENTO SOBRE A EDUCACIÓN MIXTA E O USO E MANEXO DAS TICS/TAC. Persoal docente Non
Fortaleza E1 - BO ACCESO A RECURSOS EDUCATIVOS EN LIÑA. E- BO USO DA AULA VIRTUAL PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS. H - ACCESO A DISPOSITIVOS FÓRA DO CENTRO E A TICS NA CASA PARA ESTUDAR E PARA O OCIO. H- BO USO DE SOFTWARE-APLICACIÓNS. B- ACCESO A APOIO PARA RESOLVER DÚBIDAS E/OU PROBLEMAS Alumnado Non
Fortaleza A- CONCIENCIACIÓN DA IMPORTACIA DAS TICS NA NOSA VIDA, AÍNDA QUE DEBE ORIENTARSE AO SEU USO NA APRENDIZAXE. Familias Non
Fortaleza C2 - BOA DOTACIÓN DE EQUIPOS NO CENTRO, AÍNDA QUE É MOI MELLORABLE, ESPECIALMENTE NA ESO E EN BAC. Infraestruturas Si
Fortaleza F- BOA OFERTA DE MATERIAS RELACIONADAS COAS TICS NA ESO, BAC E ALGÚNS CICLOS. Oferta Non
Fortaleza C2 - BOA DOTACIÓN DE EQUIPOS. A- CENTRO PROMOVE A APRENDIZAXE CONXUNTA MEDIANTE PFPP. E- BO USO DE ABALAR PARA COMUNICARNOS COAS FAMILIAS. E- BOA DIFUSIÓN DE INFORMACIÓN. A- CONCIENCIACIÓN COAS VANTAXES DO SOFTWARE LIBRE. D- PROMOCIÓN DA PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES FORMATIVAS. Organización de centro Non
Fortaleza A3 - PROPENSIÓN AO DESENROLO DE NOVAS MODALIDADES DE ENSINO. E1 - O PROFESORADO COÑECE E ACCEDE A RECURSOS EN LIÑA, A INSTRUMENTOS INSTITUCIONAIS: LMS - AULA VIRTUAL (REALIZACIÓN DE TAREFAS EN LIÑA E A PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES FORMATIVAS) E ABALAR (COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS) . F- USO DAS TICS/TAC NA AULA, NA PREPARACIÓN DAS CLASES E NA COMUNICACIÓN CO ALUMNADO. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza ONSIDERAR QUE O TRABALLO DEDICADO A TICS POLO PROFESORADO DEBE SER VOLUNTARIO E A MAIORES DO SEU TRABALLO DOCENTE E DO SEU HORARIO. C- LENTITUDE NA TRAMITACIÓN E SOLUCIÓN DE AVARIAS, EQUIPAMENTO, ¿ A- FALTA DE COHERENCIA ENTRE O QUE SE NOS ESTÁ A PEDIR E OS MEDIOS QUE A ADMINISTRACIÓN NOS FACILITA. C- FALTA DE ORZAMENTO PARA PODER ACOMETER AS MELLORAS NECESARIAS. Administración educativa Non
Ameaza H- MAL USO DAS TICS. H- CONFUSIÓN DO USO DE MÓBILES COA COMPETENCIA DIXITAL.H- FALTA DE AXUDA NO FOGAR PARA RESOLVER DÚBIDAS DE SUO DE TICS. H- DISTRACCIÓNS AO USAR AS TICS. C- MAL ACCESO A TICS FÓRA DO CENTRO. C- MALA CONEXIÓN A INTERNET NAS ZONAS RURAIS DA COMARCA. DIVERSIDADE NA SITUACIÓN SOCIOECONÓMICA DO ALUMNADO. ANPA Si
Ameaza A- OS CAMBIOS CONTINUOS NA LEXISLACIÓN DIFICULTAN PLANIFICAR O NOSO TRABALLO E ORGANIZALO A M/P OU L/P. INCOHERENCIA, EN MOITOS CASOS ENTRE O QUE SE NOS PIDE EN TEMA DE PROTECCIÓN DE DATOS E O QUE SE LLES PIDE AO ALUMNADO Á HORA DE USAR PLATAFORMAS, ... Lexislación Non
Oportunidade C- A XUNTA ESTÁ A PROMOVER O USO DE TICS, ¿ POSIBILIDADE DE ACCESO A RECURSOS PARA DESENROLAR AS TICS. B- POSIBILIDADE DE QUE A XENTE MELLORE A COLABORACIÓN COS CENTROS RECOLLENDO AS NOSAS NECESIDADES E DANDOLLES UNHA CORRECTA RESPOSTA. C- POSIBLE CESIÓN DE APARELLOS ELECTRÓNICOS DENDE O CENTRO AO ALUMNADO QUE O PRECISE. C- PROGRAMAS FINANCIADOS POLA UE (FSE) E POLA CONSELLERÍA QUE PODEN SER UNHA VÍA DE MELLORA DAS INSFRAESTRUTURAS. Administración educativa Non
Oportunidade B- MELLORA DA COMPETENCIA DIXITAL AO USAR COMUNICACIÓN MEDIANTE MEDIOS TECNOLÓXICOS, ¿ Contorna Non
Oportunidade A- RECOÑECEMENTO DA IMPORTANCIA DAS TICS NAS NOSAS VIDAS. C- ALUMNADO CON ACCESO A DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS E CONEXIÓN A INTERNET (EN XERAL) FÓRA DO CENTRO. Contorna Non
Oportunidade F- COA IMPLANTACIÓN DA LOMLOE APARECEN AS MATERIAS DE TECNOLOXÍA E DIXITALIZACIÓN (1º - 3º ESO) E DIXITALIZACIÓN (4º ESO). Lexislación Non
Oportunidade B- POSIBLES COLABORACIÓNS CON OUTRAS ORGANIZACIÓNS COMA O CONCELLO. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
1 DESENROLAR ACTIVIDADES SOBRE APLICACIÓNS DIDÁCTICAS DAS TICs
2 SOLICITAR A MELLORA E RENOVACIÓN DA DOTACIÓN DE EQUIPOS DO CENTRO TANTO EN CANTIDADE COMA EN CALIDADE
3 Mellorar o tempo de resposta dunha incidencia (hardware/software, Páxina Web e Aula Virtual)
4 Solicitar a mellora da conectividade a internet no centro
5 Mellorar a comunicación coa comumidade educativa (familias, alumnado, docentes), mediante ferramentas dixitais institucionais

Seguimento

Procedemento

O procedemento para o seguemento do plan e para a súa avaliación vai a ser o seguinte:

  • Avaliación procesual: revisaremos unha vez ao mes, como mínimo, o desenrolo das diferentes accións e determinaremos a marcha dos diferentes aspectos do plan implementados.

  • Avaliación final: será realizada a fins do seguinte curso escolar 2022 – 2023, é dicir, a mediados do mes de xuño do 2023.

1º Trimestre

Segumento ao día do Plan dixital e do desenrolo dos diferentes obxectivos

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento para o seguemento do plan e para a súa avaliación vai a ser o seguinte:

  • Avaliación procesual: revisaremos unha vez ao mes, como mínimo, o desenrolo das diferentes accións e determinaremos a marcha dos diferentes aspectos do plan implementados.

  • Avaliación final: será realizada a fins do seguinte curso escolar 2022 – 2023, é dicir, a mediados do mes de xuño do 2023.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A idea, a priori, é publicitar as diferentes actividades do plan e o propio plan mediante a páxina web do centro e dando a coñecer no Claustro de inicio de curso de 2022 – 2023. Mediante estas vías iranse difundindo as diferentes acción que se poñan en marcha e fomentarase así a participación de toda a comunicade educativa no plan.