Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro
Nome do centro: IES Cidade de Antioquía
Enderezo: Avenida de Ourense 186 Xinzo de Limia CP32630
Correo electrónico: ies.cidade.antioquia@edu.xunta.gal
Enderezo web: www.edu.xunta.gal/centros/iescidadeantioquia
Ensinanzas que imparte: ESO, Bacharelato, FP Básica de electrónica, FP de grao medio e superior da familia agraria e educación secundaria para adultos ESA.
Alumnado por etapas:
    • ESO: 163 alumnos/as.
    • Bacharelato: 59 alumnos/as.
    • FP Básica: 9 alumnos.
    • FP Grao medio: 34 alumnos/as.
    • FP Grao superior: 42 alumnos/as.
    • ESA: 8 alumnos/as.
Profesorado:
    • PES: 43 profesores/as.
    • Profesores técnicos de FP: 8 profesores/as.
    • Mestres: 3 mestras.

Breve xustificación do mesmo
A lei orgánica 2/2006 de educación do 3 de maio, establece:
    No artigo 111 bis. Tecnoloxías da información e a comunicación:
    • As administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) na aula como medio didáctico axeitado e valioso para a realización das tarefas de ensino e aprendizaxe.
    • O Ministerio de Educación e Formación Profesional elaborará e revisará, previa consulta ás comunidades autónomas, os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nas escolas e nas aulas.
    • As Administracións Públicas velarán polo acceso de todo o alumnado aos recursos dixitais necesarios, para garantir o exercicio do dereito á educación de todos os nenos e nenas en igualdade de condicións.
No artigo 121 . Proxecto educativo:
    • O proxecto educativo do centro incluirá [...] a estratexia dixital do centro.
No artigo 132. Competencias do director ou directora:
    • Exercer a xestión pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para acadar os fins do proxecto educativo do centro.
    • Promover a experimentación, as innovacións pedagóxicas, os programas educativos, os plans de traballo, as formas de organización,...
As Resolucións do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 e do 18 de xuño de 2021, para as ensinanzas de FP, establecen nas súas disposicións adicionais quinta e terceira, respectivamente:
Plan dixital de centro:
    • Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.
As Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, dita as instrucións a seguir para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Proceso de elaboración
Para a elaboración deste plan definíronse os seguintes obxectivos:
    • Avaliar a competencia dixital do centro atendendo ás dimensións pedagóxica, tecnolóxica e organizativa para poder emprender un proceso de transformación, facendo uso das ferramentas de avaliación e diagnose: enquisa de autoavaliación SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente.
    • Realizar a diagnose de situación do centro, que foi concretada na análise DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades).
    • Deseñar accións específicas encamiñadas á mellora da competencia dixital do centro e da comunidade.
    • Establecer un procedemento de seguimento e avaliación do plan de actuación elaborado, no que se recollen obxectivos, actuacións e métodos de avaliación e difusión dos mesmos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregáronse diferentes instrumentos para a recollida de información: as enquisas SELFIE e os Tests CDD cos que se realizou unha análise DAFO.

Interno
61 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non existe unha base de datos de empresas que ofrecen prácticas remuneradas ou non e outras posibilidades de formación. Alumnado Non
Debilidade Non hai dinámicas para reflexionar sobre o uso de recursos dixitais (tratamento da imaxe, protección de dereitos, licenzas, software libre, plaxio etc). Alumnado Si
Debilidade O alumnado non conta con dispositivos dixitais que son propiedade do centro (ou están xestionado por el) para a súa aprendizaxe no centro. Alumnado Non
Debilidade Insuficientes dispositivos para o alumnado que poida levar á casa en caso de que sexa necesario. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non trae o seus propios dispositivos portátiles para utilizalos durante as clases. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende suficientemente a codificar ou programar. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxía. Alumnado Si
Debilidade Insuficiente participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non adquire suficientes habilidades dixitais nas diferentes materias. Alumnado Si
Debilidade Hai pouca participación das familias en aspectos xerais de actividades do centro. Familias Non
Debilidade Escasa participación das familias nos órganos de goberno do centro educativo. Familias Non
Debilidade Non hai ANPA constituida. Familias Non
Debilidade Non hai un acceso xeneralizado do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Familias Non
Debilidade Insuficiente infraestrutura dixital para apoiar o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade Non hai repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade Insuficientes dispositivos dixitais que son propiedade do centro (ou xestiona o centro) e que o alumando pode utilizar para a súa aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade Insuficientes dispositivos portátiles que o alumnado pode levar á casa en caso de que sexa necesario. Infraestruturas Non
Debilidade Insufientes espazos físicos que facilitan o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais no noso centro. Infraestruturas Non
Debilidade Os espazos dixitais proporcionados pola administración educativa son pouco intuitivos. Infraestruturas Non
Debilidade Insuficientes características do software instalado nos equipos. Infraestruturas Si
Debilidade Insuficientes características das plataformas e aplicativos online utilizados. Infraestruturas Non
Debilidade Non contamos cunha estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade Non hai asistencia técnica no centro cando xorden problemas coa tecnoloxía. Organización de centro Non
Debilidade Insufientes espazos físicos que facilitan o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais no noso centro. Organización de centro Non
Debilidade Non hai participación das empresas no desenvolvemento da estratexia dixital do noso centro. Organización de centro Non
Debilidade Non hai un plan para axudar ao profesorado a abordar os retos que xorden coa aprendizaxe híbrida, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Si
Debilidade Non hai medidas para identificar os retos que xorden coa aprendizaxe híbrida, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Debilidade O alumnado non trae o seu propio dispositivo portátil por medo a perdelo. Organización de centro Non
Debilidade Non hai repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade Insuficiente colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado non fomenta suficientemente a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non debate sobre o uso da tecnoloxía dixital Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Non hai unha avaliación das habilidades dixitais desenvolvidas fóra do centro polo alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente tempo do profesorado para explorar a ensinanza dixital e mellorar o seu método de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non avalía o progreso do proceso ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Si
Debilidade Non hai dinámicas para reflexionar sobre o uso de recursos dixitais (tratamento da imaxe, protección de dereitos, licenzas, software libre, plaxio, etc). Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse. Alumnado Si
Fortaleza Existen dispositivos dixitais que os docentes poden utilizar na súa labor docente. Infraestruturas Non
Fortaleza Si se resolven as incidencias técnicas. Infraestruturas Non
Fortaleza Suficiente política de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza Existen espazos para compartir recursos educativos dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza Si hai novas modalidades de ensino con tecnoloxías dixitais no noso centro. Oferta Si
Fortaleza Si hai novas modalidades de ensino con tecnoloxías dixitais no noso centro. Organización de centro Si
Fortaleza Si se facilita ao alumnado tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Organización de centro Si
Fortaleza Existen colaboracións con outras entidades. Persoal docente Non
Fortaleza Si se utilizan recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Fortaleza Existen novas modalidades de ensino con tecnoloxías dixitais que son apoiadas polo equipo directivo. Persoal docente Si
Fortaleza Suficiente participación no DPC. Persoal docente Non
Fortaleza Existen oportunidades de DPC. Persoal docente Non
Fortaleza Os docentes buscan recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Os docentes crean de recursos dixitais para reforzar o seu método de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza Suficiente comunicación coa comunidade educativa utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Si hai inclusión do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Si se utilizan tecnoloxías dixitais para a avaliación das habilidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Existe unha transformación da práctica docente co uso da ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Si se utilizan plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Persoal docente Si
Fortaleza Si hai un uso activo e creativo de aulas virtuais. Persoal docente Si
Fortaleza Si hai unha inclusión do alumnado polo personal non docente. Persoal non docente Non
61 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non hai repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe. Administración educativa Non
Ameaza A infraestrutura dixital que apoia o ensino e a aprendizaxe no noso centro é insuficiente. Administración educativa Non
Ameaza Non hai asistencia técnica cando xorden problemas coa tecnoloxía. Administración educativa Non
Ameaza Os espacios físicos onde se desenvolve o ensino e a aprendizaxe son insuficientes para o alumnado. Administración educativa Non
Ameaza Escasa dotación de equipamento tecnolóxico para o centro ou o alumnado, ou está suxeito a determinadas condicións. Administración educativa Non
Ameaza Non hai ANPA constituida. ANPA Non
Ameaza Escasa participación das familias nos órganos de goberno do centro educativo. Contorna Non
Ameaza Existencia de fenda dixital. Contorna Non
Ameaza Pouca participación das familias en aspectos xerais de actividades do centro. Contorna Non
Ameaza Pouco acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Contorna Non
Ameaza Falta de formación sobre lexislación educativa e non educativa que afecta ao sistema educativo. Lexislación Non
Ameaza As empresas non participan na estratexia dixital do noso centro. Outras Non
Ameaza Non hai medidas para identificar os retos que xorden coa aprendizaxe híbrida, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Outras Si
Ameaza Non hai un plan para axudar ao profesorado a abordar os retos que xorden coa aprendizaxe híbrida, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e o seu contexto socioeconómico. Outras Non
Ameaza Non existe unha base de datos de empresas que ofrecen prácticas remuneradas ou non e outras posibilidades de formación. Outras Non
Oportunidade O centro percibe achegas económicas por parte da administración. Administración educativa Non
Oportunidade Hai oferta de actividades formativas para o profesorado e as condicións facilitan a participación. Administración educativa Si
Oportunidade Existe diferente oferta educativa do centro para FP. Administración educativa Non
Oportunidade Existe colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Contorna Non
Oportunidade Existe lexislación educativa que regula o seu funcionamento. Lexislación Non
Oportunidade Existe lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo. Lexislación Non
Oportunidade Existen normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade Faise un adecuado tratamento das licenzas e dos dereitos de autoría. Lexislación Non
Oportunidade Hai colaboracións con outras organizacións. Outras Non
Oportunidade Hai estabilidade laboral do persoal non docente. Outras Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

 

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a trave¿s do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de a¿mbalas du¿as probas xunto coa reflexio¿n colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obse¿rvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes ana¿lise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuacio¿n en base a¿ cal, de xeito cuantitativo, estable¿cense unhas prioridades que fixemos pasar tame¿n por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades a¿s que nos propon¿emos atender en diferentes temporalizacio¿ns. Aquelas que son de atencio¿n ma¿is urxente sera¿n as que nos servira¿n de base para a elaboracio¿n do Plan de Accio¿n, convirtindo os i¿tems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realizacio¿n de diferentes accio¿ns. Todo isto refli¿ctese na seguinte lapela (Obxectivos).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD H.10 Mellorar as competencias dixitais do alumnado
O02PD H.10 Mellorar as habilidades dixitais para diferentes materias
O03PD Actualizar os equipos informáticos do centro
O04PD C.12 Deseñar procesos de ensino-aprendizaxe mixto

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións das accións deste plan.

A persoa mentora ADIX realizará visitas ao centro para analizar, xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

AO1.1 Análise das destrezas ofimáticas previas: o 75% do alumnado emprega ferramentas ofimáticas, sobre todo, a partir de 3º de ESO e nos ciclos de FP.

AO2.1 Análise das destrezas previas: esta acción foi adiada para o 2º trimestre.

AO2.2 Automatrícula no curso correspondente: esta acción foi adiada ao 2º trimestre para facela na formación que vai recibir o alumnado de 1º e 2º de ESO.

AO3.1 Comprobación do estado dos ordenadores das aulas: foi adiada ao 2º trimestre por falta de tempo.

AO4.1 Solicitar formación específica de programación mixta: a formación foi solicitada ao coordinador do CFR e realizarase entre o 1º e 2º trimestre.

AO4.2 Dar a coñecer o repositorio de APP precargadas na aula virtual: esta formación realizarase no 2º trimestre.

AO4.3 Empregar o foro ou outras ferramentas da aula virtual com retroalimentación/comunicación co alumnado: realizarase na formación do 2º trimestre do profesorado do PFPP e na formación do alumnado de 1º e 2º de ESO.

AO4.4 Debater sobre o uso da tecnoloxía dixital: adiada para o 2º trimestre.

En xeral, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital e a mentora ADIX, consideran que é preciso levar a cabo as acción do Plan de Acción adiadas no 2º trimestre.

2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre do presente curso leváronse a cabo as accións do Plan de Acción adiadas do primeiro trimestre e as planificadas para o trimestre actual.

AO1.2 Formación ofimática básica: esta formación foi realizada co alumnado de 1º e 2º de ESO, xa que o resto en xeral xa emprega ferramentas ofimáticas básicas.

AO1.3 Creación de táboa Excel: esta formación foi realizada co alumnado de 1º e 2º de ESO, xa que o resto en xeral xa emprega ferramentas ofimáticas básicas.

AO1.4 Exportació nde diferentes documentos: esta acción foi adiantada e realizouse no 2º trimestre dentro da formación que foi impartida ao alumnado de 1º e 2º de ESO, xa que o resto en xeral xa sabe exportar diferentes documentos a formato PDF.

AO2.1 Análise das destrezas previas: analizáronse as destrezas no emprego da Aula Virtual do centro do alumnado de 1º e 2º de ESO.

AO2.1 Análise das destrezas previas: realizada dentro da formación que foi impartida ao alumnado de 1º e 2º de ESO.

AO2.2 Automatrícula no curso correspondente: realizada dentro da formación que foi impartida ao alumnado de 1º e 2º de ESO.

AO2.3 Creación de foro na aula virtual de cada curso: realizada dentro da formación que foi impartida ao alumnado de 1º e 2º de ESO.

AO2.4 Desenvolvemento de actividades que impliquen o uso do foro: realizada dentro da formación que foi impartida ao alumnado de 1º e 2º de ESO.

AO3.1 Comprobación do estado dos ordenadores das aulas: os equipos están actualizados.

AO3.2 Creación dun plan de acción: incluirase unha acción no Plan de Acción do próximo curso 23/24 para manter os equipos informáticos actualizados.

AO4.1 Solicitar formación específica de programación mixta: a formación foi solicitada ao coordinador do CFR e realizarase entre o 1º e 2º trimestre.

AO4.2 Dar a coñecer o repositorio de APP precargadas na aula virtual: realizouse dentro da formación que se levou a cabo no 2º trimestre.

AO4.3 Empregar o foro ou outras ferramentas da aula virtual com retroalimentación/comunicación co alumnado: realizouse na formación do 2º trimestre do profesorado do PFPP e na formación do alumnado de 1º e 2º de ESO.

AO4.4 Debater sobre o uso da tecnoloxía dixital: realizouse unha enquisa sobre o emprego de ferramentas dixitais no ensino: adiada para o 3º trimestre.

En xeral, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño.

3º Trimestre

AO4.4 Debater sobre o uso da tecnoloxía dixital: realizouse unha enquisa sobre o emprego de ferramentas dixitais no ensino: fíxose a enquisa para debater no centro sobre o uso de ferramentas TIC.

AO3.3 Actualización de quipos: esta acción fíxose no 3º trimestre e os equipos están actualizados.

Todas as accións recollidas no Plan Dixital foron realizadas durante o curso 2022/2023.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o plan, farase un seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos por parte do/a coordinador/a TIC e/ou do equipo directivo, da seguinte maneira:
- Unha avaliación procesual, cunha frecuencia dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións de cada obxectivo, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Unha avaliación final, cunha frecuencia dunha vez ao ano (final do curso). Os aspectos a considerar incluirán a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

En xeral podemos falar dunha valoración positiva na realización e consecucións das accións previstas dentro do Plan Dixital para este curso, acadando os obxectivos previos plantexados.

Proposta de mellora

Propostas para a realización do Plan de Acción para o curso 2023/2024.

Incluirase un obxectivo para coñecer a situación dixital do centro e da súa comunidade.

Seguiremos ca formación do alumnado de 1º ESO en destrezas ofimáticas básicas e funcionamento de aula virtual (Moodle).

Seguiremos co obxectivo de manter os equipos informáticos actualizados.

Seguiremos cun obxectivo referido á formación en funcionamento de aula virtual para o profesorado.

Incluiremos obxectivos referidos á plataforma de lectura dixital E-LBE2 e á Alfabetización Mediática Informacional (AMI).

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa publicarase na páxina web do centro e estará a disposición de todos/as os/as traballadores/as do mesmo en formato dixital ou mesmo en papel, se fose necesario.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iescidadeantioquia/system/files/32014801_IESCidadeAntioqu%C3%ADa_PlanDixital_V1.0_10062022.pdf