Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital:

O Plan Dixital enmárcase dentro da iniciativa da Consellería para acadar os obxectivos fixados a nivel nacional e ten a seguinte contextualización normativa:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Caracteísticas socioeconómicas e culturais do contexto do centro:
O CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo sitúase no municipio de O Carballiño, na provincia de Ourense, e conta cunha poboación de arredor dos 14.000 habitantes.

O Carballiño é unha vila semiurbana de interior e dispón de amplos servizos: biblioteca municipal, centro de saúde, parques, dous institutos e outros dous colexios de titularidade privada e concertada, polideportivos, auditorio, conservatorio, gardería e escola infantil de 1o ciclo da rede da Galiña Azul, estacións de tren e autobús, praza de abastos, piscinas, ximnasios e diversos establecementos públicos. Conta ademais cun polígono industrial con fábricas e empresas do sector eólico, estruturas metálicas, montaxes eléctricos, embutidos, materiais plásticos e pequenas empresas, destacando as cámaras frigoríficas de conxelados onde almacenan o gran protagonista gastronómico desta vila, que é o polbo, grazas ao cal é coñecido O Carballiño incluso internacionalmente.

As familias teñen un nivel sociocultural medio e centran a súa actividade nos sectores secundario e terciario, sendo unha minoría as que se adican ao sector primario.

Incardinación e contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro. Programas de innovación nos que participamos.

Dentro das actividades e proxectos nos que participa o centro atopamos o PLAMBE, incluíndo Bibliotecas Creativas, Proxecto ABALAR, Digicraft, o Plan Proxecta (con dúas liñas) e Contratos Programa (con cinco liñas) sendo ademais un centro Plurilingüe con sección Plurinfantil.  A nosa intención para o presente curso académico era que a actividade do centro xirase en torno ao proxecto Polos Creativos pero por causas alleas ao centro non se realizou a obra pertinente polo que as actividades realizadas foron illadas nas aulas ordinarias.

A coordinacón é un dos piares fundamentais onde se fundamenta a nosa acción educativa. Por este motivo entendemos que os plans e proxectos que se desenvolven deben ter unha guía común e incluír a toda a comunidade educativa.

Os nosos esforzos van encamiñados a manter uns obxectivos comúns que partan do análise DAFO realizado, encamiñados a lograr a actualización do Proxecto educativo e a posta en marcha de iniciativas e actividades que axuden a desenvolver a tarefa educativa da forma máis eficiente posible.

A coordinación entre os diferentes equipos e persoas responsables dos proxectos está planificada na nosa Programación anual. Realizamos reunións periódicas e temos mecanismos de comunicación adecuados para compartir a información con todo o profesorado.

 Traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías.

O noso Centro ten incorporadas as tecnoloxías da información e a comunicación aos procesos de ensino-aprendizaxe nas dúas etapas desde que comezamos no programa ABALAR.

Nestes últimos cursos estamos facendo un cambio metodolóxico e unha adaptación para o mellor aproveitamento das posibilidades que ofertan as TIC.

O uso de ferramentas tecnolóxicas realízase desde a etapa de infantil. As aulas dixitais son empregadas por todo o profesorado, que realizou un importante esforzo de formacón e implicación grazas á oferta formativa das administracións e a coordinación TIC do noso centro.

Proceso de elaboración

O proceso de elaboración do Plan Dixital estivo marcado en todo momento polas directrices enviadas. No centro iniciamos unha liña de formación dentro do PFPP do que formamos parte o equipo directivo, as coordinadora TIC, Polos Creativos e Plan dixital, e outros  mestres/as do centro interesados en apoiar na debandita elaboración.

Realizamos a formación ofertada e mantivemos as reunións de traballo necesarias para actualizar as diferentes partes do Plan. Este proceso resultou intenso e abarcou todo o curso escolar.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do noso análise DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) tivemos en conta tanto os aspectos internos, coma externos do noso centro así coma a avaliación dos nosos resultados no informe Selfie e no test CDD. 

Interno
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo Alumnado Non
Debilidade FALTA DE FORMACIÓN DIXITAL PARA O E-A. MOITA INFORMACIÓN A TRAVÉS DESTOS CANLES. Familias Non
Debilidade Infraestructura Infraestruturas Si
Debilidade Protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade Bibliotecas/repositorios en liña. Infraestruturas Non
Debilidade RESPONDER A DEMANDA ACTUAL E REPOÑER DRIAMENTE CON GRAN VARIEDADE DE CONTIDOS A TODA A COMUNIDAD EDUCATIVA. COMPLEXIDADE ESTRUCTURAL DO MESMO. Oferta Non
Debilidade Normas sobre os direitos de autor e as licenzas de uso Organización de centro Non
Debilidade Estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade Debate sobre o uso da tecnololxía Organización de centro Si
Debilidade Documentación da aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade Implicación do alumnado Persoal docente Non
Debilidade retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade Colaboración do alumnado Persoal docente Non
Debilidade Autorreflexión sobre a aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade CD MEDIA BAIXA FALTA DE FORMACION ADECUADA Persoal non docente Non
Fortaleza Comportamiento seguro Alumnado Non
Fortaleza Comportamento responsable Alumnado Non
Fortaleza Verificar a calidade da información Alumnado Non
Fortaleza Creación de contidos dixitais Alumnado Si
Fortaleza Otorgar recoñecemento ao traballo dos demais Alumnado Non
Fortaleza Aprender a comunicarse Alumnado Non
Fortaleza Habilidades dixitais para diferentes materias Alumnado Non
Fortaleza COLABORACION DO PEROSAL NON DOCENTE (FAMILIAS) NAS ACTIVIDADES EDUCTIVAS. BOA RELACIÓN CO CENTRO EDUCATIVO Familias Non
Fortaleza Dispositivos digitales para la enseñanza. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos digitales para el aprendizaje. Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza CEIP CON COMEDOR ESCOALR. BIBLIOTECAS CREATIVAS E ROBÓTICA, IMRESORA 3D. CENTRO ABALAR, PRPXECTOS COMO DIGIGRAFT, RAPAZAS EMPRENDEDORAS NAS TIC, WEB, BLOGS, AULA VIRTUAL ETC. Oferta Non
Fortaleza Tempo para explorar a ensinanza dixital Organización de centro Non
Fortaleza Desenvolvimiento da estrategia co profesorado Organización de centro Non
Fortaleza Colaboracións Organización de centro Non
Fortaleza Fenda dixital Organización de centro Non
Fortaleza Novas modalidades de enseñanza Organización de centro Si
Fortaleza Aviación do progreso Organización de centro Si
Fortaleza Necesidades del DPC Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos en linea Persoal docente Si
Fortaleza Creación de recursos digitales Persoal docente Si
Fortaleza Empleo de entornos virtuales de aprendizaje Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza Aviación das capacidades Persoal docente Si
Fortaleza Participación en el DPC Persoal docente Si
Fortaleza Comunicación con la comunidad educativa Persoal docente Non
Fortaleza Proyectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Fortaleza Recursos educativos en liña Persoal non docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias Persoal non docente Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais Persoal non docente Non
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza EXISTENCIA DE INFRAESTRUTURA E EUIPAMENTO AXEITADO POLA COMPLEXIDADE ESTRUTURAL DO CENTRO. NECESIDADE CONSTANTE DE REPOSICIÓN. EXCESO DE TAREFAS ADMINISTRATIVAS. Administración educativa Non
Ameaza COMPLEXIDADE ESTRUTURAL DA ORGANIZACIÓN DO CENTRO DISTRIBUIDOS EN TRES EDIFICIOS. ANPA Non
Ameaza COMUNICACIÓN CON OUTROS CENTROS EDUCATIVOS FORA DA NOSA OCNTORNA- PROVINCIA. COMPLEXIDADE ESTRUTURAL DO CENTRO ( TRES EDIFICIOS) Contorna Non
Ameaza NORMAS SOBRE DEREITOS DE AUTOR E LICENZAS DE USO. CONSTANTE ACTUALIZACIÓN DA LEXISLACIÓN E REPOSICIÓN DE NOVOS DATOS. Lexislación Non
Ameaza COLABORACIÓNS CON OUTRAS ENTIDADES DE CARÁCTER EXTERNO EN CONSTANTE ACTUALIZACIÓN. FALTADETEMPO. Outras Non
Oportunidade RECURSOS EDUCATIVOS ABERTOS. O CENTRO DISPÓN DE ACCESO A INTERNET. O CENETRO DISPON DE ASISTENCIA TÉCNICA. DISPOSITIVOS DIXITAIS PARA O APRENDIZAXE DO ALUNNADO. EXISTENCIA DE PROXECTOS EXTERNOS. APOSTA POLO ENSINO DIXITAL. Administración educativa Non
Oportunidade BOA RELACIÓN COA/AANPAS/S.PARTICIPACIÓNAS FAMILIAS ANPA Non
Oportunidade LOCALIZACIÓN CÉNTRICA E CONDICIÓNS SOCIOECONÓMICAS DA CONTORNA. OFERTA DE ACTIVIDADES FORMATIVAS E AS CONDICIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN. ESTABILIDADE LABORAL DO PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE. Contorna Non
Oportunidade TRANSFORAMCION D APRÁCTICA DOCENTE. LEXISLACIÓN DE TRANSFORMACIÓN DIXITAL PARA AS AULAS. Lexislación Non
Oportunidade COLABORACIÓNS COON DIVERSAS ASOCIACIÓNS E/OU ENTIDADES. APRENDIXASE A DISTANCIA, ONLINE, MIXTO ( WEB, AULA VIRTAL, REDES...) APOIO PARA ABORDAR RETOS. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta a elaboración do Plan de Acción nas datas establecidas e os recursos materiais e humanos no momento do seu análise , establecemos una serie de obxectivos que se citan a continuación e que consideramos eran os mais importantes a acadar nun futuro.

O equipo formado para a elaboración do Plan dixital considerou establecer como mínimo un obxetivo para cada unhas das areas do informe Selfie, tendo en conta os resultados do informe CDD así coma o análise DAFO. No seguinte apartado resúmense cada un dos pasos da elaboración do noso Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear una estratexia dixital do noso centro
O02PD Fomentar o uso de ferramentas dixitais no centro
O03PD Fomentar o uso da aula virtual do centro como medio de traballo
O04PD Crear e implantar un espazo maker no noso centro (polos creativos)
O05PD Fomentar a participación no desarollo profesional continuo de toda a comunidade educativa do centro
O06PD Crear un banco de recursos en liña con diversa documentación, material e/ou enlaces para o centro.
O07PD Usar a AULA VIRTUAL do centro mediante moodle e fomentar as súas ferra- mentas.
O08PD Adaptar as tecnoloxías dixitais de entornos de innovación de ensino-aprendizaxe cos proxectos interdisciplinares
O09PD Crear unha avaliación dixital do noso centro
O10PD Coñecer as competencias dixitais reais do alumnado do centro

Seguimento

Procedemento

Para cada un destes obxectivos cumprimentase unha táboa que recolle toda esta información e que serve para facer o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación no Plan de Acción onde aparecen tanto os obxectivos, coma os responsables, os

indicadores, valores , recursos datas e seguimento dos mesmos.

1º Trimestre

1.Crear una estratexia dixital do noso centro (A1):

Informar e valorar co profesorado a estratexia dixital de centro e analizar os recursos existentes e o noso potencial: Ainda que ditas accións foron realizadas ao inicio de curso, vemos interesante desenvolvelas en cada un dos  vindeiros debido ao cambio entre o alumnado e o claustro. 

Realizar a estratexia a seguir durante todo o curso académico e fomentar as actividades a levar acabo para o desenvolvemento dunha acción dixital: Queda pendente elaborar un plan de acción concreto no vindeiro curso.

2. Fomentar o uso de ferramentas dixitais no centro (B1)

Informar do uso de ferramentas dixitais: Informouse ao claustro das ferramentas dixitais existentes no centro e achegáronse diferentes cadros de rexistro de préstamo.

3. Fomentar o uso da aula virtual do centro como medio de traballo (B2)

Formar o uso destas ferramentas como promoción e información do centro: Debido a multitude de frontes abertos no presente curso académico determinouse aprazar dita acción.

Crear un curso de formación do profesorado na AV con diferentes contidos: Debido a multitude de frontes abertos no presente curso académico determinouse aprazar dita acción.

4. Crear e implementar un espazo – maker no noso centro – (polos creativos) - (C1-A3)

Deseñar e crear dende 0 un espazo de innovación educativa no noso centro: Por causas alleas ao centro a obra non foi realizada e non se habilitou dito espazo ainda que sí se fixo partícipe ao alumnado no seu deseño a través dunha actividade proposta dende o equipo de Polos Creativos.

 Promover a adquisición de competencias dixitais a través deste espazo apostado pola análise competencial doprofesorado e do alumnado: Dende o equipo de Polos Creativos desenvolvéronse diversas acción para a adquisición de competencias dixitais no alumnado e o profesorado.

Iniciar na formación o equipo responsable do espazo maker e implementar as actividades o longo do curso: Estableceuse una liña de formación na que participou un nutrido grupo de profesorado.

5. Fomentar a participación no desenvolvemento profesional continuo de toda a comunidade educativa do centro (D2)

Realizar unha enquisa sobre os posibles itinerarios de formación docente o claustro: Realizouse unnha consulta ao profesorado sobre as necesidades de formación ao inicio de curso.

Seleccionar os equipos de traballo e as persoas responsables delas: Os equipos foron organizados de xeito equilibrado.

7. Usar a AULA VIRTUAL do centro mediante moodle e fomentar as súas ferramentas. (E2)

Crear os cursos e materias da aula virtual no centro: Realizouse parcialmente.

8. Adaptar as tecnoloxías dixitais de entornos de innovación de ensino- aprendizaxe cos proxectos interdisciplinares (F6)

Crear entornos virtuais de aprendizaxe nos diversos proxectos interdisciplinares do centro: A aula virtual continúa a non ter moito éxito entre as familias. 

Empregar diferentes recursos educativos en línea o longo do trimestre: Dende os niveis realizáronse diversas actividades en liña.

9. Crear unha avaliación dixital do noso centro (G1)

Crear unha avaliación dos recursos dixitais de centro: Avaliouse ao inicio de curso.

10. Coñecer as competencias dixitais reais do alumnado do centro (H7)

Crear e deseñar un cuestionario para as competencias dixitais do alumnado: aprazada.

2º Trimestre

2. Fomentar o uso de ferramentas dixitais no centro (B1)

Formar e crear actividades con diferentes ferramentas dixitais: A través do PFPP de Polos Creativos creouse un banco de recursos para o emprego do profesorado.

Fomentar e implantar estas actividades: Ainda que se levaron a cabo varias actividades consideramos que este ebxectivo debe figurar no plan de xeito permanente.

6. Crear un banco de recurs s en liña con diversa documentación, material e/ou enlaces para o centro. (E1)

Realizar unha chuvia de ideas sobre o material mais necesario así coma das materias na que se precise un maiorbanco de recursos: Decidiuse crear bancos de recursos sobre Educación emocional e Polos Creativos.

Crear una liña de acceso a os diferentes bancos de recursos adaptados as neceisdades: O material atópase accesible a través da aula virtual do centro.

Deseñar e visualizar os recursos e liña por parte de todo o centro: Pretendemos seguir enriquecendo ditos bancos de recursos.

7. Usar a AULA VIRTUAL do centro mediante moodle e fomentar as súas ferramentas. (E2)

Crear actividades e subir material na plataforma moodle: Realizouse parcialmente.

8. Adaptar as tecnoloxías dixitais de entornos de innovación de ensino- aprendizaxe cos proxectos interdisciplinares (F6)

Empregar diferentes recursos educativos en línea o longo do trimestre: Dende os niveis realizáronse diversas actividades en liña.

Interactuar coa comunidade educativa a través dos recursos de innovación: Esta liña foi aprazada.

9. Crear unha avaliación dixital do noso centro (G1)

Analizar e formar nos recursos existentes e o proceso que se segue: Ainda que se realizou unha liña de formación para dito fin considerámola insuficiente.

10. Coñecer as competencias dixitais reais do alumnado do centro (H7)

Analizar os resultados acadados nas cuestionarios de CD: aprazada

 

3º Trimestre

3. Fomentar o uso da aula virtual do centro como medio de traballo (B2)

Dinamizar a participación da comunidade Educativa na AV: Debido a multitude de frontes abertos no presente curso académico determinouse aprazar dita acción.

7. Usar a AULA VIRTUAL do centro mediante moodle e fomentar as súas ferramentas. (E2)

Implementar e utilizar estas actividades: Realizouse parcialmente.

9. Crear unha avaliación dixital do noso centro (G1)

Realizar a avaliación da acción dixital durante o ano académico: Non se realizou por falta de tempo.

10. Coñecer as competencias dixitais reais do alumnado do centro (H7)

Elaborar unha estratexia de mellora da CD do alumnado de cara o próximo curso académico: aprazada

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación procesual será como mínimo unha vez o trimestre na cal o centro por parte dun cuestionario ou rubrica dependendo do aspecto a analizar valorará os resultados acadados ata ese momento; modificando as accións e os recursos necesarios para seguir os obxectivos previstos nun principio. Unha vez acadados os resultados dos items estableceranse as propostas de mellora en función da área, obxectivo e valor previsto.

En canto a avaliación final teranse en conta o análises dos resultados acadados en cada trimestre en función dos aspectos xa conseguidos e estableceranse un análise final sobre os obxectivos conseguido así coma das propostas de mellora tendo en conta todos os aspectos tanto os positivos coma os negativos para abordar un análise real da situación do centro nese momento.

Valoración xeral

Acadar os obxectivos plantexados resultou complicado no presente curso académico, entre outras cousas pola enorme carga de traballo pero en termos xerais estamos satisfeitos.

Proposta de mellora

Contiuar a implementar o plan e pouco a pouco facer partícipe á totalidade do claustro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

En primeiro lugar información o claustro sobre os pasos que se van a seguir así coma a organización do Plan dixital e comunicación o resto da comunidade educativa a través do Consello. Para isto especificarase en qué consiste, quenes son os responsables do mesmo e que pasos se seguirán o longo do curso para a súa realización e execución durante o curso escolar.

A continuación terase en conta no Plan de comunicación de centro e por último publicitaráse a través da paxina web do centro, aula virtual e redes sociais para a completa difusión do mesmo.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcalvosotelo/node/653