Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

O CEIP é unha escola rural, unitaria, mixta e pública, de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Primaria. está situado na aldea de Torres, parroquia de San Xurxo, pertencente ao concello de Vilarmaior. O centro está adscrito ao CPI Castro Baxoi e a xornada é continua (9:00h a 14:00h). Non conta con servizo de comedor nin de transporte escolar.

ENDEREZO: Torres s/n 15638 Vilarmaior (A Coruña)

TELÉFONO: 625482551

CÓDIGO CENTRO: 15018801

CORREO ELECTRÓNICO: ceip.torres@edu.xunta.es

Intentamos combinar tamén cun modelo educativo baseado en pedagoxías activas e vivenciais. Un espazo humano, pedagóxico e reflexivo, adicado ao coidado, desenvolvemento e aprendizaxe de todos os nenos e nenas coa finalidade de potenciar e respectar as habilidades naturais de cada un deles.

Esta zona está basicamente poboada por familias cun nivel social, económico e cultural medio das que unha parte se dedica ao sector agrícola e gandeiro, outra parte desprázase á vila principal para desenvolver a súa actividade laboral no sector industrial e unha minoría traballa no sector servizos. A maioría do alumnado reside nunha edificación propia situada na contorna rural próximo ao centro. Resulta importante destacar que as linguas vehiculares das familias son o galego e castelán a partes iguais. O emprego dunha ou outra, depende moito do ámbito ou rexistro no que se movan. 

O Plan Dixital de Centro debería permitir á comunidade educativa:

Mediante o obxectivo do Plan Dixital de Centro preténdese:

¿             Avaliar a situación do noso Centro educativo con relación ao uso das TIC nos distintos elementos crave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competente para poder deseñar e emprender un proceso de transformación no Centro.

¿             Recoñecer o Plan Dixital de Centro como un recurso crave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.

¿             Transformar o noso Centro educativo nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente.

¿             Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura dixital nas mesmas

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para realizar esta análise axudámonos da ferramenta SELFIE [auto-reflexión], unha ferramenta en liña gratuíta que pretende axudar aos centros escolares a exporse como utilizan as tecnoloxías dixitais para lograr unha aprendizaxe efectiva e innovadora.
Baseada no marco da Comisión Europea para organizacións educativas dixitalmente competentes [ Dig- compOrg] SELFIE axudounos a poñer de relevo que está a funcionar ben, en que aspectos necesítase mellorar e cales deberían ser as prioridades do noso Centro. Con esta ferramenta xunto co test CDD, obtivemos unha instantánea do estado no que se atopa o Centro en relación co uso das tecnoloxías dixitais tendo en conta as opinións de profesorado (unha mestra), alumnado e equipo directivo (na casuística deste centro o alumnado non participou por idade e o equipo directivo correspondese coa figura do responsable de centro) .
Os enunciados abarcaron ámbitos como o liderado, as infraestruturas, a formación do profesorado e as competencias dixitais do alumnado, a partir desta información xerouse un informe dos puntos débiles e as fortalezas do centro en relación ao uso das tecnoloxías dixitais. Estes resultados axudarán a coñecer o punto no que nos atopamos e a desenvolver un plan de actuación.

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1 e 2. Non todo o alumnado conta con soporte informático na casa o que limita o traballo en entornos virtuais. Alumnado Non
Debilidade 1. Non contamos nin precisamos de sistemas de avaliación dixital do progreso do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade 2. Non colaboramos con outros centros da Contorna en actividades dixitais. Persoal docente Si
Debilidade 5. Adaptamos os recursos dixitais ás necesidades do noso alumnado. Persoal docente Non
Debilidade 4. Non creamos contidos dixitais propios e non usamos entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade 3. Non contamos con formación no ámbito de robótica Educativa nin en codificación Persoal docente Non
Fortaleza 1. Alumnado moi motivado no traballo dixital. Alumnado Si
Fortaleza 2. O noso alumnado é competente dixitalmente. Alumnado Non
Fortaleza 1. Familias colaboradoras e implicadas. Familias Non
Fortaleza O Centro conta cunha organización adecuada dos recursos dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza 5. No noso centro traballamos por Proxectos compaxinando actividades dixitais que reforcen a aprendizaxe e a creatividade do noso alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza 2. No noso centro buscamos recursos dixitais que son positivos no E-A Persoal docente Non
Fortaleza 3. Existe unha comunicación dixital fluída coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza 4. Adaptamos os recursos dixitais ás necesidades do noso alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza 1. As mestras do centro comparten experiencias dixitais que son beneficiosas para o seu alumnado. Persoal non docente Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Saturación laboral que limita o tempo para explorar o ensino dixital. 2. Non contamos cos recursos dixitais axeitados para o desenvolvemento do E- A (Ordenadores vellos e con mal funcionamento, rede sen fibra) Administración educativa Non
Ameaza 1. Descoñecemos a lexislación relativas ás normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso 2. Descoñecemos a lexislación relativas á compra se produtos informáticos. Lexislación Non
Oportunidade 1. A UAC ten unha resposta axeitada ás nosas necesidades. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Intención de crear unha ANPA. ANPA Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Resulta complicado que se cheguen a cumprir todas as nosas propostas debido á realidade do noso Centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OSO1PD Conseguir que a calidade do wifi sexa a correcta
OSO2PD Iniciarse no uso dos instrumentos dixitais para a avaliación ou traballo do alumnado
OSO3PD Colaborar con outros centros da contorna cas mesmas características do noso centro e crear contidos propios
OSO4PD Conseguir soporte informático para o alumnado sen recursos ou sen posibilidade de telos
OSO5PD Elaborar un plan dixital do centro Acadado
OSO6PD Promover un horario de liberación da responsable do centro e do Plan Dixital
OSO7PD Prestar un servizo que resolva os problemas técnicos habituais e con rapidedz debido a satuación da UAC
OSO8PD Coñecer a lexislación correspondente a dereitos de autor e compra de produtos informáticos

Seguimento

Procedemento

As catro unitarias da zona estamos en contacto continuo para levar a cabo un Plan Dixital paralelo.

Dende o CEIP de Torres e o CEIP de Bemantes, seguíronse as mesmas liñas de traballo facendo actividades en conxunto. Os dous CEIP son escolas unitarias do rural, onde temos as mesmas características e as mesas deficiencias. Coordinámonos para seguir unha metodoloxía e actividades iguais.
Polo tanto, utilizamos os mesmos materiais.

1º Trimestre

Os obxectivos non se acadaron xa que moitos son alleos ao Centro.

 

Comezamos a traballar en conxunto co CEIP de Bemantes, debido a ter a mesma liña de traballo e as mismas características.

 

Empezamos a actualizar con máis asiduidade o Instagram do cole.

https://www.instagram.com/p/CsRIgN0tVUN/?next=%2Fceip_de_torres%2F&hl=es

 

2º Trimestre

Os obxectivos non se acadaron xa que moitos son alleos ao Centro.

Traballamos en conxunto co CEIP de Bemantes.

  •  Para traballar o INVERNO, utilizamos a aplicación informática Genially.

- Co alumnado de EDUCACIÓN INFANTIL utilizamos os seguintes enlaces:


https://view.genial.ly/5ffb20a53351a80d8b6a00f9/presentation-juegos-de-invierno-aprendemoseninfantil
https://view.genial.ly/5ffe0f589680a90d0132a482/presentation-invierno-3-anos


- No caso de EDUCACIÓN PRIMARIA, traballamos con este enlace:


https://view.genial.ly/6186eff5a7e99d0dea4a8bf2/interactive-content-invierno-alentraralaula


Deixando reflexado no INSTAGRAM o uso das tablets da aula e os enlaces anteriores:


https://www.instagram.com/p/Cnj7RC7MPTM/?next=%2Fceip_de_torres%2F&hl=es

 

  •  Para traballar a LECTOESCRITURA, nun soporte informático, utilizamos as seguintes APP: EL BUHO BOO, APRENDE A LEER1 E 2 CON GRIN

Deixando unha vez máis, reflexado no INSTAGRAM:
https://www.instagram.com/p/CnPPwHltUGS/?next=%2Fceip_de_torres%2F&hl=es

 

 

  •  A través do fío conductor da PAZ , creamos o proxecto #APAZCOMEZAENMIN, facendo un folleto informativo onde aparecen diferentes lugares que ao alumnado lles da paz. Enlazamos a foto, ca ubicación creando así un QR.

Fixemos o folleto, vídeos informativos e fotografías, axudándonos de diferentes APP e soportes, entre eles:


- Canva: para realizar o folleto e facer carteis informativos.
- Google maps: para poñer a ubicación e poder crear o QR.
- Blackground Eraser, Picsart, Desesnfocar rostro: APPs para modificar fotografías e imaxes.
- Slow Motion FX e YOUCUT: APPs para traballar e editar os vídeos que publicamos
- Dropbox e Wetransfer: para compartir o material entre o profesorado das dúas escolas.


https://www.instagram.com/p/CsJEBbisLVW/?next=%2Fceip_de_torres%2F&hl=es
https://www.instagram.com/p/CsRIgN0tVUN/?next=%2Fceip_de_torres%2F&hl=es
https://www.instagram.com/p/CsRIgN0tVUN/?next=%2Fceip_de_torres%2F&hl=es

3º Trimestre
  •  Co motivo do día de Rosalía, o día da poesía e as letras Galegas, fixemos un LIBRO VIAXEIRO con poemas inventados polo noso alumnado e as nosas familias. O poemario tiña como finalidade, recorrer mundo. Creamos o hashtag #chegamoslonxe en INSTRAGRAM.

https://www.instagram.com/p/CpVSzUzIwJd/?next=%2Fceip_de_torres%2F&hl=es
https://www.instagram.com/p/CpVLA1JIgNX/?next=%2Fceip_de_torres%2F&hl=es

 

Algúns obxectivos non se acadaron xa que moitos son alleos ao Centro e quedan pendentes para o vindeiro curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o seguimento do desenvolvemento do plan será necesario medir o grao da consecución de obxectivos que nos marcamos. Tamén será necesario comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo de xeito específico e concreto.
Todos estes aspectos deben ser medibles, alcanzables, realistas e definidos no tempo.

Valoración xeral

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e prazos e as propostas de mellora. O informe de progreso formará parte da Memoria anual do Centro.
Para levar a cabo a avaliación, teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:
¿ Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.

Proposta de mellora

- Darlle uso axeitado aos ordenadores e paneis interactivos proporcionados pola Xunta.

- Estamos a espera da colocación dos paneis dixitais e o curso que ven darlles uso.

- Que todo o profesorado sexa quen de utilizalos.

- Tentar acadar todos os obxectivos e marcarnos novos

- Quedan pendentes obxectivos a realizar, os faremos en conxunto co CEIP de Bemantes xa que seguimos a mesma liña de actuación.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión