Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O  Plan Dixital está estreitamente vinculado cos obxectivos do centro en relación aos seguintes puntos:

  • Aumento do desenvolvemento das competencias claves no alumnado (nomeadamente, a competencia dixital).
  • Fomento da participación activa das familias na vida do centro a través das canles dixitais establecidas para a publicación da información relevante relativas ao mesmo (informacion de natureza tanto administrativa como educativa e cultural).
  • Disposición de ferramentas para asegurar o acceso dixital tanto ao alumnado como ás familias, tanto a nivel formativo como infraestrutural.
  • Aumento do impacto da actividade do centro na comunidade educativo grazas a adaptación do colexio a unha realidade na cal as tecnoloxías e os medios dixitais supoñen a principal vía de relación informativa (e formativa) co noso entorno.

Pola súa natureza, o desenvolvemento do Plan Dixital supón unha proposta de superación dunha serie de necesidades no eido das infraestruturas e de formación dixitais que debe ter en conta a necesaria colaboración co equipo de TICS do centro. A superación destas necesidades, ademais de ser importantes dada emerxencia da educación dixital na nosa realidade sociocultural, é imperativa no noso colexio pola nosa participación en plans que promoven a dixitalización da educación (como o plan E-Dixgal ao que se acollen os cursos de 5º e 6º) ou a crecente comunicación coas familias a través das novas tecnoloxías (a través do portal ABALAR ou dos correos corporativos).

Contribución do Plan Dixital á Programación Xeral Anual do curso 22/23

O Plan Dixital implica avanzar no cumplimento dalgúns dos obxectivos do centro recollidos na Programación Xeral Anual, tais como:

  • Potenciar as estruturas verticais e horizontais existentes no centro.
  • Impulsar e poñer en marchar programas de innovación e formación que melloren o funcionamento do Centro.
  • Favorecer o éxito escolar.
  • Impulsar a utilización das novas tecnoloxías.
  • Facilitar a comunicación entre as familias e o Centro Educativo.
  • Promover a dotación de equipamento.
  • Dar a coñecer o Centro.
  • Favorecer o proceso de adaptación.
  • Potencias a utilización das TIC como recurso didáctico.
  • Favorecer a atención personalizada do alumnado a partir do intercambio de información entre o equipo docente.

Proceso de elaboración:

Para o desenvolvemento do Plan Dixital foi importante nun primeiro momento establecer un marco da situación relativa á implementación das novas tecnoloxías (tanto a nivel formativo como a nivel de infraestruturas) no centro e no conxunto da comunidade educativa. Para iso, realizáronse unha serie de tests destinados a valoración desta implementación por parte do equipo directivo, o profesorado e mais o alumnado. Estes tests foron o informe de autoavaliación SELFIE e mais o Test CDD, cuxos resultados pasaremos a detallar máis adiante.
Os resultados destes tests serviron para manifestar a situación da comunidade educativa en materia tecnolóxica, a partir da cal o equipo de Plan Dixital elaborou unha matriz DAFO na cal se estableceran as liñas prioritarias de actuación do centro para desenvolver o Plan Dixital.

Estas liñas prioritarias de actuación plasmáronse en obxectivos por parte do equipo do Plan Dixital  tanto por motivo da súa emerxencia como pola concomitancia con actuacións que estaban baixo valoración do centro a través doutros equipos (nomeadamante o de TIC).Finalmente, o presente plan Dixital foi elaborado polo equipo de Plan Dixital previamente á súa aprobación no claustro de profesorado e no Consello Escolar.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1- Autavaliación SELFIE

A primeira ferramenta que utilizamos de cara a elaboración da matriz DAFO foi a plataforma de autoavaliación SELFIE. Na seguinte táboa amosamos os resultados da mesma nas diferentes áreas que compuñan dito test de autoavaliación (sobre as puntuacións de 0 e 5).

Areas

Grupos

Ensinanzas

Primaria e infantil

A -Liderado

Equipo Direct.

3,3

Profesorado

3,1

Alumnado

 

B- Colaboración e redes

Equipo Direct.

2,8

Profesorado

2,5

Alumnado

3,5

C- Infraestruturas e Equipos

Equipo Direct.

3

Profesorado

3,3

Alumnado

4,2

D- Desenvolvemento profesional continuo

Equipo Direct.

4,1

Profesorado

3,5

Alumnado

 

E- Pedagoxía:

Apoio e Recursos

Equipo Direct.

3,8

Profesorado

3,7

Alumnado

 

F- Pedagoxía:

Implementación na aula

Equipo Direct.

3

Profesorado

3,2

Alumnado

3,7

G- Prácticas de avaliación

Equipo Direct.

2,9

Profesorado

2,8

Alumnado

 

H- Competencias dixitais do alumnado

Equipo Direct.

3,5

Profesorado

3,3

Alumnado

4

2- Test CDD

A segunda ferramenta da que dispuxemos para a recollida de datos sobre a situación dixital do centro para orientar a elaboración da matriz DAFO foi o test CDD. A continuación pasamos a recoller os datos de participación do profesorado que realizou o test:

2.1. Participación segundo perfil do profesorado

 

N.º profesorado que participa

N.º profesorado total

% participación

DEFINITIVO

17

25

68,00%

PROVISIONAL

5

8

62,50%

INTERINO

0

1

0,00%

SUBSTITUTO

2

4

50,00%

DESPRAZADO

1

2

50,00%

2.2. Puntuación e nivel de competencia do centro

  • Puntuación media do test (sobre 192): 75
  • Nivel de competencia: INTEGRADOR/A (B1)
  • Puntuación media do test en Galicia (sobre 192):76.5
  • Nivel de competencia en Galicia:INTEGRADOR/A (B1)

2.3. Puntuación e nivel de competencia por etapas

 

Puntuación media do test (sobre 192)

Nivel de competencia

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)

Nivel de competencia en Galicia

PRIM.

78,3

INTEGRADOR/A (B1)

77

INTEGRADOR/A (B1)

INF.

51,7

EXPLORADOR/A (A2)

68,2

INTEGRADOR/A (B1)

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non ten tempo para explorar recursos tecnolóxicos. Alumnado Non
Debilidade Demanda de aprendizaxe en programación e codificación. Alumnado Non
Debilidade Falta de resolución de problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade Velocidade irregular de conexión a Internet. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de tecnoloxías asistenciais para traballar co alumnado con NEE. Infraestruturas Si
Debilidade Obsolescencia de equipo informático non cuberto polo proxecto E-Dixgal. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de espazos específigos para o uso de dispositivos dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de repositorios colectivos. Infraestruturas Si
Debilidade Realízanse poucas actividades que impliquen ao alumnado e fomenten a súa colaboración. Oferta Non
Debilidade Emprego insuficiente das tecnoloxías para fomentar a súa intercomunicación. Oferta Non
Debilidade Uso insuficiente das TIC en proxectos interdisciplinares. Oferta Non
Debilidade Non ten unha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade Non se empregan as tecnoloxías para colaborar con outras entidades nin outros centros. Organización de centro Si
Debilidade Falta de creación de recursos dixitais propios e/ou problemas para compartilos a través de repositorios comúns. Persoal docente Si
Debilidade Participación mellorable en actividades formativas. Persoal docente Si
Debilidade Formación non se axusta ás súas necesidades. Persoal docente Non
Debilidade Falta de actividades que o impliquen e fomenten a súa colaboración. Persoal docente Non
Fortaleza Alta competencia dixital. Alumnado Non
Fortaleza Percibe que se empregan as tecnoloxías para adaptarse ás súas necesidades. Alumnado Non
Fortaleza Comunicación regular a través de plataformas dixitais (principalmente ABALAR). Familias Si
Fortaleza Acceso global a Internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o alumnado E-Dixgal. Infraestruturas Non
Fortaleza Empréganse as tecnoloxías nas diversas áreas. Oferta Si
Fortaleza Apréndese a verificar a calidade da información. Oferta Non
Fortaleza O alumnado percibe que se ensina a empregar a tecnoloxía de maneira segura. Oferta Non
Fortaleza Debates regulares sobre o uso da tecnoloxía. Organización de centro Non
Fortaleza Séntese apoiado polo equipo directivo para empregar a tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza Ten acceso ao DPC Persoal docente Non
Fortaleza Procura e emprega recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza Ten iniciativa para o uso pedagóxico de ferramentas dixitais. Persoal docente Si
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de carga laboral e burocrática que dificulta a asistencia á formación continua. Administración educativa Non
Ameaza Asistencia técnica limitada para equipos informática fóra de E-Dixgal (e para isto, a asistencia é lenta). Administración educativa Non
Oportunidade Abertas á colaboración coas iniciativas do colexio sobre a tecnoloxía dixital. ANPA Si
Oportunidade Imaxe moi positiva pola súa implicación coa LSE e a difusión desta implicación a través das redes. Contorna Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

 

 

 

INTERNOS

FORTALEZAS

DEBILIDADES

CATEGORÍAS

INFRAESTRUTURAS- EQUIPAMENTO

Acceso global a Internet.

Dispositivos dixitais para o alumnado E-Dixgal.

 

Obsolescencia de equipo informático non cuberto polo proxecto E-Dixgal.

Velocidade irregular de conexión a Internet.

Falta de espazos específigos para o uso de dispositivos dixitais.

Falta de repositorios colectivos.

Falta de tecnoloxías asistenciais para traballar co alumnado con NEE.

 

 

PERSOAL DOCENTE

Séntese apoiado polo equipo directivo para empregar a tecnoloxía.

Ten acceso ao DPC

Procura e emprega recursos educativos en liña.

Ten iniciativa para o uso pedagóxico de ferramentas dixitais.

 

 

Non ten tempo para explorar recursos tecnolóxicos.

Participación mellorable en actividades formativas.

Formación non se axusta ás súas necesidades.

Falta de creación de recursos dixitais propios e/ou problemas para compartilos a través de repositorios comúns.

PERSOAL NON DOCENTE

 

 

 

 

 

 

ALUMNADO

Alta competencia dixital.

Percibe que se empregan as tecnoloxías para adaptarse ás súas necesidades.

 

Falta de actividades que o impliquen e fomenten a súa colaboración.

Demanda de aprendizaxe en programación e codificación.

Falta de resolución de problemas técnicos.

 

 

FAMILIAS

Comunicación regular a través de plataformas dixitais (principalmente ABALAR).

 

 

 

 

OFERTA

Empréganse as tecnoloxías nas diversas áreas.

Apréndese a verificar a calidade da información.

O alumnado percibe que se ensina a empregar a tecnoloxía de maneira segura.

Realízanse poucas actividades que impliquen ao alumnado e fomenten a súa colaboración.

Emprego insuficiente das tecnoloxías para fomentar a súa intercomunicación.

Uso insuficiente das TIC en proxectos interdisciplinares.

 

 

ORGANIZACIÓN

DO CENTRO

Debates regulares sobre o uso da tecnoloxía.

 

 

Non ten unha estratexia dixital.

Non se empregan as tecnoloxías para colaborar con outras entidades nin outros centros.

 

 

EXTERNOS

OPORTUNIDADES

AMEAZAS

CATEGORÍAS

ADMINISTRACIÓN

EDUCATIVA

 

 

 

Exceso de carga laboral e burocrática que dificulta a asistencia á formación continua.

Asistencia técnica limitada para equipos informática fóra de E-Dixgal (e para isto, a asistencia é lenta).

 

LEXISLACIÓN

 

 

 

 

 

 

CONTORNA

Imaxe moi positiva pola súa implicación coa LSE e a difusión desta implicación a través das redes.

 

 

 

ANPA

Abertas á colaboración coas iniciativas do colexio sobre a tecnoloxía dixital.

 

 

 

 

 

OUTRAS ENTIDADES

 

 

 

 

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Incrementar a competencia dixital das familias no manexo de ferramentas educativas de uso cotián no centro: AbalarPro, Moodle, E-DIXGAL.
O02PD Crear unha comunidade educativa utilizando a plataforma Agueiro para potenciar o traballo colaborativo e facilitar as comunicacións.
O03PD Elaboración dun banco de recursos educativos propios na Aula Virtual do centro para consulta e utilización de todo o Claustro.
O04PD Reorganizar os espazos do centro educativo para facilitar a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais.

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

ACCIÓN: AO1.1

DATA:

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

OBXECTIVO 1: Incrementar a competencia dixital das familias no manexo de ferramentas educativas de uso cotián no centro: AbalarPro, Moodle, E-DIXGAL

Xa dende cursos previos neste centro educativo estase a traballar con Moodle, Abalar e E-DIXGAL polo que a maioría dos membros da comunidade educativa está familiarizada co seu uso. Tamén se están a empregar ferramentas para a comunicación coas familias como ClassDojo, ferramentas de gamificación da aula como FantasyClass e comezouse a empregar Agueiro como plataforma de comunidade creativa onde compartir información e recursos. Así pois, procurouse fomentar o uso destas ferramentas explicando ás familias o que precisaran e deixando que os nenos amosen os seus coñecementos creando eles mesmos os titoriais. En conclusión, falta traballar máis a nivel centro para así poder transmitir mellor os conceptos ás familias, aínda que en xeral o seu uso está bastante adquirido.

OBXECTIVO 2: Crear unha comunidade educativa utilizando a plataforma Agueiro para potenciar o traballo colaborativo e facilitar as comunicacións.

Comezouse dando de alta a plataforma educativa e dando nela de alta aos mestres e mestras que conforman o grupo de traballo do PFPP do Plan Dixital. Tamén se solicitou recibir formación mediante este PFPP co fin de poder iniciar ao resto do profesorado nesta plataforma. Entre as actividades realizadas nesta comunidade atopamos a creación da páxina "Booktubers"  para que os nenos/as suban as súas reseñas sobre libros en formato vídeo (en colaboración co equipo de biblioteca). Por outra banda incluiuse ás familias coa creación de Coleccións para compartir arquivos e fotografías. E finalmente se procedeu coa creación dunha Páxina de Agueiro compartida con múltiples ferramentas TIC. En xeral, empregouse pouco esta plataforma partindo da consideración de que ofrece unha infinidade de posibilidades puidendo empregala como galería de imaxes, repositorio de recursos, lugar para compartir actividades do centro co exterior dun xeito seguro e puidendo poñernos en contacto con outros centros ou outras comunidades. Estes aspectos serán explorados no futuro.

OBXECTIVO 3: Elaboración dun banco de recursos educativos propios na Aula Virtual do centro para consulta e utilización de todo o Claustro

Este obxectivo foi posposto tendo en consideración que Agueiro ofrece moitísimas posibilidades á hora de crear un banco de recursos e pensando que para o curso 2023-2024 este centro vai ser dotado cos 'Polos Creativos'

OBXECTIVO 4: Reorganizar os espazos do centro educativo para facilitar a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais.

Este ano procedeuse ao desprazamento, centralización e revisión dos materiais TIC do centro educativo no almacén do segundo piso. Tamén se procedeu coa recopilación dos materiais TIC gradados noutros lugares do centro educativo e a súa colocación e avaliación e estableceuse un horario para a utilización da aula de informática.

Proposta de mellora

Posibilidades de mellora en relación a cada un dos obxectivos:

  • O01PD: Ofrecer máis información e titoriais para as familias e incluso crear talleres para as familias nos que se amose como empregar estas ferramentas de forma axeitada así como promover un uso razoable.
  • O02PD: Explorar todas as posibilidades que ofrece a plataforma Agueiro tanto a nivel centro, como vía de interacción coas familias e incluso compartindo datos e recursos con outros centros.
  • O03PD: A espera de recibir 'Polos Creativos' e de investigar un pouco máis sobre as posibilidades de Agueiro, o curso que ven discutirase e reformularase este obxectivo.
  • O04PD: A espera de recibir 'Polos Creativos' o próximo curso procurarase reorganizar os espazos dun xeito coherente e razonable.

Nun futuro tense como obxectivo adquirir 'Polos creativos' e sacar o máximo potencial deste plan. Deste xeito priorizarase o uso da Radio na esola, así pois crearase un proxecto para despois optar ao programa 'Radio na Biblio'. Profundizarase na educación dos nenos e nenas no uso responsable das ferramentas TIC e axudarase ás familias a incrementar as súa competencia dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será difundido a través da web do centro, aparecendo tanto na PXA como no apartado da mesma propio do equipo de Plan Dixital. Ademais, o equipo de Plan Dixital informará das súas accións e necesidades ao conxunto do equipo docente a través do claustro de profesores e do contacto regular co resto de equipos do centro (especialmente co equipo de TIC dada a súa estreita relación e obxectivos comúns).