Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A contextualización normativa en relación co Plan Dixital no noso centro é a seguinte:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

• Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

• Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que é de utilidade para a análise de situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital.

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non destaca o comportamento responsable Alumnado Si
Debilidade O alumnado non aprende a crear contidos dixitais Alumnado Si
Debilidade Non están actualizados os equipos e as redes Infraestruturas Si
Debilidade Dispositivos dixitais insuficientes Infraestruturas Non
Debilidade Necesidade de DPC. Competencia dixital media-baixa. Oferta Si
Debilidade Non se fomenta a participación do alumnado en programas interdisciplinares empregando as tecnoloxías dixitais Oferta Non
Debilidade O centro recoñece non ter unha estratexia dixital definida Organización de centro Non
Debilidade Non se fomenta a participación en proxectos multidisciplinares empregándose as tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Tecnoloxías dixitais e infraestruturas dispoñibles no centro para mellorar a educación Alumnado Si
Fortaleza Existen dispositivos dixitais para o aprendizaxe Alumnado Si
Fortaleza Emprego das tecnoloxías dixitais para mellorar a comunicación coas familias Familias Non
Fortaleza Acceso a internet suficiente, pero revisable Infraestruturas Si
Fortaleza Preténdese integrar novas modalidades de ensino-aprendizaxe Oferta Si
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa Organización de centro Non
Fortaleza Existe reflexión sobre as TICs Persoal docente Si
Fortaleza Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Uso de recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza Existe certificación en competencias dixitais Persoal docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non se recolle que exista na actualidade unha protección real dos datos Lexislación Non
Ameaza Escasa colaboración con outras entidades Outras Non
Oportunidade Asistencia técnica suficiente Administración educativa Si
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir deste análise DAFO elabórase un plan de acción, que seguirá estes pasos:

  • Establecer áreas prioritarias e determinar os obxectivos (que teñen que ser específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal) que queremos conseguir.
  • Concretar ata onde queremos chegar para cada un dos obxectivos e con que elementos. Esta información reportarana os indicadores e os seus valores de partida e de chegada.
  • Determinar as accións para conseguir cada obxectivo, elixir os responsables das mesmas, acordar unha temporalización e determinar os recursos necesarios.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Formar e fomentar o uso da plataforma E-Dixgal no profesorado
O2PD Realizar as programacións didácticas en formato dixital na aplicación PROENS
O3PD Mellorar a competencia dixital do alumnado: Riscos e ameazas no uso das TIC
O4PD Formar e fomentar o uso do ESPAZO POLOS CREATIVOS

Seguimento

Procedemento

Reunión ao inicio de curso do coordinador do Plan Dixital do Centro (Pablo Rodríguez Silva) co mentor ADIX (Xabier Baldomir Pego), e atención telemática e, no caso de requerirse, presencial verificar que se está levando a cabo.

Avaliación a final de curso dos obxectivos propostos e análise dos indicadores acadados

1º Trimestre
  • O1PD e O4PD: Durante o primeiro trimestre solicitáronse as formacións (PFPP) en E-Dixgal e en Polos Creativos.
  • O2PD: Non se conseguiu ningunha formación relacionada con PROENS organizada no centro, aínda que varios profesores e profesoras están facendo pola súa conta cursos ao respecto a través de FProfe.
  • O3PD: Non se organizou aínda ningún obradoiro nin formación para o alumnado en cuestións relacionadas coas TIC.
2º Trimestre
  • O1PD: Continúa a formación en E-Dixgal. O equipo TICs de secundaria, xunto co coordinador E-Dixgal do centro, encárganse de resolver as cuestións relacionadas cos problemas na plataforma.
  • O2PD: Non hai incidencias relacionadas con PROENS polo de agora.
  • O3PD: Organizáronse dúas charlas para primaria e secundaria relacionadas cos riscos das TICs.
  • O4PD: Continúa a formación en Polos Creativos. O profesor responsable da PFPP é o encargado de asistir ao profesorado que teña dúbidas ao respecto.
3º Trimestre
  • O1PD: Remata a formación en E-Dixgal.
  • O2PD: Non hai incidencias relacionadas con PROENS polo de agora.
  • O3PD: Participación no programa "Navega con Rumbo" para favorecer o uso responsable de Internet e as redes sociais en primaria.
  • O4PD: Remata a formación en Polos Creativos. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Coa fin de poder avaliar o Plan Dixital, será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos que temos marcado no mesmo.

Tamén será preciso comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo durante o vindeiro e seguintes cursos. Os obxectivos que marquemos deben ser específicos e concretos. Deben ser medibles, alcanzables, realistas e definidos no tempo.

Para levar a cabo a avaliación teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:

  • Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións
  • As ferramentas de avaliación SELFIE a través da cal poderemos facer unha análise da competencia dixital do centro. Recoméndase realizar anualmente a final de curso.
  • A avaliación da Competencia Dixital Docente.
  • A avaliación da Competencia Dixital do alumnado a través do SELFIE, preferiblemente a final de curso.

 

O plan avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos previstos. O informe de progreso formará parte da Memoria Anual do Centro.

Valoración xeral

No noso Centro o Plan Dixital está lonxe de ser unha ferramenta útil para o profesorado. A pesar de estar en E-Dixgal, cada ano entramos cun novo curso neste programa e nunca chegan os recursos prometidos. Neste ano volvemos sufrir os problemas de conexión no edificio de Secundaria, a falta das aulas coa instalación nova... En canto teñamos isto solucionado poderemos establecer un plan axeitado, mentres tanto os nosos esforzos van encamiñados a apañarnos co que temos.

 

Proposta de mellora

Solucionar os problemas da instalación e funcionamento nos nosos recursos dixitais antes de propoñernos actividades ou medidas do Plan Dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Neste ámbito é preciso definir os protocolos ou estratexias que serán necesarios para publicitar e difundir o plan dixital do centro entre a comunidade educativa.

A difusión do Plan Dixital realizarase particularmente a través da páxina web do centro educativo, considerada como recurso para a información, xestión, formación e colaboración. O seu enderezo é: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpivianopequeno/

A páxina web actualizarase con certa frecuencia e servirá como canle de difusión do Plan TIC e servirá coma ponte para a comunicación con toda a comunidade educativa.

Ademais a aplicación Educalidade poderá consultarse para visualizar nela tamén esta información.