Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. 

  • •Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022. 

  • •Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • •Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

  • •Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • •Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

  • •Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • •Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

Contextualización do Plan Dixital

O CPI de Bembibre é un centro rural situado no concello de Val do Dubra. A súa proximidade á área urbana de Santiago permitiu o transvase de man de obra do sector primario ós restantes sectores de actividade, en especial a construción (22%) e os servizos (30%). Pese a elo, a base da economía continúa sendo o sector agropecuario, onde a mellora e modernización das súas explotacións gandeiras e consecuentemente a súa maior rendibilidade económica permitiu mellorar notablemente o nivel de vida das súas xentes.
Na industria unicamente se pode falar de pequenos talleres e fábricas de confección que aproximadamente dan emprego a un 6% da poboación activa.
A construción ten unha maior importancia, tanto pola poboación activa como polo número de empresas que hai no termo. Igualmente ocorre co sector terciario, que se localiza no núcleo de Bembibre, onde se concentran os servizos educativos, sanitarios, administrativos, comerciais e de hostalería.
O CPI de Bembibre é un Centro Público Integrado dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que está ubicado no concello de Val do Dubra (A Coruña). Impartimos docencia en Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

O Plan Dixital do noso centro supoñerá unha transformación importante nos aspectos que recollen os documentos de xestión e organización do centro, estando moi presente no Proxecto Educativo de Centro (PEC), que é o referente que establece os rasgos de identidade do noso centro educativo,en relación aos obxectivos xerais e estructura organizativa e de funcionamento.

A través da súa vinculación co PEC queremos establecer as liñas básicas de traballo para converter o centro nunha organización dixitalmente competente, establecendo un plan estratéxico que inclúa obxectivos e medidas concretas para promover esa transformación dixital, diversificada en diferentes ámbitos como son o da ensinanza e aprendizaxe, o da organización e o da comunicación e información.

O Plan Dixital de centro suporá cambios na elaboración da PXA para o próximo curso 2022/23, xa que as actuacións recollidas neste formarán parte dela. Uns dos obxectivos prioritarios será a implementación do Plan Dixital durante o curso, intentando que as accións programadas e a súa periodización sexan as establecidas no propio plan. Neste sentido, e tendo en conta que dúas das accións máis importantes do Plan Dixital son a dixitalización das comunicacións internas e externas do centro, a PXA recollerá a elaboración dun Plan de Comunicación que regule estes procedementos.

No curso 2023-24 seguimos a utilizar os datos do SELFIE, Test CDD e DAFO elaborados no curso 2021-22. A partir de esa información formuláronse novos obxectivos e procedeuse así mesmo, á revisión de todo o documento.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información son tres fontes:

  • Informe SELFIE. Executado por todos os centros de Galicia no primeiro trimestre do curso 21-22. Recolle información variada nunha enquisa anónima moi pormenorizada que se lle pasa a alumnado e profesorado. SELFIE é un proxecto europeo amplo qe busca harmonizar resultados. Propón as mesmas preguntas para todos os centros participantes e pode configurarse para que o centro añada algunha pregunta propia. Os niveis das preguntas adáptanse á idade dos alumnos e alumnas e establece tres grupos: alumnado, docentes e equipos directivos. As preguntas agrupábanse en oito bloques temáticos numerados desde o A ata o H (Nos anexos aparece o resultado SELFIE). 
  • Test de competencia dixital docente. Este test foi pasado aos docentes no curso 21-22. Nel cada docente respondía unha serie de cuestións sobre o seu desempeño en terefas dixitais para que de xeito subxectivo valorase a súa capacitación en cada unha das competencias dixitais. Establécense seis competencias diferentes e seis niveis (A1, A2, B1, B2, C1, C2).
  • Propostas de mellora de anteriores memorias da Coordinación TIC. Esencialmente son necesidades de material e infraestructuras.
Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Máis da metade do alumnado di que usa as tecnoloxías dentro do centro menos dunha vez por semana. Baixo uso da tecnoloxía fóra do centro con fines de aprendizaxe. Pouca competencia dixital que limita o uso das tecnoloxías. O alumnado usa moito a tecnoloxía na casa para o ocio. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias Na maioría dos casos sempre é o mesmo proxenitor o que se comunica dixitalmente co centro ou co profesorado Falta de control parental sobre o uso de Internet e as redes sociais dos seus fillos/as Familias Non
Debilidade C.7 Hai discrepancia entre equipo directivo e docentes sobre a existencia dun sistema de protección de datos Non están actualizados os equipamentos e as redes. Infraestruturas Non
Debilidade A.1 O centro non ten unha estratexia dixital Páxina de centro con formato obsoleto, pouco atractiva, pouco activa. Non existe certificación en competencias dixitais Insuficiente política de protección de datos Organización de centro Si
Debilidade B.2 O equipo directivo non percibe debate sobre vantaxes e desvantaxes do uso das tecnoloxías dixitais no proceso ensino ¿ aprendizaxe B.3 No noso centro non empregamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. D.1 O equipo directivo cre que non debate o suficiente sobre as necesidades de DPC no relativo a ensino con tecnoloxías dixitais. D.3 O equipo directivo cre que non axuda ao profesorado a que intercambien experiencias na comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. F.6 Non se fomentan os proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. G.3 Non se empregan tecnoloxías dixitais para facilitar a retroalimentación ao alumnado. G.5 Non se empregan as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre o seu aprendizaxe. G.6 Non se fomenta que o alumnado poida realizar observacións constructivas sobre o traballo dos seus compañeiros empregando tecnoloxías dixitais TCDD. A competencia dixital docente de primaria está por debaixo da media de Galicia Non se promove o uso das tecnoloxías dixitais con fins de avaliación Non existe reflexión sobre TICs Intercambio inexistente de experiencias dentro do centro sobre o ensino con tecnoloxías dixitais Uso escaso da tecnoloxía para facilitar a colaboración e o traballo en grupo do alumnado Falta de tempo que limita o uso das tecnoloxías Persoal docente Non
Debilidade Unha parte do persoal non docente ten unha competencia dixital nula ou baixa Non teñen acceso ás actividades de formación ofertadas polo centro Nalgúns casos a súa motivación polo uso das tecnoloxías dixitais é nula ou escasa Persoal non docente Non
Fortaleza H.3 O alumnado aprende a actuar de maneira segura e responsable en internet. - H.6 No centro o alumnado aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais. - Ratios baixas O alumnado aprende a comprobar si a información atopada en internet é fiable e precisa O alumnado da crédito ao traballo doutras persoas O alumnado aprende a crear contidos dixitais O alumnado ten acceso a dispositivos fora do centro educativo Alumnado Non
Fortaleza Conectividade por medios dixitais (Tokapp) moi extendido coas familias O 100% das familias dispoñen dalgún dispositivo dixital con acceso a Internet Reciben información do centro e do profesorado por diversas canles dixitais Familias Non
Fortaleza C.1 A infraestructura dixital respalda o proceso ensino ¿ aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. - C.2 Existen dispositivos dixitais para o ensino. Existen dispositivos dixitais para usar na aula Asistencia técnica suficiente por parte do coordinador TIC Infraestruturas Non
Fortaleza Comunicación regular e ben organizada coas familias e/ou o profesorado O profesorado conta co apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza E.1 Búscanse recursos educativos en liña. E.4 Os docentes empregan tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo TCDD. A competencia dixital docente é superior á media TCDD. ¿ dos docentes están nun nivel igual ou superior ao integrador (B1) ¿ Acceso por parte do profesorado a posibilidade de DPC (Desenvolvemento Profesional Continuo) Uso de contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado Realización de actividades de aprendizaxe dixitais que motivan ao alumnado Fomento da creatividade do alumnado Adaptación do método de ensinanza ás necesidades do alumnado Creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza Persoal docente Non
Fortaleza O persoal non docente ten equipos informáticos con conexión a Internet á súa disposición Persoal non docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesivo traballo burocrático Asistencia técnica inexistente ou insuficiente por parte da administración pública Rede de internet moi defectuosa Conexión a internet inestable e pouco fiable que limita o uso das tecnoloxías Administración educativa Non
Ameaza Non inclusión de actividades relacionadas coas tecnoloxías dixitais nas actividades extraescolares programadas para o alumnado Nos últimos dous cursos non fixeron actividades extraescolares debido á pandemia da Covid19 ANPA Non
Ameaza Dificultades de acceso a Internet nalgunhas aldeas Contorna Non
Ameaza Cambios frecuentes na lexislación No centro non se incide na protección dos dereitos de autor e a propiedade intelectual ao empregar tecnoloxías dixitais para o ensino C.7 Os sistemas de protección de datos son mellorables Lexislación Non
Oportunidade Oferta de iniciativas que fomentan o uso de tecnoloxías dixitais no ensino Administración educativa Non
Oportunidade Programación de cursos de formación a través da escola de nais e pais Oferta de actividades extraescolares para a mellora da competencia dixital do alumnado ANPA Non
Oportunidade Instalación de puntos WiFi gratuítos de acceso a Internet en diferentes puntos do Concello de Val do Dubra Contorna Non
Oportunidade Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e FP, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos Lexislación Si
Oportunidade Participación en proxectos europeos para comunicarse, colaborar, desenvolver proxectos,¿ (eTwinning) Existen bastantes entidades e organizacións de diferentes sectores coas que o centro interacciona habitualmente Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Logo da análise DAFO pasamos a seleccionar os obxectivos. Para non perderse con toda a información da análise DAFO empregaremos a seguinte estratexia:
Paso 1. Revisamos os resultados do informe SELFIE. Xa temos unha imaxe global do centro e agora imos seleccionar 2-3 áreas nas que centrarnos. Escollemos as categorías que teñen peor resultado global e que cada un dos seus elementos teña un valor baixo para todos os grupos que facían a enquisa.
Paso 2. Investigamos os elementos do SELFIE seleccionados no paso anterior para comprender os problemas do centro en materia dixital. Volvemos a poñer en común, dentro do grupo de traballo, os puntos máis destacados coa vista en definir obxectivos e deseñar accións que se poidan desenvolver nun ano.
Paso 3. Establecemos prioridades e modulamos as expectativas pensando en obxectivos alcanzables nun curso. Non consideramos posibles obxectivos que non sexan viables (exemplo: renovación dos equipos Abalar obsoletos por parte do Centro).

No curso 2023-24 a revisión do DAFO pon de manifesto que no noso centro educativo é preciso mellorar:

  • A formación do profesorado no uso de ferramentas interactivas para o seu empleo na aula.
  • No uso de ferramentas administrativas que permitan levar conta e administrar o material dixital accesible no centro

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar os proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxía dixitais (F.6) (Área F - Pedagoxía: implementación na aula)
O02PD Formar ao profesorado en compentencia dixital (Área D - Desenvolvemento profesional continuo)
O03PD Realizar o inventario do centro educativo (A1) (Área A - Liderado)

Seguimento

Procedemento

 No contesto da avaliación procesual, a revisión das actuacións establecidas no Plan de Acción seguiá o seguinte procedemento:
    En primeiro lugar, os responsables de conseguir os obxectivos establecidos no Plan deberán facer un seguemento do seu desenvolvemento según as accións descritas nos mesmos.
    En segundo lugar, ao finalizar cada trimestre, a persoa coordinadora do Plan Dixital realizará unha valoración do traballo realizado. Nesta revisión, os aspectos a valorar serán:
    - O estado de execución das accións en relación á temporalización prevista
    - A análise e valoración dos resultados das accións previstas xa rematadas
    - As posibles modificacións das accións en curso
    - As propostas de mellora, de ser o caso

1º Trimestre

No presente trimeste os obxectivos do Plan Dixital do noso centro atópanse no seguinte estado:

  • O01PD    Fomentar os proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxía dixitais (F.6) (Área F - Pedagoxía: implementación na aula) : 
    • Pendente reunión co equipo directivo para organización de novos espazos
    • Creado calendario de formación do profesorado
  • O02PD    Formar ao profesorado en compentencia dixital (Área D - Desenvolvemento profesional continuo)
    • Pendente de asignación de datas de calendario de formación
  • O03PD    Realizar o inventario do centro educativo (A1) (Área A - Liderado)
    • Elaborada a folla de cálculo de cara o inventariado
2º Trimestre

No presente trimeste os obxectivos do Plan Dixital do noso centro atópanse no seguinte estado:

  • O01PD    Fomentar os proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxía dixitais (F.6) (Área F - Pedagoxía: implementación na aula)    
    • Rematada a docencia.
    • Comezamos o deseño das actividades.   
  • O02PD    Formar ao profesorado en compentencia dixital (Área D - Desenvolvemento profesional continuo)        
    • Rematada a docencia.
  • O03PD    Realizar o inventario do centro educativo (A1) (Área A - Liderado)
    • Elaborada a folla de cálculo.
    • Estase formando o grupo de inventariado.
    • Barállase a ampliación deste obxectivo a vindeiros cursos académicos.
3º Trimestre

No presente trimeste os obxectivos do Plan Dixital do noso centro atópanse no seguinte estado:

  • O01PD    Fomentar os proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxía dixitais (F.6) (Área F - Pedagoxía: implementación na aula)        
    • Obxectivo acadado
  • O02PD    Formar ao profesorado en compentencia dixital (Área D - Desenvolvemento profesional continuo)  
    • Obxectivo acadado    
  • O03PD    Realizar o inventario do centro educativo (A1) (Área A - Liderado)
    • En proceso de recollida de datos para o inventario. Terá continuidade para o curso que ven.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan Dixital do CPI de Bembibre é un documento vivo e dinámico. Debe facerse un seguemento do seu cumplimento según se vaian desenvolvendo as actuacións previstas ao menos unha vez cada trimestre e ten que actualizarse anualmente con novos obxectivos orientados á mellora do centro vinculados á innovación educativa e dixital. O seguemento e avaliación do P.D. deberá facerse en relación co grao de consecución dos obxectivos establecidos no mesmo.

  • Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos de Educalidade dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes de Educalidade para tal efecto. 
  • Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de Educalidade para o seu cumprimento. 
Valoración xeral

 

Durante este curso, o noso centro educativo traballou intensamente para alcanzar os obxectivos establecidos no Plan Dixital. A continuación, presentamos unha valoración xeral dos logros e do estado actual dos obxectivos definidos.

O01PD - Fomentar os proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais (Área F - Pedagoxía: implementación na aula)

Estado: Obxectivo acadado

Valoración: Conseguimos implementar proxectos interdisciplinares que integran tecnoloxías dixitais de maneira eficaz. Estas iniciativas permitiron aos estudantes traballar en proxectos que combinan varias disciplinas, empregando ferramentas dixitais para a súa realización. Este enfoque non só fomentou a colaboración entre diferentes departamentos, senón que tamén facilitou unha aprendizaxe máis rica e diversificada para o alumnado.

O02PD - Formar ao profesorado en competencia dixital (Área D - Desenvolvemento profesional continuo)

Estado: Obxectivo acadado

Valoración: A formación do profesorado en competencia dixital foi exitosa. O profesorado participou nunha formación de PDIs que lle permitiu mellorar as súas habilidades tecnolóxicas. Isto traduciuse nunha mellor integración das tecnoloxías nas aulas e nunha maior confianza do profesorado no uso de ferramentas dixitais para a súa práctica educativa diaria.

O03PD - Realizar o inventario do centro educativo (Área A - Liderado)

Estado: En proceso de recollida de datos para o inventario. Terá continuidade para o curso que vén.

Valoración: A realización do inventario do centro educativo está en marcha. Durante este curso, centrámonos na recollida de datos necesarios para completar o inventario. Planeamos continuar con esta tarefa no próximo curso, co obxectivo de ter un inventario completo e actualizado que nos permita xestionar os recursos de maneira máis eficiente.

Conclusión

En resumo, o Plan Dixital do noso centro avanzou significativamente durante este curso. Acadamos con éxito os obxectivos de fomentar proxectos interdisciplinares e formar ao profesorado en competencia dixital, o que ten contribuído a unha mellora notable na integración das tecnoloxías na educación. Aínda que o proceso de inventario aínda está en curso, estamos en bo camiño para completalo no próximo curso escolar. Estes logros sentan unha base sólida para seguir desenvolvendo e mellorando o noso enfoque dixital no futuro.

Proposta de mellora

Para continuar avanzando no noso Plan Dixital e abordar os retos identificados, propoñemos as seguintes melloras para o vindeiro curso:

1. Fortalecer os Proxectos Interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais (O01PD)

  • Ampliar a colaboración entre departamentos: Fomentar reunións periódicas entre os distintos departamentos para planificar e coordinar proxectos interdisciplinares, garantindo que todas as áreas do coñecemento estean integradas de maneira equilibrada.
  • Incorporar novas tecnoloxías: Explorar e implementar ferramentas dixitais que faciliten a colaboración e a xestión dos proxectos interdisciplinares, como plataformas de xestión de proxectos e recursos dixitais interactivos.
  • Desenvolver unha nova liña de polos creativos: Crear espazos dedicados onde os estudantes poidan explorar e desenvolver proxectos creativos, utilizando tecnoloxías dixitais avanzadas. Estes polos creativos promoverán a innovación e a creatividade en diversas disciplinas.

2. Formar ao profesorado en competencia dixital (O02PD)

  • Formación continua e avanzada: Ofrecer formación continua para o profesorado sobre o uso avanzado das tecnoloxías dixitais.
  • Evaluación de necesidades: Realizar unha avaliación periódica das necesidades formativas do profesorado para adaptar os contidos das formacións ás súas necesidades específicas.

3. Realizar o inventario do centro educativo (O03PD)

  • Continuar coa recollida de datos: Finalizar a recollida de datos necesarios para completar o inventario do centro educativo.
  • Formación en xestión de recursos: Ofrecer formación ao persoal encargado sobre as mellores prácticas na xestión e mantemento do inventario dixital e dos espazos.

4. Actualización da páxina web do centro

  • Redeseño da páxina web: Levar a cabo un redeseño completo da páxina web do centro para mellorar a súa navegabilidade, accesibilidade e atractivo visual. A nova páxina deberá ser responsiva e adaptarse a diferentes dispositivos.
  • Contidos actualizados e relevantes: Actualizar regularmente os contidos da páxina web, incluíndo novas seccións que reflictan as actividades e proxectos do centro, así como recursos educativos dixitais para estudantes e profesorado

Conclusión

Estas propostas de mellora buscan consolidar os avances logrados ata o momento e superar os retos identificados, promovendo unha educación dixital máis efectiva, colaborativa e orientada ao desenvolvemento integral da comunidade educativa. A implementación dunha nova liña de polos creativos e a actualización da páxina web do centro serán pasos fundamentais para continuar avanzando na nosa estratexia dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital  será difundido, como en anos anteriores a través da web do noso centro. 

Curso 22-23: hai unha copia do documento colgada na páxina web do centro no apartado O Centro - Documentos xerais.

Curso 23-24: está dispoñible no buscador de plans da aplicación EduCalidade.