Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

 

Nome do centro: CEIP PLURILINGÜE MANUEL SUEIRO

Código do centro: 32015219

Enderezo: Rúa Antonio Failde Gago, nº 21

Localidade: OURENSE

Código Postal. 32004

Concello: OURENSE

Provincia: OURENSE

Teléfono: 988231026

Dirección web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/

Correo electrónico: ceip.manue.sueiro@edu.xunta.gal

 

1.1.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 

O Proxecto Educativo do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro recolle a descrición do ambiente socioeconómico-cultural do entorno establecendo que: “O CEIP Manuel Sueiro atópase enclavado no barrio ourensán das Lagoas, ao noroeste da cidade, na marxe esquerda do río Miño. Na historia deste barrio cabe falar de dúas etapas ben definidas: a década do anos 70 na que se construíron gran número de vivendas en réxime de cooperativas (funcionarios do concello, do MEC, comercio, RENFE, La Región. Uteco,.... Nesta década foi construído o colexio no ano 1979. Anteriormente fora construído o Lagoas I (1975) e posteriormente (1980) o lagoas III (CEIP Mestre Vide).

5.Plan de Acción. Liñas estratéxicas.

 

As liñas estratéxicas para a configuración do Plan de Acción do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro (Plan Dixital) están centradas nos seguintes elementos:

 

A)     Liderado.

B)      Colaboración en rede.

C)     Infraestrutura e equipamentos.

D)     Desenvolvemento profesional continua.

E)      Pedagoxía: apoio e recursos.

F)      Pedagoxía: implementación na aula.

G)     Prácticas na avaliación.

H)     Competencias dixitais do alumnado.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital de Centro.

 

 

No artigo terceiro da Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, recolle que:

 

Terceiro. Procedemento de deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital

1. Ao longo do curso 2021-2022, cada centro dentro da súa autonomía elaborará o documento do Plan Dixital para que sirva de referencia a toda a comunidade educativa, de xeito que no curso 2022-2023 a súa aplicación sexa efectiva.

2. Para o deseño e elaboración do Plan Dixital porase a disposición de toda a comunidade educativa, a través do portal educativo, un espazo específico de competencia dixital na que se recollera toda a información e ferramentas para o seu desenvolvemento: https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital, e procederase como se indica a continuación:

 

O procedemento a seguir será:

 

1. Realizar a análise da situación do centro A análise da situación do centros realizarase a través das ferramentas para a diagnose de situación SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente.

a) Informe SELFIE. Para a diagnose da situación en relación a competencia dixital, o centro usará a ferramenta de autoavaliación SELFIE, coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE). Esta ferramenta, desenvolta pola Comisión Europea ao abeiro do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), está dispoñible de forma gratuíta para todos os centros educativos no sitio web indicado no punto.

 

b) Test de Competencia Dixital Docente (Test CDD). De xeito complementario, o profesorado poderá realizar o test CDD baseado no marco DigCompEdu desde o seu perfil persoal. Este test permite obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencial (A1- C2), polas áreas deste Marco e devolve un detallado feedback. Así mesmo, xera un Informe de Centro, sempre que máis do 20% do profesorado do centro o teña completado, a fin de mostrar resultados que sexan representativos.

 

2.  Realizar a diagnose de situación do centro.

 

a) A partir do Informe SELFIE, o centro poderá xerar un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que lle permitirá a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.

 

b) O Informe Individual do test CDD permitirá ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente. Así mesmo, o informe de centro permitirá planificar a liña de formación a través dos PFPP.

 

3. Pautas para a elaboración do Plan Dixital. O Plan Dixital realizarase en base a información recollida do informe de análise da situación do centro e de acordo coa estrutura que se recolle no anexo.

 

4.Temporalización

 

4.1 Durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022, o centro deberá realizar a análise de situación mediante a ferramenta de autoavaliación SELFIE e o test CDD, para poder iniciar a fase de diagnose e o deseño e elaboración do Plan Dixital.

 

4.2. No último trimestre do curso 2021-2022, o Plan Dixital será aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro. No seu caso, o Plan Dixital será aprobado pola dirección do centro unha vez oído o claustro e será elevado como informe ao Consello Social. O centro poderá realizar, previo á aprobación, unha segunda análise da situación da competencia dixital de centro para a elaboración do Plan Dixital conforme a proceso indicado no apartado anterior.

 4.3. No curso 2022-2023, o centro procederá a implementación efectiva do Plan que estará sometido a un proceso de avaliación e mellora continua.

 

Curso 2021/2022

·  Constitución comisión Plan Dixital. (1 T 2021-2022)

·  Elaboración SELFIE.(1 T 2021-2022)

·  Cubrir SELFIE.(1 T 2021-2022)

·  Cubrir CDD. (2 T 2021-2022)

·  Análise do SELFIE e CDD. (2 T 2021-2022)

Elaboración DAFO (2 T 2021-2022)

·  Deseño do Plan de Acción. (3 T 2021-2022)

·  Elaboración do Plan Dixital de Centro. (3 T 2021-2022)

·  Aprobación Consello Escolar (29/06/2022).(3 T 2021-2022)

 

Curso 2022/2023

·  Posta en práctica do Plan Dixital de Centro. (1 T 2022_2023)

·  Realización do SELFIE e do CDD. (1 T 2022_2023)

·  Avaliación ao final do 1º trimestre. (1 T 2022_2023)

 ·  Avaliación ao final do 2º trimestre. (2 T 2022_2023)

 ·  Avaliación ao final do 3º trimestre. Introdución de mellora para o curso escolar 2023/2024. (3 T 2022_2023)

 

 

 

 

 

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade ¿ Baixo uso das tecnoloxías, por parte do alumnado, con fins pedagóxicos fóra do centro educativo. ¿ Chegada de alumnado novo sen ningunha cultura dixital, nin recursos familiares para poder afrontar a súa integración en esta nova sociedade TIC. Alumnado Si
Debilidade ¿ Gran brecha dixital do alumnado e familias. ¿ Desigualdade social e económica das familias en canto ao acceso e ao uso dos recursos dixitais. ¿ Algunhas familias son reticentes ao uso de metodoloxías emerxentes, estando en contra do uso dos ordenadores para traballar na aula. Existe certa desconfianza por parte das familias a que os seus fillos e fillas aprendan igual a través das TIC. ¿ Pouca competencia dixital das familias. ¿ Familias con alumnado con problemas de historia escolar que non ven os estudos dos seus fillos e fillas como algo para progresar e que non poñen os medios para dar acceso aos seus fillos e fillas a unha educación telemática. ¿ Familias que non usan os sistemas de comunicación do centro educativo (abalarmóbil) por cambios continuos e non actualizados dos seus dispositivos móbiles. Familias Si
Debilidade ¿ Aulas sen taboleiros dixitais tanto na Ed. Primaria (1º, 3º e 4º) e na Ed. Infantil (4º e 5º) . ¿ Obsolescencia de tabletas e PDIs. ¿ Dificultades técnicas para o uso e afianzamento das TIC na etapa de Ed. Infantil e 1º e 2º ciclo de Ed. Primaria xa que faltan dispositivos dixitais (ordenadores, taboleiros dixitais, tabletas,...). ¿ Obsolescencia tecnolóxica que obriga a continuas inversións. ¿ Baixos recursos económicos e falta de fondos á hora de reposición e actualización de equipos informáticos e tecnolóxicos. ¿ Escaseza de recursos económicos no centro educativo para manter a infraestrutura TIC e as súas reparacións. Infraestruturas Si
Debilidade ¿ Nos últimos dous anos, por mor das xubilacións, e as baixas médicas, existencia de profesorado provisional e substituto con pouca experiencia, que dificulta afianzar as boas prácticas debendo dedicar máis tempo para alcanzar certas competencias dixitais. ¿ Chegada de profesorado novo que non se implique no contexto TIC. Organización de centro Si
Debilidade ¿ Profesorado con nivel heteroxéneo na competencia dixital. ¿ Necesidade de dispoñer de máis tempo para a formación TIC e para a elaboración de materiais didácticos baseados nas TIC. ¿ Falta de concienciación na autoavaliación do traballo realizado. ¿ Renovación do claustro docente nos últimos dous anos. ¿ Proximidade a data de xubilación do coordinador TIC e docentes implicados no desenvolvemento e implantación das TIC. ¿ Nos últimos dous anos, por mor das xubilacións, e as baixas médicas, existencia de profesorado provisional e substituto con pouca experiencia, que dificulta afianzar as boas prácticas debendo dedicar máis tempo para alcanzar certas competencias dixitais. ¿ Chegada de profesorado novo que non se implique no contexto TIC. Persoal docente Si
Debilidade ¿ Necesidade de formación práctica en TIC. Persoal non docente Si
Fortaleza ¿ Alumnado altamente motivado á hora de usar as novas tecnoloxías. ¿ Acceso do alumnado a dispositivos fóra do centro educativo ofertados polo programa EDIXGAL. ¿ Boa predisposición do alumnado no uso das novas tecnoloxías. ¿ Emprego das TIC e TAC por parte do alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria (EDIXGAL) están en aras de normalizarse e converterse en cotiás. Alumnado Si
Fortaleza ¿ Boa relación entre os membros da comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado e equipo directivo). ¿ As familias, en xeral, aceptan as decisións que toma o centro educativo con respecto a implantación de novas metodoloxías centradas nas TIC. Familias Si
Fortaleza ¿ Aulas grandes nas que poder colocar equipos TIC para o traballo en aula (recuncho da informática) na que poder buscar información e levar a cabo proxectos interdisciplinares. Infraestruturas Si
Fortaleza ¿ Ser un centro modelo no uso das TIC. ¿ Dispoñibilidade de información na rede e o banco de recursos dentro das aulas virtuais ofrecen gran cantidade de datos e oportunidades para o profesorado e alumnado. Existe unha continua aparición e consolidación de diversas APPs útiles nas contornas educativas. ¿ Lexítimo interese do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro para incentivar e fomentar a actividade formativa do profesorado en base as necesidades do colexio e a intereses persoais. ¿ Mellora dos recursos dixitais das editoriais así como os recursos que se atopan na web clasificándose nas aulas virtuais de recursos que se atopan na páxina web do colexio. ¿ Mellora da comunicación coas familias mediante a optimización da mensaxería abalarmóbil. Oferta Si
Fortaleza ¿ Colexio en dotado de recursos educativos e liña, medios tecnolóxicos, equipos e programas informáticos (maqueta abalar). ¿ Plan de actualización e mantemento dos recursos e equipos dixitais. ¿ Estratexia dixital clara, na que as o programa EDIXGAL e as aulas virtuais están ben organizadas e con acceso a todo o profesorado dos recursos e formación que se atopan nelas. ¿ Escasa conflitividade entre o alumnado permitindo realizar actividades variadas e interdisciplinares nos que o PDI é o eixo central e as TIC un medio para levalas a cabo. ¿ Centro forma parte da rede EDIXGAL e da rede de centros Plurilingües. ¿ Existencia dunha boa coa comunidade educativa a través da páxina web e das redes sociais (facebook, twiter e instagram). ¿ Banco de recursos actualizados e de fácil acceso ao profesorado a través das aulas virtuais que se atopan dentro da páxina web do colexio. ¿ Páxina web do centro, coñecida e seguida polas familias e o alumnado, estando actualizada e usándose para facer públicas e visibles, sendo unha ventá aberta do colexio á comunidade educativa. Elemento de referencia para o traballo diario do profesorado (XADE, correo electrónico, calendario, documentación profesional, AFA,...). ¿ As actividades do centro xiran entorno a un PDI que fai que existan proxectos interdisciplinares ben consolidados e estruturados en metodoloxías centradas no traballo por proxectos e no uso das TIC. ¿ Aula TIC con ordenadores con postos escolares suficientes. ¿ Pouco alumnado no colexio cuns rateos por aulas que favorecen o control e a solución de dificultades que xorden con respecto a xestión nos grupos EDIXGAl e nas aulas virtuais. ¿ Aulas pouco masificadas co que se pode personalizar mellor a atención do alumnado, tanto no aspectos presencial como telematicamente. Ao ter uns rateos axustados é factible detectar mellor as dificultades de acceso á tecnoloxía e internet e así poder darlle solución. ¿ Organización de centro Si
Fortaleza ¿ Claustro unido, relación cordial, traballo en equipo e colaboración entre o profesorado. Dispoñibilidade por parte do responsable TIC e do equipo directivo para axudar e apoiar ao profesorado na súa labor diaria coas TIC. ¿ Formación a través dos PFPP, cunha ampla oferta de cursos, na que un gran número de docentes están implicados no proceso de formación centrado nas TIC. ¿ Existencia dunha cultura de compartir experiencias e recursos de creación propia entre o profesorado difundindo as súas experiencias a través da páxina web ao resto da comunidade educativa. ¿ Actitude positiva do profesorado no uso de novas metodoloxía e o uso das TIC ¿ Fomento e implicación do profesorado nas innovacións educativas e no uso das TIC. ¿ Plan de formación do profesorado (PFPP) configurado anualmente polo centro en función das necesidades de formación do centro educativo. ¿ Mesmos intereses na plantilla do profesorado á hora de avanzar no uso das tecnoloxías. Persoal docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza ¿ Normativa restritiva en materia de protección de datos. ¿ Excesiva carga burocrática e administrativa na actualización e dotación económica para a actualización dos recursos tecnolóxicos. ¿ Sensación de presión por parte da Administración Educativa a familias e profesorado á hora de implantar as TIC. ¿ Cambios continuos na lexislación educativa. ¿ Imposición de burocracia , que fai que vai máis a modo a execución de proxectos así como a financiación para a reposición e actualización dos recurso dixitais. Administración educativa Si
Ameaza ¿ Algunhas familias son reticentes ao uso de metodoloxías emerxentes, estando en contra do uso dos ordenadores para traballar na aula. Existe certa desconfianza por parte das familias a que os seus fillos e fillas aprendan igual a través das TIC. ANPA Si
Ameaza ¿ Cansazo social no uso das TIC, vinculando o seu uso con todo o relacionado co confinamento. Contorna Si
Ameaza ¿ Normativa restritiva en materia de protección de datos. ¿ Excesiva carga burocrática e administrativa na actualización e dotación económica para a actualización dos recursos tecnolóxicos. ¿ Cambios continuos na lexislación educativa. ¿ Imposición de burocracia , que fai que vai máis a modo a execución de proxectos así como a financiación para a reposición e actualización dos recurso dixitais. Lexislación Si
Oportunidade ¿ Internet e as aplicacións educativos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade permiten unha xestión eficiente das titorías, información e comunicación co profesorado, familias,... (XADE, correo electrónico, abalarmóbil,...). Administración educativa Si
Oportunidade ¿ Os membros da AFA Limiar, mostra ilusión e vontade por participar e implicarse na vida do centro e apoiar os proxectos que o centro inicia. ANPA Si
Oportunidade ¿ Boa relación do colexio cos centros educativos da zona o que facilita o intercambio de boas prácticas, a elaboración de proxectos comúns, intercambio de ideas e experiencias,... (CIFP Portovello, Universidade de Vigo,...). ¿ Implantación, cada vez dunha maior dixitalización en todos os aspectos da vida social, a oferta educativa, formas de comunicación interpersoal e coas institucións públicas e privadas,.. tendo un efecto colateral positivo derivado do mantemento da formación educativa a través da novas tecnoloxías durante a época de confinamento. ¿ A sociedade, en xeral, é moi favorable ao bo uso da tecnoloxía tal e como se recollen no Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030. ¿ As tecnoloxías proporcionan novos enfoques e oportunidades de comunicación e aprendizaxe ubicuo ou mixto. O centro crea relacións con institucións públicas (Concello e Deputación de Ourense, Consellería de Cultura e Educación, Universidade de Vigo,...) para a elaboración de proxectos comúns. Contorna Si
Oportunidade ¿ Boa colaboración co CFR, entorno natural e social que favorece que a formación, comunicación e innovación no uso das TIC sexa moi produtivo. Outras Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do plan dixital de centro (PDC).
O10PD Desenvolver no alumnado as habilidades necesarias para a produción e edición de vídeos.
O2PD Acreditar unha competencia dixital dentro do claustro.
O3PD Mellorar a competencia dixital do profesorado que acadou A1 no test CDD (Para toda a tipoloxía de centros).
O4PD Crear espazos de colaboración con outros centros da contorna.
O5PD Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro
O6PD Crear recursos dixitais para levar a cabo na práctica docente
O7PD Elaboración dun banco de recursos propios na Aula Virtual do centro para consulta e utilización de todo o Claustro.
O8PD Implementar un proxecto interdisciplinares por trimestre no que participe a totalidade do alumnado.
O9PD Fomentar o uso das Tics para avaliar ás habilidades do alumnado

Seguimento

Procedemento

  Instrumentos de seguimento e diagnóstico do plan: Instrumentos de diagnóstico estandarizados a utilizar.

 

Para poder alcanzar os resultados propostos no Plan de Dixital de Centro  vaise levar a cabo unha avaliación continua que nos permitirá ver se os obxectivos expostos son os axeitados e se as medidas propostas son as correctas para lograr os obxectivos planificados podendo realizar as modificacións oportunas.

Valorarase o grao de implicación de cada un dos membros que compoñen a nosa Comunidade Educativa, así como a coordinación entre eles e o grao de aceptación das distintas propostas. Esta avaliación continua complementarase cunha avaliación final onde se valorarán os resultados obtidos, as posibles melloras, erros cometidos, necesidades e grao de satisfacción coa experiencia. Para todo iso, empregaranse os seguintes instrumentos de avaliación:

a) Revisión dos obxectivos e actividades expostas.

b) Avaliación das actividades propostas: diagnóstico inicial, desenvolvemento e conclusións.

c) Reunión de seguimento cos axentes implicados.

d) Memoria anual do Plan Dixital de Centro.

 

O seguimento e avaliación de plan está vinculada ao traballo de tres equipos:

¿ Equipo TIC

¿ Comisión de Coordinación Pedagóxica

¿ Equipo Directivo.

O principal responsable é o Dinamizador (director) e o equipo TIC pois segundo as súas funcións correspóndelle “Deseñar, seguir, avaliar e actualizar o Plan TIC do Centro”.

O resto dos equipos colaboran segundo o expresado en diferentes apartados deste plan.

O plan revisarase dúas veces ao ano polo equipo TIC, que elaborará un informe para a memoria final e propoñerá os cambios que considere oportunos.

 

Instrumentos de seguimento e diagnóstico do plan: Instrumentos de diagnóstico estandarizados a utilizar.

 

Para avaliar a eficacia do plan utilizaremos os indicadores de avaliación incluídos en cada unha das accións tendo en conta o diagnóstico inicial realizado despois das probas SELFIE e CDD.

Nos prazos correspondentes utilizaranse sistemas propios para realizar o diagnóstico da competencia dixital docente (CDD), así como a ferramenta SELFIE.

 

Auditorías internas ou externas.

 

 Auditorías externas:

¿ As que determine a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

 

Auditorías internas:

¿ A que no propio seguimento do plan realiza o equipo TIC Do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro.

·         Conclusións da aplicación e o desenvolvemento do Plan Dixital.

 

O presente é xa o décimo cuarto plan TIC (primeiro foi no 2008) que desenvolve o colexio, sendo o primeiro Plan Dixital de Centro. Podemos dicir sen dúbida, que vai ser un novo impulso en todos os aspectos curriculares, de equipamento, de formación, de comunicación e xestión con ferramentas TIC, e así nos vai a permitir avanzar no proceso de mellora continua do centro.

O punto de partida para a aplicación e desenvolvemento deste Plan Dixital de Centro o podemos definir como medio, en primeiro lugar, en todo o relacionado coas infraestruturas:

¿ Desde un punto de vista de infraestruturas o colexio ten unhas instalacións aceptables sendo necesario a substitución e actualización dalgúns equipos informáticos así como a colocación de 4 taboleiros dixitais e comprar 14 tabletas.

¿ Desde o punto de vista do software, contamos coas maquetas Abalar e os equipos Edixgal para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e para todo o profesorado que imparte docencias nesas aulas.

 

·         Nos aspectos educativos:

·      A implantación das Aulas Virtuais chega ao 100% das aulas de Educación Primaria, do alumnado e do profesorado, cun uso máis que aceptable. Os puntos crave do plan son a paulatina modernización dalgunhas infraestruturas, a aplicación da metodoloxía por proxectos, o incremento do uso de dispositivos nos primeiros cursos de Educación Primaria, a sempre necesaria formación do profesorado., tanto en aspectos didácticos, puramente tecnolóxicos e na cultura de compartir recursos e uso de repositorio comúns. Tamén consideramos imprescindible todo o relativo á seguridade dixital. En definitiva, este plan axudaranos como centro, como profesionais e aos nosos alumnos para ser máis competentes nun mundo dixital cambiante usando os medios que, na maioría das ocasións, xa temos ao noso alcance.

 

 

 

 

·         Liñas de mellora detectadas para as próximas revisións.                                

 

As liñas de mellora detectadas para próximas revisións inclúense no plan de acción para o curso escolar 2022/2023 e as que se deriven das avaliacións periódicas.

 

·         Estratexias de revisión e modificación do Plan Dixital.

                       

A experiencia do centro no desenvolvemento dos plans estratéxicos podemos garantir sen dúbida a continua revisión e actualización do Plan.

 

•      Antes de confeccionar un novo plan estratéxico realízanse tamén análise DAFO, CCD e CAME da situación do centro, na que se inclúen, como non, as TIC.

•      Os diferentes procesos do Modelo de Xestión inclúen información detallada do uso das TIC e son supervisados polo Equipo Directivo, CPP e en última instancia polo Consello Escolar do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro.

•      O plan no seu conxunto avalíase e revisa a finais de cada curso, e cando se considera necesario e de forma exhaustiva a finais do curso escolar 2022-2023.

•      Debido a que é dinámico, é posible a mellora continua do mesmo.

1º Trimestre

Liderado

1º) Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do plan dixital de centro (PDC).

Dirección do centro.

Número persoas implicadas no EPD (3 docentes).

90% do claustro de profesores/as.

Setembro-Outubro 2022.

2º Trimestre

 

Pedagoxía: apoio e recursos

2º) Elaboración dun banco de recursos propios na Aula Virtual do centro para consulta e utilización de todo o Claustro.

Equipo directivo, coordinador Tic, Claustro do centro

O valor de partida é cero

O valor previsto son 10 recursos dixitais

Xaneiro 2023.

 

3º Trimestre

 Colaboración en rede.

1º) Acreditar unha competencia dixital dentro do claustro.

Equipo Directivo e coordinador do PFPP (en colaboración co CFR).

4.5 % do profesorado con nivel A1 e 40.5% con nivel A2

O 80% do profesorado teña un nivel B1 ao rematar o curso académico 22-23.

Xuño 2023.

2º) Mellorar a competencia dixital do profesorado que acadou A1 no test CDD.

Membro de equipo directivo ou persoa na que delegue.

4.5 % do profesorado con nivel A1 e 40.5% con nivel A2.

O 80% do profesorado con nivel B1 ou superior

Xuño 2023.

3º) Reflexionar sobre o uso das novas tecnoloxías.

Equipo Directivo e coordinador TIC.

Participación do profesorado nas reunións das CCP.

100% de participación do profesorado nas reunións das CCP.

Xuño 2023.

4º) Crear espazos de colaboración con outros centros da contorna.

Equipo Directivo, Equipo Tics e Claustro

50% de profesorado que accede as Aulas Virtuais e 20% materiais creados/compartidos.

100% do profesorado accede ás Aulas Virtuais e o 50% aos materiais creados /compartidos.

Xuño 2023.

 

Infraestrutura e equipamentos.

1º) Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro

Persoa coordinadora TIC

20% de dispositivo actualizados e/ou renovados

50% dos dispositivos actualizados e/ou renovados

Xuño 2023.

 

Pedagoxía: apoio e recursos.

1º) Crear recursos dixitais para levar a cabo na práctica docente

Dirección do centro / Xefatura de Estudos

50% do profesorado accede as Aulas Virtuais e aos materiais creados/compartidos.

100% do profesorado accede ás Aulas Virtuais e o 50% aos materiais creados/compartidos.

Xuño 2023.

 

Pedagoxía: implementación na aula.

1º) implementar un proxecto interdisciplinares por trimestre no que participe a totalidade do alumnado.

Persoa coordinador/a de plurilingüismo, da Biblioteca escolar do centro, coordinador/a do EDLG.

0 aulas participan nos proxecto interdisciplinares anual.

100% das aulas participan no proxecto interdisciplinares anual.

Final de curso 2023.

 

Prácticas na avaliación

1º) Fomentar o uso das Tics para avaliar ás habilidades do alumnado

Equipo Directivo

0 veces usadas ás Tics no proceso de avaliación

5 veces usadas ás Tics no proceso de avaliación

15 de xuño de 2023.

 

Competencias dixitais do alumnado

1º) Desenvolver no alumnado as habilidades necesarias para a produción e edición de vídeos.

Equipo Tic

0 vídeos creados

1 vídeo creado e editado por nivel

15 de xuño de 2023.

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

  Instrumentos de seguimento e diagnóstico do plan: Instrumentos de diagnóstico estandarizados a utilizar.

 

Para poder alcanzar os resultados propostos no Plan de Dixital de Centro  vaise levar a cabo unha avaliación continua que nos permitirá ver se os obxectivos expostos son os axeitados e se as medidas propostas son as correctas para lograr os obxectivos planificados podendo realizar as modificacións oportunas.

Valorarase o grao de implicación de cada un dos membros que compoñen a nosa Comunidade Educativa, así como a coordinación entre eles e o grao de aceptación das distintas propostas. Esta avaliación continua complementarase cunha avaliación final onde se valorarán os resultados obtidos, as posibles melloras, erros cometidos, necesidades e grao de satisfacción coa experiencia. Para todo iso, empregaranse os seguintes instrumentos de avaliación:

a) Revisión dos obxectivos e actividades expostas.

b) Avaliación das actividades propostas: diagnóstico inicial, desenvolvemento e conclusións.

c) Reunión de seguimento cos axentes implicados.

d) Memoria anual do Plan Dixital de Centro.

O seguimento e avaliación de plan está vinculada ao traballo de tres equipos:

¿ Equipo TIC

¿ Comisión de Coordinación Pedagóxica

¿ Equipo Directivo.

O principal responsable é o Dinamizador (director) e o equipo TIC pois segundo as súas funcións correspóndelle “Deseñar, seguir, avaliar e actualizar o Plan TIC do Centro”.

O resto dos equipos colaboran segundo o expresado en diferentes apartados deste plan.

O plan revisarase dúas veces ao ano polo equipo TIC, que elaborará un informe para a memoria final e propoñerá os cambios que considere oportunos.

 

Instrumentos de seguimento e diagnóstico do plan: Instrumentos de diagnóstico estandarizados a utilizar.

Para avaliar a eficacia do plan utilizaremos os indicadores de avaliación incluídos en cada unha das accións tendo en conta o diagnóstico inicial realizado despois das probas SELFIE e CDD.

Nos prazos correspondentes utilizaranse sistemas propios para realizar o diagnóstico da competencia dixital docente (CDD), así como a ferramenta SELFIE.

 

Auditorías internas ou externas.

 

 Auditorías externas:

¿ As que determine a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

 

Auditorías internas:

¿ A que no propio seguimento do plan realiza o equipo TIC Do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Propostas de mellora (revisión).

 

·         Conclusións da aplicación e o desenvolvemento do Plan Dixital.

O presente é xa o décimo cuarto plan TIC (primeiro foi no 2008) que desenvolve o colexio, sendo o primeiro Plan Dixital de Centro. Podemos dicir sen dúbida, que vai ser un novo impulso en todos os aspectos curriculares, de equipamento, de formación, de comunicación e xestión con ferramentas TIC, e así nos vai a permitir avanzar no proceso de mellora continua do centro.

O punto de partida para a aplicación e desenvolvemento deste Plan Dixital de Centro o podemos definir como medio, en primeiro lugar, en todo o relacionado coas infraestruturas:

¿ Desde un punto de vista de infraestruturas o colexio ten unhas instalacións aceptables sendo necesario a substitución e actualización dalgúns equipos informáticos así como a colocación de 4 taboleiros dixitais e comprar 14 tabletas.

¿ Desde o punto de vista do software, contamos coas maquetas Abalar e os equipos Edixgal para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e para todo o profesorado que imparte docencias nesas aulas.

 

 Nos aspectos educativos:

·      A implantación das Aulas Virtuais chega ao 100% das aulas de Educación Primaria, do alumnado e do profesorado, cun uso máis que aceptable. Os puntos crave do plan son a paulatina modernización dalgunhas infraestruturas, a aplicación da metodoloxía por proxectos, o incremento do uso de dispositivos nos primeiros cursos de Educación Primaria, a sempre necesaria formación do profesorado., tanto en aspectos didácticos, puramente tecnolóxicos e na cultura de compartir recursos e uso de repositorio comúns. Tamén consideramos imprescindible todo o relativo á seguridade dixital. En definitiva, este plan axudaranos como centro, como profesionais e aos nosos alumnos para ser máis competentes nun mundo dixital cambiante usando os medios que, na maioría das ocasións, xa temos ao noso alcance.

·         Liñas de mellora detectadas para as próximas revisións.                                

As liñas de mellora detectadas para próximas revisións inclúense no plan de acción para o curso escolar 2022/2023 e as que se deriven das avaliacións periódicas.

 

·         Estratexias de revisión e modificación do Plan Dixital.

                       

A experiencia do centro no desenvolvemento dos plans estratéxicos podemos garantir sen dúbida a continua revisión e actualización do Plan.

•      Antes de confeccionar un novo plan estratéxico realízanse tamén análise DAFO, CCD e CAME da situación do centro, na que se inclúen, como non, as TIC.

•      Os diferentes procesos do Modelo de Xestión inclúen información detallada do uso das TIC e son supervisados polo Equipo Directivo, CPP e en última instancia polo Consello Escolar do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro.

•      O plan no seu conxunto avalíase e revisa a finais de cada curso, e cando se considera necesario e de forma exhaustiva a finais do curso escolar 2022-2023.

•      Debido a que é dinámico, é posible a mellora continua do mesmo.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Revisión e modificación.                                                                  

 

O presente Plan Dixital de Centro é de obrigado cumprimento por parte de todos os membros da comunidade escolar deste centro. Realizaranse as revisións periódicas que se consideren oportunas para adaptalo as novas circunstancias ou a modificacións lexislativas. Estará sempre supeditado á lexislación vixente e terá unha vixencia anual, sendo susceptible de perfeccionamento ou mellora que o constitúan ou concorran algunhas das seguintes causas:

 

· Cambio de normativa legal na que se fundamenta.

 

Publicación e divulgación.                                                            

 

O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro publicará e divulgará este documento por diferentes medios a toda a comunidade educativa.

O Equipo Directivo será o encargado de difundilo polas seguintes canles:

· Depósito de copias na Dirección e Secretaría a disposición de calquera interesado/a que forme parte da comunidade educativa ou algún outro, segundo o criterio da Dirección do centro.

· Publicación na páxina web do centro.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/taxonomy/term/175