Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución

1.1. Datos básicos do centro

CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ
CASARDOMATO Na 1 – O PINO
32001 OURENSE
correo: ceip.albino.nunez@edu.xunta.gal
web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalbinonunez/

Etapas educativas que se imparten no centro:
• Educación Infantil
• Educación Primaria
Número de alumnado: 225 repartidos en 15 aulas
Número de profesorado: 34

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez está situado no barrio de O Pino, na entrada oeste da cidade de Ourense, a tres kilómetros do núcleo urbano.
O alumnado procede do mesmo barrio, de dous barrios limítrofes (A Ponte e O Vinteún) e de zonas rurais póximas pertencentes ao concello de Ourense.
O centro conta cun edificio principal e dúas pistas polideportivas, unha semipechada e a outra descuberta.
A maior parte dos pais e nasi do alumnado só posúen os estudoselementais ou medios, sendo unhaminoría os que realizaron estudos universitarios.
Con todo isto podemos concluír que o nivel socioeconómico e cultural das familais é, en xeral, medio-baixo.
O centro aposta pola dixitalización do centro. No curso 2010-2011 comezouse co proxecto Abalar, pasando a ter E-dixgal no curso 2020-2021 en 5o de primaria e neste curso 2021-2022 en 5o e 6o de primaria.
Coa dotación das aulas tamén se pretende acercar as TIC a docentes e alumnado.

Contribución do plan dixital á programación xeral anual do curso 2022-2023


- Creación de espazos colaborativos para profesorado e alumnado
- Mellora da conectividade do centro.
- Mellora da competencia dixital do profesorado
- Dotación de equipamento necesario para o traballo co alumnado.
- Mellora do equipamento en xeral para que estea actualizado e sexa funcional.

1.3. Breve xustificación do mesmo
Coa finalidade de adaptarnos a un mundo de dixital e de preparar tanto ao profesorado como ao alumnado para enfrontarse aos retos dixitais aos que se deben enfrontar tanto no persoal como no académico elabórase este plan dixital tendo en conta a seguinte normativa vixente:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4. Proceso de elaboración


No centro realizamos diversas reunións nas que se debateron o diferentes aspectos que tiñamos que ter en conta para a súa posterior redacción.

  • Creouse e cubriuse o cuestionario Selfie
  • Cubriuse o cuestionario CDD-Analizáronse os dous cuestionarios e a situación do centro nivel dixital
  • Elaborouse o DAFO a partir das diferentes Análises.
  • Unha vez feito o DAFO establecéronse uns obxectivos para o Plan de Acción que se fixeron chegar ao claustro nunha reunión.
  • Con toda a información recollida elaborase este Plan Dixital para implementalo no próximo curso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Autoavaliación Selfie
  • Test CDD
  • Observación
  • Memorias TIC
  • Entrevistas a equipo directivo e persoal docente con antigüidade no centro.
Interno
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Competencia dixital baixa Alumnado Non
Debilidade Resolución de incidencias técnicas. Alumnado Non
Debilidade Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Alumnado Non
Debilidade Competencia dixital baixa. Familias Non
Debilidade Aulas sen conexión wifi por falta de puntos de acceso que impide o uso de tablets ou portátiles do alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade Cursos sen equipo dixital individual. Infraestruturas Non
Debilidade Equipamento tecnolóxico antigo e obsoleto Infraestruturas Non
Debilidade Conexión a Internet pouco fiable Infraestruturas Non
Debilidade Equipamento dixital insuficiente para cubrir todas as necesidades do centro. Infraestruturas Non
Debilidade Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Organización de centro Non
Debilidade Política de protección de datos. Organización de centro Non
Debilidade Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Non existe unha estratexia dixital definida. Organización de centro Non
Debilidade Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado. Organización de centro Non
Debilidade Participación en proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade Resolución de incidencias técnicas Persoal docente Non
Debilidade Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación Persoal docente Non
Debilidade Claustro pouco estable Persoal docente Non
Debilidade Competencia dixital baixa. Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo para explorar e crear contidos dixitais Persoal docente Non
Debilidade Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais Persoal docente Si
Debilidade Utilización de recursos dixitais para observar e ocumentar os progresos Persoal docente Non
Fortaleza Pode facer un seguemento das tarefas a través da entorna virtual de aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza Interese por dotar as aulas de equipamento tecnolóxico. Case todas as aulas contan con ordenador, proxector, encerado dixital e altofalantes. Infraestruturas Non
Fortaleza Participación en Edixgal en 5o e 6o e polo tanto o alumnado conta cun portátil para o ensino dixital que pode levar para a casa. Infraestruturas Non
Fortaleza No centro hai robots programables para traballar a programación co alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza Temos dispositivos para emprestarlle ao alumnado en caso de que así o necesiten e soliciten. Infraestruturas Non
Fortaleza Non hai limitacións de espacio que poidan afectar a un ensino dixital, contamos tamén cun aula de informática. Infraestruturas Non
Fortaleza Características do software instalado nos equipos Infraestruturas Non
Fortaleza Características das plataformas e aplicativos online tilizados. Infraestruturas Non
Fortaleza Interese por participar en proxectos dixitais (Abalar, Edixgal) Organización de centro Non
Fortaleza Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continua do profesorado Organización de centro Si
Fortaleza Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Organización de centro Non
Fortaleza Competentes na busca de recursos educativos enliña. Persoal docente Non
Fortaleza Interese por aprender e empregar recursos dixitais na aula. Persoal docente Non
Fortaleza Participación en actividades de desarrollo profesional continuo (DPC) Persoal docente Non
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta dedotación de equipamento tecnolóxico actualizado. Administración educativa Si
Ameaza Estabilidade laboral do persoal docente. Administración educativa Non
Ameaza Apoio técnico limitado, só se recibe apoio telefónico o que implica que o profesorado ten que estar arranxando os problemas na aula co alumnado. Administración educativa Non
Ameaza Implicación das familias. ANPA Non
Ameaza Baixa competencia dixital das familias. ANPA Non
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Ameaza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro. Contorna Non
Ameaza Lexislación en constante cambio. Lexislación Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de proxectos dixitais (EDIXGAL) Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación coa ANPA. ANPA Non
Oportunidade Promove a educación dixital. Lexislación Non
Oportunidade Ofrece garantías xurídicas. Lexislación Non
Oportunidade Oferta de proxectos dixitais (ex. Digicraft) Outras Non
Oportunidade Formación e charlas sobre tecnoloxía para o alumnado e o profesorado. Outras Non
Oportunidade Posibilidade de participar en proxectos externos. Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aumentar o emprego da Aula Virtual do centro para compartir materiais entre o profesorado.
O02PD Crear recursos dixitais básicos para empregar na práctica docente.
O03PD Empregar os libros de cualificación en contornas Moodle ¿ Eva-Edixgal
O04PD Mellorar a conectividade dos equipos do centro á rede e actualizar equipos antigos
O05PD Empregar actividades de aprendizaxe dixitais que fomenten a creatividade do alumnado: introdución á programación
O06PD Desenvolver proxectos colaborativos empregando a rede Agueiro (alumnado 6o primaria)

Seguimento

Procedemento

Revisión das actuacións levadas a cabo coa axuda da Asesora Adix.

1º Trimestre

Obxectivos 2 e 3: En xaneiro comezamos os PFPP e robótica e xeración de recursos.

Obxectivo 4: Resolvéronse algúns problemas de conectividade, pero observamos que a conexión non é tan boa como antes. Pendentes de instalación dos puntos wifi que temos concedidos.

Actualizamos 4 ordenadores e seguimos agora cos da biblioteca. Solicitado o carro de carga para a biblioteca.

Obxectivo 5: Está ligado ao PFPP que aprobou o CFR. Comezo das formacións en xaneiro. Na biblio xa se está traballando cos ratos programables (robótica). Mercamos unha unidade de “lego boost” e unha tablet para actividades de robótica.

Obxectivo 6 (agueiro): Está en estudo. Está previsto ter formación para comezar en xaneiro co alumnado de 6B. Traballo en equipo: portafolios e traballo colaborativo.

2º Trimestre

Obxectivo 4: Segue pendente a instalación dos puntos wifi que temos concedidos o cal sigue dificultando o uso de tablets en Educación Infantil e na aula específica.

Concedéronos  13 paneis dixitais para as aulas de titoría de EI e de 1º a 4º de EP. Fíxose a distribución dos mesmos e decidiuse onde colocalos. Agora estamos á espera de que os coloquen.

Seguimos actualizando equipos, agora estamos cos da biblioteca. Xa recibimos o carro de carga e temos os 8 ordenadores de educa en dixital nese espazo. Está en estudo unha maior integración das TIC na biblioteca.

Obxectivo 5: Comezamos coa primeira sesión de formación en robótica. O alumnado de 5º EP xa montou os robots e comezou a facer algunha práctica.

Obxectivo 6: Creouse a comunidade en Agueiro. Pero tivemos problemas coa matrícula dalgún alumno/a. Estamos pendente dunha formación coa asesora do CFR para ver como comezar.

3º Trimestre

Obxectivo 2: Comezouse coa creación dun espazo na aula virtual para compartir recursos en H5P. E temos creado cada un na súa aula virtual un modelo básico de cuaderno de calificación que hai que mellorar cara o próximo curso para poder implementalo alomenos nalgunha materia.

Obxectivo 4: Rematada a organización dos espazos na biblioteca. Queda pendente en a creación do espazo TIC. Neste trimestre percibiuse unha maior afluencia de alumnado para realizar traballos de equipo na hora do recreo, en caso de cursos baixos empregaron os ordenadores para xogar a xogos eductivos de Tux que lles gustaron moito.

Recibíronse 14 equipos de educa en dixital que se suman aos 8 cos que xa contaba o centro. Todos eles ubicados na biblioteca dentro do carro de carga. A idea é convertelos nunha aula de informática móbil para o próximo curso, ademais de empregalos na biblioteca para actividades de robótica nos recreos ou sesesións que teñen as aulas para acceder á biblioteca.

Chegaron ao centro 13 paneis dixitais que se instalarán nas aulas de Educación Infantil e de 1º a 4º de primaria. A instalación realizarase o 28 de xuño.

Obxectivo 5: O alumnado de 5º EP montou o robot de LEGO e están facendo actividades de programación. Realizouse unha sesión de robótica en Educación Infantil, 5º e 6º de primaria.

Dende a bibliteca mercárons, atendendo á solicitude do equipo dinamizador do Plan Dixital, libros de programación en Scratch para apoiar a actividade de robótica, e polo de agora contamos tamén con dúas Microbits e dúas Makey Makey para probar como é o seu funcionamento coa finalidade de introducilas no traballo de aula.

Obxectivo 6 (agueiro): Quedará pendente para o seguinte cursode comezar o traballo con agueiro nun grupo de 5º.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Cabe destacar que foi un curso complexo e as metas que tiñamos establecidas eran moi ambiciosas. O feito de que o profesorado estivese inscrito en dous itinerarios enfocados á implantación do Plan Dixital e  que resultaron ser complexos, fixo que houbese agobio e non se puidese adicar o tempo que requería cada unha delas.

Non obstante consideramos que os obxectivos propostos, nos axudaron a repensar as actuacións levadas a cabo en prol da mellora da competencia dixital do alumnado, pero que é un proceso maís lento do esperado. Para poder levar a cabo certas actividades era preciso unha formación previa do profesorado, polo que o feito de poñer unha temporalización a curto prazo levou a que só se acadaran parcialmente a maioría dos obxetivos.

Proposta de mellora

-  Establecer os indicadores de logro menos ambicioso e contando co profesorado que se implicará en cada unha das actuacións. . Non se pode chegar a todos nun único curso.

- Preparar material para o traballo de robótica, accesible para o profesorado que queira poñelo en práctica.

- Que o profesorado se inscriba nun único itinerario TIC, para converterse en experto desa actuación e así poder crear materiais e apoiar a outros compañeiros e compañeiras para que todo o alumnado poida participar nas actividades presentadas

- Revisar aos encargados/as de desenvolver cada unha das accións relacionadas coa consecución dos obxectivos.

- para o próximo curso está proporase continuar cos obxectivos deste curso e mellorar as accións a levar a cabo.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital está publicado na páxina web do centro para o coñecemento de toda a comunidade educativa. Informouse da súa elaboración e posta en marcha ao claustro e ao consello escolar ao inicio do curso.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalbinonunez/?q=node/1802