Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O noso alumnado pertence maioritariamente a unidades familiares cun nivel sociocultural e económico medio e medio – baixo,  procedentes da área de incidencia próxima ao barrio do Couto e zonas limítrofes á cidade de Ourense. O barrio do Couto, a súa vez, é un barrio moi próximo ao centro da cidade pero con gran crecemento en ocupación por parte de familias inmigrantes de América Latina, principalmente. Este feito fai que o noso centro teña unha tendencia en auxe a recibir alumnos inmigrados, con toda a adaptación educativa e cultural que esa situación conleva. Así mesmo, a maioría do alumnado procede de familias con pais e nais traballadores por conta allea.

Froito da situación socioeconómica, danse de forma crecente factores de risco e/ou desestructuración social (precariedade económica, desemprego, deterioro vital ou das unidades relacionáis...) que repercuten negativamente nos xoves matriculados no noso centro e na súa proxección educativa, como poden ser a disposición e adquisición de hábitos de conduta, implicación na relación e traballo educativo, motivación cara o mundo laboral, entre outras.

Todo este contexto fai que o nosa oferta de equipos informáticos para cada alumno sexa unha máxima no noso centro e que a súa vez o alumnado se vexa recompensado no seu proceso de ensino – aprendizaxe. Así mesmo, temos que ter especial coidado coas esixencias a nivel dixital fora do aula, porque poderíase dar pola mesma situación, unha situación de exclusión en parte do alumnado ao carecer de medios e infraestrutura dixital nas súas vivendas.

Esta plan ha de significar a continuidade dos nosos valores respectando o programado en cursos anteriores a fin de alcanzar aqueles obxectivos que no seu día se propuxeron e que, ou ben non se acadaron plenamente, ou ben se consideran como  identidade do noso centro e que han de estar sempre presentes. Pero ao mesmo tempo, debe ser o documento que asegure unha evolución no noso traballo recollendo novos obxectivos a nivel dixital e favorecendo e asegurando a participación de todos os membros da nosa comunidade educativa.

Tamén impulsará a relación coas familias, as institucións e a Administración Educativa para procurar entre todos fomentar unha adaptación progresiva aos medios dixitais, sempre respectando o Proxecto Educativo de centro, e máis concretamente, as normas de convivencia do centro.

En definitiva, contamos cun documento que se converte no marco e referente de canto queremos desenrolar en materia dixital no noso Centro este ano escolar, dende a perspectiva de continuidade e evolución que ha de caracterizar a coherencia dun proxecto pedagóxico que defina a tarefa diaria do noso Centro.

A  calidade do ensino que aspiramos a conseguir baséase nunha serie de principios básicos, e que os novos obxectivos no plano dixital deben de respectar:

  • Un ensino útil para a vida, para acadar a felicidade e adecuada ás necesidades de cada usuario/a do centro.
  • Un ensino para a convivencia, inserido nas necesidades do medio mais próximo, mais que mire o conxunto dos problemas sociais.
  • Un ensino en valores, no que se aprenda convivindo de maneira responsable, solidaria e libre, resolvendo os problemas mediante a cooperación e o diálogo.
  • Un ensino democrático, no que todos e todas desexemos e poidamos participar co interese que a nosa actividade merece xestionándoa entre todos/as.
  • Un ensino sen exclusións, que tende obter o mellor e o máximo nivel posible de todas as persoas que participamos no proceso.

Os obxectivos e as accións derivadas da implementación do Plan Dixital afectan directamente nos obxectivos programados na Programación Xeral Anual do curso 2022/23, dando un pulo importante en materia dixital en todas as tarefas programadas para cada grupo da comunidade educativa.

Breve Xustificación

O contexto normativo no que se desenvolve o Plan Dixital do noso centro detállase a continuación:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación, que tratan sobre as tecnoloxías da información e a comunicación, o proxecto educativo e as competencias do director ou directora, respectivamente.
  • Resolución do 22 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2022/23.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg).

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa para obter as Debilidades Ameazas Fortalezas e Oportunidades (DAFO) foron:

  • Enquisa sobre a situación actual do colexio no ambito dixital. Emprego de SELFIE (Ver Anexo Informe Selfie)
  • Estudo da competencia dixital do profesorado. Test CDD en FProfe. (Ver Anexo Test CDD)
  • Acta aprobacion do PD ao consello (Ver Anexo Acta Aprobacion Consello)
  • Acta comunicación claustro (Ver Anexo Acta Comunicacion Claustro)
Interno
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non ensinar ao alumno a codificar ou programar. (H11) Alumnado Non
Debilidade Dáselle pouca autonomía ao alumnado para a resolución de problemas técnicos que lle poidan xurdir ao traballar con tecnoloxías dixitais. Tampouco se lle informa dos erros máis comúnsque poden darse co uso desta tecnoloxías.(H13) Alumnado Si
Debilidade Non empregamos Abalar no noso centro (PE3; PE6) Familias Si
Debilidade Falta de liñas claras e delimitadas de actuación sobre o prestamo de dispositivos portátiles. (C10) Infraestruturas Non
Debilidade Carecemos de tecnoloxía asistencial para alumnado con NEE (C15) Organización de centro Non
Debilidade A retroalimentación en canto a estratexia dixital precisa de reforzo co fin de buscar melloras de maneira conxunta entre equipo directivo e profesorado (A2) Organización de centro Non
Debilidade A estratexia dixital do centro é mellorable (A1) Organización de centro Si
Debilidade O centro non dispón da tecnoloxía para documentar o aprendizaxe individual do alumnado. (G8) Organización de centro Non
Debilidade Inconformidades co equipo directivo no desenvolvemento profesional continuo (DPC) do profesorado (D1, D3, Test CDD) Persoal docente Non
Debilidade Non se debateu ata o momento a vantaxe de traballar en proxectos interdisciplinares co fin de traballar os diversos módulos, fomentando a colaboración de grupo. (F5 y F6) Persoal docente Non
Debilidade O proceso de formación interna do profesorado para necesidades concretas do centro así como a mellora do desenvolvemento profesional continuo ten desviacións que é preciso correxir, por exemplo, planificando unha formación máis individualizada ás necesidades de cada traballador (PE2, PE3, DPC1) Persoal docente Si
Debilidade A competencia dixital docente do centro precisa de mellora. O nivel de competencia dixital do noso profesorado está por debaixo da media galega e obtemos puntuacións bastante baixas no test CDD, precisando de adquirir competencias en tódalas áreas analizadas. Mais da metade do noso profesorado (case un 60%) está en nivel explorador. (Resultados de centro do Test CDD) Persoal docente Si
Debilidade Todavía o emprego de medios dixitais na colaboración con outras entidades xera inseguridades no profesorado. Prefire elexir outros medios (carta, entrevista persoal, conversación telefónica...) sempre que non sexa obrigatorio o uso por medio dixital. (B3) Persoal docente Si
Debilidade O proceso de avaliación con tecnoloxías dixitais é mellorable.(G1, G3, G5, G6, G7, G8, G9, G10) Persoal docente Si
Debilidade Falta de confianza no uso das innovacións tecnolóxicas por parte do profesorado. Pouco innovadores (ATIC1) Persoal docente Si
Debilidade Hai profesores que se sinten inseguros usando as contornas virtuais (E3; Test CDD) Persoal docente Si
Debilidade Formación interna pouco dinámica e motivadora, que debe escollerse empregando unhas metodoloxías máis innovadoras. (DPC4; DPC5; DPC7; DPC8) Persoal docente Non
Debilidade Diferenzas entre o profesorado no emprego de tecnoloxías dixitais para o proceso de ensino aprendizaxe e planificación do tempo adicado a tal fin. (A4 e B2) Persoal non docente Si
Fortaleza Ensínase e dáselle moita importancia a ter un comportamento responsable en todo tipo de redes e a comunicarse, sendo un contido transversal en tódolos módulos. (H3, H8) Alumnado Non
Fortaleza A metodoloxía de avaliación dixital empregada polo noso profesorado é axeitada e intuitiva para o perfil do noso alumnado (G1, G3, G5, G9) Alumnado Non
Fortaleza O alumnado adquire habilidades dixitais no campo do seu perfil como futuro traballador, aproximando a formación á realidade das empresas (H10, H13, H15) Alumnado Non
Fortaleza Non implicamos ás familias en gastos extraordinarios no proceso de formación dos seus fillos ao contar cos medios suficientes dixitais para o alumno e accesibles para cada un deles co fin de que o alumno non teña que traer os seus propios medios. (C13) Familias Non
Fortaleza Sempre se corrixen os problemas técnicos nun prazo moi curto de tempo, xa que se lle da prioridade a que o alumno esté conectado e cos medios dixitais á sua disposición (C5) Infraestruturas Non
Fortaleza Un posto de traballo por alumno con acceso aos medios dixitais precisos (C14) Infraestruturas Non
Fortaleza Todo o alumnado ten acceso a Internet nos dispositivos dixitais do centro (C3) Infraestruturas Non
Fortaleza Contamos cos medios suficientes dixitais e de uso individual (C13) Infraestruturas Non
Fortaleza Facilitase que o alumno poda levar un portátil do centro, configurado e listo para usar, a sua casa cando lle sexa preciso o uso fora do centro e careza de medios dixitais na sua vivenda. (C10) Infraestruturas Non
Fortaleza Protéxense eficazmente os datos do alumnado e de toda a comunidade educativa. (C7) Infraestruturas Non
Fortaleza Dende o equipo directivo apoiase ao profesorado para que experimente con novas tecnoloxías dixitais e a súa vez se forme no uso das mesmas. (A3) Oferta Non
Fortaleza Implantación de medidas para detectar as fendas dixitais do noso alumnado e apoio dende o centro para abordar as dificultades detectadas(C11 e C12) Organización de centro Non
Fortaleza Priorizamos o emprego de tecnoloxías dixitais, aínda sexan baixo licenza, que están en voga nas empresas dos perfís profesionais da nosa formación. (F8) Organización de centro Non
Fortaleza Alta implicación do profesorado na mellora, avaliación e retroalimentación dos tests SELFIE e CDD. Persoal docente Non
Fortaleza Os recursos educativos que emprega o alumnado non supoñen un custo adicional para eles nin para o profesorado: as licencias son cubertas polo centro no caso de que sexan programas baixo licenza ou son de uso libre.(E5) Persoal docente Non
Fortaleza O persoal docente ten acceso a medios dixitais no centro e acceso a internet. Non ten que traer medios propios (E4) Persoal docente Non
Fortaleza Os medios dixitais empregados polo profesorado son axeitados, intuitivos e motivadores para o perfil do noso alumnado (F1, F3, F4, F5, F6) Persoal docente Non
Fortaleza Ensínase e dáselle moita importancia ao uso seguro de Internet, sendo un contido ransversal en tódolos módulos. (H1) Persoal docente Non
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Baixas habilidades dixitais do alumnado (G10) Contorna Non
Ameaza Carencia de medios tecnolóxicos dixitais do alumnado. Contorna Non
Ameaza Pouco tempo para aprender a mellorar a competencia dixital por parte do profesorado Contorna Si
Ameaza Significatividade da competencia dixital en tódolos ámbitos. Lexislación Si
Ameaza Carecer de tecnoloxía asistencial para alumnado con NEE (C15) Outras Non
Oportunidade Emprego de Abalar como medio de comunicación coas familias e co alumnado Administración educativa Non
Oportunidade Implicación por parte das autoridades e responsables competentes no desenvolvemento das competencias dixitais Administración educativa Non
Oportunidade A elaboración e implantación do plan dixital é un punto de partida para saber en que situación estamos en canto a coñecemento e recursos dixitais e priorizar todo o que precisa de mellora. Administración educativa Non
Oportunidade Acceso a tecnoloxías asistenciais para o alumnado con NEE Administración educativa Non
Oportunidade Plan Edixgal: contamos con recursos persoais e materias axeitados, servizo técnico e asesoramento Lexislación Non
Oportunidade Significatividade da competencia dixital en tódolos ámbitos Lexislación Non
Oportunidade Sinerxía para a aprendizaxe mixta: aprender doutras ou con outras organizacións sobre as tecnoloxías dixitais (B4) Outras Si
Oportunidade Ter a disposición do alumnado titulado unha base de datos de empresas que ofrecen prácticas remuneradas ou non. Tamén outras posibilidades de formación. (C17) Outras Si
Oportunidade Oferta formativa da administración Outras Non
Oportunidade Oferta formativa das entidades coas que colaboramos tipo CECE Outras Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver 

En toda a diagnose, non se detecta nada a nivel interno específico para o persoal non docente. Do mesmo xeito, tampouco hai ameazas por parte da administración educativa, nin debilidades na oferta de medios dixitais.

Tendo en conta a analise dos aspectos que condicionan a nosa realidade priorizando as liñas de traballo decidimos plantexar obxetivos para as seguintes areas de mellora:

1.- Liderado(A)

2.- Colaboración en redes (B)

3.- Infraestructuras e equipos (C)

4.- Desenvolvento profesional contunuo (D)

5.- Pedagoxia: Apoio e Recursos(E)

6.- Prácticas de avaliación (G)

7.- Competencias dixitais do alumnado (H)

Para iso, concretamos os seguintes obxetivos

1.- Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar – AbalarPro (Móbil) (A1, A2, PE3, PE6)

2.- Fomentar a colaboración entre o profesorado interno e o persoal administrativo para desenvolver a competencia dixital (B2, B3)

3.- Constituír unha base de datos de empresa que sexa bolsa de emprego para as nosas familias profesionais así como incluír outras
oportunidades de formación.

4.- Formar internamente ao profesorado en materia dixital dunha forma eficaz e de aproveitamento para logo aplicar nas aulas de
formación profesional (DPCx - Test CDD)

5.- Crear recursos dixitais para que todos os alumnos acaden as competencias básicas a nivel de FP Básica, tendo en conta ao
alumnado con NEE

6.- Empregar tecnoloxías dixitais nos procesos de avaliación, a lo menos, unha por materia e trimestre. (Gx)

7.- Desenvolver proxectos colaborativos empregando software facilitador dentro do campo das nosas especialidades de FP (H11, H13)

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar ¿ AbalarPro (Móbil) (A1, A2, PE3, PE6)
O02PD Fomentar a colaboración entre o profesorado interno e o persoal administrativo para desenvolver a competencia dixital (B2, B3)
O03PD Constituír unha base de datos de empresa que sexa bolsa de emprego para as nosas familias profesionais así como incluír outras oportunidades de formación.
O04PD Formar internamente ao profesorado en materia dixital dunha forma eficaz e de aproveitamento para logo aplicar nas aulas de formación profesional (DPCx - Test CDD)
O05PD Crear recursos dixitais para que todos os alumnos acaden as competencias básicas a nivel de FP Básica, tendo en conta ao alumnado con NEE
O06PD Empregar tecnoloxías dixitais nos procesos de avaliación, a lo menos, unha por materia e trimestre. (Gx)
O07PD Desenvolver proxectos colaborativos empregando software facilitador dentro do campo das nosas especialidades de FP (H11, H13)

Seguimento

Procedemento

De xeito mensual, mantense reunions coa mentora do Plan Dixital para facer un seguemento e titorización do Plan. 

Do mesmo xeito, mantense reunions internas cos membros do equipo de dinamización, para infromalos e que promovan o coumplimento dos obxetivos entre a comunidade educativa. Para facilitar a comunicación interna do equipo, crease un grupo de whatsap que nos facilita a comuniación entre todos.

 

1º Trimestre

Neste primerio trimestre o avance no desenrolo do Plan Dixital, foi lento, motivado por unha serie de cambios que se produxeron na organizacion tanto a nivel de xerencia como cambios de roles no equipo de dinamización. Este retraso é subsanable no seguinte trimestre xa que a labor de coordinación pasou a outro membro do equipo. En todo caso, estanse a facer avances en canto ao cumplimento dos obxetivos do Plan.

2º Trimestre

Establecese un calendario de reunions mensuais do equipo de dinamización do plan dixital.

Recollese infromación das aplicacións que estan a usar os profesores ou estan valorando usar, nalguns casos estanse a facer probas das mesmas co fin de valorar a sua conveniencia ou non de ser utilizadas.

Fomentase a comunicación a través de grupos de whatsapp do equipo e do profesorado.

Fomentase a relización de cursos para o profesorado para aumentar as conpetencias dixitais.

 

3º Trimestre

Hai unha gran implicación polo profesorado, xa que estan a realizar cursos  a traves de CFR e sindicatos para adquirir un maior nivel de competencia dixital. Adxuntase anexo Formacion Continua 22 23.

Rematase o seminario de formación, adxuntase memoria e acta de participantes como anexo. (seminario_memoria, seminario_rexistro)

Estase a facer seguemento do plan dixital, valoracion accions e seguemento das mesmas. 

Mantense as reunións do equipo de dinamización do plan dixital (anexo Acta Equipo Dinamizacion Plan Dixital.pdf)

Mantense igualmente as reunions coa persoa mentora do Plan Dixital (anexo Actas)

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan Dixital é un documento vivo que se irá adaptando a medida que xurdan novos aspectos a ter en conta no centro,como a través da realimentación de todo o plan de acción que se vai a comezar a desenrolar en materia dixital.

Constará de dous procesos diferenciados: un de seguimento do plan de acción e outro de integración das propostas de mellora que vaian xurdindo

Seguimento do plan de acción
A responsabilidade do seguimento do plan de acción cae sobre o grupo de dinamización do Plan Dixital. Eles serán os encargados de transmitir a cada responsable as súas funcións dentro da acción a levar a cabo para acadar os obxectivos. A súa vez irán documentando as accións que pasan de pendentes a realizadas ou aprazadas. A forma de facelo será periódica tendo en conta cada un dos prazos marcados na planificación dos obxectivos de mellora, distinguindo as seguintes avaliacións

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos
obxectivos e as propostas de mellora.

 

Valoración xeral

Tras levar a cabo a implementación do plan, damonos conta de que se marcaron demasiados obxtivos, que a priori poderian parecer facilmente implementables pero en alguns casos non foi asi. Hai que sumarlle a dificultade añadida do cambio de directiva con novos obxetivos e prioridades.

Por otro lado destacar que o persoal esta implicado sobre todo na aceptación de formación e que se realizaron cursos ou se estan a facer.

Destacar o seguemento e apoio prestado pola mentora do plan que nos apoiou e guiou en todo momento.

Dos obxetivos marcados, descartamos:
A03.2:Construír un rexistro a onde os alumnos poidan acceder para que vexan opcións, así como unha difusión periódica das ofertas que van xurdindo entre os alumnos matriculados e antigos alumnos
Debido a que consideramos que non teria a repercusion necesaria, a parte de que existen portais con este fin,

Proposta de mellora

O noso centro ten os procesos integrados dentro dun Sistema de Xestión da Calidade. Ao longo do curso, dentro do mapa de procesos de Calidade, avalíanse diversos aspectos de satisfacción da comunidade educativa. As propostas de mellora sairán de todas as aportacións en materia dixital que vaia facendo a comunidade educativa nesas diagnoses.
Será o responsable de calidade o encargado de transmitir esas propostas de mellora ao equipo de dinamización do plan dixital. A súa vez, o equipo decidirá a viabilidade desas melloras e de ser o caso,como integralas nembargantes como obxetivos establecidos a curto plazo marcamonos os seguintes. 

Area de mellora: LIDERADO (A)

  • Fomentar a comunicación coas familias a traves de Abalar

Area de mellora: INFRAESTRUCTURAS E EQUIPOS (C) centraremonos fundamentalmente nos seguintes obxectivos:

  • Formar parte do catalogo de ofertas da web como empleafp.com ou feuga.es/talento 
  • Ser centro Microsoft Showcase Schools
  • Mellorar as infraestructuras tanto a nivel de equipos como a nivel de conectividade e velocidade de rede do centro.

Area de mellora: DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO DPC (D):

  • Continuar co plan de formación a fin de que todo o persoal adquira un nivel de competencia B1
  • Manter un calendario de reunions trimestrais para o seguemento da implantación do PD

Area de mellora: COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO (H)

  • Cambio da metodoloxia empregada especialmente nos cursos de segundo de CGM co fin de aplicar o software e recursos necearios para desenrolar proxectos colaborativos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O responsable da difusión do plan será o responsable de calidade, seguindo o Plan de Comunicación Interna do Centro, como está marcado no noso sistema de xestión.

O plan estará a disposición do profesorado e do equipo directivo a través dun cartafol no servidor dedicado ao mesmo, sempre vixiando que sexa a versión en vigor do mesmo, como se fai en todo o proceso de Tratamento de Documentación Interna. As versións derrogadas pasan a un cartafol de documentos obsoletos.

A difusión ao resto da comunidade educativa farase a través da páxina web do colexio: https://colexiovalleinclan.com/plan-dixital/