Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Enderezo: Rúa da Universidade, 18 - C.P.32005 – Ourense (a Cuña)
Teléfono: 988788486 - Fax: 988788525
e-mail: ies.universidade.laboral@edu.xunta.es  -  Web: www.universidadelaboral.es
Centro público dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Galicia
Oferta educativa:
- ESO - Bacharelato (Ciencias, Humanidades e ciencias sociais e Artes)
FP da familia de Transporte e mantemento de vehículos (FPl Básica  de Mantemento de Vehículos, CM de Electromecánica de Vehículos, CM de Carrozaría, CS de Automoción e  FP Dual de adultos no CM Carrozaría)
Formación profesional da familia de Instalacións e mantemento (CS Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos, CS de Mecatrónica Industrial e FP Dual de adultos no CS de Mecatrónica Industrial)
Todos os Ciclos Formativos de Formación Profesional teñen a posibilidade de incorporarse á FP DUAL Ordinaria no segundo curso. Contamos tamén con programas de Erasmus+.

O IES conta con mais de 800 alumnos, polo que se trata dun centro educativo de categoría B, considerado de gran tamaño para a provincia de Ourense

DISTRIBUCIÓN DO ALUMNADO
En ESO temos 364 balumnos en 15 grupos. En bacharelato, 181 en 8 gruoos. En FP,  284 en 18 grupos e un Curso de especialización con 9 alumnos. En total, 838 alumnos en 42 grupos

Dos datos anteriores cabe destacar os seguintes aspectos

Na ESO
O centro levaba uns anos perdendo alumnado paulatinamente debido a que os centros adscritos non aportaban suficientes alumnos para a oferta existente. Tamén debido á baixada da natalidade de hai uns anos; isto explica o escaso alumnado do IES no Bacharelato. No curso escolar 2017/18 a Xefatura Territorial de Educación buscando unha mellora no reparto de alumnado, concedeulle a dobre adscrición ao CEIP Amadeo Barroso, tanto no IES Otero Pedrayo coma na Universidade Laboral, o que supuxo un importante aporte de alumnado para este último, e a esixencia de competir entre ambos centros para captar alumnado (ese é o motivo do maior número de alumnos en 1º, 2º e 3º)
Respecto  das características socio culturais  dos  alumnos  do Centro,  o seu medio ambiente social e económico é absolutamente variado,  distinguíndose cinco procedencias básicas:
1. Alumnado urbano procedente das inmediacións do barrio da Cuña e de Barrocás
2. Alumnado procedente das zonas rurais de Taboadela, Paderne de Allariz e San Cibrao das Viñas
3. Tamén hai que ter en conta, polas súas características particulares que tódolos anos recibimos un grupo de alumnado de etnia xitana residente no barrio da Cuña
4. Alumnado inmigrante
5. Alumnado hipoacúsico

No Bacharelato
Contamos co único bacharelato de Artes da provincia polo que a oferta no primeiro curso sempre se cubre coa demanda recibida. Os motivos do baixo alumnado que presentan os outros dous bacharelatos explícanse polos mesmos factores citados anteriormente

Na Formación Profesional
A Universidade Laboral é o único IES da provincia que oferta FP con oferta DUAL. Na FP DUAL na modalidade ordinaria destaca o CM de Carrozaría en colaboración coa empresa ourensá UNVI. Distribúese en tres cursos (tres anos). Este ciclo ven funcionando desde o curso escolar 2013/14. Por outra banda, desde o curso escolar 2019/20 iniciouse un programa tamén a tres anos de Mecatrónica Industrial en colaboración coa empresa de matriz vasca e con sede en Ribadavia GAESA
Tamén desde o curso escolar 2018/19 iniciouse un programa de FP DUAL na modalidade de segundo ano no CS de Mecatrónica Industrial, e desde o curso 2019/20 no CM de Electromecánica de Vehículos
Sempre se cobren as prazas ofertadas nos Ciclos Formativos, a excepción do novo CS de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos por ser un ciclo de nova oferta na provincia

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O I.E.S. atópase na cidade de Ourense, concretamente na súa periferia sur cara onde se foi estendendo a cidade a medida que esta ía medrando froito do aumento progresivo da poboación emigrante. O barrio no que se asenta, A Cuña, forma parte dunha área periurbana que se espalla nunha serie de edificacións dos anos 70 e unha zona con edificacións máis modernas. Ten un trazado transversal á vía principal da Avenida de Zamora e está organizado a partir dunha rúa principal denominada Avenida da Universidade, nome que lle veu dado polo Centro
Cómpre destacar, que a diferencia doutros barrios urbanos, este foise desenvolvendo a raíz da inicial localización do Centro que actuóu como reclamo urbanístico nos seus arredores, o que é preciso ter en conta pois, en definitiva, a vida do Centro vai parella á do barrio
Atendendo ó asentamento, o Centro atópase nunha finca de aproximadamente 10 hectáreas, bordeada toda ela cun valado perimetral. Dentro do recinto atópanse actualmente o "IES Universidade Laboral de Ourense", pero tamén o "Centro Residencial Docente de Ourense", O Centro de  Formación e Recursos de Ourense", o "Equipo Específico de Ourense", A Escola de Arte e Superior de Deseño, Antonio Failde" e o Campo de Hockey de Mariñamansa". Parte da finca está ocupada por unha zona boscosa que conta con innumerables especies, catalogadas no ano 2020 pola empresa "Proyecta Paisaje". Os amplos espazos abertos confírenlle un carácter particular por estar en contacto directo coa natureza, facilitando o uso desta na didáctica das clases e todo tipo de actividades tanto escolares como extraescolares
Un dato revelador é o da inexistencia de entidades culturais. A pouca actividade dese tipo está localizada nun Centro Cívico Municipal que funciona como centro de día e lugar de acollida para a celebración dalgúns actos de carácter cultural
Na zona está situado un poboado de familias maioritariamente de étnia xitana que se dedican en gran parte ao traballo ambulante. Son familias con poucos ingresos e baixos recursos

Outra parte do alumnado é o alumnado que ven transportado; son mozos e mozas que residen en zonas rurais con pouca densidade de poboación e moi envellecida, e procedentes de familias en xeral culturalmente pouco dinámicas. Desde o curso 2017/18 comezaron a chegar ao centro alumnado procedente da zona de Barrocás e do contorno da residencia sanitaria dun nivel socioeconómico propio dunha clase media-alta, e culturalmente dinámica. Esta fusión de alumnado moi heteroxéneo enriqueceu notablemente a vida do centro

O conxunto destes feitos levou ao claustro do instituto a considerar o uso de novas tecnoloxías no ensino, incluíndo as mesmas no PEC do centro. Comezouse pola posta en funcionamento da aula virtual, seguido de grupos de traballo nos PFPP para facilitar coñecementos e recursos ao profesorado. Tamen se cableou o centro e AMTEGA instalou rede WIFI

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización da análise DAFO do proxecto tivéronse en consideración os datos obtidos tanto no SELFIE como no resumo do test de CDD. Datos do SELFIE dos que partiu a análise no anexo I.

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H3, H6: O alumnado ten carencias para actuar de maneira responsable e utilizar ben os recursos de internet. Alumnado Si
Debilidade H15: Non desenvolve habilidades dixitais específicas. Alumnado Non
Debilidade UTIC3, UTIC5: Falta de educación dixital no ámbito familiar. Familias Si
Debilidade C16: O centro non dispón nin de repositorios nin de bibliotecas en liña dispoñible e accesible. Infraestruturas Non
Debilidade C2: Insuficiencia de dispositivos dixitais requeridos para o traballo a desenvolver. Infraestruturas Si
Debilidade C5, C8: Dificultades á hora de abordar a fende dixital. Infraestruturas Non
Debilidade C3: Ausencia de cobertura da wifi en varias zonas do centro (aulas e despachos). Infraestruturas Non
Debilidade B4: No centro non colaboramos con outros centros/entidades para implantar novas tecnoloxías. Organización de centro Non
Debilidade SMT4: Ausencia dun sistema de mensaxería eficiente. Organización de centro Si
Debilidade B1, E5: Formación do profesorado. Persoal docente Non
Debilidade A3, A4: Exceso de burocracia que deixa sen tempo nin apoio ao profesorado para explorar o ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade D4: O profesorado non ten tecnoloxías específicas óptimas para as súas materias. Persoal docente Non
Debilidade F6: O profesorado non fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares con tecnoloxías dixitais. Persoal non docente Non
Debilidade Non reposición de persoal de baixa. Persoal non docente Non
Debilidade Falta de persoal administrativo. Persoal non docente Non
Fortaleza H3: Aprende a respetar aos demais cando utiliza as novas tecnoloxías. Alumnado Si
Fortaleza H8, H10: Uso da aula virtual pola práctica totalidade do alumnado e en case todas as materias. Alumnado Non
Fortaleza H8, H10: O alumnado utiliza ámbitos virtuais de aprendizaxe. Alumnado Si
Fortaleza Boa comunicación a través de entornos virtuais coas familias. Familias Si
Fortaleza C1: Ubicación do centro con fácil acceso a proveedores de internet. Infraestruturas Non
Fortaleza C14: O centro dispón de espazos físicos preparados para a instalación de equipamentos. Infraestruturas Si
Fortaleza A3: O centro ten unha oferta educativa diferenciada do resto dos centros da contorna. Oferta Si
Fortaleza Participación do centro no programa Espazos Maker da Consellería de Educación. Oferta Non
Fortaleza C15: O alumnado con NEAE ten acceso a tecnoloxías asistenciais. Organización de centro Non
Fortaleza A2, A3: O equipo directivo involucra ao profesorado na elaboración da estratexia dixital e o uso das novas tecnoloxías. Organización de centro Si
Fortaleza C5: O centro dispón de asistencia técnica cando ten problemas coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza E1, E2, E3: Destrezas adquiridas tanto en ferramentas para a creación de recursos como en entornos de aprendizaxe e comunicación no contexto das TICs. Persoal docente Si
Fortaleza D2: O profesorado ten acceso a DPC con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza DCP, SMT: Coñecemento de ferramentas para a creación de recursos dixitais por parte dunha porcentaxe considerable de profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza F5: Uso cotiá das novas tecnoloxías Persoal non docente Si
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de burocracia que deixa sen tempo nin apoio ao profesorado para explorar o ensino dixital. Administración educativa Si
Ameaza Non proporciona equipos axeitados á formación actual do profesorado. Administración educativa Si
Ameaza Existe unha importante fenda dixital nun grupo amplo de alumnado. ANPA Non
Ameaza PE: O alumnado usa a tecnoloxía no fogar para ocio de xeito maioritario. ANPA Si
Ameaza PE: discriminación de familias ao non ter acceso a conexións de banda ancha. ANPA Non
Ameaza Falta de recursos económicos na AMPA, que impide a súa colaboración con familias desconectadas pola fenda dixital. Contorna Non
Ameaza Esixe cada vez unha maior carga burocrática ao profesorado. Lexislación Si
Ameaza Exceso de horas de traballo. Lexislación Si
Ameaza Exceso de almnos por aula Lexislación Si
Ameaza A6: As empresas non participan na elaboración da estratexia dixital do centro. Outras Si
Ameaza B4: No centro non colaboramos con outros centros/entidades para implantar novas tecnoloxías. Outras Si
Ameaza Dificultade de atopar entidades colaboradoras. Outras Si
Oportunidade PE1, PE3: Experiencia no uso dos ámbitos de aprendizaxe virtual. Administración educativa Si
Oportunidade SMT4: Total informatización dos trámites administrativos. Administración educativa Si
Oportunidade O centro ten implantada a súa Imaxe dixital na súa contorna. ANPA Non
Oportunidade Participación activa da AMPA na vida do centro. Contorna Non
Oportunidade Uso das tecnoloxías dixitais par a comunicación habitual centro-familia. Contorna Si
Oportunidade A5: O profesorado coñece e respecta as normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Si
Oportunidade Desenvolvemento lexislativo regulando o uso das tecnoloxías. Lexislación Non
Oportunidade Exixte a vontade de elaboración do plan dixital. Lexislación Non
Oportunidade O alumnado ten acceso a unha base de datos de proveedores de formación en centros de traballo. Outras Si
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD 1. Xestionar as faltas de asistencia do profesorado mediante un aplicativo informático
O2PD 2. Xestionar as faltas de asistencia do alumnado nos períodos de garda mediante un aplicativo informático.
O3PD 3. Xestionar as faltas de asistencia do alumnado ao comedor mediante un aplicativo
O4PD 4. Xestionar un calendario de probas de avaliación con retroalimentación ao profesorado mediante un aplicativo.
O5PD 5. Xestionar as reclamacións do alumnado ás cualificacións mediante un aplicativo informático.
O6PD 6.- Xestionar a elaboración e entrega de memorias dos departamentos mediante un aplicativo informático.
O8PD 8. Aumentar o emprego da AV do centro para o debato entre o profesorado.
07PD 7. Empregar os métodos dixitais para a comunicación do docente cos titores a través do Espazo Abalar (E4)
09PD 9. Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital
10PD 10. Xestionar unha bolsa de traballo para alumnado do centro mediante un aplicativo informático (C17)
11PD 11. Promover o uso da Aula Virtual como espazo de docencia (E3)
12PD 12. Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar (E4)

Seguimento

Procedemento

Para o seguimento do presente plan dixital no curso 22/23, fóronse marcando os ítems de "realizada, aplazada ou pendente" de cada obxectivo e accións segundo a data prevista no plan inicial.

  • Estado da execución das accións ata esa data
  • Análise e valoración dos resultados acadados
  • Modificacións das accións, se procede
  • Propostas de mellora para incluir na avaliación final
1º Trimestre

Cúmmprironse todos os obxectivos dentro das datas. A maior parte deles consistía na realización de aplicativos para a xestíon dixital do noso centro.

  • Xestión de faltas de asistencia do profesorado
  • Xestión de faltas de asistencia do alumnado nos períodos de garda
  • Xestión de flatas de asistencia de alumanado ao comedor
  • Xestión de calendario de probas de avaliación con retroalimentación ao profesorado
  • Aumentar o emprego da AV para o debate entre o profesorado
  • Promover a comunicación etre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar
2º Trimestre

Todos os obxectivos deste trimestre se cumpliron dentro das datas establecidas.

  • Xestionar as reclamación do alumnado ás cualificacións finais mediante un aplicativo informático.
  • Xestionar a entrega de memorias dos departamentos mediante un aplicativo informático
  • Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital
3º Trimestre

Todos os obxectivos deste trimestre se cumpliron dentro das datas establecidas.

  • Xestionar unha bolsa de traballo para alumnado do centro mediante un aplicativo informático
  • Promover o uso da aula virtual como espazo de docentica

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para o seguimento do presente plan dixital, no curso 22/23 constituise un grupo de traballo. Dito grupo de traballo analizará os seguintes aspectos:

  • Estado da execución das accións ata esa data
  • Análise e valoración dos resultados acadados
  • Modificacións das accións, se proceden
  • Propostas de mellora para incluir na avaliación final do proxecto

 

 

Valoración xeral

O plan cumpliuse na súa totalidade no que respecta á xestión e dixitalización, se ben non estamos dacordo en que non nos enviaran ningún tipo de equipamento cando nos fai moita falta debido o gran volumen de alumnado e profesorado que temos.

Fíxeronse varios aplicativos informáticos que se atopan en funcionamento e que facilitan a xestión e dixitalización do noso centro en moitos aspectos (faltas de asistencia, bolsa de traballo, calendario de exames, memorias,...).

Actualmente necesitamos ampliar aulas de informática xa que cada vez son máis os profesores que as utilizan ademáis da incorporación de varias materias de dixitalización no curriculum.

Existe un descontento xeneralizado no noso centro debido a falta de equipamento para a xestión do noso centro.

 

Proposta de mellora

Equipos informáticos para montar unha aula de informática nova con 30 postos.

Montar unha aula de polos creativos.

Participar en programas de dixitalización, ademáis de continuar coas charlas e talleres que xa se fixeron este curso.

Para estas propostas de mellora necesitamos que a consellería nos envíe o equipamento necesario. De momento non recibimos absolutamente nada.

 

 

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado polo claustro, o plan dixital, ao igual que os demáis plans do centro, publicarase na páxina web do centro para poder ser consultado por tódolos membros da comunidade educativa.

O proxecto tamén está incluido no curso de Dirección da aula virtual para poder ser consultado polo profesorado e poder facer as achegas oportunas no correspondente foro.