Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este Plan Dixital de Centro enténdese como o instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro. 

Para o desenvolvemento do noso Plan Dixital de Centro tívose en conta o indicado na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 e que ten por obxecto establecer as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2021-2022, nos centros docentes sostidos con fondos públicos correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia.  

Outra das referencias fundamentais para o desenvolvemento deste Plan Dixital é a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación que regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así o artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

A finalidade do noso Centro educativo é que o alumnado aprenda e fórmese como individuo da sociedade na que vive.

O noso centro educativo está a apostar actualmente pola dixitalización do proceso de ensino e aprendizaxe participando do programa educativo E- dixgal. Ao mesmo tempo empézase a formar o profesorado en metodoloxías activas, eixo transversal e prioritario do noso proxecto educativo, que están relacionadas coa aprendizaxe dixital:  flipped  classroom, programas  eLearning.

O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que ven recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

Para a elaboración e coordinación do Plan Dixital de Centro distinguimos tres fases ou momentos no desenvolvemento do mesmo:

1ª) Fase de análise: completando e detectando as prioridades , debilidades e establecer os niveis de planificación (programas, proxectos e/ou accións) que marcarán o plan de traballo do centro escolar no seu proceso de cambio e mellora.

2ª) Fase de desenvolvemento: posta en práctica das diferentes accións susceptibles de ser realizadas.

3ª) Fase de evaluación: como base para unha mellora continua, recolleranse os resultados e a avaliación das accións e procesos que se levaron a cabo mediante o SELFIE. Co claustro de final de curso presentaranse os resultados.

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a análise da situación e realizar o seguimento do centro no ámbito da innovación emprégase a ferramenta de autoavaliación SELFIE, que proporciona unha instantánea do punto no que se encontra o centro na actualidade en relación coa estratexia e a práctica no uso das tecnoloxías dixitais de ensinanza e aprendizaxe.

Esta ferramenta organiza a información segundo os bloques ou áreas que recolle o informe resultante da realización desta autoavaliación. Grazas á fotografía do centro realizada a través do SELFIE os resultados obtidos foron os seguintes:

 

Interno
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non aprende a comprobar si a información que atopa en internet é fiable e precisa. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet. Alumnado Non
Debilidade O alumnado Si/Non aprende a crear contidos dixitais nin a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade Necesitamos mellorar a infraestructura dixital para respaldar a ensinanza e o aprendizaxe dixital. Infraestruturas Si
Debilidade .A asistencia técnica no noso centro é insuficiente. Infraestruturas Si
Debilidade No noso centro non contamos con unha estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade Asistencia técnica insuficiente. Organización de centro Non
Debilidade Necesitamos mellorar proceso de axuda ao profesorado no intercambio de experiencias dentro da comunidade educativa no relativo a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Necesitamos mellorar a creatividade do alumnado no relativo o proceso de ensinanza con tecnoloxía dixital Persoal docente Non
Debilidade Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade Necesitamos mellorar proceso de axuda ao profesorado no intercambio de experiencias dentro da comunidade educativa no relativo a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non existe certificación en competencias dixitais Persoal docente Si
Debilidade Non se usan contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Debilidade .Necesitamos mellorar a adaptación do proceso de ensinanza ás necesidaddes individuais do alumnado no relativo as tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade Necesitamos mellorar a tecnoloxía para colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado Persoal docente Si
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. Persoal docente Non
Debilidade Necesitamos mellorar proceso de axuda ao profesorado no intercambio de experiencias dentro da comunidade educativa no relativo a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza No noso centro o alumnado aprende a actuar responsablemente en internet. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro hai equipos dixitais xestionados po el e que o alumnado pode utilizar. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro o alumnado aprende a navegar de forma segura en internet. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro facilítase o acceso a internet para o proceso de ensinanza e aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza No noso centro a infraestructura dixital respalda a ensinanza e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (C1) Infraestruturas Non
Fortaleza No noso centro existen sistemas de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza No noso centro hai equipos dixitais xestionados po el e que o alumnado pode utilizar Infraestruturas Non
Fortaleza Apoiamos ao profesorado para explorar novas formas de ensinanza coas tecnoloxías dixitais. Oferta Non
Fortaleza Apoiamos ao profesorado para explorar novas formas de ensinanza coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza No noso centro desenvolvemos estratexias dixitais en colaboración co profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza Existe certificación en competencias dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Apoiamos ao profesorado para explorar novas formas de ensinanza coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Si existe colaboración con outras entidades. Persoal docente Non
Fortaleza O noso profesorado ten acceso ao DPC no relativo ao proceso de ensinaza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O noso profesorado busca recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Utilizanse tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa . Persoal docente Non
Fortaleza Si se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Debatimos sobre as necesidades do DPC referidas ao uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza Si existe reflexión sobre TIC ¿s Persoal docente Non
Fortaleza Realizanse actividades dixitais que implican ao alumnado. Persoal docente Non
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O centro non recibe achegas económicas suficientes para a ensinanza e aprendizaxe dixital. Administración educativa Non
Oportunidade O centro recibe oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. Administración educativa Non
Oportunidade Participación en programas externos relacionados coas TICS. Administración educativa Non
Oportunidade Suficiente política de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Suficiente grao de apoio na lexislación. Lexislación Non
Oportunidade Si existe colaboración con outras entidades. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a insuficiente asistencia técnica no noso centro.
O02PD Potenciar o uso de contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado.
O03PD Mellorar a adaptación do proceso de ensinanza ás necesidades individuais do alumnado no relativo as tecnoloxías dixitais.

Seguimento

Procedemento

Cada unha das accións propostas neste Plan Dixital de Centro ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar si o obxectivo proposto foi acadado e se é preciso realizar variacións no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

Os indicadores serán utilizados e revisados a principios de cada curso, para adecualos as condicións concretas do centro.

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos realizarase trimestralmente, coincidindo coa evaluación dos cursos.

Cada trimestre do curso, a Comisión TIC reunirase para hacer un seguimento do Plan Dixital de Centro e realizar unha valoración da consecución de obxectivos e as melloras propostas.
 

1º Trimestre

Información e proposta contextualizada ao propio centro en relación coa implementación e seguimento do PD. Obxectivos do PD correspondentes ao 1º trimestre: concreción mensual do plan de acción. Acordo de concreción necesidades do equipamento e de infraestructuras tecnolóxicas en relación con necesidades futuras

2º Trimestre

 Información e proposta contextualizada ao propio centro en relación coa implementación e seguimento do PD. Obxectivos do PD correspondentes ao 1º trimestre: concreción mensual do plan de acción que levaron a cabo sen dificultade. Inician as accións correspondentes a este segundo trimestre. Información e proposta contextualizada ao propio centro en relación coa implementación e seguimento do PD.

Obxectivos do PD correspondentes ao 2º trimestre: concreción mensual do plan de acción que levaron a cabo sen dificultade. Uso dos distintos servizos dixitais corporativos como ferramentas de traballo: Abalar (mensaxería, comunicaión coas familias e o profesorado) ; Educalidade. Uso dos distintos servizos dixitais corporativos como ferramentas de traballo: Abalar (mensaxería, comunicaión coas familias e o profesorado) con vistas de utilizar Agueiro como repositorio; infórmase sobre a pilotaxe da plataforma dixital e a funcionalidade da mesma (Educalidade) que servirá como repositorio para os documentos organizativos do centro e, neste caso, de axuda para facer a avaliación e Implementación do Plan Dixital.

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das accións propostas neste Plan Dixital de Centro ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar si o obxectivo proposto foi acadado e se é preciso realizar variacións no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

Os indicadores serán utilizados e revisados a principios de cada curso, para adecualos as condicións concretas do centro.

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos realizarase trimestralmente, coincidindo coa evaluación dos cursos.

Cada trimestre do curso, a Comisión TIC reunirase para hacer un seguimento do Plan Dixital de Centro e realizar unha valoración da consecución de obxectivos e as melloras propostas.
 

Valoración xeral
Proposta de mellora

No mes de xuño a Comisión TIC realizará unha avaliación de resultados para plantexar as posibles modificacións e ampliacións do plan no curso seguinte. Coa análise dos indicadores, elaborarase un informe evaluativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores.
 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital será difundido polo equipo de dinamización na páxina web do centro e na aula virtual cunha periodicidade anual.