Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación de Plan Dixital en relación coa normativa vixente

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliteno desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas. O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras,exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro. A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021-2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten. A Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. Esta resolución ten por obxecto establecer as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2021-2022, nos centros docentes sostidos con fondos públicos correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contextualización do PD no Centro e contibución ao Proxecto Educativo.

A finalidade do noso Centro educativo é que o alumnado aprenda e fórmese como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna. O Plan Dixital de Centro encaixa no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios. . O Plan Dixital incluirase no Proxecto Educativo do Centro, co fin de promover e garantir o desenvolvemento dun marco de acción que permita acordar e coordinar diversos aspectos que afectan ao uso das tecnoloxías na educación, desde aqueles relacionados con cuestións organizativas, ata outros máis pedagóxicos e propios dos procesos de ensino e aprendizaxe.

Segundo se recolle da Memoria Final do curso 2021-2022 recollemos as seguintes propostas de mellora relacionadas con Plan Dixital:

• Reforzar, dende cada materia, as actividades relacionadas coas TIC.

• Continuar empregando diferentes metodoloxías e innovar a nosa forma de ensinar segundo as necesidades do noso alumnado e das circunstancias que se presenten. • Atender á brecha dixital dos nosos alumnos/as intentando paliala na medida do posible.

• Implicar ás familias na formación e seguridade dixital dos seus fillos/as.

• Participar no Proxecto Erasmus +.

• Dependendo da situación pandémica, recuperar a participación nos proxectos colaborativos entre etapas do alumnado e profesorado do centro

Na PXA vemos obxectivos directamente relacionados coa dixitalización, tanto do centro coma da sociedade:

- Continuar formando no uso das TIC á Comunidade Educativa para promover a mellora dos procesos de comunicación e no beneficio da aprendizaxe dinámica, didáctica e experiencial; aumentando a motivación e interese do alumnado: obxectivo para o que o Plan Dixital vólvese imprescindible.

- Educar ao alumnado na autonomía e responsabilidade : O Plan Dixital fará seu este obxectivo , pero concretándolo no mundo virtual.

- Entrar no proxecto Erasmus+

Proceso de elaboración

Ao longo do curso 2021-2022, o centro elaborou o documento do Plan Dixital para que sirva de referencia a toda a comunidade educativa, de xeito que no curso 2022-2023 a súa aplicación sexa efectiva. Para o deseño e elaboración do Plan Dixital púxose a disposición de toda a comunidade educativa, a través do portal educativo, un espazo específico de competencia dixital na que se recolleu toda a información e ferramentas para o seu desenvolvemento.

1. Realización da análise da situación do centro a través das ferramentas para a diagnose de situación SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente.

2. Realización da diagnose de situación do centro.

a) A partir do Informe SELFIE, o centro xerou un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que permite a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.

b) O Informe Individual do test CDD permitiu ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente. Así mesmo, o informe de centro permitirá planificar a liña de formación a través dos PFPP.

3. Deseño e elaboración do Plan Dixital

4. Aprobación do Plan Dixital O Plan Dixital será aprobado pola Dirección do centro unha vez oído o claustro e será e levado como informe ao Consello Escolar.

5. Implementación do Plan no curso 2022-2023 e proceso de avaliación e mellora continua.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a diagnose da situación en relación a competencia dixital, o centro usou a ferramenta de autoavaliación SELFIE, coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE). Esta ferramenta, está desenvolta pola Comisión Europea ao abeiro do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg).

 De xeito complementario, o profesorado realizou o test CDD baseado no marco DigCompEdu desde o seu perfil persoal. Este test permite obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencial (A1- C2), polas áreas deste Marco e devolve un detallado feedback. Así mesmo, esta plataforma xerou un Informe de Centro

A partir do Informe SELFIE, o centro xerou un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que permite a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. O Informe Individual do test CDD permitiu ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente. Así mesmo, o informe de centro permitirá planificar a liña de formación a través dos PFPP.

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado carece das ferramentas necesarias e non está suficientemente formado para identificar fontes fiables na rede e recoñecer o traballo doutras persoas que atopan en internet (H4) Alumnado Si
Debilidade Escaso nivel formativo dunha gran parte das familias (C11) Familias Si
Debilidade O centro non dispón de dispositivos portátiles na etapa de primaria para que o alumnado poda levalos para a casa e empregalos para realizar as súas tarefas, e tampouco teñen suficientes dispositivos para traballar na aula (C 10) Infraestruturas Non
Debilidade O profesorado carece de tempo para mellorar o seu método de ensinanza empregando as tecnoloxías dixitais (A4 OP) Oferta Non
Debilidade No centro carécese de espazos físicos suficientes dotados de equipos dixitais na etapa de Educación Primaria (C 14) Organización de centro Non
Debilidade Poucas veces o profesorado emprega as tecnoloxías dixitais para a autoevaluación, coevaluación e retroevaluación (prácticas de avaliación) (G1 e G3) Persoal docente Si
Debilidade O profesorado fomenta pouco a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais (F6) Persoal docente Si
Fortaleza O centro ensina ó alumnado a actuar de maneira responsable en internet (H) Alumnado Non
Fortaleza O centro dispón de dispositivos dixitais para a aprendizaxe (C8) Alumnado Si
Fortaleza As familias do centro dispoñen de dispositivos dixitais na casa, adecuado para realizar o traballo. Familias Non
Fortaleza A etapa de secundaria dispón de dispositivos portátiles individuais para que o alumnado poida levalos para casa e empregalos na aula (C8) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro dispón dunha excelente red de datos, que permite un bo acceso a internet dende todas as aulas (C3) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro coñece e difunde a política de protección de datos entre todos os grupos de interese (C7) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro dispón dunha estratexia dixital (A1) Oferta Non
Fortaleza No noso centro respectamos os dereitos de autor e as licencias de uso cando emprega as tecnoloxías dixitais para a ensinanza e a aprendizaxe (A5 OP) Oferta Non
Fortaleza Todo o profesorado ten acceso a formación continua no ámbito das tecnoloxías dixitais (A4 OP) Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos dixitais en internet (E1) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado utiliza recursos dixitais para adaptarse a las necesidades específicas de los alumnos (F4) Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para comunicacións relativas ao centro educativo (E4 Persoal docente Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de persoal para realizar todas as tarefas que implica unha educación dixital de calidade Administración educativa Non
Ameaza Pouca implicación na dixitalización do Centro (A1) ANPA Non
Ameaza Existencia dunha grande cantidade da familias cun medio económico medio-baixo que pode dificultar a alfabetización dixital do alumnado (C11) Contorna Non
Ameaza Excesiva burocracia que supón unha sobrecarga do persoal docente (A4) Lexislación Non
Ameaza Cambios continuos no currículo educativo (A4) Lexislación Non
Ameaza Poucas entidades que oferten actividades de competencia dixital e moita demanda por parte dos centros educativos da contorna (B3 e A6) Outras Non
Oportunidade A Administración educativa aposta por unha educación dixital (A1 e A3) Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA propón iniciativas e participa nas actividades propostas dende o centro ANPA Non
Oportunidade O Centro se sitúa nunha zona urbana cun bo acceso a rede de internet (C 11) Contorna Non
Oportunidade Introdución de contidos relacionados coa dixitalización en todas as materias Lexislación Non
Oportunidade Aumento da oferta de actividades relacionadas coas novas tecnoloxías (B3) Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar as TIC como medio de perfeccionamento da actividade docente a través do seu emprego, da información que delas se poida sacar, e do planteamento pedagóxico que para elas teña (G1)
O02PD Fomentar a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. (F6)
O03PD Saber utilizar ferramentas de busca de información, identificando contido falso, verificando imaxes, ubicando fontes verificables e unha navegación segura. (H4)
O04PD Ampliar a competencia dixital de cara ás familias (C11)
O05PD Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais ás necesidades do alumnado de incorporación tardía (F1)
O06PD Actualizar os dispositivos dixitais (C8, C10)

Seguimento

Procedemento

O seguimento trimestral do Plan realizarase nas Actas trimestrais de Ciclo

1º Trimestre

EDUCACIÓN INFANTIL

En tódalas actividades das áreas curriculares se reflicten os contidos e obxectivos do plan das tics cumprindo os obxectivos propostos do 1º trimestre e recollidos na Programación.

 

O ordenador empregouse como ferramenta metodolóxica así como a PDI e a tableta dixital, enriquecendo a aprendizaxe dos nenos e nenas e facendo que o proceso de ensinanza fose mais motivador e favorecendo así a curiosidade e o descubrimento e cumprindo todos os obxectivos.

 

Coa programación de Robótica, traballamos a observación e a análise das accións que o robot realiza a partir dunha secuencia de ordes dadas, estimulando nos nosos alumnos o desenvolvemento de distintos procesos mentais, habilidades e competencias básicas. Asómesmo involucra activamente ao alumnado na súa propia aprendizaxe, promove a capacidade de resolver problemas, potencia habilidades como a creatividade, organización e a atención, fomenta a autonomía e o traballo en equipo e permite a integración de distintas áreas curriculares.

 

Para a información ás familias empregáronse:

· Plataforma de comunicación EDUCAMOS:

· Información ás familias e alumnos/as das actividades propostas.

· Comunicación a través de correo electrónico.

· Entorno de Google Workspace

· Correo corporativo.

· Meet (videoconferencias).

· Páxina web do Centro.

· Chamadas telefónicas

· Redes sociais:Instagram,Facebook.

· Canal de Youtube.

 

Valoración:

As tic´s estiveron presentes nas aulas e cumpríronse os obxectivos programados na Programación. Os contidos foron impartidos na súa totalidade. Asómesmo foméntase o uso das redes do centro.

Creáronse recursos dixitais como dianas de avaliación en Genially para distintas situacións de aprendizaxe así como outros recursos para identificación de vogais en Educaplay e as emocións en Genially. As evidencias refíctense na carpeta do servidor.

 

SECUNDARIA

Durante o 1º trimestre, empregáronse diferentes plataformas e recursos dixitais moi activamente. A comunicación cos alumnos e as familias seguiu a realizarse a través de Educamos pero, especialmente en Secundaria, a entrega de traballos e a comunicación directa cos alumnos segue a facerse principalmente a través das diferentes aplicacións de Google: Classroom, Drive, Meet e Gmail. Tamén se utilizaron os Formularios de Google para a realización de Quizzes e Cuestionarios.

Na ESO está implantado o programa E-Dixgal da Xunta de Galicia, para a dixitalización dos materiais educativos e leváronse a cabo este trimestre dúas actividades relacionadas co Plan Dixital de Centro:

·         Aula Newton

·         Taller de verificación de noticias falsas

·         Digital Week

2º Trimestre

Empregar diferentes ferramentas dixitais para a autoavalición, coavaliación e retroavaliación.

Durante o segundo trimestre rematamos a formación desenvolvida por a empresa Escuela 21 ”Evaluación auténtica” e promovida pola Institución do noso Centro. Dentro do programa deste curso, todo o profesorado realizou prácticas na aula relacionadas cos contidos impartidos e creouse un espazo dixital compartido onde se subiron as evidencias correspondentes.

Crear grupos de traballo para organizar e desenvolver proxectos interdisciplinares 

Grazas á formación recibida dentro do marco do Seminario E+ “Internacionalizando a nosa escola”creouse un grupo de traballo a nivel interetapa, interdisciplinar e desenvolveronse certas actividades en subgrupos organizados por etapa.

Proxecto abellas (mochila viaxeira)

Proxectos de aprendizaxe e servizo basados nos ODS (4º e 3º)

Durante o segundo trimestre, creouse un grupo de traballo entre o profesorado da asignatura de Valores, Tecnoloxía, Informática e Lingua castelá, para levar a cabo proxecto de aprendizaxe e servizo basados nos ODS, que despois foron presentados ao concurso TheChallenge organizado por Educaixa.

 

Participar en proxectos eTwinning

Durante esta segunda avaliación iniciouse un novo proxecto eTwinning no curso de 1ºESO “Ma ville: trois lieux à ne pas manquer” cun centro da República Checa para dinamizar a aprendizaxe da segunda lingua estranxeira, o francés. 

Por outra banda, o proxecto eTwinning iniciado na primeira evaluación en 3ºESO segue desenvolvéndose nesta segunda avaliación e concluirase na terceira. 

Organizar charla relacionada coa busca de información en Internet.

Imos participar no programa “Navega con rumbo” co alumnado de 1ºESO organizado pola Xunta de Galicia. Cabe mencionar que este programa foi solicitado tamén para os cursos de 2º e 4º da ESO pero non foi concedido.  

Actualizar os dispositivos dixitais (Paneles dixitais e maqueta eDixgal)

Nas aulas de Secundaria instalánronse novas iBoards e a maqueta será instalada nos ordenadores do alumnado durante as primeiras semanas da terceira avaliación.

Formar ao profesorado

Continuamos co Seminario Eramus + organizado no noso centro e finalizamos a formación de Escuela 21 anteriormente mencionada.

E-dixgal

 O proxecto estase a desenvolver con normalidade.

Dende o profesorado, consideramos que podemos seguir mellorando o proxecto, atendendo a algunhas das peticións do alumnado.

O programa de alfabetización dixital do alumnado

Estase levando a cabo nos cursos de 5º e 6º de EP por parte do profesorado nas diferentes materias. Durante o segundo trimestre os mestres continuaron subindo cos rapaces para que sigan mellorando nesta habilidade dixital seguindo a programación do plan dixital elaborada na primeira avaliación.

3º Trimestre

- Obxectivo 1: Utilizar as TIC como medio de perfeccionamento da actividade docente a través do seu emprego, da información que delas se poida sacar, e do planteamento pedagóxico que para elas teña (G1)

Durante o curso, levouse a cabo a formación "Avaliación auténtica" encamiñada a aprendizaxe de diferentes ferramentas dixitais para a autoavaliación, coavaliación e autoavaliación. Tamén comezamos ca implantación do aprendido. As técnicas utilizadas engadíronse no banco de recursos do centro.

- Obxectivo 2: Fomentar a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. (F6)

Este curso creuse un grupo de traballo de Erasmus+ para formarse e solicitar a acreditación no vindeiro curso. Tamén fixéronse proxectos para EduCaixa Challenge e para Digicraft.

- Obxectivo 3: Saber utilizar ferramentas de busca de información, identificando contido falso, verificando imaxes, ubicando fontes verificables e unha navegación segura. (H4)

Cotinuouse co programa de alfabetización dixital do alumnado nos cursos de 5º e 6º de EP por parte do profesorado nas diferentes materias. Tamén se mantivo a sección de consultas para dúbidas.

- Obxectivo 4: Ampliar a competencia dixital de cara ás familias (C11)

No mes de xuño tivo lugar unha reunión cos pais/nais do alumnado de 6º de EP para unha primeira toma de contacto co Proxecto Edixgal e o seu funcionamento.

- Obxectivo 5: Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais ás necesidades do alumnado de incorporación tardía (F1)

Continuouse coa adapatación de actividades.

- Obxectivo 6:  Actualizar os dispositivos dixitais (C8)

Neste trimestre instalouse o control de ordenadores do alumnado.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación do plan

- Seguimento do PA

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas materialícense. Para levar a cabo a avaliación, teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:

-Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.

-A ferramenta de avaliación SELFIE a través da cal poderemos facer unha análise da competencia dixital do Centro. Recoméndase realizar anualmente a final de curso.

- A avaliación da Competencia Dixital do alumnado a través de SELFIE, preferiblemente a final do curso.

Se realizarán as seguintes actuacións para avaliar o alcance e eficacia deste Plan de Actuación:

- Enquisa satisfacción aos alumnos: adecuación dos materiais tic e o seu aproveitamento.

- Enquisa satisfacción aos profesores sobre o aproveitamento e progreso alcanzado nas súas materias/áreas

- Enquisa satisfacción aos pais dos alumnos referentes ao nivel de aproveitamento das novas tecnoloxías nos seus fillos e a integración das novas aprendizaxes no contexto da súa familia

- Valoracións recibidas do Claustro de profesores, nas súas distintas reunións, sobre o avance na implantación das Novas Tecnoloxías no centro.

- Observacións tomadas do Equipo Directivo relativas ao uso e optimización de medios contemplados no Plan Dixital

- Utilización de indicadores propios do sistema de xestión da calidade

Propostas de mellora

Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe evaluativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores. O plan avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos previstos. O informe de progreso formará parte da Memoria anual do Centro.

A avalición procesual realizarase nas Actas trimestrais de Ciclo.

Valoración xeral

Os obxectivos e acción previstos para este curso conseguíronse na súa totalidade.

Área de mellora:

  • Prácticas de avaliación (G): 
    • Obxectivo 1: Utilizar as TIC como medio de perfeccionamento da actividade docente a través do seu emprego, da información que delas se poida sacar, e do planteamento pedagóxico que para elas teña (G1). Conseguiuse o valor previsto para este curso: o 60% de profesorado presentan evidencias de uso das TIC na avaliación. 
  • Pedagoxía: implementación na aula (F)
    • Obxectivo 2: Fomentar a participación do alumnado en proxectos  interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. (F6). Este obxectivo conseguiuse na súa totalidade, con 3 proxectos interdisciplinares levados a cabo.
    • Obxectivo 5: Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais ás necesidades do alumnado de incorporación tardía (F1). Cónsegue as 5 actividades adpatadas previstas.
  • Competencias dixitais do alumnado (H):
    • Obxectivo: 3: Saber utilizar ferramentas de busca de información, identificando contido falso, verificando imaxes, ubicando fontes verificables e unha navegación segura. (H4). Conseguiuse o valor previsto para este curso: 2 actividades realizadas para a formación do alumnado sobre navegación e fontes seguras.
  • Infraestructura e equipos:
    • Obxectivo 4: Ampliar a competencia dixital de cara ás familias (C11). Este obxectivo está acadado, con 2 actividades para ampliara a competencia dixital das familias.
    • Obxectivo 6: Actualizar os dispositivos dixitais (C8). Este obxectivo conséguese grazas a subvención pública para dotación de aulas dixitais. Instálanse 8 pantallas interactivas nas aulas de Secundaria e o Control de aulas.

 

Proposta de mellora

As propostas de mellora para o vindeiro curso son:

- Áreas de mellora:

  • Prácticas de avaliación (G)
    • Obxectivo 1: Dada a importancia deste obxectivo no noso Centro ampliamos a porcentaxe ao 70% para o seguite curso. Para o seguinte curso mantemos as acccións a desenvolver previstas para este obxectivo.
  • Pedagoxía: implementación na aula (F)
    • O obxectivo 2 manterase no vindeiro curso co mesmo número de proxectos.
    • O obxectivo 5 seguirase traballando desde o Departamento de Orientación, pero non se manterá seguimento desde este plan.
    • Revisar e actualizar o protocolo de manexo dos dispositivos do alumnado.
  • Competencias dixitais do alumnado (H):
    • Obxectivo 3: Este obxectivo manterase para o próximo curso, solicitando as actividades ofertadas por a Xunta e INCIBE.
  • Infraestructura e equipos (C)
    • O obxectivo 4 manterase para o curso seguinte. Revisaranse e adaptaranse as accións do obxectivo.
    • O obxectivo 6 tamén se mantén, solicitando unha nova subvención para a mellora das aulas de Educación Primaria.
  • Colaboración e redes (B)
    • Elaborar un Plan de Comunicación de Centro
    • Facilitar tempos de reunión para a coordinación e colaboración entre o profesorado sobre o uso e manexo das tecnoloxías dixitais.
  • Pedagoxía: apoios e recursos (E)
    • Actualizar o protocolo do centro para o uso e manexo da plataforma educativo e a comunicación co alumnado e familias.

- Engadir indicadores ás accións dos obxectivos.

 

.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Consideramos esencial a difusión do noso Proxecto. Con este obxectivo crearemos un plan de difusión do mesmo no que quedarán reflictidos os mecanismos articulados para que a información poida chegar a todos os grupos de interese. Os ítems mínimos a recoller en dito plan de difusión do Proxecto a través de:

- Páxina web: Plan Dixital Santo Ángel

- Redes sociais: Instagram, Facebook,...

- Canles da Institución: Red interna e Educamos.

- Presentación Claustro, Consello Escolar, ANPA, PAS,...