Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos recollidos no mesmo levarase a cabo trimestralmente mediante:
- Valoración do estado no que se atopan as accións que se están levando a cabo centrándonos sobre todo naquelas cuxa data de finalización prevista sexa ao remate do trimestre no que nos atopamos.
- Análise e valoración dos resultados obtidos nas accións realizadas co fin de realizar as modificacións que sexan necesarias nas mesmas ou establecer propostas de mellora.
- Indicación do estado no que se atopa cada unha das accións: realizada, aprazado ou pendente.
Para o seguimento empregarase a aplicación Educalidade
No primeiro trimestre realizáronse as acción previstas dos obxectivos O01PD, O02PD e O03PD.
Debido a circunstancias internas do centro (baixas no profesorado de Educación Infantil), non se realizou a acción prevista para o obxectivo O04PD relativa a formación do alumnado de Educación Infantil no prendido e apagado dos equipos e manexo do rato quedando aprazada para o seguinte trimestre.
Nas sesións formativas (Aula virtual e actividades H5P) o profesorado participante mostra interese no contidos das mesmas, así e como na resolución das súas dúbidas.
En relación ao alumnado, destacar o interese dos nenos e nenas 3º de Primaria no traballo na Aula Virtual accedendo dende as súas casas ademais de na hora de informática.
Valoramos positivamente a prontitude da UAC a hora de dar resposta ás nosas solicitudes de instalación dos puntos de rede, de posta a punta do equipamento e a instalación da maqueta Abalar. Así mesmo destacar tamén a prontitude do Concello na instalación dos puntos eléctricos.
No segundo trimestre realizáronse accións relacionadas cos catro obxectivos recollidos no plan dixital.
- Obxectivo O01PD,o profesorado segue mostrando interese por aprender a crear actividades H5P o cal se pon de manifesto na súa participación nas sesións formativas, en que quere resolver as súas dúbidas e na creación das súas primeiras actividades H5P a nivel individual e por ciclos.
- Obxectivo O02PD, o alumnado de 2º de Primaria xa é quen de entrar na aula virtual do centro coma usuarios identificados e goza realizando actividades dixitais interactivas na mesma.
Así mesmo, o alumnado de 3º de Primaria debido á súa sesión semanal na aula de informática mostra unha maior soltura no traballo nas distintas materias da aula virtual.
O alumnado de 4º de Primaria accede á Aula Virtual na súas casas para traballar actualmente na materia de Música.
- Obxectivo O03PD, xa foi acadado ao realizar todas as accións previstas tendo nestes momentos para o traballo do alumnado na aula de informática: 14 ordenadores de sobremesa, 7 ordenadores portátiles pertencentes á fenda dixital e 3 ordenadores portátiles todos eles coa maqueta Abalar.
A UAC segue a responder de forma eficiente e rápida ás nosas solicitudes.
- Obxectivo O04PD, por manterse as circunstancias internas do primeiro trimestre, o alumnado de Educación Infantil non comezou coa acción relativa ao prendido e apagado dos equipos e manexo do rato pero está traballando na aula de informática realizando actividades dixitais interactivas empregando a lousa dixital.
No terceiro trimestre realizáronse accións relacionadas cos tres obxectivos aínda non acadados recollidos no plan dixital.
- Obxectivo O01PD,o profesorado mostra unha actitude positiva para aprende a compartir no repositorio H5P da Aula Virtual as actividades que creou. Participa activamente nas sesións formativas e na creación de actividades H5P.
- Obxectivo O02PD, o alumnado de 1º de Primaria xa é quen de entrar de forma guiada na aula virtual do centro coma usuarios identificados e goza realizando actividades dixitais interactivas na mesma.
Así mesmo, o alumnado de 2º de Primaria debido á súa sesión quincenal na aula de informática mostra unha maior soltura no acceso á mesma, as distintas materias e na realización de actividades.
- Obxectivo O03PD foi acadado no segundo trimestre.
- Obxectivo O04PD, o alumnado de 5º e 6º Educación Infantil traballa na aula de informática realizando actividades dixitais interactivas empregando a lousa dixital. O profesorado desta etapa decidíu traballar coa lousa dixital no lugar de cos equipos informáticos polo que non se levou a cabo ao longo do curso a acción AO04.1.
Avaliación
Realizarase ao final de cada curso e nela levarase a cabo a:
- Valoración do logro de cada un dos obxectivos establecidos no plan de acción utilizando coma referencia os seus indicadores.
- De ser o caso, a proposta de accións de mellora ou de modificacións para a consecución do obxectivo no seguinte curso.
- Indicación de se o obxectivo foi acadado ou non.
Para a realización da avaliación empregarase a aplicación Educalidade
Realizamos unha valoración positiva do proceso de implantación do plan dixital do centro xa que:
-Acadáronse os valores establecidos para os indicadores dos catro obxectivos establecidos no mesmo.
-Levarse a cabo todas as accións previstas excepto unha delas.
-Unha elevada porcentaxe do profesorado do centro interesouse e implicouse na creación de actividades H5P.
- O interese do alumnado dos tres primeiros cursos de primaria por realizar actividades na Aula Virtual do centro.
- Mellorouse a infraestrutura de aula de informática con novos puntos de acceso á rede e aumento no número de equipos a disposición do alumnado.
Coma punto negativo, indicar que non se levou a cabo a acción A04.1 Formación do alumnado de E Infantil relativa: ao prendido e apagado dos equipos e manexo do rato debido a circunstancias internas do centro pero isto non impediu que o alumnado de 5º e 6º desta etapa educativa traballase coas tecnoloxías dixitais xa que no lugar de traballar con ordenadores empregaron a lousa dixital da aula de informática para a realización de actividades dixitais interactivas o que permitiu lograr o obxectivo ao que estaba vinculada esta acción.
En relación cos elementos externos valoramos de forma positiva as xestións realizadas coa UAC e o asesoramento do Adix.
Para o vindeiro curso 2023/2024 as propostas de mellora no plan dixital de centro centraríanse en:
- Consolidar o emprego da Aula Virtual por parte do alumnado dos catro primeiros cursos de primaria intentado aumentar a súa utilización fora do horario lectivo.
- Aumentar o número de actividades do repositorio de actividades H5P, ampliando a súa tipoloxía.
- Buscar sacar un maior rendemento ao equipamento Educa en dixital, empregándoo de forma habitual na aula de informática e/ou coma aulas móbiles.
- Buscar sacar un maior rendemento as pantallas dixitais recibidas a final de curso, realizando actividades formativas para que o profesorado coñeza tódalas posibilidades que ofrecen e utilizándoas como elemento de achegamentos á tecnoloxía nos cursos de Educación Infantil no lugar do emprego dos ordenadores.
Comunicación e difusión
A difusión do plan dixital do centro realizarase mediante:
- Publicación do plan dixital na páxina web do centro (menú "Documentos do centro", apartado "Documentos organizativos"
- Envío por parte da dirección do centro dunha mensaxe de Abalar móbil para informar as familias do alumnado da publicación do plan dixital.
Ligazón de acceso ao plan dixital na web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvilaxoan/?q=taxonomy/term/535