Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A dixitalización leva anos avanzado na sociedade, xa son moitas as veces que escoitamos ou dicimos que estes xóvenes son “nativos dixitais”. Polo que, dende o Centro, ao longo dos últimos cursos fomos implementando melloras nas infraestruturas, equipamentos e servizos dixitais. A pandemia foi un punto de inflexión e fixo que avanzaramos especialmente neste apartado: aulas virtuais, clases “on line”, docencia telemática, etc.

Polo tanto, agora máis que nunca, aproveitaremos a elaboración deste documento: Plan Dixital para seguir mellorando nestes aspectos e que sexa un dos pilares do noso Proxecto Educativo.

O Plan Dixital involucra directamente a todas as materias polo que a súa contribución na Programación Xeral Anual está máis que garantida.

O Plan Dixital ven avalado pola seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do Plan Dixital seguimos o planing e as directrices marcadas desde o curso ADIX, realizando primeiramente o Informe SELFIE e o test de CDD para a recollida de información previa.

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A percepción que teñen das TIC está máis relacionada co ocio que co traballo. Alumnado Si
Debilidade Presenta dificultades para resolver problemas técnicos. Alumnado Si
Debilidade Falta de formación nos medios dixitais. Familias Non
Debilidade Medo a un mal uso da tecnoloxía por parte dos seus fillos. Familias Si
Debilidade Non dispoñemos de espazos físicos nin bibliotecas ou repositorios en liña que faciliten o ensino con tecnoloxía dixital. Infraestruturas Non
Debilidade Temos falta de dispositivos dixitais para o alumnado. Os que hai son fixos, están desactualizados e contribúen a unha mala imaxe do centro. Infraestruturas Si
Debilidade Hai risco de multiplicar as plataformas coas que traballa o centro. Infraestruturas Non
Debilidade O exceso de ferramentas e materias dificulta a selección de recursos viables. Oferta Si
Debilidade Duplicación da necesidade de introducir unha mesma información para o seu rexistro en diferentes plataformas dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Estratexia dixital en desenvolvemento. Organización de centro Si
Debilidade O mantemento das plataformas supón unha sobrecarga de traballo para a que é dificil liberar ao profesorado. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo para explorar o ensino dixital ou elaborar materiais e recursos. Persoal docente Si
Debilidade Ten necesidade de DPC. Obsérvase certo estancamento no uso das TIC nos últimos anos. Persoal docente Si
Debilidade Dispor de equipamento e acceso para poder acceder ás plataformas dixitais coorporativas. Persoal non docente Non
Debilidade O persoal de recepción non conta con medios dixitais nin está incluído nas plataformas de traballo do centro. Persoal non docente Non
Fortaleza A maior parte dispón nas súas casas do equipamento tecnolóxico necesario para traballar. Alumnado Si
Fortaleza O uso das TIC fomenta a atención e o interese polo ensino. Alumnado Si
Fortaleza Aprende a ter un comportamento responsable e seguro na internet, verificar a calidade da información e a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Interésanse polas novas tecnoloxías e son conscientes da importancia das mesmas no proceso de ensino dos seus fillos. Familias Si
Fortaleza A marioría contan cunha boa infraestrutura e equipamento dixital. Familias Si
Fortaleza Contamos cunha estrutura creada: redes, equipamento, dispositivos,... para facilitar o ensino na labor docente. Infraestruturas Si
Fortaleza Dispoñemos dunha plataforma de comunicación coas familias propia. Infraestruturas Non
Fortaleza Contamos con asistencia técnica cando xurden problemas tecnolóxicos. Infraestruturas Non
Fortaleza Temos un sistema educativo web implantado cun entorno coñecido para o alumnado. Infraestruturas Si
Fortaleza Posibilidade de facer EI, EP e ESO no mesmo centro, dando estabilidade ao proxecto dixital. Oferta Non
Fortaleza Utilízase a tecnoloxía dixital para documenar e avaliar o aprendizaxe. Organización de centro Si
Fortaleza Fomento da formación dixital para o profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza Priorizar, na medida do posible, a adquisión de dispositivos. Organización de centro Non
Fortaleza Utiliza e crea recursos educativos dixitais e emprega entornos virtuais de aprendizaxe para reforzar a metodoloxía. Persoal docente Si
Fortaleza A maior parte do profesorado está convencida do uso das TIC e quere ser participe na súa implantación. Persoal docente Si
Fortaleza Usa tecnoloxías dixitais na comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal de administración está incluído nas plataformas de traballo do centro. Persoal non docente Si
Fortaleza Boa disposición do persoal non docente para o uso dos medios dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza O auxiliar de conversa contribúe no uso de ferramentas e recursos dixitais. Persoal non docente Si
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Dificultade para cumprir cos requisitos que impoñen nas convocatorias de dotación de dispositivos para o alumnado. Administración educativa Non
Ameaza Os recursos que se destinan á ensinanza concertada son inferiores aos que reciben os centro públicos. Administración educativa Non
Ameaza Risco de quedar atrás no ámbito tecnolóxico respecto aos centros similares. Contorna Si
Ameaza Os cambios periódicos na directiva dificultan unha liña estable de colaboración. Contorna Non
Ameaza Normativa sobre dereitos de autor, licenzas e protección de datos. Lexislación Non
Ameaza Os cambios de lei de xeito recurrente provocan moita inestabilidade. Lexislación Non
Oportunidade Incentiva o uso das TIC e facilita a elaboración de recursos á disposición do profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade Dispón de convocatorias que permiten a dotación de dispositivos para o alumnado. Administración educativa Non
Oportunidade Contamos con boas condicións socioeconómicas. ANPA Non
Oportunidade Colaboración económica na adquisición de dispositivos. Contorna Non
Oportunidade A nova lexilación da importancia ao uso das tecnoloxías, demanda recursos e pode servir de impulso para a revisión metodolóxica. Lexislación Si
Oportunidade Colaboracións con diferentes asociacións e profesionais no desenvolvemento de actividades empregando recursos tecnolóxicos. Outras Non
Oportunidade Procura dunha relación de adscrición a un centro con bacharelato que dea continuidade. Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Afianzar a estratexia dixital do Centro.
O02PD Por en marcha o proxecto polos creativos.
O03PD Implementar o proxecto EDIXGAL
O04PD Mellorar a competencia dixital do alumnado.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  •  No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
1º Trimestre

Aínda que moitas accións desenvólvense durante todo o curso podemos dicir que a maioría delas están acadadas neste primeiro trimistre e seguiranse traballando ao longo do ano.

O seguimento de cada unha das accións está rexistrado no apartado correspondente.

 

2º Trimestre

Igual que mencionamos no trimestre anterior, moitas accións desenvólvense durante todo o curso, podemos dicir que a maioría delas están acadadas e seguiranse traballando ao longo do ano.

O seguimento de cada unha das accións está rexistrado no apartado correspondente.

3º Trimestre

Igual que mencionamos durante os outros trimestre, o seguimento de cada unha das accións está rexistrado no apartado correspondente.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral

A nivel xeral podemos dicir que os resultados foron satisfactorios. Só un dos catro obxectivos foi acadado parcialmente. Polo tanto, na súa maior parte, o plan dixital desenvolveuse segundo o previsto.

Proposta de mellora

As propostas de mellora pasan por darlle continuidade ao plan e a varias das súas accións. Sobre todo, estamos pendentes da recepción do material de Polos Creativos, xa que cremos que é unha aportación fundamental na liña de traballo do futuro do plan. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Do mesmo xeito que os outros plans do centro, o Plan Dixital presentarase primeiro no Consello Escolar, logo no Claustro e despois colgarase no servidor do Centro para compartilo co profesorado.