Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Farase un seguimento da consecución dos obxectivos do Plan Dixital a través das avaliacións trimestrais.
Neste primeiro trimestre comezamos a formación para mellorar a competencia dixital do profesorado e do alumnado.
Seguimos a empregar AbalarMóbil como ferramenta de comunicación entre os membros da comunidade educativa e impulsando o uso de AbalarPro entre o profesorado.
No segundo trimestre seguimos coa formación para mellorar a competencia dixital do profesorado e do alumnado.
Empregamos AbalarMóbil como ferramenta de comunicación entre os membros da comunidade educativa.
Fomentamos o uso das Aulas Virtuais como espazo para compartir, aproveitar e crear diferentes recursos e ferramentas dixitais.
No terceiro trimestre empregamos AbalarMóbil como ferramenta de comunicación entre os membros da comunidade educativa.
Fomentamos o uso das Aulas Virtuais como espazo para compartir, aproveitar e crear diferentes recursos e ferramentas dixitais.
Traballouse a competencia dixital do alumnado a través dos recursos elaborados polo profesorado, pero apenas empregamos os "Polos creativos" porque non chegou o material.
Avaliación
Fixemos unha valiación procesual unha vez ao trimestre na que se valorou o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e plantexáronse as posibles modificacións das acción e as propostas de mellora.
Realizouse a avaliación final na que se valorarou o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
A valoración xeral é positiva, aínda que o último obxectivo non se conseguiu pola falta de material de Polos Creativos e tamén pola falta de tempo.
Solicitar máis formación e conseguir un banco de actividades amplo.
Comunicación e difusión
Darase a coñecer o Plan Dixital a toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiparealonga/
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiparealonga/?q=search/node/plan%20dixital