Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Arealonga está ubicado no núcleo urbano do Concello de Vilagarcía de Arousa, no barrio da Lomba. É unha zona densamente poboada. A actividade económica predominante é a do sector servizos, da que o comercio e a hostalería ocupan a maior porcentaxe de poboación activa, seguido de profesionais independentes, a construción e a industria. O nivel sociocultural é medio, a oferta cultural no casco urbano está a un bo nivel, e nos barrios periféricos mellorou considerablemente nos últimos anos, xa que en todos hai casas de cultura dotadas de bibliotecas.

O centro conta con 6 unidades de Educación Infantil e 14 de Educación Primaria. Con liña 2 de Infantil a 4º de Primaria e mantendo a liña 3 en 5º e 6º de forma provisional.

Tendo en conta a normativa vixente elabórase o Plan Dixital como parte do Proxecto Educativo e a Programación Xeral Anual para regular a relación coa tecnoloxía nas distintas etapas educativas.

O obxectivo principal é ir integrando a tecnoloxía na vida diaria das aulas, xa que actualmente o alumnado debe adquirir unha serie de competencias en relación co seu emprego.

Dende o centro educativo debemos non só dar a coñecer a tecnoloxía senón tamen promover un uso axeitado, dando a coñecer os riscos que pode suponer un mal emprego da mesma.

A nosa sociedade está en cambio permanente, cada vez máis dixitalizada e por iso, dende os centros educativos debemos dar resposta ás necesidades do alumnado para que acaden as competencias necesarias en todos os eidos.

O CEIP Arealonga posúe conexión a internet, unha rede de área local (RAL/LAN) e servizo WIFI con acceso a internet.

Teñen acceso a internet vía WIFI o persoal do centro e o alumnado con dispositivos do centro. Pola contra, non pode acceder a internet vía WIFI o alumnado con dispositivos propios.

O acceso WIFI está disponible nos espazos dedicados á docencia, departamentos, secretaría do centro, despachos de dirección e zonas comúns.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Como instrumento de recollida empregamos o informe SELFIE e o test CDD.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Atopamos puntuacións máis baixas á hora de otorgar recoñecemento ao traballo dos demais, na creación de contidos e á hora de aprender e comunicarse. Alumnado Si
Debilidade O centro educativo carece dunha infraestrutura axeitada de dispositivos dixitais suficientes e de recursos dixitais en liña ben organizados. Infraestruturas Si
Debilidade O noso centro non conta cunha estratexia dixital ben definida. Organización de centro Si
Debilidade O profesorado non participa en redes profesionais. En ocasións emprega contornos virtuais de aprendizaxe e existe unha creación de recursos dixitais, pero en baixa medida. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado amosa implicación e colaboración, ademais dun comportamento seguro e responsable e intenta verificar a calidade da información. Alumnado Si
Fortaleza Existe unha boa comunicación coa comunidade educativa. Familias Si
Fortaleza O noso centro conta con acceso a internet e con dispositivos dixitais para a aprendizaxe para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Infraestruturas Si
Fortaleza O noso centro ten experiencia no uso de contornos de aprendizaxe e conta cunha comunicación regular e ben organizada. Ademais apoia o desenvolvemento profesional continuo (DPC) do persoal a todos os niveis. Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado participa en programas de desenvolvemento profesional e colabora dentro do colexio para o uso da tecnoloxía da información e comunicación. Emprega recursos educativos en liña e ten unha boa comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza No noso centro vense afectados o ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais por falta de fondos, equipos dixitais insuficientes, apoio técnico limitado, falta de tempo para o profesorado e a burocracia. Administración educativa Si
Ameaza Existencia de cambios constantes na lexislación educativa. A ratio por aula é moi elevada. Lexislación Non
Oportunidade O centro conta cun número de profesorado definitivo suficiente, polo que existe unha estabilidade laboral. Administración educativa Si
Oportunidade A relación e colaboración da ANPA co colexio é boa. ANPA Si
Oportunidade Boa ubicación xeográfica con respecto a saídas, servizos e mobilidade do alumnado. Contorna Non
Oportunidade Boa relación co Concello, prensa e outras entidades. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Facilitar a formación en materia de competencia dixital entre o profesorado do centro.
O02PD Extender o uso de AbalarMóbil como ferramenta de comunicación entre os membros da comunidade educativa.
O03PD Fomentar o uso das Aulas Virtuais como espazo para compartir, aproveitar e crear diferentes recursos e ferramentas dixitais.
O04PD Adaptar, modificar e/ou crear recursos e actividades para implementar na Aula Virtual ou no EVA Edixgal.
O05PD Compartir documentación e recursos empregando ferramentas dixitais corporativas.
O06PD Adquirir e actualizar equipamento dixital dispoñible para o emprego autónomo por parte do alumnado

Seguimento

Procedemento

Farase un seguimento da consecución dos obxectivos do Plan Dixital a través das avaliacións trimestrais.

1º Trimestre

Este curso a EEI Vagalume integrouse no CEIP Arealonga, polo que se decide xuntar os plans sen máis acordando que, ao longo do curso, a medida que se van unificando actuacións, iranse fundindo ambos. Neste momento preséntanse un a continuación doutro, tal e como foron concebidos.

Focalizamos a formación na consecución das accións marcadas nos obxectivos 1, 3 e 4, integrando a formación en Aula Virtual coa creación e adaptación de recursos utilizando ferramentas sinxelas.

Xa temos instalado o equipamento de equipos directivos.

Aumentouse a utilización do AbalarMóbil para a comunicación coas familias.

Preténdese extender o uso do AbalarPro entre o profesorado.

Queda pendente a revisión dos obxectivos deseñados pola EEI Vagalume o curso pasado e analizar o xeito de integrar as súas accións nun novo Plan Dixital.

2º Trimestre

Ao longo do 2º trimestre recibimos varias sesións de formación que axudan ao centro no desenvolvemento de varios obxectivos (sobre todo o O01PD e o O03PD).

As accións do O01PD están practicamente realizadas aínda que consideramos que se necesitaría máis formación para facer mellor aproveitamento do moodle.

En canto ao O04PD sobre a creación, adaptación e/ou modificación de recursos e actividades, é probable que sexa un obxectivo que se extenda a vindeiros cursos.

O O02PD sobre o uso de AbalarMóbil está realizado.

Na aplicación Educalidade xa están os datos incorporados en cada un dos apartados. Queda pendente a avaliación do 3º trimestre.

3º Trimestre

No 3º trimestre rematamos a formación en materia de competencia dixital entre o profesorado do centro. A participación foi boa, pero dista do 60% do valor previsto no obxectivo do Plan Dixital.

O emprego do AbalarMóbil tamén mellorou sen chegar ao 70% previsto.

Os demais obxectivos están acadados, xa que se compartiron recursos dixitais nas aulas virtuais e Edixgal.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Fixemos unha valiación procesual unha vez ao trimestre na que se valorou o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e plantexáronse as posibles modificacións das acción e as propostas de mellora.

Realizouse a avaliación final na que se valorarou o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A valoración xeral é positiva, xa que conseguimos abarcar os obxectivos propostos e as accións a desenvolver. Non sempre se acadaron as porcentaxes previstas, pero houbo un gran avance.

Facilitouse a formación en materia de competencia dixital entre o profesorado do centro. Deseñouse un plan de formación en materia dixital a través dos PFPP, empregamos as tecnoloxías e o traballo en equipo e creamos un espazo de recursos dixitais para compartir. O aspecto negativo desde punto foi que non chegamos ao 60% do profesorado.

Extendeuse o uso de AbalarMóbil como ferramenta de comunicación entre os membros da comunidade educativa. Neste caso, aínda que se se avanzou, tampouco chegamos ao 70% do profesorado como estaba previsto.

Fomentouse o uso das Aulas Virtuais como espazo para compartir, aproveitar e crear diferentes recursos e ferramentas dixitais. Obxectivo acadado, así como as accións a desenvolver.

Adaptáronse, modificáronse e creáronse recursos e actividades para implementar na Aula Virtual e no EVA Edixgal. Con isto acadouse o obxectivo 4, e tamén as accións correspondentes.

Cremos que debemos seguir traballando neste eido, mellorando os obxectivos xa traballados e engadindo novas accións.

A Escola de Educación Infantil Vagalume fixera un Plan Dixital anterior á integración co CEIP Arealonga, neste aspecto cabe dicir que os obxectivos que tiñan planificados quedaron incluídos no funcionamento xeral e no PD do Arealonga. 

Proposta de mellora

Decidiuse seguir traballando neste eido, reforzando os obxectivos e engadindo novas accións que amplíen o noso coñecemento en materia dixital.

Pensamos que os obxectivos foron realistas e acadamos boa parte deles, pero falta aumentar a porcentaxe de profesorado implicado tanto nas formacións coma no emprego das ferramentas e recursos que temos a nosa disposición. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Darase a coñecer o Plan Dixital a toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiparealonga/

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiparealonga/?q=search/node/plan%20dixital