Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Avaliación procesual: esta avaliación realizarase unha vez ao trimestre, e nela efectuarase a valoración do estado de cada acción, indicando o estado no que se atopa cada unha das accións (realizado, aprazado ou pendente), valoraranse os resultados optidos e realizaranse propostas de mellora de ser necesario.
No 1º trimestre realizáronse as seguintes accións:
a) Matriculación de alumnado e profesorado na A.V. do centro.
b) Crear os curso na A.V.
c) Determinar as necesidades de cada aula/espazo
d) Solicitar a instalación e mellora da Aula de Informática do centro (UAC)
No 2º trimestre realizouse:
a) Dar a coñecer software para crear recursos didácticos, grazas ao curso de maqueta abalar, entre outros.
b) Publicar algún recurso na A. V do centro.
c) Mellora da Aula de Informática por parte da UAC e equipos cedidos.
No 3º trimestre:
a) Traballar co alumnado as actividades interactivas.
b) Contactar con outras entidades para colaborar en diferentes temas (correos, policía, robótica...)
c) Recibir feedback dos compañeiros e compañeiras en canto a tecnolixía e recursos didácticos.
Avaliación
O seguimento do desenvolvemento do plan será continuo e estenderase ao longo de todo o vindeiro curso:
a) No contexto da avaliación procesual, proponse realizar unha reunión trimestral tanto no equipo de TIC como na CCP, coa fin de valorar o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora.
b) No contexto de avaliación final, ao final do curso, o equipo TIC valorará o nivel de cumprimento de cada obxectivo e, en función dos resultados, propoñerá as melloras oportunas.
Ao comezo do curso a situación era moi caótica en canto a equipos e aula de informática. O coordinador era novo no centro e non coñecía con profundidade a situación tecnolóxica do centro.
Coa axuda dos membros do equipo do curso anterior, coa UAC e coa mentora ADIX (Belén), conseguiuse traballar duro para levar a diante os obxectivos e accións recollidas no plan.
O centro realizou un curso de maqueta abalar, o cal axudou a realizar varias acción do plan; e agora coa chegada dos paneis interactivos, a dotación e mellora no centro é moi grande.
Inventariouse todo o centro, todas as IP e dotouse a aula de informática con equipos cedidos, pero de máis potencias que os que había, que xunto coa instalación de discos SSD melloraron moito a aula, o que fixo posible a realización do curso de maneira óptima.
De cara o vindeiro curso entramos en EDIXGAL (5º curso) o que implicará unha mellora no dominio tecnolóxico tanto de docentes como de alumnos.
Tamén cos paneis dixitais interactivos a mellora foi importante, pero crearemos dentro do PFPP unha liña para o aprobeitamento máximo de ditos dispositivos.
Seguiremos traballando en todar ao centro de máis e mellores equipos, dentro das posibilidades reais, e contaremos con todos os estamentos para estas melloras.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital é o documento que articula as pautas e accións establecidas para mellorar a relación coas TIC no ámbito educativo e, como tal, debe ser posto en coñecemento de toda a comunidade educativa.
Con ese fin, o Plan Dixital será incorporarado ao Proxecto Educativo e publicado na páxina web do centro. As familias serán notificadas tamén a través da aplicación abalarMobil.
Pódese consultar na páxina web do centro no seguinte enlace: Plan Dixital