Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1 Datos básicos do centro

CEIP Juana de Vega. R/ Concelleiro Alfredo Novoa,1 15176 San Pedro de Nós- Oleiros.
correo: ceip.oleiros@edu.xunta.gal
WEB: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoleiros/

Etapas educativas: Educación Infantil / Educación Primaria Educación Infantil: 111
Educación Primaria: 295
Nº profesores: 35 Nº coidadoras: 1

1.2 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro.
    No caso da zona de influencia do noso centro, hai un número considerable de familias cunha renta per cápita moi baixa, acusada no último ano polos efectos devastadores da pandemia ocasionada polo COVID 19.

  • A nivel cultural, podemos afirmar que hai unha maioría da poboación con estudios universitarios, incluídos os habitantes procedentes doutros países, ainda que estes últimos presentan estudios superiores pendentes de homologación no noso territorio.

  • Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.
    Durante o curso 21/22 participamos nos seguintes programas de innovación educativa: 2o ciclo EP: uso de tabletas na aula; 3o ciclo de EP: participación en E- dixgal.; a nivel de centro: programa E-twinning; Edusaude, SEMGAL, Linguaxe de signos.

  •  Os obxectivos a acadar desde o Plan Dixital, formarán parte da Programación Xeral Anual para o curso 22/23, no NOF, nos Programas de Innovación Educativa, no Protocolo de Continxencia de Centro e Ensino Virtual e nas Programacións de Aula.

1.3 Breve xustificación do mesmo

Bases legais nas que se basa o Plan Dixital do noso centro.

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educacio¿n.

  • Resolucio¿n do 3 de setembro de 2021, da Secretari¿a xeral de Educacio¿n e Formacio¿n Profesional, pola que se ditan instrucio¿ns para o desen¿o, elaboracio¿n e implementacio¿n do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos pu¿blicos da Comunidade Auto¿noma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n infantil na Comunidade Auto¿noma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n infantil na Comunidade Auto¿noma de Galicia e se regula a avaliacio¿n nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n primaria na Comunidade Auto¿noma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n primaria na Comunidade Auto¿noma de Galicia e se regula a avaliacio¿n nesa etapa educativa.

1.4 Proceso de elaboración

  1. O equipo Tic encargouse de definir os obxectivos do Plan Dixital para o curso 2023_2024. 

  2. Elaboración do Plan a partir da formación e o asesoramento recibido desde os equipos ADIX (Adix Coruña 3).

  3.  Información ao Claustro (quen realizará as aportacións oportunas e a súa valoración) e aprobación por parte do Consello Escolar.

  4.  Difusión do Plan Dixital a toda a Comunidade Educativa.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa foron os seguintes:

- Enquisa SELFIE por parte parte do profesorado do centro.

- Test de competencia dixital por parte do profesorado.

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de reflexión sobre a fiabilidade da información que hai na rede. Alumnado Si
Debilidade Non se da crédito á información atopada na rede. Alumnado Non
Debilidade Equipamentos obsoletos. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de equipamento informático na alula para o alumnado que non está en Edixgal. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de tempo para a coordinación entre o profesorado. Organización de centro Non
Debilidade Creación de recursos educativos. Persoal docente Non
Debilidade Recoñecer autoría dixital. Persoal docente Si
Debilidade Uso insuficiente de ferramentas dixitais para a avaliación. Persoal docente Non
Debilidade Falta de debate das ventaxas e desvantaxes do uso de tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Uso axeitado de internet. Alumnado Non
Fortaleza As familias contan coa aplicación Abalar para a comunicación co centro. Familias Non
Fortaleza Hai pizarras dixitais e proxectores nas aulas que non son Edixgal. Infraestruturas Non
Fortaleza O equipo directivo respalda e apoia ao profesorado para que aplique tecnoloxías dixitais ao ensino. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo usa habitualmente tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa. Organización de centro Non
Fortaleza Búscanse habitualmente recursos educativos en liña. Persoal docente Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo para a formación. Administración educativa Non
Ameaza Falta de dotación informática para o alumnado non Edixgal. Administración educativa Non
Ameaza Formación pouco axeitada ás necesidades do profeosrado. Administración educativa Non
Ameaza Ferramentas dixitais en dispositivos móviles para a avaliación competencial. Administración educativa Non
Ameaza Demasiados cambios lexislativos dificultan a aplicación eficiente da normativa. Lexislación Non
Oportunidade Burocracia excesiva. Administración educativa Non
Oportunidade Ferramentas corporativas pouco intuitivas. Administración educativa Non
Oportunidade Formación axeitada ás necesidades do profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade Promover formación en tecnoloxías dixitais nas familias. ANPA Non
Oportunidade Uso frecuente do blog e redes sociais. ANPA Non
Oportunidade Colaborar con outras entidades e persoas. Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha ana¿lise DAFO que permite o con¿ecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboracio¿n das lin¿as fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accio¿ns a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear un repositoio de páxinas fiables para o alumnado do 3º ciclo.
O02PD Implementar actividades de pensamento computacional e / ou robótica relacionadas co proxecto de biblioteca.
O03PD Coñecer sobre os dereitos de autor, as licenzas Creative Commons e o dereito de cita
O04PD Desenvolver formación no uso dos materias de Polos Creativos
O05PD Levar a cabo formación nos paneis dixitais suministrados pola Administración.

Seguimento

Procedemento

Ao final de cada trimestre, levarase a cabo un seguimento e valoración dos obxectivos do plan dixital.

Ao final de curso, realizarase unha valoración final do grao de consecución dos obxectivos plantexados no Plan Dixital.

Todo o recollido nestas avaliacións terase en conta como propostas de mellora para os futuros Plans Dixitais.

1º Trimestre

AO1.1: Reunión equipo 3º ciclo para acordar a estructura do repositorio.

Tratado en reunión de ciclo decidiouse que o repositorio se fixese usando un cartafol compartido, estructurado en ámbitos.

 

AO1.2: Búsqueda e achega das páxinas para incorporar ao repositorio.

Estase en proceso de recoller as achegas do profesorado.

 

AO2.1: Reunión ámbitos / área/ ciclos para recoller ideas sobre o PDI.

Aplazada a reunión a principios do 2º trimestre.

 

AO3.1: Achegar a información ao claustro mediante da infografía realizada o ano pasado e poñela a disposición do profesorado para a súa consulta.

Infografía realizada, porase a disposición do profesorado a primeiros do 2º trimestre.

 

AO4.1: Seleccionar equipo e coordinador de Polos Creativos.

Coordinador/a seleccionado. o equipo de Polos Creativos é o equipo Tic.

 

AO4.2: Recibir a formación a través dun PFPP.

Á espera de recibir a formación.

 

A04.3: Buscar espacios axeitados para organizar o material de Polos Creativos.

Non hai tomada decisión sobre o espacio, á espera de saber o volumen do material a recibir.

 

AO5.1: Formación por parte do servicio Abalar (no uso dos monitores interactivos).

Á espera de recibir a formación.

 

2º Trimestre

AO1.2: Búsqueda e achega das páxinas para incorporar ao repositorio.

Os recursos web están seleccionados por parte do profesorado.

AO1.3: Incorporación das páxinas de referencia das diferentes áreas / ámbitos ao repositorio aportadas polo profesorado.

Estáse a decidir o formato máis axeitado para o uso por parte do alumnado.

AO2.2: Reunión ámbitos/áreas/ciclos para elaborar actividades secuenciadas.

Proposta de actividades realizada.

AO2.3: Realización das actividades creadas co alumnado.

Xa hai varias actividades que se fixeron nas aulas. 

AO3.1: Achegar a información ao claustro a través da infografía realizada o ano pasado e poñela a disposición do profesorado para a súa consulta.

Foi tratado na orde do día en Claustro de mestres e enviada unha copia dixital a todo o profesorado do documento para a súa consulta.

AO4.2: Formarse no uso dos materiais.

Xa están establecidas as sesións de formación coas seguintes datas:

  • Audiovisuais 20 de marzo e 2 de abril de 17:00 a 20:00.
  • Microbit 2 e 23 de abril de 16:00 a 19:00.
  • E-téxtil 17 de abril e 2 de mayo de 16:18:00.
  • Plotter: por determinar.

AO5.1: Formación por parte do servicio Abalar.

Formación realizada o luns 15 de xaneiro de 17:00 a 18:30. Posibilidade de facer unha segunda formación cando cheguen os paneis de 3º e 4.

AO5.2:. Creación dun documento compartido de preguntas frecuentes.

A falta dos paneis no segundo e terceiro ciclo fai que sexa complicado recoller as preguntas dos profesorado.

3º Trimestre

AO1.3: Incorporación das páxinas de referencia das diferentes áreas / ámbitos ao repositorio aportadas polo profesorado.

As páxinas web seleccionadas están recollidas nun enlace directa na web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoleiros/ no apartado de recursos.

 

AO1.4: Uso do repositorio pola comunidade educativa.

Alumnado e profesorado do terceiro ciclo accederon ás páxinas seleccionadas.

 

AO2.3: Realización das actividades creadas co alumnado.

O alumnado dos 3 ciclos fixeron no tempo de clase as actividades realizadas relacionadas co Proxecto de Centro "Ondiñas Veñen".

 

AO2.4: Valoración Reunión ámbitos/área para recoller as conclusións sobre as actividades propostas.

Valoración moi positiva, o alumnado mostróuse moi motivado na realización das actividades propostas sobre pensamento computacional e robótica.

 

AO3.2: Comunicación por parte do profesorado do uso de licencia ou cita.

O profesorado aportou os materiais creados ou usados no que aparece a cita ou tipo de licencia usada.

AO4.2: Formarse no uso dos materiais.

Formación rematada. Datas:

  • Audiovisuais 20 de marzo e 2 de abril de 17:00 a 20:00.
  • Microbit 2 e 23 de abril de 16:00 a 19:00.
  • E-téxtil 17 de abril e 2 de mayo de 16:00 - 18:00.
  • Plotter: 29 de mayo de 16:00 - 20:00

A04.3: Buscar espacios axeitados para organizar o material de Polos Creativos.

Sen realizar, pois estamos á espera da chegada dos materiais de Polos Creativos para poder buscar o espacio máis axeitado.

AO5.2:. Creación dun documento compartido de preguntas frecuentes.

Queda pendente, pois non chegaron os paneis dixitais de 3º a 6º e o profesorado non tivo oportudade de darlle uso e compartir as dúbidas.

 

AO5.3: Resolución das dúbidas xurdidas durante o curso

Sen realizar pois os paneis dixitais non chegaron ao centro.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración dos obxectivos do Plan Dixital é positiva, pois adcadáronse os indicadores de consecución daqueles que dependían directamente do profesorado do Ceip Juana de Vega.

 

Os obxectivos AO1, AO2, AO3 foron alcanzados.

Os obxectivos AO4 e AO5 están parcialmente alzanzados por non ter recibido o material esperado tanto de Polos Creativos como de Paneis Dixitais.

Proposta de mellora

Como proposta de mellora está mellorar a comunicación con todo o Claustro de mestres e que se fagan partícipes de levar a cabo o Plan Dixital.

Outra proposta é conseguir a súa implicación na definición das necesidades para formular novos obxectivos.

A proposta é volver a incluir:

- Un obxectivo relacionado cos Polos Creativos, xa que queda a parte máis importante que é como se incorpora nas aulas para a mellora competencial do alumnado.

-  Obxectivo relacionado cos paneis dixitais, pois este curso non chegaron de 3º a 6º e haberá que refrescar a formación e crear o documento de preguntas frecuentes.

- Obxectivo de Pensamento Computacional e Robótica. Para axudar ao profesorado a incluir actividades para a mellora competencial do alumnado.

-  Outros obxectivos que se consideren de interés.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital foi informado  ao claustro positivamente e aprobado polo Consello Escolar o 3 de novembro do 2023. Unha vez aprobado polos órganos colexiados competentes,  o Plan Dixital queda integrado na PXA e será difunidido a toda a comunidade educativa a través da WEB do centro e de ABALAR MÓBIL.