Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital de Centro concíbese como "un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes».
O Proxecto Dixital de Centro é un documento aberto, suxeito a continua revisión, integrado noutros plans ou proxectos de centro, que define o uso e integración das tecnoloxías no centro educativo.
Está articulado en tres dimensións:
a) Organizativa: liderado, desenvolvemento profesional, colaboración, traballo na rede...
b)Tecnolóxica: modificación, dotación e mantemento de equipos, infraestruturas e comunicacións...
c) Pedagóxica: metodoloxías, prácticas de ensino-aprendizaxe, contidos e currículos, prácticas de avaliación...
Marco lexislativo
Existen tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación da Comisión Europea, que articulan a competencia dixital no eido educativo:
a) DigCompEdu: que fai referencia á competencia dixital docente.
b) O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns, onde se integra tamén a competencia dixital do alumnado.
c) O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes: que trata a elaboración do plan dixital nos centros educativos.

Breve xustificación do mesmo
A normativa en relación co Plan Dixital no noso centro:
- Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

-Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.

- RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24.

- Decreto Educ. Secundaria Galicia: ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa

- ORDE do de 2023 pola que se da continuidade ao programa de innovación educativa Polos creativos e se establecen instrucións para o seu desenvolvemento nos centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e nos centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para os cursos 2023/24 e 2024/25.

- ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Comezouse cun PFPP, mediante un grupo de traballo, que, seguindo as
instrucións dos asesores, foron seguindo os pasos marcados e os tempos (análise
SELFIE e análise CDD)

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Nalgún caso non dispoñen de ordenador propio para realizar as tarefas desde a casa Alumnado Non
Debilidade Non hai, en moitos casos, un control sobre a práctica segura en internet Familias Non
Debilidade 1.Non están actualizados os equipamentos e as redes (as aulas nas que houbo obras por motivo da pandemia non están dotadas con PDI e ordenador de aula) 2.Asistencia técnica insuficiente. 3.Dotación informática obsoleta Infraestruturas Si
Debilidade 1.Non existe unha estratexia dixital. 2.Imposibilidade de dotar de horario suficiente ao Equipo TIC para desenvolver o seu traballo 3.Necesidade de mellorar o respeito ós dereitos de autor e as licencias de uso 4.Falta de reflexión sobre as necesidades de formación continua. Organización de centro Non
Debilidade 1. Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. 2.Escaso traballo interdisciplinar. 3.Insuficiente emprego de prácticas de avaliación facilitadas pola tecnoloxía, incluíndo información e retroalimentación ao alumnado. 4.Insuficientes estratexias para facilitar a participación do alumnado en procesos de avaliación entre iguais 5. Escasa formación en creación de contidos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza 1.Suficiente experiencia no emprego de plataformas educativas e/ou outros recursos dixitais por parte do Alumnado. 2.Todos, ou case todos, dispoñen de teléfono móbil con conexión a Internet 3. O alumnado aprende a buscar e crear recursos dixitais para a aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza A inmensa maioría conta con conexión a Internet e ordenador. Familias Non
Fortaleza Todas as aulas constan de infraestrutura de rede. Infraestruturas Non
Fortaleza Vontade de mellora no ámbito das TIC Organización de centro Non
Fortaleza Úsanse contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado 2.Todo o profesorado formado no uso da Aula Virtual e ferramentas de ensino mixto. 3.Uso maioritario da busca de recursos educativos dixitais en internet. Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación directa e fluída co Centro. Persoal non docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Non se solucionan as incidencias creadas en materia TIC por parte da UAC 2. Asistencia técnica (UAC) insuficiente 3. Problemas técnicos non solucionados ou con moito retraso 4. Non se dota aos centros de equipamento actualizado Administración educativa Non
Ameaza 1.Falta de recoñecemento e reducción horaria para o dinamizador TIC, e, en maior medida para o Equipo de dinamización das TIC. 2.Cambios lexislativos constantes e con tempo de adaptación insuficiente. 3.Limitación presupostaria para a adquisición de equipamento (límite para material inventariable) Lexislación Non
Oportunidade 1.Incorporación de novos programas:EDIXGAL¿ 2.Potenciación do uso do software libre na educación Administración educativa Non
Oportunidade 1.Colaboración con outras entidades para a adquisición (mellora) de equipamento informático usado Outras Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Analizaronse os resultados do análise SELFIE e do test CDD.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro.
O2PD Mellorar a Competencia dixital do profesorado a través da participación en programas de formación do profesorado
O3PD Mellorar a comunicación entre a comunidade educativa con abalarmóbil

Seguimento

Procedemento

O coordinador do Plan dixital do IES de Oroso (Jorge Otero Fraga), reunirase persoal, telefónica e/ou telemáticamente tantas veces como fose preciso co mentor ADIX (Jorge Fernández Otero) para analizar como se desenvolve o dito plan.

1º Trimestre

A 21 de decembro de 2023 os obxectivos e as accións  asociadas a os mesmos atopanse como segue:

O1PD    Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro.

AO 1.1: Selección dos equipos máis obsoletos ou que teñen peor funcionamento. ( En proceso)

AO 1.2: Solicitude de presuposto en función dos equipos que se prevén actualizar. ( En proceso )
AO 1.3: Actualización dos equipos que máis urxen. ( En proceso)

O2PD- Mellorar a Competencia dixital do profesorado a través da participación en programas de formación do profesorado.

AO 2.1: Organización dunha liña de formación dentro do PFPP ou tamén a nivel individual. (Realizado)

AO 2.2: Realización de actividades do PFPP ( En proceso )
AO 2.3: Avaliación dos resultados obtidos ( En proceso )

O3PD    Mellorar a comunicación entre a comunidade educativa con Abalar móvil
AO 3.1: Uso de ABALAR como ferramenta de comunicación prioritaria coas familias ( En proceso )
AO 3.2: Avaliación dos resultados obtidos ( En proceso )

 

2º Trimestre

A 24 de marzo de 2024 os obxectivos e as accións asociadas a os mesmos atopanse como segue:

O1PD    Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro.

AO 1.1: Selección dos equipos máis obsoletos ou que teñen peor funcionamento. ( En proceso)

AO 1.2: Solicitude de presuposto en función dos equipos que se prevén actualizar. ( En proceso )
AO 1.3: Actualización dos equipos que máis urxen. ( En proceso)

O2PD- Mellorar a Competencia dixital do profesorado a través da participación en programas de formación do profesorado.

AO 2.1: Organización dunha liña de formación dentro do PFPP ou tamén a nivel individual. (Realizado)

AO 2.2: Realización de actividades do PFPP ( En proceso )
AO 2.3: Avaliación dos resultados obtidos ( En proceso )

O3PD    Mellorar a comunicación entre a comunidade educativa con Abalar móvil
AO 3.1: Uso de ABALAR como ferramenta de comunicación prioritaria coas familias ( En proceso )
AO 3.2: Avaliación dos resultados obtidos ( En proceso )

 

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2023 os obxectivos e as accións dos mesmos atopanse como segue:

O1PD    Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro.

AO 1.1: Selección dos equipos máis obsoletos ou que teñen peor funcionamento. ( Realizado)

AO 1.2: Solicitude de presuposto en función dos equipos que se prevén actualizar. ( Descartado. Dotación por parte da Consellería)
AO 1.3: Actualización dos equipos que máis urxen. ( Realizado)

O2PD- Mellorar a Competencia dixital do profesorado a través da participación en programas de formación do profesorado.

AO 2.1: Organización dunha liña de formación dentro do PFPP ou tamén a nivel individual. (Realizado)

AO 2.2: Realización de actividades do PFPP ( Realizado )
AO 2.3: Avaliación dos resultados obtidos ( Realizado )

O3PD    Mellorar a comunicación entre a comunidade educativa con Abalar móvil
AO 3.1: Uso de ABALAR como ferramenta de comunicación prioritaria coas familias ( Realizado )
AO 3.2: Avaliación dos resultados obtidos ( Realizado )

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Como mínimo unha vez ao trimestre se valorará o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
No mes de xuño valorase o logro dos obxectivos e faranse as propostas de mellora.

Valoración xeral
  • O1PD: Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro.
  1. AO 1.1: Selección dos equipos máis obsoletos ou que teñen peor funcionamento.
  2. AO 1.2: Solicitude de presuposto en función dos equipos que se prevén actualizar.
  3. AO 1.3: Actualización dos equipos que máis urxen.

Para a actualización dos equipos informáticos de maior antigüidade, non foi preciso pedir presupostos pois a Consellería de Educación proporcionou equipos novos, que serán destinados ao taller de tecnoloxía, coa finalidade de crear nel unha aula de innovación/polos creativos. Os equipos en mellor estado no dito taller, empregáronse para substituír aqueles máis obsoletos no centro. Sen dúbida, esta dotación foi de gran axuda para cumprir co obxectivo, podendo destinar os recursos do centro a outras necesidades.

  • O2PD: Mellorar a Competencia dixital do profesorado a través da participación en programas de formación do profesorado   
  1. AO 2.1: Organización dunha liña de formación dentro do PFPP ou tamén a nivel individual.
  2. AO 2.2: Realización de actividades do PFPP
  3. AO 2.3: Avaliación dos resultados obtidos

Neste curso 2023/2024, levouse a cabo un PFPP no centro con dúas liñas de traballo. Unha delas dirixida á labor titorial e a outra delas a unha actualización das funcionalidades das ferramentas corporativas (xade, proens, Educalidade, datospersoais, fprofe, contausuario, ...) ademais de incluír unha formación de polos creativos, para que o equipo docente esté formado para cando cheguen ao centro os recursos previstos. 

  • O3PD: Mellorar a comunicación entre a comunidade educativa con abalarmóbil
  1. AO 3.1: Uso de ABALAR como ferramenta de comunicación prioritaria coas familias
  2. AO 3.2: Avaliación dos resultados obtidos

Aínda que no IES de Oroso xa existía costume do emprego de abalar como ferramenta de comunicación prioritaria coas familias, neste curso potenciouse o seu uso pola gran vantaxe que supón ao non ser preciso que as dúas persoas interlocutoras estén simultáneamente dispoñibles. Feito este que facilita o traballo das persoas titoras. A maiores, este ano tamén se empregou o abalar como canle informativa para as incidencias que xorden durante as actividades lectivas, coa vantaxe que o profesorado que pon dita incidencia pode elixir destinatarios (nai e/ou pai e/ou persoa titora e/ou xefatura de estudos), o que facilita a labor de todos polo que recibiu moi boa acollida entre toda a comunidade educativa.

Proposta de mellora

 

  • Será preciso seguir coa actualización dos equipos informáticos máis obsoletos para o curso seguinte.
  • Probablemente sexa preciso seguir coa formación do profesorado, xa sexa mediante un PFPP ou potenciando a formación a título individual do profesorado.
  • Analizaranse as eivas de cara a elaboración de obxectivos para o curso 24/25.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Na páxina web do centro pode atoparse o pdf do plan dixital para o curso 2022/2023. A difusión do plan dixital deste curso 2023/2024 pode ser consultado nesta ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15027964