Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación lexislativa

Este Plan Dixital elabórase ao amparo da seguinte normativa lesxislativa:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
• Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
• Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Datos básicos do centro

O IES Miraflores está situado no concello de Oleiros (A Coruña). Durante o curso 2023/24, formarán parte da comunidade educativa do centro 619 alumnos/as (liña 4 na ESO e liña 3 no Bacharelato) e 55 docentes. O centro dispón de aula de informática, postos de ordenador con acceso á rede na biblioteca e na sala de profesorado, tres carros de portátiles para usar nas aulas, e 6 tabletas e un PC que forman parte do equipamento do programa "Polos Creativos".

O profesorado emprega Moodle para a elaboración das aulas virtuais das súas materias, se ben o grao de coñecemento sobre as posibilidades da ferramenta é dispar. Do mesmo xeito, o alumnado utiliza as aulas virtuais con desigual intensidade.

Por outra banda, percíbese a necesidade de afondar no coñecemento por parte do profesorado e do alumnado da Lei Orgánica de Protección de Datos. Coñecer os dereitos e os deberes da cidadanía con respecto a esta norma vén tendo unha importancia crecente nun entorno no que os datos son cada vez máis numerosos e valiosos.

En derradeiro lugar, no claustro de profesores/as xurde periodicamente a cuestión da conveniencia de adoptar un sistema de educación dixital, aínda que sempre se trata de debates informais, con pouca profundidade. Cómpre unha reflexión conxunta, ordenada e repousada sobre o emprego dos recursos tecnolóxicos no ensino.

As tres ideas aquí expostas constitúen o gromo deste Plan Dixital de centro e están en concordancia co proxecto educativo e coa filosofía docente da comunidade do IES Miraflores.

Proceso de elaboración do plan dixital

O proceso de elaboración do Plan Dixital consta de varias fases:

  • Fase I. Análise e diagnose.

           Co obxectivo de detectar as necesidades do centro realizáronse as enquisas SELFIE (decembro de 2021) e o test CDD (febreiro-marzo de 2022).
           A partir dos resultados obtidos establécense os obxectivos do noso Plan Dixital onde tamén se inclúe una valoración subxectiva.

  • Fase II. Deseño e elaboración do Plan Dixital.

            Ao longo de todo o curso 2022/23 o equipo de elaboración do Plan Dixital participou nun PFPP con título Elaboración do Plan Dixital do IES Miraflores. O equipo                estaba formado por sete docentes.

  • Fase III. Elaboración e entrega.

A Programación Xeral Anual do curso 2023/2024 ven acompañada dun anexo no que se detallan os aspectos máis importantes do Plan Dixital do centro: fases de elaboración e implementación, obxectivos para este curso, liñas de actuación, procedementos de avaliación e medios de publicidade e difusión. Está previsto realizar próximamente unha actualización do Proxecto Educativo, momento no que se proporá a incorporación a este documento dunha referencia ao Plan Dixital do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Co obxectivo de detectar as necesidades do centro realizanse as enquisas SELFIE (decembro de 2021) e o test CDD (febreiro-marzo de 2022).

A partir dos resultados obtidos establécense os obxectivos do noso Plan Dixital onde tamén se inclúe una valoración subxectiva.

Interno
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non aprende o suficiente a codificar ou programar Alumnado Non
Debilidade O alumnado ten dificultades para resolver os problemas técnicos relacionados coas tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Debilidade A asistencia técnica é boa, pero non é inmediata habendo un retraso dunha semana mínimo. Infraestruturas Non
Debilidade Dispoñemos de sistemas internos de protección de datos. Infraestruturas Si
Debilidade A infraestrutura dixital non é boa, temos dispositivos pero moitos deles obsoletos e o acceso a Internet non é bo nalgúnhas ocasións. Infraestruturas Si
Debilidade Os espazos físicos son mellorables. Infraestruturas Non
Debilidade Non existen repositorios en liña con contidos. Infraestruturas Si
Debilidade Debemos mellorar a estratexia dixital e a comunicación Organización de centro Si
Debilidade O profesorado non emprega TD para que o alumnado faga comentarios Persoal docente Si
Debilidade Non avaliamos o suficiente os nosos progresos nin debatimos as vantaxes do ensino con tecnoloxías Persoal docente Si
Debilidade Non se facilita a colaboración do alumnado con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade Non hai proxectos interdisciplinais Persoal docente Non
Debilidade Non hai debate inicial para abrir liñas de formación Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non emprega tecnoloxías dixitais (TD) para que o alumnado reflexione sobre a aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non valora o suficiente as capacidades dixitais que o alumnado desenrolou fora do centro educativo Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado aprende a actuar de forma segura en Internet Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a crear contidos dixitais Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse coas tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a actuar de maneira responsable en Internet Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a comprobar se a información que encontra en Internet é fiable e precisa Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a dar crédito ó traballo de outras persoas que atopu en Internet Alumnado Non
Fortaleza O profesorado asegúrase de que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para as diferentes materias Alumnado Si
Fortaleza Temos suficientes dispositivos para o proceso de aprendizaxe e non permitimos que o alumnado traia os seus dispositivos. Infraestruturas Non
Fortaleza Hai plans de axuda aos profesores. Infraestruturas Si
Fortaleza O alumnado NEE ten acceso ás tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Si
Fortaleza Temos ferramentas para identificar ao alumnado en fenda dixital e dispositivos para levar para a casa. Infraestruturas Si
Fortaleza Colaboramos no apoio ao uso das tecnoloxías dixitais Organización de centro Si
Fortaleza Apoiamos ao profesorado na exploración de novas modalidades dixitais Organización de centro Si
Fortaleza Somos respectuosos cos dereitos de autor Organización de centro Si
Fortaleza Facilítase que o profesorado intercambie experiencias Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega recursos educativos abertos, fomenta a creatividade e realiza actividades que implican ao alumnado Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado adapta o método con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado TD para a documentación da aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado fai que o alumnado empregue TD para documentar a aprendizaxe do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos en liña e crea os seus propios, pero carecemos do tempo suficiente Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado e tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega datos dixitais sobre alumnos concretor para mellorar a súa aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Empregamos tecnoloxía dixital para colaborar Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega TD para avaliar as capacidades do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega TD para retroalimentar a avaliación do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado sasegúrase de que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para as diferentes materias Persoal docente Si
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A infraestrutura dixital non é boa, temos dispositivos pero moitos deles obsoletos e acceso a Internet non é bo nalgúnhas ocasións. Administración educativa Si
Ameaza Temos pouco tempo para a exploración dixital Administración educativa Si
Oportunidade O profesorado ten acceso á posibilidade de Desenvolvemento Profesional Continuo Administración educativa Si
Oportunidade O profesorado busca recursos educativos en liña Outras Si
Oportunidade Empregamos tecnoloxías dixitais para colaborar con outras entidades Outras Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tivemos unha reunión informativa xeral onde recibimos formación e indicacións para establecer a análise DAFO.

En sesións posteriores o equipo reuniuse para analizar os datos obtidos do SELFIE e do test CDD e elaborar a correspondente táboa DAFO do IES Miraflores.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Acadar a seguridade na protección de datos.
O02PD Afondar na utilización da Aula Virtual por parte do profesorado e do alumnado.
O03PD Reflexión e debate sobre o uso das TIC no ensino.

Seguimento

Procedemento

Coa finalidade de facer seguimento do Plan Dixital, ao longo do curso faranse reunións coa mentora Adix e co equipo do Plan Dixital.

 

1º Trimestre

O 14/12/2023 tivo lugar o seminario de formación de 3 horas de duración sobre a LOPD, no relativo ao contexto educativo (OBX 1). Con respecto á formación en Moodle (OBX 2), estase en contacto coa persona que realizará as sesións formativas, estimando que estas se celebrarán no mes de febreiro, aproximadamente. O debate sobre a utilización das novas tecnoloxías no ensino (OBX 3) aínda está pendente.

O mesmo día 14, pola maña, levouse a cabo unha reunión telemática entre a coordinadora do plan dixital do centro e a mentora ADIX, na que se repasa o estado actual dos obxectivos do plan e o procedemento para  introducir os documentos xustificativos das accións no seguimento das mesmas. Tamén se incide en cubrir o apartado de seguimento correspondente ao primeiro trimestre.

 

2º Trimestre

O nivel de cumplimento dos obxectivos do Plan Dixital ao remate do segundo trimestre do curso é o seguinte:

  • Obx1: Xa se levou a cabo a sesión formativa. Queda pendente a enquisa.
  • Obx2: Xa se levaron a cabo as tres sesións formativas. Cada docente realizou actividades diversas na súa propia aula virtual. Existe unha aula de probas con distintas tipoloxías de actividades que se poden implementar coas ferramentas de Moodle, que foron traballadas durante as sesións formativas.
  • Obx3: Tivo lugar un debate, aínda que non de forma estruturada, senón de xeito informal durante as distintas sesións de formación.  Discutiuse, por exemplo, sobre o uso das redes sociais no ámbito de ensinanza. No que respecta a Aula Virtual, tamén se debateu sobre a conveniencia de avaliar por medio da mesma ou se habería alumnado afectado pola fenda dixital. Queda pendente para o terceiro trimestre a celebración dun debate formalmente organizado.

O 14/03, celebrouse telemáticamente unha reunión entre a coordinadora do plan dixital do centro e a mentora ADIX, na que se repasou o estado actual dos obxectivos do plan ao remate do segundo trimestre.

3º Trimestre

O nivel de cumplimento dos obxectivos do Plan Dixital ao remate do segundo trimestre do curso é o seguinte:

  • Obx1: Xa se levou a cabo a sesión formativa e tamén se lanzou unha enquisa de conclusións e grao de satisfacción ao profesorado participante.
  • Obx2: Xa se levaron a cabo as tres sesións formativas e tamén se lanzou unha enquisa ao profesorado participante, para coñecer o grao de satisfacción coa formación recibida e as súas conclusións sobre as posibles melloras no proceso de ensino-aprendizaxe. 
  • Obx3: Aínda que ao longo de todo o curso, tiveron lugar entre os e as docentes conversas informais sobre o uso das TIC no ensino, moitas veces no seo dos diferentes departamentos e outras, de xeito interdepartamental, non se producira un debate formalmente organizado ata o pasado 14/05. Nesa sesión falouse, entre outros temas, da conveniencia de explorar os usos da IA na educación. Neste senso, lanzouse a todo o claustro de profesores e profesoras, unha enquisa para coñecer polo miúdo as súas inquedanzas no eido dixital, con vistas a elaboración do plan dixital do vindeiro curso. 

O 29/05 terá lugar a reunión telemática entre a coordinadora do plan dixital do centro e a mentora ADIX, para facer o seguimento do terceiro trimestre e a avaliación final do plan.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Segundo o establecido no procedemento para a avaliación, na avaliación final empregaranse os indicadores deseñados para cada obxectivo e comprobarase a consecución dos valores finais previstos. O resultado positivo desta comprobación fará que se considere conseguido o obxectivo correspondente.

Así, no obxectivo 1, máis do 80% do profesorado asistente valorou positivamente a formación recibida, según se deduce da enquisa levada a cabo.

No que respecta ao obxectivo 2, o criterio que se tiña que ter en conta era a elaboración dunha actividade h5p, dous cuestionarios de avaliación e unha base de datos. Acadáronse os dous primeiros, non así o terceiro. Non obstante, considérase conseguido o obxectivo posto que a ferramenta das bases de datos foi descartada por atopar outra máis apropiada aos fins perseguidos. 

Con respecto ao obxectivo 3, establecíase o límite para consideralo acadado nunha participación na enquisa dun 80% do claustro de profesoras e profesores. Esta cifra de participación non se acadou, quedando aproximadamente na metade (un 40%). Ben é certo que o grao de interese do profesorado polas TIC non é uniforme, como demostra o nivel de implicación á hora de participar na enquisa. Sen embargo, o fin último do estudo era coñecer os temas de interese para o vindeiro curso e este obxectivo si se conseguiu.

Proposta de mellora

Como principal proposta de mellora para o vindeiro curso, sitúase a de continuar afondando na implicación do claustro de profesoras e profesores no eido dixital, ben axustando a formación aos seus temas de interés, ben promovendo grupos interdisciplinares de traballo e reflexión.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O protocolo para a publicidade e difusión do plan entre toda a comunidade educativa incluirá o seguinte proceso:

  • Comunicación ao órganos colexiados:
    • Claustro. Presentación, aportación de ideas e valoración.
    • Consello Escolar. Presentación, valoración e aprobación.
  • Web do centro. Publicidade no apartado de documentos.