Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xeralidades:

O Plan Dixital de Centro concíbese como "un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes".

O Proxecto Dixital de Centro é un documento aberto, suxeito a continua revisión, integrado noutros plans ou proxectos de centro, que define o uso e integración das tecnoloxías no centro educativo.

Está articulado en tres dimensións:
    a) Organizativa: liderado, desenvolvemento profesional, colaboración, traballo na rede...
    b) Tecnolóxica: modificación, dotación e mantemento de equipos, infraestruturas e comunicacións...
    c) Pedagóxica: metodoloxías, prácticas de ensino-aprendizaxe, contidos e currículos, prácticas de avaliación...

Conta co seguinte marco lexislativo:

Son tres os marcos europeos que articulan a competencia dixital no eido educativo:
    a) DigCompEdu: relativo á competencia dixital docente.
    b) O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns: relativo á competencia dixital do alumnado.
    c) O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes: acerca do Plan Dixital nos centros educativos.

Ao mesmo tempo, o Plan Dixital, deberá atender a:
•    Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.    
•    Decreto Educ. Secundaria Galicia: ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
•    RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24.
•    RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2022/23.
•    RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2023/24.

 

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais que, actualmente, dispoñe o IES Ordes:

1. Infraestrutura dixital:

- Infraestrutura de datos.
- Conexión cableada de rede.
- Conexión sen fíos.

2. Equipamento dixital:

- Aulas dixitalizadas:
Case todas as aulas do centro teñen ordenador, proxector e equipo de son. Ademais, case a metade, teñen encerado dixital. O quipamento está algo obsoleto.

- Proxecto Abalar:
Hai varias aulas Abalar, cada unha con varios portátiles para o alumnado, ordenador para o profesorado e proxector. O estado destes esquipos é moi precario.

- Equipos de xestión e administración:
Nos espazos de administración e despachos de dirección, o centro dispoñe de varios equipos funcionais. Porén, dado que son equipos de uso intensivo, conviría actualizalos.

- Equipos para uso na biblioteca:
A estancia da biblioteca conta con ordenadores de sobremesa, para o traballo de xestión, ademais dalgúns equipos para o alumnado. Non todos os ordenadores funcionan correctamente.

- Equipos para uso nas salas de profesorado e departamentos:
No centro hai dúas salas de profesores, unha en cada edificio. Ambas contan con ordenadores para o profesorado. Ademais, todos os departamentos dispoñen de, polo menos, un ordenador. Algúns departamentos, incluso, dispoñen da súa propia impresora. Moitos destes equipos están a quedar obsoletos.

- Aulas de informática e dotacións para proxectos específicos:
O centro dispón de catro aulas de informática:
INFO I: equipos de sobremesa, portátil para o profesorado e canón. Os ordenadores funcionan ben, mais esta aula non pode acoller grupos completos. Por este motivo, proponse unha ampliación da mesma.
INFO II: equipos de sobremesa, portátil para o profesorado e canón. En xeral, os ordenadores están en bo estado.
INFO III: equipos de sobremesa, portátil para o profesorado e canón. Esta estancia é moi espaciosa. Ademais, conta con cableado instalado e dispoñible para máis equipos.
INFO IV: equipos de sobremesa, portátil para o profesorado e canón. Moitos dos ordenadores están a quedar obsoletos nesta aula.

- Aulas do Ciclo Medio de Xestión Administrativa:
No centro hai dúas aulas específicas para docencia no Ciclo Medio de Xestión Administrativa:
1º Administrativo: equipos de sobremesa, portátil para o profesorado e canón.
2º Administrativo: equipos de sobremesa, portátil para o profesorado e canón.

- Educa Dixital:
Ao comezo do curso 2021-2022, o centro recibiu unha remesa de 40 kits dixitais (compostos por un ordenador portátil modelo Acer TravelMate Spin B3 e un router sen fíos) para llos emprestar ao alumnado que, debido á súa situación socioeconómica, non tivese dispoñibilidade de ordenador e/ou conexión a Internet. A mediados do segundo trimestre dese mesmo ano, a conexión a Internet dos routers sen fíos foi desactivada. O centro foi informado de que non se ía dar de alta de novo.

3. Servizos dixitais:

- Páxina web:
O centro dispón dunha páxina web (https://www.edu.xunta.gal/centros/iesordes/), e dunha aula virtual empregada pola práctica totalidade do profesorado e do alumnado.

- Abalar:
No IES Ordes tamén se emprega a aplicación Abalar, sobre todo para manter unha comunicación fluída coas familias dos e das estudantes.

- Proxecto Polos Creativos:
Ademais, o centro participa, dende o pasado ano, no programa Polos Creativos, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade na ORDE do 21 de abril de 2022, pola que se crea o programa de innovación educativa Polos Creativos e se establece o procedemento para a participación, no mesmo, dos centros docentes públicos dependentes da xa citada consellería.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A elaboración do análise DAFO realizouse partindo da información obtida nos test SELFIE e CDD.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Equipo dixital insuficiente. Infraestruturas Non
Debilidade Non existe un sistema de préstamo de dispositivos dixitais para casos puntuais de corta duración. Infraestruturas Non
Debilidade Non se usan as tecnoloxías dixitais para colaborar coas outras organizacións ou centros nin para apoiar o uso das tecnoloxías. Organización de centro Si
Debilidade Non hai unha estratexia dixital de centro. Organización de centro Si
Debilidade O profesorado carece dos coñecementos necesarios sobre dereitos de autor e licenzas de uso para a elaboración de materiais didácticos con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non se usan as tecnoloxías dixitais para que o alumnado observe o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Fortaleza No noso centro hai dispositivos dixitais de xestión propia, que se poden prestar ao alumnado que o precise pola súa situación socioeconómica. Infraestruturas Non
Fortaleza O noso profesorado busca recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Si
Fortaleza O noso profesorado emprega entornas virtuais de aprendizaxe e recursos educativos abertos co alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O noso profesorado emprega tecnoloxías dixitais para as comunicacións relativas ao centro educativo. Persoal docente Si
Fortaleza O noso profesorado emprega tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Apoio técnico limitado ou inexistente. Administración educativa Non
Ameaza O profesorado carece de tempo suficiente para empregar ferramentas tecnolóxicas na elaboración de materiais dixitais. Administración educativa Non
Ameaza O profesorado ten unha excesiva carga de tarefas burocráticas. Administración educativa Si
Ameaza Elevada proporción alumnado-profesorado nas aulas. Administración educativa Non
Ameaza Na actualidade non se dispón de recursos dixitais en liña axeitados e de calidade. Contorna Non
Ameaza O alumnado non dispón de boa conectividade a Internet na súa casa. Contorna Non
Ameaza Falta de continuidade na lexislación educativa. Lexislación Si
Ameaza O alumnado de FP carece de acceso a unha base de datos de formación en centros de traballo. Outras Non
Oportunidade O profesorado do centro ten acceso ao DPC, o que lle permite mellorar de forma continuada a súa competencia dixital. Administración educativa Si
Oportunidade A maioría do alumnado dispón de dispositivos dixitais na casa. Contorna Non
Oportunidade Emprego fluído de medios dixitais para a comunicación con alumnos e familias. Contorna Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O análise DAFO ofrece unha visión de conxunto, e desde distintos puntos de vista, da situación do centro no referente ao uso e á dotación de equipamento dixital. A partir desta información, o equipo de dinamización do Plan Dixital seleccionou aqueles aspectos que estimaron prioritarios, en función de varios parámetros:

- Mellora do funcionamento do centro.

- Impacto na actividade docente.

- Viabilidade a corto/medio prazo.

- Posibilidade dunha avaliación obxectiva das medidas implantadas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aumentar e mellorar o repositorio dixital de documentación de centro (lexislación, protocolos, plans, informes...).
O02PD Fomentar, entre o alumnado do centro, un comportamento seguro e responsable en Internet.
O03PD Formar, ao profesorado do centro, en materia audiovisual (PFPP - Polos Creativos).

Seguimento

Procedemento

Ao longo do curso farase un seguimento do desenvolvemento do Plan Dixital e mais da consecución dos obxectivos que se recollen nel. Levarase a cabo do seguinte xeito:

- Reunións telefónicas, virtuais ou presenciais coa persoa mentora ADIX Sector Santiago Jorge Fernández Otero.

- Reunións trimestrais do grupo de traballo do Plan Dixital, que avaliará os seguintes aspectos:

  • O estado da execución das accións

  • A análise e valoración dos resultados

Ademais, teranse en conta, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

A 13 de decembro de 2023, as accións dos obxectivos están como segue:

O01PD_Aumentar e mellorar o repositorio dixital de documentación de centro (lexislación, protocolos,  plans, informes...):

  • AO01.1PD_Matriculación do persoal docente no curso da aula virtual que contén a documentación de centro dixitalizada: acadada.
  • AO01.2PD_Identificación da documentación útil e incorporación da mesma ao curso da aula virtual: en proceso.
  • AO01.3PD_Revisión e valoración do funcionamento do curso da aula virtual: pendente.

O02PD_Fomentar, entre o alumnado do centro, un comportamento seguro e responsable en Internet:

  • AO02.1PD_Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...) para concienciar ao alumnado sobre o tema indicado: en proceso.
  • AO02.2PD_Realización de actividades complementarias por parte de persoas, externas ao centro, formadas na temática indicada: pendente.
  • AO02.3PD_Avaliación das actividades realizadas mediante unha enquisa ao alumnado asistente ás mesmas: pendente.

O03PD_Formar, ao profesorado do centro, en materia audiovisual (PFPP - Polos Creativos):

  • AO03.1PD_Establecemento dun primeiro contacto co CAFI, para o deseño das accións para a formación permanente do profesorado na liña de Polos Creativos do PFPP do centro: acadada.
  • AO03.2PD_Elaboración dunha listaxe cos datos do profesorado participante na liña de Polos Creativos do PFPP do centro: acadada.
  • AO03.3PD_Deseño e posta en marcha do seminario a levar a cabo: acadada.
  • AO03.4PD_Formación do profesorado na utilización da radio (ofrecida por un membro do claustro do centro): acadada.
  • AO03.5PD_Formación do profesorado na edición de vídeos (ofrecida por unha persoa externa ao claustro do centro): pendente.
  • AO03.6PD_Formación do profesorado no manexo das gafas de realidade virtual (ofrecida por un membro do claustro do centro): pendente.
  • AO03.7PD_Avaliación do proxecto realizado ao longo do curso mediante unha enquisa, a cubrir polo profesorado participante: pendente.
2º Trimestre

A 7 de abril de 2024, as accións dos obxectivos están como segue:

O01PD_Aumentar e mellorar o repositorio dixital de documentación de centro (lexislación, protocolos,  plans, informes...):

  • AO01.1PD_Matriculación do persoal docente no curso da aula virtual que contén a documentación de centro dixitalizada: acadada.
  • AO01.2PD_Identificación da documentación útil e incorporación da mesma ao curso da aula virtual: acadada.
  • AO01.3PD_Revisión e valoración do funcionamento do curso da aula virtual: pendente.

O02PD_Fomentar, entre o alumnado do centro, un comportamento seguro e responsable en Internet:

  • AO02.1PD_Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...) para concienciar ao alumnado sobre o tema indicado: acadada.
  • AO02.2PD_Realización de actividades complementarias por parte de persoas, externas ao centro, formadas na temática indicada: acadada.
  • AO02.3PD_Avaliación das actividades realizadas mediante unha enquisa ao alumnado asistente ás mesmas: en proceso.

O03PD_Formar, ao profesorado do centro, en materia audiovisual (PFPP - Polos Creativos):

  • AO03.1PD_Establecemento dun primeiro contacto co CAFI, para o deseño das accións para a formación permanente do profesorado na liña de Polos Creativos do PFPP do centro: acadada.
  • AO03.2PD_Elaboración dunha listaxe cos datos do profesorado participante na liña de Polos Creativos do PFPP do centro: acadada.
  • AO03.3PD_Deseño e posta en marcha do seminario a levar a cabo: acadada.
  • AO03.4PD_Formación do profesorado na utilización da radio (ofrecida por un membro do claustro do centro): acadada.
  • AO03.5PD_Formación do profesorado na edición de vídeos (ofrecida por unha persoa externa ao claustro do centro): acadada.
  • AO03.6PD_Formación do profesorado no manexo das gafas de realidade virtual (ofrecida por un membro do claustro do centro): pendente.
  • AO03.7PD_Avaliación do proxecto realizado ao longo do curso mediante unha enquisa, a cubrir polo profesorado participante: pendente.
3º Trimestre

A 22 de maio de 2024, as accións dos obxectivos están como segue:

O01PD_Aumentar e mellorar o repositorio dixital de documentación de centro (lexislación, protocolos,  plans, informes...): OBXECTIVO ACADADO

  • AO01.1PD_Matriculación do persoal docente no curso da aula virtual que contén a documentación de centro dixitalizada: acadada.
  • AO01.2PD_Identificación da documentación útil e incorporación da mesma ao curso da aula virtual: acadada.
  • AO01.3PD_Revisión e valoración do funcionamento do curso da aula virtual: acadada.

O02PD_Fomentar, entre o alumnado do centro, un comportamento seguro e responsable en Internet: OBXECTIVO ACADADO

  • AO02.1PD_Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...) para concienciar ao alumnado sobre o tema indicado: acadada.
  • AO02.2PD_Realización de actividades complementarias por parte de persoas, externas ao centro, formadas na temática indicada: acadada.
  • AO02.3PD_Avaliación das actividades realizadas mediante unha enquisa ao alumnado asistente ás mesmas: acadada.

O03PD_Formar, ao profesorado do centro, en materia audiovisual (PFPP - Polos Creativos): OBXECTIVO ACADADO

  • AO03.1PD_Establecemento dun primeiro contacto co CAFI, para o deseño das accións para a formación permanente do profesorado na liña de Polos Creativos do PFPP do centro: acadada.
  • AO03.2PD_Elaboración dunha listaxe cos datos do profesorado participante na liña de Polos Creativos do PFPP do centro: acadada.
  • AO03.3PD_Deseño e posta en marcha do seminario a levar a cabo: acadada.
  • AO03.4PD_Formación do profesorado na utilización da radio (ofrecida por un membro do claustro do centro): acadada.
  • AO03.5PD_Formación do profesorado na edición de vídeos (ofrecida por unha persoa externa ao claustro do centro): acadada.
  • AO03.6PD_Formación do profesorado no manexo das gafas de realidade virtual (ofrecida por un membro do claustro do centro): acadada.
  • AO03.7PD_Avaliación do proxecto realizado ao longo do curso mediante unha enquisa, a cubrir polo profesorado participante: acadada.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración do Plan Dixital 2023-2024 do IES Ordes é moi positivia. Foron acadados, en prazo, todos os obxectivos propostos a comezos do curso académico. Ademais, o grao de alcance destes obxectivos foi alto. A participación do profesorado e do alumnado do centro contribui a alcanzar as metas acordadas. Especial mención han de recibir os/as integrantes do equipo directivo, así como os/as do Departamento de Orientación. Estes/as últimos/as mantivéronse activos/as, durante todo o curso, na procura de charlas e talleres sobre o uso responsable de internet e das redes sociais. O alumnado da ESO e da FP Básica está, agora, máis concienciado sobre os perigos da rede e as consecuencias do cyberbullying.

Proposta de mellora

O próximo curso académico buscarase unha maior participación do profesorado no Plan Dixital. Dende os distintos departamentos didácticos do IES, os/as docentes do centro poderán contribuír ao Plan Dixital dende diversas perspectivas, propoñendo actividades ao alumnado, por exemplo. Deste xeito, desenvolverase un proxecto máis amplo e completo, do que toda a comunidade educativa poderá sentirse parte.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital daráselle a coñecer a toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro. Aparecerá, tamén, recollido na aula virtual, empregada como repositorio de documentación, dispoñible para todo o profesorado. Ademais disto, o Consello Escolar e o claustro de profesorado serán informados dos contidos do Plan Dixital. De feito, toda a documentación necesaria será remitida ao profesorado do centro a través do correo electrónico.

Enlaces de interese:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesordes

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesordes/system/files/15027782_IESOrdes_PlanDixital_V1.0_11062022.pdf

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15027782