Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

  •   IES María Casares
  •   Avenida Ernesto Che Guevara, 140, 15179 Liáns, A Coruña
  •   Contacto Tlf: 981626344
  • https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmariacasares/
  • ESO, Bacharelato e FPBásica(electricidade e electrónica)
  • Alumnado: 581 no curso 23/24
  • Profesorado:62
  •   Persoal non docente: 8

Contextualización

O IES María Casares sitúase na localidade de Santa Cruz, Concello de Oleiros, A Coruña. Oleiros é un concello en constante expansión demográfica que recibe veciños da cidade da Coruña, doutras zonas de Galicia e doutras comunidades.

O Concello conta cunha potente rede educativa e cultural, aínda que a explosión demográfica dos últimos anos está provocando unha saturación dos centros escolares e mesmo un déficit de prazas, que se verá agravado en cursos posteriores se non se aborda unha planificación axeitada a curto e medio prazo.

A poboación e o alumnado son maioritariamente castelán falantes.

O centro conta con diversos programas e actuacións (Club de Ciencia, Club de letras, Stembach, Seccións bilingües, Recreos saudables…) que configuran unha oferta educativa ampla e atractiva para as familias da contorna.

Así mesmo, desenvolve un Plan de Formación Permanente no propio centro educativo, o que garante a continua actualización do profesorado.

Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

No Proxecto Educativo do centro recóllense como obxectivos específicos o uso dunha metodoloxía activa que asegure a participación do alumnado nos procesos de ensino-aprendizaxe así como estimular a exploración e coñecemento da contorna promovendo a curiosidade científica, humanística e artística. No centro contamos desde hai varios anos cun Plan de Formación Permanente do Profesorado no que se inclúen varias liñas relacionadas co ámbito STEAM e a innovación educativa: Club de Ciencia, Impresión 3D, Polos creativos… Ademais impartimos o Bacharelato STEM desde creación (ano 2018-2019) .

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

No curso 2022-2023, a Programación Xeral Anual fixaba como obxectivos a renovación de equipos e a mellora do acceso ás ferramentas dixitais (novas pantallas interactivas para as aulas), a mellora e potenciación da páxina web do centro así como promocionar as Aulas Virtuais como ferramenta de ensino. Pretendemos no curso 2023-2024 continuar desenvolvendo esta liña de traballo xa que se incorpora EDIXGAL en toda a ESO, adherímonos ao programa Polos Creativos ademais doutras actuacións que vaian xurdindo a medida que se vaia desenvolvendo o curso.

Proceso de elaboración

O proceso de elaboración do Plan Dixital lévase a cabo dentro do grupo de traballo incluido no PFPP do centro.

Está composto por tres membros Ángeles Balseiro e Isabel Seoane e M Dolores Feijoo.

Para a elaboración do mesmo téñense en conta os resultados extraídos do informe SELFIE, o Test de Competencia Dixital Docente, a análise DAFO e as reflexións individuais que os membros achegan e se recollen do sentir da comunidade educativa.

Lexislación (ANEXO IV)

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

 No curso 21-22 realizouse por parte do equipo do PD a recollida de información a través dun Informe SELFIE que pode consultarse no anexo I e un test de CDD que se engade como anexo II

Estes datos revísanse para actualizar o DAFO

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade No centro o alumnado non aprende suficientemente a comunicarse empregando tec. dixitais Alumnado Si
Debilidade No centro os espazos non facilitan a ensinanza e aprendizaxe con tec. dixitais Infraestruturas Non
Debilidade Tipoloxía da oferta educativa no centro (non temos familias de FP relacionadas coas tecnoloxías dixitais) Oferta Non
Debilidade Falta de tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Non
Debilidade Avaliación dos progresos en materia de ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Escaso intercambio de experiencias dentro do centro. Persoal docente Non
Debilidade .O profesorado emprega poucos recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado emprega tec. dixitais para que o alumnado poida realizar observacións sobre o traballo dos compañeiros Persoal docente Non
Debilidade Escaso intercambio de experiencias dentro do centro. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado crea poucos recursos dixitais para reforzar o seu labor de ensinanza. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non fomenta suficientemente a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando tec. dixitais Persoal docente Non
Debilidade O profesorado fomenta moi pouco a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando tec. dixitais. Persoal docente Non
Debilidade .O profesorado non emprega tec. dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza .Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza Ensinamos ao alumnado a resolver problemas técnicos surxidos do uso das tec. dix. Alumnado Si
Fortaleza Ensinamos no centro a codificar ou programar. Alumnado Non
Fortaleza Dispoñemos de puntos de acceso a internet axeitados no centro(wifi-abalar). Infraestruturas Non
Fortaleza Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais (aulas virtuais). Infraestruturas Si
Fortaleza No centro contamos con dispositivos dixitais suficientes para o uso no ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza Asistencia técnica externa cando surxen problemas Infraestruturas Non
Fortaleza Existe unha estratexia dixital ben definida no centro Organización de centro Si
Fortaleza Dotación de equipamento tecnolóxico. Organización de centro Non
Fortaleza Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación Organización de centro Non
Fortaleza . Achegas económicas que recibe o centro. Organización de centro Non
Fortaleza Estabilidade laboral do persoal docente. Organización de centro Non
Fortaleza Estabilidade laboral do persoal non docente. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado emprega recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Participación do profesorado en DPC Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de tecnoloxías dixitais para a comunicación relativas ao centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza Uso activo e creativo de aulas virtuais Persoal docente Si
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Tempo moi insuficiente no horario do profesorado para explorar como mellorar o método de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Falta un espazo corporativo para poder compartir en liña e fomentar a colaboración entre o alumnado Administración educativa Non
Ameaza Participación insuficiente das familias ANPA Non
Ameaza Relación coa ANPA insuficiente. ANPA Non
Ameaza Lexislación educativa Lexislación Non
Ameaza Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo. Lexislación Non
Ameaza Pouca colaboración con outros centros ou organizacións para apoiar no uso de tec. Dixitais Outras Si
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación Administración educativa Si
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente. Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal non docente Administración educativa Non
Oportunidade Dotación de equipamento tecnolóxico Administración educativa Non
Oportunidade Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo Contorna Non
Oportunidade .Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Oportunidade Respecto polos dereitos de autor e as licenzas de uso ao empregar tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

1.1.  Obxectivos, indicadores e accións

 Despois de analizar coas distintas ferramentas(Test CDD, Informe SELFIE e DAFO) procédese á elaboración de táboas onde se indican tanto os obxectivos a acadar como os elementos necesarios a nivel técnico e humano que son necesarios.

Toda esta información reflíctese nas táboas que están a continuación(páxinas seguintes) e que indican o Plan de acción previsto.

 

1.2.  Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas

Para acadar os obxectivos previstos no plan de acción precisamos:

Obxectivo 1: Incorporación a EDIXGAL efectiva.

A incorporación a EDIXGAL supón a dotación necesaria de equipamento (non é completa neste momento. Prevese que o sexa ao longo do curso 23-24) e conectividade nalgunhas aulas o que mellorará a dotación xeral do centro.

Obxectivos 2,3,4,5 e 6

Como se pode apreciar nestes obxectivos o equipamento informático forma parte fundamental das ferramentas necesarias para abordar e acadar estes obxectivos.

Unha das actuacións  que están pendentes é a renovación de equipos informáticos: nos departamentos didácticos(postos de traballo de xestión e administración do centro), na biblioteca(xestión da biblioteca), nas salas de titoría e nas aulas que non se integren en EDIXGAL(. Esta solicitude tramitarase directamento coa UAC especificando o número de equipos. A dotación necesaria para o ciclo de FP canalizarase a través da Subdireción Xeral de Formación Profesional.

 Igualmente, e como se reflicte na PXA, o centro seguirá traballando na mellora e consecución dunha infraestrutura tecnolóxica adecuada.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Incorporación a EDIXGAL
O2PD Grupo de traballlo ou seminario sobre EDIXGAL e ferramentas dixitais
O3PD Utilizar unha aula virtual para axudar ao alumnado e outra para o profesorado a resolver dúbidas sobre cuestións TIC
O4PD Mellorar o proceso de verificación e contraste da información por parte do profesorado.
O5PD Avaliar o proceso de ensino-aprendizaxe
O6PD Formación do alumnado en Seguridade na rede

Seguimento

Procedemento

Para a avaliación dos obxectivos establecidos no plan de acción realizarase unha xuntanza trimestral entre a coordinadora do plan dixital, a dirección do centro e o coordinador ADIX.

1º Trimestre

As accións previstas para o primeiro trimestre están acadadas, queda pendente a dotación que debe enviar a Consellería, pantallas e ordenadoresde aula para 2º e 4º ESO e para o novo grupo de 1ºESO E.

2º Trimestre

Segue pendente a dotación que debe enviar a Consellería, pantallas e ordenadores de aula para algunhas das aulas de 4º ESO, as aulas de 2º xa están cubertas con ordenadores de profesor.

 

3º Trimestre

As accións previstas para o terceiro trimestre non todas se acadaron. En concreto o obxectivo 6 formación de alumnado en seguridade na rede está parcialmente acadado xa que non foron concedidos os talleres que estaban solicitados. Este é un obxectivo que deberá ser retomado o ano próximo debido á súa importancia.

En canto ao material de dotación  para as aulas xa está no centro e queda colocalo nas aulas, traballo que se realizará durante o verán e que estará listo para ser empregado o vindeiro curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación de cada un dos obxectivos establecidos no plan de acción procederase a unha xuntanza trimestral (coordinador dixital e directiva do centro) posterior á recollida dos datos necesarios, na que se analice cada un dos obxectivos e se cumplimente a táboa de avaliación do PD. (ver anexo III)

 

 

Así mesmo no mes de xuño levarase a cabo a avaliación xeral do Plan Dixital segundo a táboa seguinte.(ver anexo III)

Valoración xeral

A valoración xeral é boa dado que se acadaron a maioría dos obxectivos previstos no PD, ademáis prevese a continuidade no próximo curso dalgún dos obxectivos por ser moi interesantes tanto para o profesorado como o alumnado, en concreto os relacionados coa avaliación do proceso ensino-aprendizaxe e seguridade na rede.

 

Proposta de mellora

Prevese para o vindeiro curso continuar traballando no obxectivo 6 relacionado coa seguridade na rede xa que non foi acadado neste curso e é primordial para a competencia dixital do alumnado.

O obxectivo 5 relacionado coa avaliación do proceso ensino-aprendizaxe tamén será traballado no próximo curso debido a que o profesorado participante está moi interesado en continuar a súa formación, intentarase chegar ao maior número de profesorado posible, neste curso participou case o 40% do claustro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital procederase a difundir do seguinte xeito:

•    Presentación do PD ao Claustro de profesores.

•    Presentación e aprobación do PD ao Consello Escolar.

•    Publicación na páxina web do centro a través da seguinte url: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15027228