Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A elaboración deste Plan Dixital de Centro dá respostas á seguinte normativa:
Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. 
A través destes sinálanse que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán:
O uso das TIC na aula como medio didáctico e de aprendizaxe.
A confianza e seguridade no uso das tecnoloxías dende perspectivas de igualdade.
Evitar as fendas dixitais e garantir o exercicio do dereito á educación de nenas e nenos en igualdade de condicións.
O desenvolvemento dunha metodoloxía propia dunha aprendizaxe competencial activa.
As accións educativas dirixidas á experimentación e a innovación pedagóxica.
Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022. 
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 
Dende o marco común Europeo establécese a necesidade de fomentar o desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e de “mellorar as habilidades e capacidades dixitais para a transformación dixital”.
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ademais do propio coñecemento da situación do centro por parte do equipo directivo, apoiámonos na ferramenta de autoavaliación SELFIE, dispoñible para todos os centros educativos, que proporciona un informe de situación actual. Xerouse unha análise DAFO que favoreceu a reflexión sobre a situación do centro no contexto da dixitalización, e a elaboración final do Plan Dixital de Centro en termos fixación de obxectivos e actuacións de mellora. 

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Imposibilidade da utilización de tecnoloxías dixitais na súa formación neste centro. Alumnado Si
Debilidade Non existe equipamento informático a disposición do alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade Carencia de medios e estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade Imposibilidade da realización de formación reglada para a mellora da competencia dixital docente. Ausencia de tempo para a dedicación á mellora da CDD. Ausencia de persoa encargada da coordinación TIC Persoal docente Si
Debilidade Ausencia de perosal administrativo no centro. Persoal non docente Non
Debilidade Colaboración do persoal non docente na xestión da documentación do centro Persoal non docente Non
Debilidade Ausencia de perosal administrativo no centro. Persoal non docente Non
Fortaleza Colaboración do persoal non docente na xestión da documentación do centro Alumnado Non
Fortaleza Interese e boa disposición no uso das tecnoloxías dixitais no desenvolvemento da súa formación musical. Alumnado Non
Fortaleza Implicación na formación do alumnado Familias Non
Fortaleza BOA CONECTIVIDADE POR CABLE Infraestruturas Non
Fortaleza A boa disposición do persoal do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Boa disposición fronte ao uso das tecnoloxías dixitais na práctica docente. Persoal docente Non
Fortaleza Colaboración do persoal non docente na xestión da documentación do centro Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Limitacións orzamentarias. Administración educativa Si
Ameaza Inseguridade na súa continuidade ANPA Non
Ameaza Mal uso das redes sociais como medio de aprendizaxe. Escaso fomento de formación no uso de ferramentas dixitais atendendo á lei de protección de datos. Contorna Non
Ameaza Cambios continuos na lexislación Lexislación Non
Ameaza Baixa repercusión na colaboración doutras entidades na equipación tecnolóxica do centro. Outras Non
Oportunidade Boa disposición da administración local da que dependemos. Administración educativa Non
Oportunidade Partidaria da integración das tecnoloxías dixitais no proceso de formación do centro ANPA Non
Oportunidade O alumnado conta con dispositivos propios e uso das redes sociais como medio de aprendizaxe Contorna Non
Oportunidade Fomento de novas estratexias educativas favorecedoras de metodoloxías innovadoras e dos procesos de dixitalizacións. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración con outras entidades e fundacións da contorna e centros de ensino. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Implementar CentrosNET para a xestión académica do alumnado
O02PD Adoptar medidas sobre protección de datos, privacidade, seguridade e dereitos dixitais
O03PD Mellorar as infraestruturas dixitais e o equipamento do centro

Seguimento

Procedemento

O seguimento do PD realizarase ao final de cada trimestre, polo que o equipo directivo xunto co equipo TIC, reunirase nos meses de decembro, marzo e xuño para analizar se se está a cumprir o calendario de accións previsto no apartado anterior, analizando:
Cumprimento dos obxectivos en prazo.
Grao de satisfacción na consecución dos obxectivos.
Posibles adaptacións das accións de mellora.
Outras observacións.
 

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación realizarase ao final do curso, coincidindo co seguimento do terceiro trimestre. Neste apartado de xeito global analizarase:
Consecución de obxectivos.
Desviación nos obxectivos non conseguidos na súa totalidade.
Motivos polos que non se lograron os obxectivos.
Se os obxectivos alcanzados deben ser potenciados no curso seguinte ou se xa están nunha situación óptima.
Posibles modificacións ou substitución d e obxectivos.
Análise do funcionamento do equipo TIC e a coordinación co equipo directivo.
 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do seguinte plan dixital seguirá as mesmas canles que se teñen empregado para outros documentos do centro. Presentarase ante claustro en canto estea rematado, e estará a disposición de calquera que o queira consultar na páxina web do centro. Ademais, será obxecto das futuras actuacións de difusión a través das intervencións que puidesen ser contempladas no Plan de Comunicación de centro.