Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN NO CENTRO

O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas está situado na rúa Xosé Neira Vilas n.º 3 de Perillo (Oleiros). As etapas educativas impartidas son : ESO e Bacharelato (Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais). Este curso están matriculados no centro un total de 380 alumnos e alumnas (288 na ESO e 92 en Bacharelato) e actualmente contamos cun total de 41 profesoras e profesores, e 2 auxiliares de conversa. O persoal non docente está composto por 2 conserxes, 1 administrativo e 2,5 persoas de limpeza.

O instituto comeza a funcionar no 1989 e consta dun edificio principal onde están situadas todas as aulas agás a de Música que se atopa nun anexo (Torre) comunicado co edificio principal pola segunda planta. Tamén hai dous patios descubertos empregados como campos de xogos para distintos deportes.

A área de influencia no mapa escolar do concello correspóndese coa do seu centro adscrito – o CEIP Ramón María del Valle Inclán  e-  e abrangue  lugares noutras parroquias limítrofes como  Liáns ou Oleiros.  Perillo é a zona de maior densidade de poboación do municipio. Os datos respecto á orixe dos habitantes de Oleiros recollen un 12,27 % de estranxeiros, maiormente procedentes de Venezuela,  Arxentina, Brasil, Colombia e Reino Unido. Proporción que se reflexa tamén nunha porcentaxe similar de alumnado estranxeiro no centro. O número de habitantes no concello segue medrando, pero non é probable unha repercusión desa tendencia na poboación escolar nos anos vindeiros. A pesar de vivir nun dos concellos de maior renda “per cápita” de Galicia, ese nivel de renda non chega por igual a todas as familias. Esta desigualdade tamén chega ao  alumnado do Neira Vilas que é diverso no que á súa extracción socioeconómica respecta. 

O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas- ten longa traxectoria na implantación de traballo por proxectos, sendo ademáis centro EDIXGAL e único centro Bachibac en Galicia. Asemade, no curso pasado recibiuse dotación para crear un Polo Creativo que dará os seus primeiros pasos no curso actual.

1.2. Xustificación
O Plan Dixital do noso centro ten como referencias normativas a Lei Orgánica de Educación 3/2020 de 29 de noviembre por la que se modifica la Lei 2/2006, de 3 de maio. En concreto, o artigo 111bis referido ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos apartados 5 e 7, o seu artigo 121 cando refírese a que o Proxecto Educativo do Centro recollerá a estratexia dixital do mesmo.

Tamén se terá en conta a ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022 (artigos 15 e 18), e a ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022 (artigos 18 e 21) que establecen a obriga de realizar un Plan Dixital e ditan instrucións para o deseño do Plan Dixital nos centros docentes.

1.3. Proceso de elaboración
Tivéronse en conta a consecución de obxectivos e os resultados das enquisas do curso pasado, así coma as debilidades observadas nos membros da comunidade educativa durante as primeiras semanas do curso. Foi redactado pola Coordinadora do Plan Dixital, coa colaboración do equipo directivo e o asesoramento do ADIX asignado ao centro.

1.4. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais
O noso centro dispón dos seguintes recursos e ferramentas TIC:

  • 24 aulas con conexión a internet, 19 de elas dotadas con portátil, pizarra (Smart Boards ou Multi Class Board) e proxector Epson, das que 11 son aulas E-Dixgal;
  • 2 aulas de informática con 20 ordenadores;
  • 10 ordenadores portátiles na Biblioteca para o uso do alumnado;
  • conexión a internet por fibra e rede WIFI (edu.xunta e ABALAR) á disposición do persoal e alumnado con dispositivos da Consellería. O espazo wifi está dispoñible nos espazos adicados á docencia;
  • todo o alumnado da ESO e 16 docentes contan con portátiles do programa E-Dixgal;
  • 1 aula coa dotación de Polo Creativo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

En primeiro lugar, utilizouse o resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa (ver Anexo I).

En segundo lugar o Test de Competencia Dixital Ddocente (TCDD) que foi outro dos elementos usados para elaborar a análise DAFO (ver Anexo II).

Interno
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Riscos de dispersión polo organización dos tempos lectivos e a organización nun número excesivo de materias. Alumnado Non
Debilidade Riscos na atención do alumnado pola dispoñibilidade continua no acceso ás redes, como síntoma de "perda de atención". Alumnado Si
Debilidade Descoñecemento do alumnado das consecuencias que poden ter as súas accións nas redes sociais. Alumnado Si
Debilidade Dificultades na comunicación coas familias de máis feble capacidade económica e coñecemento dixital. Familias Si
Debilidade A participación do alumnado require a utilización dos ordenadores para o acceso aos contidos dixitais, cunha concicenciación clara por parte das familias. Familias Si
Debilidade Rede Wifi non coa suficiente potencia en todos os espazos do instituto. Infraestruturas Non
Debilidade A creación de recursos online do propio centro educativo é mellorable. Organización de centro Non
Debilidade A participación do profesorado nos proxectos dixitais interdisciplinares é mellorable. Persoal docente Si
Debilidade Necesidade de unificación de criterios para un mellor aproveitamento das ferramentas e equipamentos por parte do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Necesidade de aumento da plantilla definitiva e redución de carga lectiva para ter unha maior eficiencia e coordinación no uso das ferramentas e na elaboración de material propio. Persoal docente Non
Debilidade Faltan espazos cooperativos e postas en común dos traballos desenvolvidos de xeito individual (retroalimentación). Persoal docente Non
Debilidade O profesorado atopa certos atrancos na creación e mantemento dos cursos nas aulas virtuais e EVA E-Dixgal. Persoal docente Si
Debilidade Falta formación para o emprego efectivo da nova plataforma para elaborar as programacións (PROENS). Persoal docente Si
Debilidade A carga laboral é xa alta como para ter unha implicación maior en formación. Persoal non docente Non
Fortaleza A participación en rede e colaborativa do alumnado increméntase dun xeito inversamente proporcional á idade: a menor idade, maior implicación colaborativa en redes. Alumnado Non
Fortaleza A implantación do ensino EDIXGAL no ámbito da ESO incrementa a maior receptividade do alumnado cara ás TIC's. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado de ESO dispón de equipos informaticos individuais para uso educativo incluso fora do centro. Alumnado Si
Fortaleza A participación dixital das familias medra en contextos de clase media-media. Familias Si
Fortaleza A comunicación dixital coas familias increméntase co paso do tempo. Familias Si
Fortaleza O centro dispón de 19 aulas con canóns e pizarras dixitais e dúas aulas de informática con 20 postos. A sala de profesorado ten 6 ordenadores para uso do equipo docente. Infraestruturas Non
Fortaleza Cada profesor e profesora de Edixgal conta cun portátil aportado polo programa. Infraestruturas Si
Fortaleza Aula virtual activa nun número importante de materias (Bacharelato e ESO) Infraestruturas Si
Fortaleza O centro conta cunha aula dotada co equipamento de Polo Creativo. Infraestruturas Non
Fortaleza O noso centro está no Plan Edixgal polo que todo o alumnado da ESO dispón de portátil para o seu uso ( 288 alumnos e alumnas), incluso fora do instituto. Oferta Non
Fortaleza A oferta educativa inclúe a realización de enquisas de cara a seleccionar a optatividade e interese do alumnado. Oferta Non
Fortaleza Participación no programa correspondentes xuvenís 3.0 (Proxecta +). Oferta Non
Fortaleza O centro educativo posúe unha clara orientación cara ao ensino dixital, en función dos recursos dispoñibles. Organización de centro Non
Fortaleza O centro educativo favorece a creación de proxectos interdisciplinares con formato dixital. Organización de centro Non
Fortaleza O centro educativo promove a utilización das tecnoloxías dixitais en ámbitos diferenciados e complementarios. Organización de centro Non
Fortaleza Disposición aceptable ao progresivo cambio e á incorporación da dixitalización no proceso de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Máis da metade do profesorado xa ten experiencia e traballo con ferramentas dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Receptividade ante novas formas de organización o de planificación do traballo usando ferramentas dixitais (conserxería, administración). Persoal non docente Non
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O exceso de burocracia Administración educativa Non
Ameaza Os cambios lexislativos Administración educativa Non
Ameaza Pouca participación das familias ANPA Non
Ameaza Número elevado de nova matrícula ao longo do curso, fundamentalmente de países sudamericanos , con deficiencias na formación dixital. Contorna Non
Ameaza Rixidez na organización dos tempos de docencia. Lexislación Non
Ameaza Elevado número de materias por curso con carga horaria reducida. Lexislación Non
Oportunidade O apoio e asesoramento de expertos Administración educativa Non
Oportunidade A posibilidade de desenvolver cursos de formación Administración educativa Non
Oportunidade A directiva da ANPA está involucrada e disposta a axudar ante calquera requerimento do centro. ANPA Non
Oportunidade A ANPA organiza actividase no centro en periodo no lectivo onde algún curso ofertaron uso de redes e informática ANPA Non
Oportunidade Alumnado diverso pero con motivacións para o estudo e traballo Contorna Non
Oportunidade Lexislación específica sobre o tema da dixitalición o que permite unha maior repercusión das propostas. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración por parte do Concello de Oleiros. Receptivos a calquera iniciativa orientada á mellora da calidade da docencia e a formación. Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Aínda que o centro o conta con infraestructuras e equipamento dixital en tódalas aulas, parte del (pcs e pizarras dixitais) están dando certos problemas de funcionamento que xeneran inquietude e mal estar no profesorado xa que ás veces as averías non se solventan coa necesaria premura. 

Debido á falta de espazos, as aulas de informática non poden acoller a certos grupos de alumnado (posto que só teñen 20 postos).

O alumnado de bacharelato nas materias comúns non pode empregar as aulas de informatica porque a ratio respecto a capacidade das aulas non a fai posible. Asemade no caso de materias específicas ten dificil acceso ao emprego dos ordenadores do centro, posto que as aulas de informática non sempre están libres e coinciden á mesma hora varias materias optativas en 1º e 2º de BAC.

Aínda que existe un grupo de profesorado interesado en mellorar as súas competencias dixitais, a porcentaxe de participación nos cuestionarios SELFIE do curso pasado non acadou o 55% e o nivel de competencia dixital do profesorado do centro corresponde a un B1. En canto á puntuación e nivel de competencia do centro por competencias a puntuación media foi dun 4/10 e resulta destacable o feito de que a nivel de compromiso profesional só se acada un 4,5/10. Estes poderían ser algúns dos motivos polos que xurden tantos atrancos no día a día do traballo dixital do profesorado.

O persoal non docente amosa colaboración máxima no ámbito dixital do centro.

Aínda que nos últimos cursos mellorou a competrencia dixital do alumnado a participación segue incrementándose dun xeito inversamente proporcional á idade: a menor idade, maior implicación colaborativa en redes.

Sería necesario optimizar a competencia dixital do alumnado no emprego das plataformas educativas e no manexo de aplicacións que lles permitan facer traballos para as diferentes materias.

En xeral hai unha boa predisposición das familias en relación á comunicación e ao emprego das plataformas dixitais para o aprendizaxe, pero este aspecto sería mellorable naquelas familias con baixo rendemento económico.

En canto aos factores externos, destacaría o feito de que a Administración non está a motivar, nin con reduccións para maior dedicación ao traballo dixital nin con incentivos económicos, o interese do profesorado por mellorar a súa competencia dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Mellorar a competencia dixital do profesorado a través da optimización no emprego das aulas virtuais e EVA E-Dixgal, así coma da aplicación PROENS.
O2PD Mellorar a competencia dixital do alumnado en canto aos riscos e ameazas no uso das TIC.
O3PD Mellorar a comunicación coas familias que teñen máis problemas no uso dos medios dixitais.

Seguimento

Procedemento

Farase un análise das accións levadas a cabo en cada trimestre, observando para aquelas que se prolonguen durante todo o curso qué aspectos serían mellorables cara ao seguinte trimestre.

As charlas do Plan Director aínda non se celebraron. Solicitouse tamén o programa NAVEGA CON RUMBO para alumnado e familias. O centro foi seleccionado e estamos pendentes de que confirmen as datas.

1º Trimestre

O xoves 9 de novembro do 2023 tivo lugar a primera reunión informativa para familias co gallo de mellorar a comunicación dixital entre familias e centro educativo. A porcentaxe de participación acercouse ao 25 % do total das familias, sendo maioritarimente nais e pais do alumnado de 1º de ESO.

Estase a elaborar o curso na AV do centro, máis aínda non está completo e finalmente debería ser revisado e aprobado polo equipo directivo.

As charlas do Plan Director aínda non se celebraron. Solicitouse tamén o programa NAVEGA CON RUMBO para alumnado e familias. O centro foi seleccionado e estamos pendentes de que confirmen as datas.

2º Trimestre

Con data 5,6 e 7 de febreiro celebráronse as charlas do Plan Director sobre "Ciberacoso: delitos de odio e discriminación" para os grupos de 4º da ESO.

Con posteriorirade e contando coa colaboración dos titores dos grupos fíxose un cuestionario para alumnado que permita valorar a aportación de información obtida nas charlas. O resumo dos resultados obtidos é o seguinte:

En relación á duración da charla sobre Ciberacoso o 82% dos/das participantes na enquisa opinaron que foi suficiente e o 18% restante que foi curta.

Ao respecto da explicación da persoa relatora o 84% dos participantes na enquisa din que foi clara e compresible.

Ademáis o 89% das/dos participantes na enquisa manifestan que a charla foi útil para aprender a xestionar e entender o ciberacoso, e o 88%  afirman que despois do escoitado nela revisarán máis polo miudo o contido cando vaian a enviar unha mensaxe.

Por outra banda o 23% opinan que quedaron algunhas dúbidas pendentes de aclarar, de feito unha porcentaxe alta expresa que lle gustaría recibir máis charlas deste tipo. Por último, un pequeno tanto por cento declara que lles gustaría que nestas charlas houbera máis posibibilidade de participar e preguntar, ou máis tempo para facelo.

A valoración cómo se pode observar foi moi positiva.

Estase a elaborar o curso na AV do centro, máis aínda non está completo e finalmente debería ser revisado e aprobado polo equipo directivo.

3º Trimestre

A charla do programa da Consellería NAVEGA CON RUMBO celebrouse o día 3 de xuño. Só se concedeu para alumnado a pesar de que se tiña solicitado tamén para familias.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do Plan Dixital ten como obxectivo medir o grao de consecución dos obxectivos e das accións plantexadas. Farase un análise dos seus indicadores de logro e tamén se terán en conta as observacións feitas no apartado de Seguimento para validar a realización de cada unha das accións.

Valoración xeral

En canto ao obxectivo: "Mellorar a competencia dixital do profesorado a través da optimización no emprego das aulas virtuais e EVA E-Dixgal, así coma da aplicación PROENS" a acción prevista era a creación dun curso na AV do centro no que estaría matriculado todo o profesorado e que servirá de referente, recordatorio temporal (a través de tarefas) e consulta para xestionar as súas aulas virtuais e EVA edixgal, así coma para manter actualizada súa programación en PROENS. O curso está sen rematar polo que o indicador, que era a orcentaxe de acceso ao curso da AV non se pode analizar.

En canto ao obxectivo: "Mellorar a competencia dixital do alumnado en canto aos riscos e ameazas no uso das TIC" a acción prevista era a asistencia dunha parte do alumnado ás charlas organizadas no marco do Plan director para a convivencia e mellora da seguridad nos centros educativos e a súa contorna. Este curso pedíronse actividades en relacción a delitos de acoso e ciberacoso. Asemade solicitáronse as charlas do programa NAVEGA CON RUMBO. O indicador para esta acción serían os resultados dun test realizado con posterioridade (tanto para alumnado como para profesorado acompañante) que permita valorar a aportación de información obtida nas charlas. O resumo dos resultados obtidos é o seguinte:

En relación á duración da charla sobre Ciberacoso o 82% dos/das participantes na enquisa opinaron que foi suficiente e o 18% restante que foi curta.

Ao respecto da explicación da persoa relatora o 84% dos participantes na enquisa din que foi clara e compresible.

Ademáis o 89% das/dos participantes na enquisa manifestan que a charla foi útil para aprender a xestionar e entender o ciberacoso, e o 88%  afirman que despois do escoitado nela revisarán máis polo miudo o contido cando vaian a enviar unha mensaxe.

Por outra banda o 23% opinan que quedaron algunhas dúbidas pendentes de aclarar, de feito unha porcentaxe alta expresa que lle gustaría recibir máis charlas deste tipo. Por último, un pequeno tanto por cento declara que lles gustaría que nestas charlas houbera máis posibibilidade de participar e preguntar, ou máis tempo para facelo.

A valoración cómo se pode observar foi moi positiva.

En canto ao obxectivo: "Mellorar a comunicación coas familias que teñen máis problemas no uso dos medios dixitais" a acción prevista foi a celebración dunhas xornadas de orientación familiar sobre o emprego das ferramentas dixitais de comunicación co centro, así como información básica sobre o funcionamento de E-Dixgal e das ferramentas que para o uso da mesma ofrece a Administración. O indicador neste caso era a porcentaxe de asistencia ás xornadas informativas. E, como se tiña previsto, a asistencia estivo en trorno ao 25% das familias convocadas.

Proposta de mellora

Resulta evidente que tanto o formulación de obxectivos, como de accións podería mellorar se a coordinación do Plan Dixital tivera unha reducción no seu horario que lle permitira plantexarse obxectivos máis ambiciosos e maior número de accións.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será publicado na páxina web do instituto (www.iesneiravilas.es) e será enviado ao profesorado e
aos membros do Consello Escolar para a súa aprobación e posteriormente dar difusión a toda a
comunidade educativa.