Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O noso centro educativo consta de 19 unidades de Educación infantil e Educación primaria cun total de 448 alumnos e alumnas e 32 docentes. No noso afán por mellorar o proceso de ensino aprendizaxe e preparar ao alumnado para a vida, participamos nos seguintes proxectos de centro:

- Proxecto de Mediación escolar

- Proxecto E-Dixgal

- Horto escolar

- Plan Proxecta

- Programa de Fenda Dixital

Este plan encádrase dentro da vontade da Unión Europea de promover o desenvolvemento das novas tecnoloxías nos centros educativos e mellorar a competencia dixital tanto do profesorado como do alumnado para acadar a adaptación ao contexto dunha sociedade globalizada que implica novos retos para todos e todas. Para tal fin,partimos da seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 6 de xuño de 2023, da Secreatría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no curso académico 23/24.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración deste Plan, creouse un PFPP cun grupo de traballo específico formado polo equipo directivo e o coordinador TIC.

O primeiro paso que se levou a cabo foi a participación do profesorado no cuestionario SELFIE, ferramenta deseñada para axudar aos centros educativos a integrar as novas tecnoloxías na docencia, a aprendizaxe e a avaliación do alumnado.

A continuación, o profesorado participou no TCDD para coñecer o grao de competencia dixital de cada un dos membros do claustro e reflexionar sobre os coñecementos en materia de novas tecnoloxías e poder deste xeito tomar medidas para mellorar dita competencia.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non dipoñemos de ningún repositorio en liña ou biblioteca para compartir recursos. Infraestruturas Si
Debilidade Non dispoñemos dunha estratexia dixital, soamente do Plan de Ensino Virtual Organización de centro Non
Debilidade Non existe colaboracón con outros centros por falta de tempo. Organización de centro Non
Debilidade Poderían levarse a cabo máis proxectos interdisciplinares pero non se fan por falta de tempo. Persoal docente Si
Fortaleza Dispoñen de dispositivos dixitais e acceso a Internet na casa case na súa totalidade. Alumnado Non
Fortaleza O centro dispón de dispositivos dixitais para o ensino e a aprendizaxe (E-Dixgal, tabletas, pizarras dixitais¿) Infraestruturas Non
Fortaleza Existe unha boa comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado amosa interese e participa para contribuír ao seu desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado utiliza recursos dixitais en liña para mellorar o proceso de ensino apredizaxe. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A carga lectiva non permite dispoñer de tempo para explorar o ensino virtual. Administración educativa Non
Ameaza xiste coñecemento sobre a protección de datos pero non se leva á práctica todo o que se debería. Ademáis, existen moitas dúbidas con respecto a diferentes aspectos. Lexislación Non
Ameaza Existe coñecemento sobre as normas de dereitos de autor e licenzas de uso pero non se leva á práctica todo o que se debería. Lexislación Non
Oportunidade A Administración educativa contribúe na mellora dos dispositivos dixitais do centro educativo. Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA colabora co centro educativo aportando financiación para a compra de dispositivos dixitais. ANPA Non
Oportunidade O centro educativo colabora con outras organizacións como a UDC para levar a cabo proxectos comúns. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Partindo por tanto dos resultados obtivos nestes cuestionarios, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital reuniuse en varias ocasións para analizar os datos e elaborar o DAFO que amosase as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades que afectan ao noso centro educativo. Esta matriz serviunos de base para a definición dos obxectivos a marcar no noso Plan Dixital.

 

 

Todas estas actuacións son esenciais para implantar este plan e iniciar así, ano tras ano, un camiño para facilitar o desenvolvemento das competencias do noso profesorado e o noso alumnado en materia de novas tecnoloxías e competencia dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Creación dun espazo común para compartir materiais (repositorio en liña).
O02PD Fomentar o desenvolvemento de proxectos interdisciplinares.

Seguimento

Procedemento

O procedemento para o seguimento do Plan Dixital basearase nas reunións periódicas coa Coordinadora ADIX, así como as reunións do propio equipo do Plan Dixital.

A realización de cada Plan de acción revisarase como mínimo, unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Neste primeiro trimestre, o Equipo do Plan Dixital reuniuse para determinar o plan de acción a levar a cabo co fin de acadar os obxectivos propostos para este curso escolar.

Con respecto a estes obxectivos, creamos dous PFPP para contribuír á súa consecución. Por unha parte continuamos co PFPP de Polos creativos como proxecto interdisciplinar de centro; e por outro, un PFPP do Plan Dixital que inclúe formación para a creación de contidos dixitais. 

 

2º Trimestre

Neste segundo trimestre, recibimos formación dentro do PFPP de Polos Creativos e planificamos a formación de creación de contidos dixitais para levala a cabo a comezos do terceiro trimestre.

3º Trimestre

Durante este último trimestre recibimos formación relativa a creación de contidos dixitais en Canva e creamos o repositorio na aula virtual do centro para compartir materiais didácticos entre todo o profesorado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:

- Avaliación procesual: a realización de cada plan de acción revisarase, como mínimo, unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- Avaliación final: realizarase ao final de curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora, así como os plans de acción para o vindeiro curso. De xeito que este plan sexa un elemento vivo en constante actualización.

Valoración xeral

En xeral podemos concluir que durante o curso actual se traballou para a consecución dos obxectivos establecidos, acadando a creación do repositorio de materiais. 

Ben é certo que non puidemos levar a cabo moitas actividades relacionadas con Polos creativos por divresas circunstancias, polo que continuaremos o curso que vén intentando lograr finalmente o produto final do porxecto.

Proposta de mellora

De cara ao curso próximo trataremos de fomentar a participación e implicación do profesorado no proxecto de Polos creativos, así como continuar coas formacións que nos permitan ampliar os nosos coñecementos para diversificar as actividades a realizar a nivel de centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O protocolo para a publicidade e difusión do plan entre toda a comunidade educativa incluirá o seguinte proceso:

Comunicación aos órganos colexiados:

- CCP (aportación de ideas para a elaboración do plan e información do mesmo).

- Claustro (presentación, aportación de ideas e valoración).

- Consello Escolar (presentación, valoración e aprobación).

Publicidade na web do centro no apartado de documentos.

AbalarMobil: comunicación do enlace ao documento.