Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución
1.1. Datos básicos do centro

  • Nome do centro: CEIP Ramón María del Valle-Inclán
  •  Dirección: Avenida Ramón María del Valle-Inclán, Perillo (Oleiros)
  •  Correo electrónico: ceip.valle.inclan.oleiros@edu.xunta.gal
  • Teléfono: 881960324
  • Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalleinclanoleiros/

 Etapas educativas: Infantil e Primaria
 Nº de alumnado e profesorado: 37 profesores/as e 463 alumnos/as, distribuídos en 6 aulas de EI e
actualmente 16 grupos de EP.
1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do
Centro

  • Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro:

O contexto socioeconómico e cultural no que se atopa o centro presenta niveis medios/altos,
tratándose dun concello que conta con grande diversidade de iniciativas e servizos e familias de alto
poder adquisitivo.

  • Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do

centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa, ….
O Plan Dixital elaborado terá o seu desenvolvemento pleno no curso 2023/2024.
incluíndo os obxectivos e proxectos a desenrolar na PXA que se elaborará ao comezo do curso.
1.3. Breve xustificación do mesmo
O marco legal que da contexto a este Plan Dixital abrangue a seguinte normativa:

  •  Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  •  Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
  •  Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

1.4. Proceso de elaboración
A elaboración do presente documento foi materializada por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixtal (sempre asesorado polo equipo ADIX correspondente) e tivo lugar en varias fases que deron estrutura ao proceso.
• As primeiras reunións estiveron orientadas á constitución do propio grupo de traballo, e ás posibles
necesidades de docencia do mesmo.
• A continuación procedeuse ao análise da situación do centro, mediante a realización da enquisa
SELFIE e o test CDD.
• O seguinte paso foi a avaliación dos resultados destas enquisas, para dar lugar á análise DAFO.
• Partindo da devandita análise DAFO, o equipo procedeu a especificar os obxectivos SMART que
quedaron reflectidos no Plan de Acción.
• O último paso do proceso foi a unión das distintas pezas do documento anteriormente mencionadas,
para dar lugar ao definitivo Plan Dixital do CEIP Ramón María del Valle-Inclán.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE:
Ensinanzas
Primaria
Área: Liderado
Equipo Direct: 2,7
Profesorado: 3,1
Alumnado -
Área: Colaboración e redes
Equipo Direct: 1,9
Profesorado: 2,4
Alumnado: 3,1
Área: Infraestruturas e Equipos
Equipo Direct: 3,1
Profesorado: 3,2
Alumnado: 3,6
Área: Desenvolvemento profesional continuo
Equipo Direct: 2,7
Profesorado: 3,1
Alumnado: -
Área: Pedagoxía: Apoio e Recursos
Equipo Direct: 2,9
Profesorado: 3,8
Alumnado: -
Área: Pedagoxía: Implementación na aula
Equipo Direct: 2
Profesorado: 3,2
Alumnado: 2,8
Área: Prácticas de avaliación
Equipo Direct: 2,8
Profesorado: 2,7
Alumnado: -
Área: Competencias dixitais do alumnado
Equipo Direct: 2,5
Profesorado: 3
Alumnado: 3,2

Test CDD
1.3. Participación segundo perfil do profesorado

  • DEFINITIVO

N.º profesorado que participa: 21
N.º profesorado total: 28
75% participación

  • PROVISIONAL

N.º profesorado que participa: 2
N.º profesorado total: 2
100% participación

  • INTERINO

N.º profesorado que participa: 1
N.º profesorado total: 1
100% participación

  • SUBSTITUTO

N.º profesorado que participa: 4
N.º profesorado total: 5
80% participación

  • DESPRAZADO

N.º profesorado que participa: 3
N.º profesorado total: 3
100% participación

2.1. Puntuación e nivel de competencia do centro
Puntuación media do test (sobre 192):  76.3
Nivel de competencia: Integrador/a (B1)
Puntuación media do test en Galicia (sobre 192): 76,4
Nivel de competencia en Galicia: Integrador/a (B1)

2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas
Puntuación media do test (sobre 192): Inf - 70, Pri - 81.4
Nivel de competencia: Inf e Prim - Integrador/a (B1)
Puntuación media do test en Galicia (sobre 192): Inf - 68.2, Pri - 77
Nivel de competencia en Galicia: Inf e Prim - Integrador/a (B1)
 

2.3. Distribución do profesorado por niveis

  • Total profesorado no nivel de competencia

A2 - 16

B1 - 9

B2 - 3

C1 - 2

C2 - 1

Total: 31

  • % de profesorado participante neste nivel

A2 - 51.6%

B1 - 29%

B2 - 9.7%

C1 - 6.5%

C2 - 3.2%

Total: 100%

 

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11 Nivel baixo en coñecementos de código e programación. Alumnado Si
Debilidade Disparidade de competencias e acceso a equipos dixitais. Familias Si
Debilidade C13 Os alumnos non poden traer dispositivos portátiles propios. Infraestruturas Non
Debilidade A1 Non existe unha estratexia dixital clara. Organización de centro Si
Debilidade A4 Tempo escaso ou inexistente para explorar e mellorar dixitalmente. Persoal docente Non
Fortaleza H3 Comportamento responsable. Bo nivel académico e boa disposición á aprendizaxe dixital. Alumnado Si
Fortaleza C10 Boa comunicación por canles dixitais. Familias Si
Fortaleza C10 O centro posúe e administra dispositivos portátiles dispoñibles para o alumnado. C3 Bo acceso a internet en todo o centro. Infraestruturas Si
Fortaleza Na actualidade o centro conta con E-Dixigal nos 5ºs e sección bilingüe no 1º ciclo. Contamos con comedor. Oferta Non
Fortaleza O equipo de dinamización TIC mantén un bo funcionamento dos dispositivos dispoñibles. Organización de centro Si
Fortaleza E1, A3 Grande disposición á procura de novos recursos e modalidades dixitais. Formación media B1. Persoal docente Non
Fortaleza Sempre a disposición e colaborador coas actividades do centro. Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Improvisación. Falta de formación dixital específica. Administración educativa Si
Ameaza B4 ¿ Escasa colaboración con outros centros/organizacións. Contorna Si
Ameaza Falta de concrección curricular para orientar o Plan Dixital Lexislación Non
Oportunidade Programa Edixgal, Abalar... Administración educativa Si
Oportunidade Boa disposición, participación e comunicación co centro. ANPA Si
Oportunidade Existencia de cursos, charlas e programas de formación práctica para toda a comunidade educativa. Contorna Non
Oportunidade Implementación do Plan Dixital Lexislación Si
Oportunidade Asesoramento dos equipos ADIX. Outras Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

No referente á infraestrutura de datos , o noso Centro conta coa WiFi "edu.xunta.gal" que permite a conexión desde calquera dispositivo autenticándose coas credenciais corporativas do propio usuario ("nome de usuario" e "contrasinal"), é dicir, os mesmos datos que utilizamos para acceder á nosa conta de correo electrónico e seguindo as instruccións dos servizos dixitais educativos colgados na web do centro. Esta WiFi está dispoñible tanto nas propias aulas EDIXGAL (é un dos SSID que emiten os AP que dan cobertura a estas aulas), como no entorno das aulas EDIXGAL ata onde chega a cobertura dos puntos de acceso EDIXG.
Contamos tamén coa WIFI ABALAR (só para os equipos dos nenos e dos profesores asignados a Edixgal). A conexión WiFi Abalar (pertencente á rede corporativa) dispón dun DHCP que permite asignar os parámetros de configuración da rede de maneira dinámica aos equipos dos nenos e do profesorado. Esta conexión WiFi é automática, os equipos conectan automaticamente coa WiFi e nós, no centro, non temos que xestionar nin configurar nada. Todo o que teña que ver coa conexión WIFI Abalar será xestionado en remoto desde os servizos centrais. A configuración desta WiFi permite traballar en rede cos alumnos, incluso con todos conectados a un mesmo punto de acceso WiFi.
En canto á infraestructura de voz, o noso Centro conta cunha liña telefónica fixa a disposición de toda a comunidade educativa, tanto para transmitir informacións que saen do colexio como para dúbidas, avisos, solicitude de citas....que chegan dende fóra. Tamén existe un teléfono móbil, á disposición do profesorado para as saídas educativas ou outras necesidade.
 Equipamento:
O noso centro conta co seguinte equipamento:
- 1 aulas de informática con ordenadores de sobremesa para o alumnado, canón, pdi e mesado para o traballo cos robots.
- 2 salas de mestres con ordenadores de sobremesa para traballo do profesorado e conectados aos sistemas de reproducción.
- 4 postos de xestión e administración do Centro: 1 en dirección, outro en xefatura de estudos e 2 en secretaría e administración.
- 6 aulas de EI con PDI, ordenador portátil e canón.
- 1 espazo de usos múltiples con ordenador portátil, canón e pantalla para proxectar.
- 1 biblioteca con ordenador de sobremesa para as tarefas propias do espazo e o emprego do programa Meiga. Tamén conta con portátil, canón, pantalla de proxección e 4 ordenadores para emprego do alumnado en tarefas de consulta, procura de información, etc.
- 16 aulas de EP todas con ordenador portátil e canón. A meirande parte das aulas de EP xa contan tamén con PDI aínda que non todas.
- 2 aulas E-Dixgal, correspondentes aos cursos de 5º EP.
- 1 almacén de equipos portátiles proporcionados pola Consellería e que están destinados ao préstamo á alumnado con risco de sufrir fenda dixital.
- 1 aula de croma, actualmente usada polo proxecto de TV dixital do centro. Ademais de outros recursos como fotografía e gravación dixital, sistemas de son e 2 tablets para realizar entre outras actividades podcast.
- O Centro conta tamén con equipos de robótica de lego e mbots, proporcionados pola Consellería pola participación no proxecto de inciación á robótica. Así coma outros materias de robótica coma beebots mercados con partidas finalistas para este fin.
 Servizos dixitais educativos:
O noso Centro emprega os seguintes servizos dixitais para a actividade docente e para a comunicación con toda a comunidade educativa:
- Espazo Abalar (tanto a nivel de mensaxeira dende as titorías como a nivel de avisos e comunicacións xerais dende o Centro)  Abalar Móbil e Abalar Pro.
- Páxina web.
- Correo de aula.
- Aula virtual.
 Xestión do mantemento do equipamento do Centro:
A xestión é unha labor compartida entre o equipo directivo e o equipo Tics. O mantemento o equipo Tics encárganse entre outras moitas tarefas de recoller incidencias, resolver as que se poden, inventariar recursos e equipos, mantemento e actualización da AV do centro, actualizar e instalar algúns programas, actualizar e manter a páxina web do Centro, crear e actualizar os correos corporativos de aula, solucionar incidencias coas contas da aula virtual do alumnado e do profesorado, etc.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Desenvolver un programa de radio e televisión co alumnado do Centro.
O02PD Mellorar a competencia dixital do alumnado.
O03PD Dinaminar polos creativos
O04PD Aproveitar e rentabilizar ao máximo o equipamento tecnolóxico do centro.
O05PD Formar ao profesorado en diferentes ámbitos relacionados ca súa competencia dixital.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:

- No contexto da avaliación procesual se avaliará, como mínimo, unha vez ao trimestre, o desenvolvemento do plan dixital. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Será de vital importancia que o Plan Dixital goce dunha axeitada difusión dentro da comunidade educativa na que se enmarca, para tratar de garantir que se acaden os resultados máis significativos que sexan posibles. Tendo en conta todo esto procédese do seguinte xeito:

  • Presentar e informar do Plan Dixital ao claustro de profesores.
  • Aprobación do Plan Dixital no consello escolar.
  • Publicación na web do centro para estar a disposición do resto da comunidade educativa.
  • Comunicar ao alumnado os obxectivos e medidas a tomar, para facelos partícipes do proceso e que poidan aportar suxestións ou posibilidades de mellora.
  • Incorporar as melloras desenvolvidas na fase anterior, e incorporar novas liñas de actuación.

O proceso de seguimento e desenvolvemnto implicará a todos e todas as participantes e estará en constante cambio para adaptarse da mellor maneira posible ás realidades que van xurdindo ao longo do curso, creando deste xeito un Plan Dixital que sexa aberto a modificacións e flexible en todo momento.