Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Luís Seoane é un centro público de Educación Infantil e Primaria dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ubicado na parroquia de Maianca do Concello de Oleiros (A Coruña). O centro está adscrito ó Instituto de Educación Secundaria María Casares, sito en Bastiagueiro. 

Na actualidade conta con 367 alumnos en 18 grupos de Educación Infantil e Primaria e  hai 28 mestres, unha administrativa, un conserxe e dúas ATE (unha delas a tempo parcial). 

PROXECTOS DO CENTRO:  BOAS PRÁCTICAS, MEDIACIÓN ESCOLAR, EDIXGAL, ERASMUS PLUS, HORTO ESCOLAR, PARTICIPACIÓN NO PLAN PROXECTA+, REDE DIXITALGAL.

O noso Plan Dixital do centro está realizado no curso 2021-2022 segundo o establecido na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Este Plan Dixital elabórase ao amparo da seguinte normativa lexislativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

O proceso de elaboración do plan dixital inclúe varias fases para a súa elaboración concretadas para o curso 2021-2022 /2022-2023:

- Creouse unha liña de PFPP (liña1) do Plan Dixital na que formouse un equipo de traballo de catro persoas.

- Fase I: Análise e diagnose

- Fase II: Deseño e elaboración do plan dixital.

- Fase III. Implementación, seguimento e avaliación.

Cada unha destas fases están debidamente temporalizadas, contando co asesoramento dun equipo específico (no noso caso ADIX Coruña 3), atendendo a seis momentos nas dúas primeiras fases para o curso 2021-2022 e a fase terceira para o curso 2022-2023.

Respecto da FASE I de Análise e Diagnose coa definición dos catro primeiros momentos:

  • Novembro 2021: Posta en marcha da rede e contacto coas persoas ADIX coa noso centro.

  • Decembro 2021: Configuración e envío do SELFIE ao noso centros educativo.

  • Febreiro 2022: Realización do testCDD por parte do profesorado do centro.

  • Marzo 2022: Recompilación de datos, reflexión e DAFO.

Respecto da FASE II de Deseño e Elaboración do Plan Dixital cos seguintes momentos:

  • Abril-Maio 2022: Definición de obxectivos e accións a seguir – Plan de Acción.

  • Xuño 2022: Plan versión 1.0 do Plan Dixital. Difusión e aprobación polo Consello Escolar no curso 21/22.

FASE III de Implementación no Centro do Plan Dixital Curso 23/24. Na que estamos na actualidade. 

Segundo este proceso o noso Plan Dixital de Centro precisa dos seguintes principios e obxectivos:

Principios:

a) A resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das TIC en múltiples aspectos da vida cotiá.

b) O enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética sobre a relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente.

c) A transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.

Obxectivos:

a) Facilitar a integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos e optimizar a xestión dos recursos humanos e materiais do centro.

b) Promover o uso das ferramentas de avaliación e diagnose dos centros educativos respecto á competencia dixital.

c) Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa para transformar os centros en organizacións educativas dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación.

d) Definir o equipo responsable de dinamización do Plan Dixital e a súas funcións.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O proceso de elaboración do plan dixital inclúe varias fases para a súa elaboración concretadas para o curso 2021-2022 dentro das cales estaría a Fase I Análise e DIagnose cos instrumentos SELFIE e TCCD. Respecto da FASE I de Análise e Diagnose definiuse primeiros momentos:

  • Novembro 2021: Posta en marcha da rede e contacto coas persoas ADIX coa noso centro.

  • Decembro 2021: Configuración e envío do SELFIE ao noso centros educativo.

  • Febreiro 2022: Realización do testCDD por parte do profesorado do centro.

  • Marzo 2022: Recompilación de datos, reflexión e DAFO. 

  • Curso 22/23 Implementación do Plan Dixital do Centro.

  • Curso 23/24: Plan Dixital actualizado. 

Este proceso de recollida de información da que partimos para establecer o noso análise enmárcase dentro da lexislación específica para o desenvolvemento do Plan Dixital:

Este Plan Dixital elabórase ao amparo da seguinte normativa lexislativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Durante o curso 22-23 implementamos o Plan Dixital no noso centro que nos serviu de análise para a posta en funcionamente de diferentes obxectivos dixitais no centro. Partimos dos resultados obtidos no curso pasado e implementamos un novo Plan Dixital máis operativo e realista, intentando en todo momento buscar a maior implicación do profesorado. 

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado ten que asentar os coñecementos sobre perigos e pegada dixital en internet /RRSS e contraste de información. Alumnado Non
Debilidade A pesar de usar preferentemente ferramentas institucionais, tanto profesorado como alumnado debe aprender a comunicarse coas tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade Non existe unha liña común de traballo dixital no centro con traballo colaborativo e interdisciplinar. Organización de centro Si
Debilidade Non existe unha estratexia Dixital de Centro que englobe un traballo común de toda a comunidade educativa. Organización de centro Si
Debilidade O profesorado non ten formación sobre as posibilidades e mecanismos da avaliación dixital. Persoal docente Non
Debilidade Non existe unha adaptación dixital individualizada ás necesidades dos alumnos que sexa funcional. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non coñece nin aplica a lexislación sobre dereitos de autor e protección de datos. Persoal docente Si
Debilidade Non existe un repositorio dixital de recursos buscados e creados por materias e niveis que facilite o desenvolvemento do E-A. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non ten formación sobre as posibilidades e mecanismos da avaliación dixital. Persoal docente Non
Debilidade A pesar de usar preferentemente ferramentas institucionais, tanto profesorado como alumnado debe aprender a comunicarse coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non existe unha adaptación dixital individualizada ás necesidades dos alumnos que sexa funcional. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado debe aprender a fomentar a creatividade coas tecnoloxías. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non coñece nin aplica a lexislación sobre dereitos de autor e protección de datos. Persoal docente Non
Fortaleza Noso alumnado aprende a resolver problemas técnicos que podan xurdir nos seus dispositivos. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado ten moita motivación polo traballo dixital. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado de 6º e 5º de primaria contan con dispositivos propio para o desenvolvemento das competencias dixitais. Alumnado Non
Fortaleza As familias coñecen e visitan a páxina Web do colexio como mecanismo de información. Familias Si
Fortaleza As familias comunícanse có persoal docente a través de Abalarmóbil. Familias Non
Fortaleza Contamos con soportes e espazos físicos axeitados para o desenvolvemento dixital en todos os niveis educativos: aula de informática, pizarras, ordenadores. Infraestruturas Non
Fortaleza Contamos con varias redes de conexión no colexio que funcionan ben: Abalar - Eduxunta - Rede do Centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Somos centro EDIXGAL polo que o soporte informático do alumnado e dos mestres en 5º e 6º de Primaria é axeitado para o desenvolvemento da competencia dixital. Infraestruturas Non
Fortaleza O noso Centro conta cun protocolo de identificación do alumnado en Fenda Dixital e respondemos ás súas necesidades. Organización de centro Non
Fortaleza Foméntase o desenvolvemento de habilidades dixitais no alumnado en diferentes materias e a través da retroalimentación. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos dixitais libres e os aplica na aula implicando ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O noso profesorado usa preferenteme sistemas corporativos para a súa comunicación coas familias e a súa práctica de Ensino - Aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza No noso centro foméntase a participación en Plans de Formación. Persoal docente Non
Fortaleza Existe profesorado formado na robótica educativa e mostra interese pola súa posta en marcha nas aulas. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado documenta dixitalmente moitas actividades de aprendizaxe e realiza algunha actividade en soporte dixital. Persoal docente Non
Fortaleza Existe un bo ambente laboral e hai comunicación para intercambio de experiencia educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Existen AV e ferramentas de traballo virtual para todos os niveis educativos. Persoal docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non existe tempo para explorar ferramentas nin novas posibilidades dixitais. Administración educativa Non
Ameaza As aulas de PT e AL non contan con monitor dixital nin soporte informático axeitado. Administración educativa Non
Ameaza O coordinador TIC ten que asumir grande parte das incidencias técnicas do centro. Administración educativa Si
Ameaza É necesario máis ordenadores para que o traballo na Aula de Informática sexa individualizado e para instaurar o traballo de Robótica. Administración educativa Non
Ameaza Aulas PT y AL mal dotadas en infraestructura y en conexión a internet. Administración educativa Non
Ameaza Equipos informáticos e altofalantes moi vellos que a Administración non renova. Administración educativa Non
Ameaza O profesorado está saturado de burocracia e tempo de docencia directa e gardas e non existe espazo para desenvolver un traballo dixital de creación propia. Administración educativa Non
Ameaza Participamos no ámbito dixital en varios programas ofertados pola Consellería: Plan Proxecta (Rapaza nas TICs), Programa Educativo de Robótica en Primaria, EDIXGAL... Administración educativa Non
Ameaza Ordenadores moi vellos nalgunha aula. Administración educativa Non
Ameaza Faltan aulas por cablear e a conexión por wiffi falla. Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración co ANPA do Centro en actividades dixitais. ANPA Non
Oportunidade Familias colaboradoras e implicadas. ANPA Non
Oportunidade Colaboración co Concello de Oleiros no mantemento e organización dos espazos dixitais. Contorna Non
Oportunidade Contamos cun servizo externo que nos axuda ao mantemento e supervisión dos Equipos do Centro. Outras Non
Oportunidade Colaboramos con outras entidades no ámbito Dixital (Programa de renovación de CPUs Paideia). Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizados os resultados tanto do TCDD e do SELFIE e engadindo unha pequena valoración máis subxectiva en función da contorna e da organización e funcionamento do centro no que estamos, procedemos a determinar, a través dun proceso reflexivo tanto cualitativo como cuantitativo para determinar a prioridade dos obxectivos a incluír no noso Plan de Acción.

A este proceso engadimos a análise dos resultados do proceso de implementación do Plan dixital durante o curso 22/23 e, en función dos resultado obtidos establecéronse a final de curso os obxectivos propostos para este curso actual.  Este proceso realizouse no Equipo de Dinamización do Plan Dixital e. posteriormente, leváronse as conclusións e os obxectivos a determinar á CCP e ao Claustro co fin de unificar criterios de traballo, xa que a definición do propio Plan Dixital e do Plan de Acción inclúe a toda a Comunidade Educativa. Durante os primeiros días se setembro informouse ao Claustro e aprobouse en Consello o Plan DIxital do curso 23/24. 

Os obxectivos que determinamos  como prioritarios despois da análise realizada previamente son:

1. MANTER O EQUIPO DE PLAN DIXITAL E DETERMINACIÓN DE FUNCIÓNS PARA O CURSO ACADÉMICO.

2. ACTUALIZACIÓN EQUIPOS – INVENTARIADO DO MATERIAL DIXITAL DE CENTRO – Ferramenta Inventario

3. POTENCIAR USO E INCORPORACIÓN DE AGUEIRO COMO BLOGUE DE AULA

4. ACTIVIDADES INTERDISCIPLINARES STEAM NAS AULAS - SEMANA DA CIENCIA SEOANE

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do plan dixital de centro (PDC)
O02PD Realizar un inventario actualizado dos medios e dispositivos dixitais do Centro e incorporalo e actualizalo na Ferramenta Inventario.
O03PD Potenciar o uso de Agueiro entre a comunidade educativa de Educación Infantil e Primaria como blogue de comunicación coas familias. Publicación de vídeos, recursos, fotos,.
O04PD Integrar actividades de aprendizaxe STEAM Multidisciplinares.

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza trimestral para realizar o seguemento do Plan Dixital, aínda que terá dúas coordinacións coa ADIX ao trimestre quen guiará neste proceso. 

A persoa coordinadora do PD accederá, coa supervisión da Dirección, a Educalidade para realizar o seguemento do noso Plan. 

Este proceso suporá posibles modificacións durante o proceso de implementación deste curso do Plan Dixital, xa que poderase adaptar o Plan de Acción en función das necesidades que atopemos. 

1º Trimestre

Durante este trimestre académico o desenvolvemento e aplicación do Plan Dixital foi globalizado e transversal polo que debemos facer unha valoración individual de cada un dos obxectivos propostos:

- Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do plan dixital de centro (PDC). Os numerosos plans de centro que temos na actualidade no noso colexio orixina que este ámbito de traballo e coordinación, aínda que exista un desenvolvemento transversal, se reduce ao equipo de sseis mestres que configuramos o Equipo TIC - Edixgal. Ademais, durante este primeiro trimestre no plan de Boas Prácticas do colexio incorporouse unha seoaniña de Polos Creativos. A coordinación, organización e posta en marcha de todos os ámbitos de traballo iniciouse, pero a limitación de horas dispoñibles e de coordinación limita moito este desenvolvemento. 

- Realizar un inventario actualizado dos medios e dispositivos dixitais do Centro e incorporalo e actualizalo na Ferramenta Inventario.   Non iniciamos este obxectivo xa que non temos novas instruccións por parte de AMTEGA da posta en funcionamento da aplicación inventario. Seguimos á espera. 

- Potenciar o uso de Agueiro entre a comunidade educativa de Educación Infantil e Primaria como blogue de comunicación coas familias. Publicación de vídeos, recursos, fotos,.    Este obxectivo iniciouse coa directriz no centro de non publicar o enlace na páxina web de blogues educativos que non foran corporativos. Solicitamos a cada familia a autorización de imaxe para a publicación de fotografía e vídeos neste medio. Parte do equipo docente participou na formación de Agueiro que se desenvolveu no primeiro trimestre e xa temos publicados catro blogues do centro en Agueiro polo que podemos considerar que está adacado aínda que seguiremos na labor. 

- Integrar actividades de aprendizaxe STEAM Multidisciplinares.   Como proxecto de Polos Creativos o noso centro celebrará o día da CIencia en Maio. Neste curso conseguimos a colaboración e participación de todo o profesorado e departamentos. As actividades do primeiro trimestre programáronse pero a falta de tempo e a sobrecarga laboral e burocrática produce que vaian atrasadas no seu desenvolvemento. Iniciamos o Blogue de Polos en Agueiro (solicitamos unha conta corporativa no colexio para facelo máis global).

 

2º Trimestre

Durante este trimestre académico o desenvolvemento e aplicación do Plan Dixital foi globalizado e transversal polo que debemos facer unha valoración individual de cada un dos obxectivos propostos:

- Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do plan dixital de centro (PDC). Neste trimestre seguimos co traballo na liña de Polos Creativos no Equipo de BP. A parte de xestión e organización do profesorado e alumnado pechouse no primeiro trimestre. 

- Realizar un inventario actualizado dos medios e dispositivos dixitais do Centro e incorporalo e actualizalo na Ferramenta Inventario.   Non iniciamos este obxectivo xa que non temos novas instruccións por parte de AMTEGA da posta en funcionamento da aplicación inventario. Seguimos á espera. 

- Potenciar o uso de Agueiro entre a comunidade educativa de Educación Infantil e Primaria como blogue de comunicación coas familias. Publicación de vídeos, recursos, fotos,.    Este obxectivo iniciouse coa directriz no centro de non publicar o enlace na páxina web de blogues educativos que non foran corporativos. Solicitamos a cada familia a autorización de imaxe para a publicación de fotografía e vídeos neste medio. Parte do equipo docente participou na formación de Agueiro que se desenvolveu no primeiro trimestre e xa temos publicados catro blogues do centro en Agueiro polo que podemos considerar que está adacado aínda que seguiremos na labor. 

No segundo trimestre seguen operativos varios blogues de aula e iníciase un Blogue de Agueiro específico sobre o traballo anual para e por o Día da CIencia que festexaremos o 7 de maio e as familias poderán participar nas visitas.

- Integrar actividades de aprendizaxe STEAM Multidisciplinares.   Como proxecto de Polos Creativos o noso centro celebrará o día da CIencia en Maio. Neste curso conseguimos a colaboración e participación de todo o profesorado e departamentos. As actividades do segundo trimestre programáronse pero a falta de tempo e a sobrecarga laboral e burocrática produce que vaian algo atrasadas no seu desenvolvemento. Continuamos  o Blogue de Polos en Agueiro e incorporamos diferentes actividades que desenvolvimos durante este trimestre. 

 
 
 
 
 
 
3º Trimestre

Durante este trimestre académico o desenvolvemento e aplicación do Plan Dixital foi globalizado e transversal polo que debemos facer unha valoración individual de cada un dos obxectivos propostos:

- Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do plan dixital de centro (PDC). Neste trimestre seguimos co traballo na liña de Polos Creativos no Equipo de BP. A parte de xestión e organización do profesorado e alumnado pechouse no primeiro trimestre. 

- Realizar un inventario actualizado dos medios e dispositivos dixitais do Centro e incorporalo e actualizalo na Ferramenta Inventario.   Non iniciamos este obxectivo xa que non temos novas instruccións por parte de AMTEGA da posta en funcionamento da aplicación inventario. Seguimos á espera. 

- Potenciar o uso de Agueiro entre a comunidade educativa de Educación Infantil e Primaria como blogue de comunicación coas familias. Publicación de vídeos, recursos, fotos,...Este obxectivo iniciouse coa directriz no centro de non publicar o enlace na páxina web de blogues educativos que non foran corporativos. Solicitamos a cada familia a autorización de imaxe para a publicación de fotografía e vídeos neste medio. Parte do equipo docente participou na formación de Agueiro que se desenvolveu no primeiro trimestre e xa temos publicados catro blogues do centro en Agueiro polo que podemos considerar que está adacado aínda que seguiremos na labor. Neste trimestre  o Blogue de Polos en Agueiro e incorporamos diferentes actividades que desenvolvimos durante este trimestre. 

- Integrar actividades de aprendizaxe STEAM Multidisciplinares.   Como proxecto de Polos Creativos o noso centro celebrará o día da Ciencia o 7 de Maio. Neste curso conseguimos a colaboración e participación de todo o profesorado e departamentos. Tamén participarán como visitantes as familias.

Nas diferentes materias desenvolveron os distintos experimentos e proxectos para a mostra dese día onde os nenos e nenas presentan e explican o proceso e o resultado. 

 
 
 
 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliacion inicial: coa fase de diagnose para a detección de necesidades resolto segundo as pautas establecidas pola Consellería de Educación, realización de enquisas SELFIE e o TestCDD, dirixido ao equipo directivo, ao profesorado e ao alumnado.

- No contexto da avaliación procesual: as accións levadas a cabo seguiron o procedemento establecido pola Consellería co asesoramento e a formación do equipo ADIX 3 de A Coruña, que foi pautando todo o proceso de deseño do plan dixital. Cada trimestre foron facéndose as entregas das actuacións levadas a cabo polo noso centro ao equipo ADIX 3, tal como se reflicte no apartado 1.4 proceso de elaboración.

- No contexto da avaliación final: coa realización do propio plan dixital no curso 2023-2024 e que será implementado e avaliado no curso 2023-2024. Na implementacion do plan permitieráse valorar a consecución do obxectivos e facer propostas de mellora.

Criterios de consecución de obxectivos do plan a valorar no curso 2023/24:

- MANTER E COORDINAR UN EQUIPO PLAN DIXITAL.

- ACTUALIZACIÓN EQUIPOS – INVENTARIADO DO MATERIAL DIXITAL DE CENTRO.

- POTENCIAR USO DE AGUEIRO.

- ACTIVIDADES INTERDISCIPLINARES STEAM NAS AULAS - SEMANA DA CIENCIA (MAIO).

O cumprimento dos obxectivos do plan dixital validarase anualmente a partir da verificación dos indicadores correspondentes ás liñas de actuacións referidas a cada un dos obxectivos.

As actuacións serán consideradas como realizadas se responden aos indicadores sinalados en cada caso. Ese proceso de avaliación terá lugar ao remate do curso escolar, tendo en conta o nivel de progresión ou desenvolvemento para cada actuación no plano cronolóxico.

A valoración positiva das actuacións en cada obxectivo sinalará este como logrado. No último Consello Escolar e no último Claustro de cada curso renderanse contas da avaliación do Plan Dixital coas concrecións da Programación Xeral Anual, previamente á entrega á Inspección Educativa da Memoria Final Anual. A partir da avaliación obteranse unhas Propostas de Mellora que serán perfiladas e incluídas nas liñas de actuación para o curso seguinte.

Valoración xeral

O Plan Dixital desenvolveuse correctamente e todas as dinámicas propostas acadaron os obxectivos e indicadores propostos, excepto no obxectivo de Inventario, xa que, dadas as circunstancias non poido realizarse o volcado da información na plataforma Inventario nin poidemos facer unha listaxe de IPs funcional. 

Polo resto, podemos considerar que o Plan Dixital é un elemento indispensable no noso centro, xa que, cada vez hai máis dinámicas tecnolóxicas aplicadas na aula e na dinámica de aprendizaxe. 

Proposta de mellora

Os elementos de mellora que atopamos, despois de implementar o noso Plan DIxital durante este curso académico son as seguintes:

- A coordinación do Plan Dixital debe establecerse en dúas figuras o Coordinador de TIC/Edixgal e o coordinador de Polos, xa que teñen que desenvolver moitas actividades e non hai tempo real para facelas. 

- É preciso unificar os criterios de comunicación do centro coas familias, xa que están abertos moitos blogues e sistemas de publicidade privados, de ahí a necesidade de fomentar o uso de ferramentas coorporativas como o porfolio Agueiro que pode usarse como blogue de Aula. 

- O Inventario do centro realizarase no vindeiro curso a través da Ferramenta Inventario, estamos á espera das indicacións de AMTEGA. 

- Despois da realización da Semana da Ciencia, mantemosa posibilidade de festexar o día da ciencia coa participación das familias e ou do pobo, pero haberá que valorar todas as posibilidades e fomentar a participación tanto do profesorado como do alumnado. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O protocolo para a publicidade e difusión do plan entre toda a comunidade educativa incluirá o seguinte proceso:

  • Comunicación ao órganos colexiados:

    • Claustro (presentación, aportación de ideas e valoración).

    • Consello Escolar (presentación, valoración e aprobación).

  • Publicidade na Web do centro no apartado de documentos.

  • AbalarMobil: comunicación do enlace ao documento.

Durante o curso académico e través das diferentes reunións informativas realizadas, CCP - Claustro, o coordinador do PD realizará un análise e unha valoración das accións e os obxectivos traballados e informará dos cambios necesarios aplicados.