Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  1. XUSTIFICACIÓN DO PLAN  DIXITAL

O PD enténdese como un documento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino – aprendizaxe como nos procesos de xestión do centro educativo. Así contribuirá ao desenvolvemento de obxectivos como: Consolidar o uso da biblioteca como centro de recursos e dinamizadora da actividade educativa. Mellorar a formación do profesorado e alumnado no uso da NNTTIC. Organizar e actualizar os recursos do centro.

O Proxecto Dixital de Centro é un documento aberto, suxeito a continua revisión, integrado noutros plans ou proxectos de centro, que define o uso e integración das tecnoloxías no centro educativo.

Para a elaboración de este documento tivemos en conta o seguinte marco lexislativo:

  • Art. 111 bis, Lei Orgánica 3/2020 (LOMLOE do 29 de decembro).

  • Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.

  • Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24.

  • Orde do de 2023 pola que se da continuidade ao programa de innovación educativa Polos creativos e se establecen instrucións para o seu desenvolvemento nos centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e nos centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para os cursos 2023/24 e 2024/25.

  • Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

E tamén os seguintes Marcos Europeos de Referencia: Marco común de Competencia Dixital Docente DigCompEdu , Marco Europeo para Organizacións Educativa Digitalmente Competentes. DigCompOrg  e Marco europeoda competencia dixital para os cidadáns DigComp 2.2

  1. CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO

O CEIP Plurilingüe de Sigüeiro está situado no Concello de Oroso ( A Coruña) . É un centro de liña 2,  con 2 edificios, un para alumnado de infantil e outro de primaria. Dispón de servizo de transporte, comedor, biblioteca, servizo de bos días cole ofertado polo concello e actividades extraescolares ofertadas pola ANPA.  Somos centro E-Dixgal, Plurilingüe e participamos en diferentes programas da Consellería: Proa +, contrato programa, Plambe, Plan director, proxectos de innovación...

  1. 2  PROCESO DE ELABORACIÓN

O presente Plan Dixital foi elaborado durante o mes de setembro de 2023 polo equipo de dinamización das TICs (equipo de Dinamización do Plan Dixital, segundo a denominación indicada no apartado 4 da Resolución de 3 de setembro de 2021) constituído no noso centro, a comezos de curso, e sobre o que recaeu a tarefa de elaboración do mesmo.

Na súa elaboración partiuse do anterior Plan dixital, elaborado durante o curso 2021-2022 e implementado no 2022-2023, así como dos resultados da avaliación e propostas de mellora do mesmo, presentadas e aprobadas polo claustro e consello escolar reunidos en sesións celebradas o 29 de xuño de 2023.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes empregadas para a elaboración do DAFO:

  1. Autoavaliación SELFIE

  2. Test CDD

  3. Outras fontes: Analise e autocrítica dos resultados obtidos nos anteriores apartados, polos membros da elaboración do plan.

Os resultados obtidos recolleronse nunha táboa onde se perfilan as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades que nos levarán á posterior reflexión e elaboración das directrices sobre as que se baseará o Plan Dixital.

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O equipo directivo e profesorado pensan que no centro educativo o alumnado non ten capacidade para resolver problemas técnicos que xorden no emprego das tecnoloxías dixitais (H13) Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas, nin a comprobar si a información atopada en internet é fiable e precisa. (H4,H6) Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital nas familias Familias Non
Debilidade Falta implicación das familias no emprego das tecnoloxías dixitais Familias Non
Debilidade Acceso limitado a conexión de internet nas vivendas familiares. Familias Non
Debilidade Limitación de novos espazos para o desenvolvemento da competencia dixital Infraestruturas Non
Debilidade Inexistencia dunha oferta de actividades relacionadas coas tecnoloxías. Oferta Non
Debilidade No centro non existe unha estratexia dixital definida (A1) Organización de centro Non
Debilidade A organización do centro impide a formación do profesorado no seu método de ensinanza e aprendizaxe dixital ( A4) Organización de centro Non
Debilidade O equipo directivo non involucra o suficiente o profesorado no desenvolvemento dixital ( A2) Persoal docente Non
Debilidade Equipo directivo e profesorado non emprega tecnoloxías dixitais para avaliar o progreso de ensino e aprendizaxe ( B1) Persoal docente Non
Debilidade Nivel de competencia dixital media-baixa no profesorado. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza.(E3) Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado dispón de dispositivo dixitais do centro para empregar cando os precise (C8) Alumnado Non
Fortaleza O alumnado actúa de xeito responsable e respecta os demais cando empregan internet (H3) Alumnado Non
Fortaleza O alumnado é mais participativo cando se emprega a tecnoloxía (F4) Alumnado Non
Fortaleza O centro conta con infraestruturas que facilitan a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais ( C1) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro ten dispositivos dixitais para o uso da ensinanza (C2) Infraestruturas Non
Fortaleza O noso centro dispón dunha boa conexión a internet (C3) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro dispón de espazos físicos que facilitan a aprendizaxe das tecnoloxías dixitais ( C14) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro dispón de case dun 90% de profesorado definitivo no centro Organización de centro Non
Fortaleza O centro conta con apoio do equipo directivo para explorar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais ( A3) Organización de centro Non
Fortaleza O centro emprega servizos dixitais corporativos. Organización de centro Non
Fortaleza O noso centro emprega tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións ( B3) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo (E4) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado implica ao alumnado en actividades de aprendizaxe dixital (F4) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado ten a posibilidade de formarse no relativo a ensinanza-aprendizaxe das tecnoloxías dixitais (D2) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado busca e emprega recursos educativos en internet ( E1) Persoal docente Non
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O centro apenas realiza traballos interdisciplinares (F6) Administración educativa Non
Ameaza Falta de información do emprego de software libre no ámbito educativo. Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo que impide levar a cabo actividades e formación de programación e codificar (H11) Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo para a formación do profesorado nas actividades formativas relacionadas coa competencia dixital. Administración educativa Non
Ameaza Non existe sistema de protección de datos (C7) Lexislación Non
Ameaza Nivel de concienciación baixa dos perigos en internet Lexislación Non
Ameaza Falta de coñecemento sobre os dereitos de autor e licencias de uso na realización das actividades de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. (A5) Lexislación Non
Oportunidade Participar noutros plans e proxectos para adquirir dispositivos tecnolóxicos para o centro. Administración educativa Non
Oportunidade Manter en bo estado a infraestrutura tecnolóxica grazas a asistencia técnica. Administración educativa Non
Oportunidade Ofertar actividades extraescolares relacionadas coa dixitalización por parte de ANPA. ANPA Non
Oportunidade Mellorar a conexión de internet as familias. ANPA Non
Oportunidade O centro colabora con outros centros e organizacións Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise DAFO ofrece unha visión de conxunto, e desde distintos puntos de vista, da situación do centro no referente ao uso e á dotación de equipamento dixital. A partir desta información, o equipo de dinamización do Plan Dixital seleccionou aqueles aspectos que estimaron prioritarios, en función de varios parámetros:
- Mellora do funcionamento do centro.
- Impacto na actividade docente.
- Viabilidade a corto/medio prazo.
- Posibilidade dunha avaliación obxectiva das medidas implantadas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado a través dun PFPP de Polos Creativos. (D1,D2,D3)
O02PD Emprego da Aula Virtual do centro como recurso cotiá (E3*)
O03PD Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado (*H1, H3*)
O04PD Actualización e mantemento dos equipos informáticos das aulas ordinarias e espazos administrativos. (C1, C8*)

Seguimento

Procedemento

A persoa coordinadora do Plan dixital do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro( Raquel Naveiro Otero, coordinadora do Plan Dixital 2023-2024) reunirasé telefónicamente, telemáticamente ou presencialmente co mentor ADIX (Jorge Fernández Otero), cando fose necesario, sempre que a situación o permita, para revisar e analizar como se van levando a cabo os obxectivos e accións dos mesmos ou se estos presentan algunha incidencia ao longo do curso académico 2023 2024.

1º Trimestre

A 21 de decembro de 2023 os obxectivos do plan dixital do noso centro e as accións dos mesmos atópanse como segue:


1. Mellorar a competencia dixital do profesorado a través dun PFPP de Polos Creativos.

1. AO1.1: Solicitar ao CAFI un PFPP de Polos Creativos.  (REALIZADO)

2. AO1.2:Realización das actividades relacionadas co PFPP (individuais, grupais, presenciais ou online) (EN PROCESO)

3. AO1.3: AO1.3:Analise dos resultado do PFPP


2. Emprego da Aula Virtual do centro como recurso cotiá (E3)

1. AO2.1: Posta en funcionamento da AV a comezos do curso: creación de categorías, alta de usuarios, creación de círculos, creación de cursos,… (REALIZADO)

2. AO2.2: Mantemento e actualización periódica da Aula Virtual. (EN PROCESO)
3. AO2.3:Resolución de dúbidas e orientación en relación ao funcionamento e aproveitamento da Aula Virtual. (EN PROCESO)


3. Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado (*H1, H3*)


1. AO3.1:Solicitude do Plan Director e outras actividades ( charlas, talleres, obradoiros...) para concienciar ao colectivo indicado. (REALIZADO)
2. AO3.2:Realización de actividades complementarias por parte de persoas externas ao centro e formadoras na temática. (EN PROCESO)


4. Actualización e mantemento dos equipos informáticos das aulas ordinarias e espazos administrativos. (C1, C8*)

1. AO4.1:Actualización e mantemento dos equipos informáticos das aulas ordinarias e espazos administrativos (CPU, videoproxector, PDI,…) e conexión a rede. (EN PROCESO)

 2. AO4.2:Reposición de equipos informáticos empregando os recursos propios do centro e de acordo cos límites orzamentarios establecidos. (EN PROCESO)

 

2º Trimestre

A 23 de marzo de 2024 os obxectivos do plan dixital do noso centro e as accións dos mesmos atópanse como segue:


1. Mellorar a competencia dixital do profesorado a través dun PFPP de Polos Creativos.

1. AO1.1: Solicitar ao CAFI un PFPP de Polos Creativos.  (REALIZADO)

2. AO1.2:Realización das actividades relacionadas co PFPP (individuais, grupais, presenciais ou online) (EN PROCESO)

3. AO1.3: AO1.3:Analise dos resultado do PFPP


2. Emprego da Aula Virtual do centro como recurso cotiá (E3)

1. AO2.1: Posta en funcionamento da AV a comezos do curso: creación de categorías, alta de usuarios, creación de círculos, creación de cursos,… (REALIZADO)

2. AO2.2: Mantemento e actualización periódica da Aula Virtual. (EN PROCESO)
3. AO2.3:Resolución de dúbidas e orientación en relación ao funcionamento e aproveitamento da Aula Virtual. (EN PROCESO)


3. Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado (*H1, H3*)


1. AO3.1:Solicitude do Plan Director e outras actividades ( charlas, talleres, obradoiros...) para concienciar ao colectivo indicado. (REALIZADO)
2. AO3.2:Realización de actividades complementarias por parte de persoas externas ao centro e formadoras na temática. (EN PROCESO)


4. Actualización e mantemento dos equipos informáticos das aulas ordinarias e espazos administrativos. (C1, C8*)

1. AO4.1:Actualización e mantemento dos equipos informáticos das aulas ordinarias e espazos administrativos (CPU, videoproxector, PDI,…) e conexión a rede. . (REALIZADO)

 2. AO4.2:Reposición de equipos informáticos empregando os recursos propios do centro e de acordo cos límites orzamentarios establecidos. (EN PROCESO)

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2024 os obxectivos do plan dixital do noso centro e as accións dos mesmos atópanse como segue:


1. Mellorar a competencia dixital do profesorado a través dun PFPP de Polos Creativos.

1. AO1.1: Solicitar ao CAFI un PFPP de Polos Creativos.  (REALIZADO)

2. AO1.2:Realización das actividades relacionadas co PFPP (individuais, grupais, presenciais ou online) (REALIZADO)

3. AO1.3: AO1.3:Analise dos resultado do PFPP (REALIZADO)


2. Emprego da Aula Virtual do centro como recurso cotiá (E3)

1. AO2.1: Posta en funcionamento da AV a comezos do curso: creación de categorías, alta de usuarios, creación de círculos, creación de cursos,… (REALIZADO)

2. AO2.2: Mantemento e actualización periódica da Aula Virtual. (REALIZADO)
3. AO2.3:Resolución de dúbidas e orientación en relación ao funcionamento e aproveitamento da Aula Virtual. (REALIZADO)


3. Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado (*H1, H3*)
1. AO3.1:Solicitude do Plan Director e outras actividades ( charlas, talleres, obradoiros...) para concienciar ao colectivo indicado. (REALIZADO)
2. AO3.2:Realización de actividades complementarias por parte de persoas externas ao centro e formadoras na temática. (NON ACADADO)


4. Actualización e mantemento dos equipos informáticos das aulas ordinarias e espazos administrativos. (C1, C8*)

1. AO4.1:Actualización e mantemento dos equipos informáticos das aulas ordinarias e espazos administrativos (CPU, videoproxector, PDI,…) e conexión a rede. (REALIZADO)

 2. AO4.2:Reposición de equipos informáticos empregando os recursos propios do centro e de acordo cos límites orzamentarios establecidos. (REALIZADO)

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:

- No contexto da avaliación procesual: o final de cada trimestre revisarase o estado da execución das accións propostas para ese trimestre e valorarase posibles modificación e propostas de mellora..No caso de que as actuacións transcorran con demora, daráselles cumprimento coa maior prontitude para favorecer a súa consecución.

- No contexto da avaliación final: a final de curso farase unha valoración do logro dos obxectivos, tendo en conta os indicadores plasmados no Plan de Acción, e prospostas de mellora realizadas.

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar si o obxectivo foi alcanzado, aprazado ou pendente. Tamén si este foi preciso realizar algunha variación no plantexamento desas accións durante o curso . Co análises deses indicadores, elaboraremos un informe final, onde se recollerán os resultados, aspectos negativos, positivos e propostas de mellora que recolleremos na memoria final do centro.

Unha vez que se acaden estas accións, debese volver a avaliar a competencia dixital do centro, empregando novamente a ferramenta SELFIE. Esta avaliación farase o final de cada curso escolar, de xeito bienal e dará pé a revisión e actualización do Plan Dixital.

Valoración xeral

Neste curso o profesorado estivo algo mais motivado que o ano anterior, xa que a maior parte do claustro participou na formación do PFPP, agardando recibir unha formación que nos achegara coñecementos e manexo para traballar con Polos Creativos. Recollemos moitas ideas de compañeiros que deron a formación, sen embargo toda esa motivación foi caendo a medida que o material de polos creativos non chegaba ao centro e non tiñamos a posibilidade de facer realidade as ideas que xurdían nestas formacións. Aínda que se solicitou ao Cafi material de préstamo como a Plotter ou impresora 3D non foi suficiente para que o profesorado se implicara no seu manexo, agás aquel que si está interesado neste tipo de actividades.

A aula virtual segue sen gustar a maioría do profesorado, moi pouco a emprega co seu alumnado. Na etapa de infantil tan só un grupo a empregou a modo de blog de aula.

O curso pasado instalouse no centro paneis dixitais interactivos dende infantil ata 1º e 2º de primaria, isto fixo posible que as incidencias nestas etapas foran moi poucas. En cambio no resto das etapas de primaria seguimos con problemas de actualización de equipos, pouca memoria RAM, lentitude... que fomos solventando sustituíndo algunhas pezas.  Estaba previsto neste curso, se instalaran paneis interactivos no resto de primaria (3º a 6º) con equipos informaticos, pero non foi así. Isto impediu mercar equipos novos, xa que contabamos con esta equipación para logo reubicar equipos en mellor estado por outros que non están tan ben.

Dende a Consellería enviaron 2 PCs con maqueta abalar,  para colocar na sala do profesorado e deste xeito contar con 2 equipos mais actuais. Como non dispoñemos de mais conexión por cable nesta sala, conectaronse por wifi.

Como tódolos anos, solicitamos o Plan Director, tendo 3 charlas durante o curso (1 por trimestre) . Tamén se solicitou algunha charla a empresas externas ao centro, pero non se deron concretado datas, polo que este obxectivo segue sen cumplirse dende o curso pasado. Consideramos que é de necesidade seguir formando ao profesorado, alumnado e familias sobre o uso e abuso das novas tecnoloxías, aplicacións, redes sociais, protección de datos, etc...

Proposta de mellora

Para o víndeiro curso propoñemos o seguinte:

1- Seguir formando o profesorado a través dun PFPP sobre Polos Creativos.

2- Protección de datos.

3-Manexo aula virtual, galería de imaxes, web do centro ou outras canles da Consellería por parte do profesorado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Na páxina web do noso centro atópase aloxado o Plan Dixital do curso 2022-2023 en formato pdf, podéndose consultar no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsigueiro/system/files/u15/15011567_CEIPPluriling%C3%BCeSig%C3%BCeiro_PlanDixital_V1.0_08062022%20APROBADO.pdf

Durante este curso 2023-2024, este documento estará dispoñible no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15011567