Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do plan dixital no centro. Contribución do plan ao Proxecto Educativo do centro.

O Centro educativo está situado no núcleo urbano da vila de Ordes, moi preto dos accesos á autoestrada. A pesares de non estar no centro da vila, o centro educativo está moi ben comunicado.

A poboación do noso Centro é de clase media- baixa, cunha porcentaxe considerablemente menor da clase media e alta. Conflúen no noso centro alumnado do núcleo urbano da vila de Ordes e alumnado pertencente ás zonas rurais das distintas parroquias do Concello de Ordes.

As profesións dominantes son obreiros, empregados comerciais, empregadas da confección, persoas adicadas á agricultura e gandería e, en menor medida, profesionais liberáis, funcionarios…

Temos un número importante de inmigrantes: de Marrocos, Venezuela, Colombia.

A elaboración do plan dixital e a súa posta en marcha pretenden contribuír ó proxecto educativo do centro no seguinte sentido:

·        Mellorar as instalacións do centro.

·        Mellorar as relacións entre todos os membros da comunidade educativa.

·        Influír na metodoloxía.

·        Contribuír á atención á diversidade e á integración do alumnado.

·        Fomentar a actualización e renovación do profesorado.

 

Xustificación do plan dixital.

Á hora de elaborar o plan dixital, tivéronse en conta os seguintes referentes legais:

Marco Lexislativo

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

- Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nessa etapa educativa.

- Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nessa etapa educativa.

- Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesaetapa educativa.

 

Por outra parte, no artigo 121 referido ó Proxecto Educativo do centro, establécese que neste documento se recollerá a estratexia dixital do centro. Por último, no artigo 132 referido ás competencias do/a director/a do centro, establécese como función promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo.

·        A resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

·        A resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria e bacharelato no curso académico 2021- 2022, fai referencia ó uso das TIC como recurso didáctico e como medio para levar a cabo as actividades non presenciais, ó uso dos medios de comunicación corporativos para comunicarse coas familias e ó uso da aula virtual no caso da ensinanza non presencial.

Na súa disposición adicional quinta fai referencia a que cada centro elaborará o Plan Dixital no curso 2021-2022, segundo as instrucións que se diten.

 

Proceso de elaboración.

Para a elaboración do Plan Dixital seguíronse unha serie de pasos:

·        Creación do grupo para o PFPP e creación do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

·        Análise da situación do centro a través do Selfie e das opinións dos membros do claustro.

·        Creación do DAFO analizando as oportunidades, fortalezas, debilidades e ameazas que se atoparon no centro.

·        Elaboración do plan, sendo froito dun traballo conxunto, coordinado e cooperativo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Instrumentos de recolida

Para a análise DAFO empregouse a autoavaliación SELFIE, o test CDD, así como as diferentes oponións que se foron recollendo no claustro.

 

Interno
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Diferenza entre o alumnado e o profesorado en canto ao comportamento seguro e responsable. Alumnado Si
Debilidade O equipamento do centro, na súa maioría, está obsoleto. O noso centro non respnalda o ensino-aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Non existe sistema de protección de datos. Infraestruturas Si
Debilidade Non existe debate sobre as vantaxes e desvantaxes da ensinanza-aprendizaxe coas tecnoloxías. O noso profesorado non emprega entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. O profesorado non fomenta a participación do alumnado en proxectos inderdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. O profesorado non emprega tecnoloxías dixitais para que o noso alumnado poida realizar observacións constructivas sobre o traballo dos seus compañeiros. O profesorado non emprega tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O noso centro dispón de asistencia técnica para problemas tecnolóxicos. Infraestruturas Non
Fortaleza O 85% do claustro é definitivo no centro O noso profesorado accede á formación continua (DPC) no relativo á ensinanza-aprendizaxe. O profesorado busca recursos educativos dixitais en liña. A comunidade educativa emprega tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. O profesorado intenta adaptar o seu método de ensinanza ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Dotación económica insuficiente. Falta de tempo para a formación do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Exceso de burocracia, tanto para o profesorado como para o equipo directivo. Ratio profesorado/alumnado elevada. Cambios lexislativos constantes. Lexislación Non
Oportunidade Solicitar o plan Edixgal. Solicitar Radio na biblio. MEllorar a conectividade no centro. Mellorar o equipamento tecnolóxico no centro Adaptar o horario para o ensino-aprendizaxe da compentecia dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Participar en proxectos de Etwining. Contorna Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Analizado o DAFO vemos que o centro intentará conservar as fortalezas, pola contra, os obxectivos estarán baseados nas debilidades.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Concienciar ao alumando dos riscos e vantaxes do uso das novas tecnoloxías.
O2PD Renovar os equipamentos informáticos que comecen a dar problemas recurrentemente, así como mellorar a conexión á rede nos edificios de Educación Infantil.
O3PD Homoxeneizar a competencia dixital do profesorado.

Seguimento

Procedemento

A persoa coordinadora do plan dixital do CEIP A.D.R. Castelao de Ordes, Alberto Cancela Montes reunirase co mentor Adix Jorge Fernández Otero telefonica,virtual ou presencialmente tantas veces como fosen necesarias para analizar como se están a desenvolver os obxectivos e as accións dos mesmos, tentando axudar naquelas incidencias que puidesen xurdir durante o curso académico.

 

1º Trimestre

A 22 de decembro de 2023 os obxectivos e accións quedan como segue:

O1PD Concienciar ao alumando dos riscos e vantaxes do uso das novas tecnoloxías.

- AO1.1. Pendente

- AO1.2. En proceso     

- AO1.3. Pendente

 

O2PD Renovar os equipamentos informáticos que comecen a dar problemas recurrentemente, así como mellorar a conexión á rede nos edificios de Educación Infantil.

- AO2.1.En proceso     

- AO2.2. Pendente

- AO2.3. Pendente

 

O3PD Homoxeneizar a competencia dixital do profesorado.

- AO3.1. .En proceso     

- AO3.2. Acadada

- AO3.3. Pendente

2º Trimestre

A 24 de marzo de 2024 os obxectivos e accións quedan como segue:

O1PD Concienciar ao alumando dos riscos e vantaxes do uso das novas tecnoloxías.

- AO1.1. Acadada

- AO1.2. En proceso     

- AO1.3. Pendente

 

O2PD Renovar os equipamentos informáticos que comecen a dar problemas recurrentemente, así como mellorar a conexión á rede nos edificios de Educación Infantil.

- AO2.1.En proceso     

- AO2.2. Pendente

- AO2.3. Pendente

 

O3PD Homoxeneizar a competencia dixital do profesorado.

- AO3.1. .Acadada   

- AO3.2. En proceso

- AO3.3. Pendente

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2024 os obxectivos e accións quedan como segue:

O1PD Concienciar ao alumando dos riscos e vantaxes do uso das novas tecnoloxías.

- AO1.1. Acadada

- AO1.2. Acadada

- AO1.3. Acadada

 

O2PD Renovar os equipamentos informáticos que comecen a dar problemas recurrentemente, así como mellorar a conexión á rede nos edificios de Educación Infantil.

- AO2.1.Acadada     

- AO2.2. Acadada

- AO2.3. Acadada

 

O3PD Homoxeneizar a competencia dixital do profesorado.

- AO3.1. .Acadada   

- AO3.2. Acadada

- AO3.3. Sen acadar

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación procesual e que se levará a cabo unha vez ó trimestre, valorando cada unha das accións establecidas.

E a avaliación final, na que se fará esa valoración final dos obxectivos establecidos, tendo en conta os indicadores que se mostran na seguinte táboa.

Valoración xeral

A valoración xeral é positiva, debido a varios motivos que esgrimo a continuación:

 

Ao ser o segundo ano que nos atopamos na coordinación do Plan Dixital favoreceu que as liñas de actuación foran máis concisas.

Este curso puidemos traballar directamente no que respecta á concienciación dos riscos e vantaxes do uso das novas tecnoloxías. Estas accións estiveron vinculadas ao Plan Director dirixida ás familias e tamén dende as titorías ao alumnado.         

Realizáronse constantes arranxos e revisións de equipos informáticos que deron problemas, tamén se mercaron algúns equipos de xeito puntual. No que respecta á mellora da conexión de rede nos edificios de Educación Infantil, durante o terceiro trimestre puidemos contar cun equipo da Unidade de Atención a Centros que arranxou definitivamente este problema.

O curso que remata contamos cunha liña de formación de Polos Creativos, o cal contou cunha implicación moi positiva por parte do sector do profesorado, máis do 50% do profesorado certificou a formación. Isto repercutiu directamente na formación da Competencia Dixital que os docentes debemos certificar, porén, non será até o próximo curso cando poidamos comprobar esta mellora.

Proposta de mellora

En base a todos estes datos podemos establecer as seguintes propostas para o vindeiro curso:

 

Seguir promovendo o traballo colectivo entre os docentes para a mellora da competencia dixital, así coma os proxectos e metodoloxías que impliquen este tipo de traballo.

Continuar coa renovación e mantemento dos equipos informáticos.

Persistir na concienciación da seguridade na rede para toda  comunidade educativa.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan dixital farase a través das seguintes canles:
- Páxina web do centro poderase ver a versión pdf do curso anterior 2022-2023 nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaoordes/system/files/plan%20dixital%20definitivo.pdf
- Durante o curso 2023/24 poderase acceder ao Plan Dixital actualizado através desta ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15011336