Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución
1.1. Datos do centro
      CEIP Felipe de Castro

      Rúa Ramón Lira Castro, 32
15200 Noia – A Coruña
ceip.felipe.castro@edu.xunta.gal 
www.edu.xunta.gal/centros/ceipfelipecastro 
Ensinanza infantil e primaria.
Alumnado: 356
Claustro do profesorado: 34
Persoal non docente: 1 auxiliar administrativo, 1 conserxe, 2 auxiliares técnicos educativos e 1 ATS
1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O Ceip Felipe de Castro, de titularidade pública, está situado no lugar de Bergondo, zona residencial do Concello de Noia. Recibe alumnado do núcleo urbano e tamén de moitas aldeas e parroquias rurais de dito Concello. 
Atende a un sector da poboación moi amplo (Boa, Obre, Argalo, Argote, San Lázaro, Noia centro, Labarta, San Bernardo, A Rasa, Vilaverde…). Noia é o referente principal de toda a zona, no que se refire a servizos administrativos e no ámbito económico, aínda que agora coa mellora das comunicacións, Santiago tamén xoga un papel moi importante, tanto no eido administrativo coma no económico. Nos últimos anos tense producido un aumento da poboación, debido en gran medida á chegada de familias doutros países, fundamentalmente de Sudámerica. A maioría das familias, dedícanse ao sector servizos e ao marisqueo, importante motor socioeconómico da zona. 
O Plan Dixital está directamente relacionado cos seguintes obxectivos do centro no ámbito pedagóxico reflectidos no PEC
Potenciar a participación de todos os membros/as da comunidade educativa no funcionamento do centro: elaborar programacións de ciclo, PAT (renovándoas periodicamente e adaptándoas sempre á lexislación vixente), participar en proxectos de innovación educativa, elaborar proxectos (Tics, Plan lector, Convivencia, Normalización, Extraescolares…)
Potenciar as T.I.C.S como recurso didáctico para integralas como ferramenta indispensable na demanda da sociedade actual. 
Deseñar programas que propicien a innovación educativa. 
O centro entrou a formar parte do proxecto ABALAR no curso 2012-2013 e posteriormente no proxecto E-DIXGAL no curso 2016-2017.
Desde a entrada en ABALAR formámonos no uso das ferramentas dixitais (Hot Potatoes, LIM, eXeLearning, GIMP, uso da aula virtual, ferramentas integradas en Moodle …)
O Plan Dixital contribuirá á consecución dos obxectivos que se reflectirán na PXA deste curso, 23-24:
Integrar o uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación nas tarefas que se realizan no Centro, de modo que profesorado, alumnado e familias as utilicen como unha ferramenta máis.
Potenciar actividades de participación de toda a comunidade educativa nas diferentes actividades de centro: xornal escolar, actividades culturais, etc. 
Lograr a integración das TIC como un medio dinámico de comunicación (páxina web, abalarPro) sendo un elemento común de información e contacto con todos os axentes do proceso facilitando a conexión entre eles.
1.3. Breve xustificación do mesmo
Este Plan Dixital foi redactado seguindo a normativa que a continuación se relaciona:
Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
1.4. Proceso de elaboración
     Realizamos un PFPPl coordinado dende o CAFI  e titorizado tamén polo equipo ADIX de Ribeira. O equipo de dinamización do PD reuniuse cunha periodicidade quincenal desde o mes de novembro para debater as distintas propostas e  incorporar as conclusións ao PD.
2. Situación de partida
2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

Substituímos a aula de informática por un carro de carga con 26 equipos convertibles que rota polas aulas do primeiro e segundo ciclo de E.P.
En cada clase hai un ordenador portátil mercado polo centro só con conexión WIFI. Infantil e 1º ciclo de E.P. conta con paneis interactivos, 2º ciclo con PDI e as aulas do 3º ciclo (5) teñen a dotación determinada pola Consellería para o proxecto E-Dixgal.
Na sala de profesores temos 4 ordenadores con conexión ethernet e unha impresora en rede.

BIBLIOTECA
Contamos con oito ordenadores de sobremesa para consulta do alumando. Unha PDI conectada a un portátil e un PC (con prestacións desfasadas) reservado para a xestión; está conectado a unha impresora. Todos os equipos teñen conexión a Internet mediante ethernet. 
ADMINISTRACIÓN E ORIENTACIÓN:
Contan con sete PC,  catro impresoras, unha delas con función de fotocopiadora.
Utilizamos para a comunicación coa comunidade educativa: a páxina web do centro, abalarMóbil e AbalarPro e a ferramenta de mensaxería Tokappschool. Tamén se fai uso da aula virtual e do entorno EVA-Edixgal para tarefas educativas. 
O mantemento dos equipos empeza a facelo o coordinador TIC e o administrativo do centro e en último caso o Servizo Premium para os equipos E-Dixgal e a UAC para o resto da dotación da Consellería. O mantemento do resto do equipamento lévano tendas de informática do entorno do centro.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa empregados foron: 

a) SELFIE: é un paquete completo que axuda ás escolas a desenvolver un plan de acción para unha aprendizaxe eficaz na era dixital. Ofrece pautas paso a paso para revisar os resultados e establecer prioridades e obxectivos, desenvolver un plan de acción, implementar e avaliar ese plan.

b) Test CDD: con este Test de Competencia Dixital Docente, enmarcado no Marco Europeo DigCompEdu, extraemos información directa sobre o nivel de Competencia Dixital do profesora do centro, facendo unha anlálise dos resultados.

No Anexo I móstranse os resultados obtidos tanto no SELFIE como no test CDD.

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Participación na avaliación utilizando ferramentas dixitais. Alumnado Non
Debilidade Aprender a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Familias Non
Debilidade Equipamento informático obsoleto. Infraestruturas Non
Debilidade Participación en redes colaborativas profesionais. Organización de centro Non
Debilidade Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Debilidade Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Non
Debilidade Creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. Persoal docente Si
Debilidade Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Non
Debilidade Provisionalidade do persoal non docente. Persoal non docente Non
Fortaleza Comportamento seguro e responsable do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza Aprende a comunicarse usando as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Colaboración no Proxecto E-Dixgal. Familias Non
Fortaleza Conectividade apropiada. Infraestruturas Non
Fortaleza Proxecto E-Dixgal. Oferta Non
Fortaleza Relación con entidades externas ao centro. Organización de centro Non
Fortaleza Existencia de canles de comunicación interciclos dentro do centro. Persoal docente Non
Fortaleza Adopción da tecnoloxía para a docencia. Persoal docente Non
Fortaleza Persoal administrativo con competencia dixital. Persoal non docente Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Condicións para a participación nas actividades formativas. Administración educativa Si
Ameaza Resolución de incidencias técnicas. Administración educativa Non
Ameaza Diferenzas nas condicións socioeconómicas da contorna. ANPA Non
Ameaza Dotación de equipamento tecnolóxico. Lexislación Non
Ameaza Excesiva carga burocrática. Lexislación Non
Ameaza Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo. Lexislación Non
Ameaza Continuos cambios na lexislación educativa. Lexislación Non
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas. Administración educativa Non
Oportunidade Participación das familias. ANPA Non
Oportunidade Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. ANPA Non
Oportunidade Relación coa ANPA. Contorna Non
Oportunidade Apoio ao labor docente. Lexislación Non
Oportunidade Protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Existencia de proxectos externos. Outras Non
Oportunidade Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Grazas á información recollida e xerada a través dos datos do SELFIE e do Test CDD, que nos permitiu confirmar e coñecer a realidade do noso centro no relativo ao eido dixital, puidemos extraer unha análise DAFO que nos permite reflexionar sobre a realidade do noso centro e nos facilitou a elaboración das liñas de actuación fundamentais para a redacción dos obxectivos e accións a desenvolver no vindeiro curso.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Formar ao profesorado mediante un PFPP para a creación de material audiovisual (vídeo-titoriais, podcast, ...)
O2PD Crear un repositorio de recursos comúns na aula virtual.
O3PD Poñer a disposición do profesorado recursos libres para a creación/elaboración de material para as aulas.

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital, realizará, alomenos, unha xuntanza trimestral para valorar a evolución do Plan.

Do mesmo xeito, a persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro, para analizar, xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital, o desenvolvemento do PD.

A persoa coordinadora do PD, terá acceso á ferramenta EduCalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan, baixo a supervisión da persoa directora e co apoio do resto de persoas que forman o equipo.

1º Trimestre

Ademais das accións encamiñadas a conseguir os obxectivos propostos, no primeiro trimestre (18 de outubro) as aulas do 3º ciclo participaron no concurso "Ciberseguridade no cole" organizado por Telefónica que ía dirixido ao alumnado entre 10 e 14 anos.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2º Trimestre

Ademais das accións encamiñadas a conseguir os obxectivos propostos no segundo trimestre (6 de febreiro) o alumnado de 5º e 6º participou no taller online “Protege tus dispositivos: aprende a realizar configuraciones seguras”. Dito taller estivo organizado polo ENCIBE e estaba dirixido a nenos e nenas de 9 a 12 anos.
Tamén puxemos un funcionamento un carro de carga con 23 ordenadores que rotou polas aulas do primeiro e segundo ciclo seguindo un horario establecido ao efecto.

 
 
 
 
 
 
3º Trimestre

Ademais das accións encamiñadas a conseguir os obxectivos propostos, no terceiro trimestre participamos en dúas actividades: 

  • O 15 de abril o alumnado de 5º participou no programa “Navegando con Rumbo” ofertado pola Xunta de Galicia.
  • O 10 de maio as aulas de 5º e 6º tiveron unha charla sobre “Ciberacoso e Tecnoloxías da Información e Comunicación”, dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos organizado pola Garda Civil
     
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Atendendo ao que expón no Plan de Acción, avaliarase o grao de consecución dos obxectivos alí mencionados da seguinte maneira:
- Avaliación trimestral, valoraranse os seguintes aspectos:
    execución das accións
    análise e valoración dos resultados 
    modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Ao finalizar o curso realizarase unha avaliación do grao de consecución dos obxectivos propostos e en función do resultados modificarase o PD de cara o curso seguinte.

 
 
 
 
 
 
Valoración xeral

Consideramos acadados os dous primeiros obxectivos propostos. O terceiro, por diversas causas, non o traballamos. Entre esas causas podemos mencionar: posta en marcha do carro móbil cos vinte e tres ordenadores para servizo do 1º e 
2º ciclo, o desenvolvemento do PFPP, participación em actividades organizadas por institucións alleas ao centro (Telefónica, INCIBE, ...).
A valoración que facemos é positiva.

 
 
 
 
 
 
Proposta de mellora

Ningunha proposta en concreto, seguir traballando na mesma liña, continuar coa busca/elaboración de contidos para a Aula Virtual do Centro, facer un uso responsable das TIC tanto por parte do profesorado como do alumnado. Seguir participando en activiades organizadas por entidades alleas ao Centro, ...
 

 
 
 
 
 
 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Con data 28 de xuño, comunícase ao Claustro de profesores e ao Consello Escolar a dispoñiblidade do Plan Dixital en Educalidade.