Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente.
Cunha sociedade en cambio permanente e cada vez máis dixitalizada e coa situación producida no estado de alarma a causa da Covid-19, os centros educativos deben dar resposta a esas necesidades para poder ofrecer ao noso alumnado as competencias necesarias para desenvolverse no futuro, polo que dispor dunha aula virtual de aprendizaxe e unha estratexia dixital de centro  é actualmente imprescindible.
O marco lexislativo no que se basea este plan dixital é o seguinte:

  • Resolucio¿n do 3 de setembro de 2021, da Secretari¿a xeral de Educacio¿n e Formacio¿n Profesional, pola que se ditan instrucio¿ns para o desen¿o, elaboracio¿n e implementacio¿n do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos pu¿blicos da Comunidade Auto¿noma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n infantil na Comunidade Auto¿noma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n infantil na Comunidade Auto¿noma de Galicia e se regula a avaliacio¿n nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n primaria na Comunidade Auto¿noma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n primaria na Comunidade Auto¿noma de Galicia e se regula a avaliacio¿n nesa etapa educativa.
  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n secundaria obrigatoria na Comunidade Auto¿noma de Galicia.
  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenacio¿n e o curri¿culo da educacio¿n secundaria obrigatoria na Comunidade Auto¿noma de Galicia e se regula a avaliacio¿n nesa etapa educativa.
Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O colexio está situado nas aforas da vila de Noia, nunha poboación  costeira duns 14000 habitantes. A só dous quilómetros do núcleo urbano en dirección este, moi preto da principal estrada que comunica Noia con Santiago de Compostela. Está rodeado de pequenos núcleos: A Rasa, Ousoño, Vilarbello, A Fialla... polo que podemos falar desta zona como unha zona semirrural do núcleo urbano de Noia.
A caracterización familiar dende o punto de vista socioeconómico é de nivel medio-baixo. Gran parte destas familias traballan fóra da casa, tanto o pai como a nai, dedicándose a maior parte ao sector servizos e ao sector primario (pesca e marisqueo).
Tal e como recolle o PE do centro, o noso primeiro obxectivo é o  de proporcionar ao noso  alumnado unha formación plena que lle permita conformar  a súa propia e  esencial identidade. Como a educación non pode desligarse da sociedade, o proceso de dixitalización da ensinanza do alumnado debe contribuír a acadar ese obxectivo e ao mesmo tempo debe ser un elemento compensador das desigualdades sociais, desenvolvendo deste xeito a capacidade do alumnado para o exercicio de actividades profesionais, sen esquecer  a formación en igualdade para a paz, a cooperación e a solidariedade.
No próximo curso, este Plan dixital do centro estará presente na Programación Xeral Anual co principal obxectivo de mellorar a dixitalización dos procesos de ensinanza-aprendizaxe e da competencia dixital dos docentes e do alumnado, ofrecendo así mesmo, unha mellor resposta e continuidade ás situacións de ensinanza non presencial.
 
Proceso de elaboración

Seguindo a normativa da Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital e as pautas dadas polo CAFI e o equipo Adix da nosa zona para a elaboración do Plan Dixital:
  • Formouse o equipo de dinamización do Plan Dixital composto pola directora, o coordinador TIC e outros tres profesores (dous de Primaria e dous de Secundaria).
  • A análise da situación do centro atendeu ás dimensións establecidas polo Marco Europeo de Organizacións Dixitalmente Competentes.
  • Os documentos de informe SELFIE e do test CDD, realizados no curso 2021-2022,  actuaron como documentos de referencia para xerar unha análise DAFO que favoreceu a reflexión sobre a situación do centro no contexto da dixitalización, e a elaboración final do Plan Dixital de Centro orixinal en termos de fixación de obxectivos e actuacións de mellora. Agora facemos unha actualización deste DAFO orixinal, a partir desta análise, facemos a revisión e actualización dos obxectivos do plan de acción para este curso 2023-2024.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Unha enquisa entre o profesorado, os documentos de informe SELFIE e do test CDD (realizados ao longo do curso 2021-2022) e o DAFO de 2022-2023, actuaron como documentos de referencia para xerar unha análise DAFO nova que favoreceu a reflexión sobre a situación do centro no contexto da dixitalización, e a elaboración final do Plan Dixital de Centro en termos fixación de obxectivos e actuacións de mellora así como fixar os obxectivos do ano 2022-2023 que se consideran acadados.

Interno
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade No noso centro o alumnado non aprende a programar ou codificar. Alumnado Non
Debilidade No noso centro non hai dispositivos portátiles administrados e propiedade do centro que os alumnos poidan levar a casa cando sexa necesario. Alumnado Si
Debilidade Baixo emprego e coñecemento de ferramentas de software libre. Alumnado Si
Debilidade Non acostuma a pedir axuda no manexo das tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade Competencias dixitais baixas. Alumnado Si
Debilidade Os dispositivos dixitais tenden a ser elementos de distracción nos procesos de aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Descoñece ou non emprega correctamente as funcionalidades da ferramenta de Alexia para a comunicación co profesorado. Familias Non
Debilidade Baixa competencia dixital. Familias Si
Debilidade En ocasións os dispositivos dixitais son compartidos por varios integrantes da familia. Familias Si
Debilidade No noso centro non hai dispositivos portátiles xestionados e propiedade do centro que os alumnos poden levar a casa cando sexa necesario. Infraestruturas Non
Debilidade Infraestrutura insuficiente ou anticuada nas aulas. Infraestruturas Si
Debilidade Equipos obsoletos, cableado de aula deficiente e con problemas de seguridade. Infraestruturas Si
Debilidade Ten adquirido material dixital con recursos económicos propios. Organización de centro Non
Debilidade O noso profesorado usa tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobra a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade O noso profesorado non fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares usando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Nivel baixo de competencia dixital na etapa de infantil. Persoal docente Si
Debilidade O noso profesorado usa tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións constructivas sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Si
Debilidade Pouco profesorado líder ou experto dixital (B2 -C2). Persoal docente Si
Fortaleza No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou están xestionados por el, e que o alumnado pode usar cando os necesita. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado pode facer o seguimento das tarefas a través da aula virtual do centro. Alumnado Si
Fortaleza Conta con correo corporativo do centro propio e individualizado. Alumnado Non
Fortaleza Pode facer uso dos dispositivos móbiles con carácter educativo baixo autorización do profesorado. Alumnado Si
Fortaleza Emprego de Alexia para as comunicacións co centro. Familias Non
Fortaleza No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou están xestionados por el e que o alumnado pode utilizar cando os necesita. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro hai dispositivos dixitais para o seu uso na ensinanza. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro facilitase acceso a Internet para a ensinanza e a aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza O noso centro dispón de asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro existen sistemas de protección de datos. Infraestruturas Si
Fortaleza Aulas dotadas de equipamento dixital (PC e Proxector) Infraestruturas Si
Fortaleza O centro conta con acceso a internet 600mb Infraestruturas Si
Fortaleza Todas as aulas teñen acceso a internet. Infraestruturas Si
Fortaleza O profesorado conta co apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Oferta Si
Fortaleza O centro difunde información de interese e facilita o seguimento da actividade académica do alumnado a través de servizos dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza O Equipo directivo involucra ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro Organización de centro Si
Fortaleza O noso centro dispón de asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Si
Fortaleza Profesorado e alumnado contan con conta corporativa propia do centro. Organización de centro Si
Fortaleza Fomenta a participación e formación do profesorado en contextos dixitais a través dos plans de formación do centro. Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado do centro busca recursos dixitais en Internet. Persoal docente Si
Fortaleza No noso centro apoiase o profesorado para que explore novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado do centro utiliza recursos dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Si
Fortaleza CDD media do profesorado: Integrador (B1). Persoal docente Si
41 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Si
Ameaza Condicións discriminatorias para o acceso a actividades formativas. Administración educativa Si
Ameaza A formación TIC non se axusta ás demandas do profesorado. Administración educativa Si
Ameaza Falta de axilidade na resolución de problemas asociados ás infraestruturas e ao equipamento dixital. Administración educativa Non
Ameaza No noso centro o alumnado non aprende a programar ou codificar ANPA Non
Ameaza Problemas de dotación económica para poder atender a plans de intervención máis ambiciosos. ANPA Non
Ameaza Nivel socioeconómico familiar medio - baixo. Contorna Non
Ameaza Mal uso das redes sociais e dos dispositivos móbiles. Contorna Non
Ameaza Descoñecemento dos usos responsables das TICs do profesorado e do alumnado. Lexislación Si
Ameaza Cambios continuos na lexislación. Lexislación Non
Oportunidade Fomento de metodoloxías de innovación educativa (Plans Proxecta, Classroom). Administración educativa Si
Oportunidade Oferta de formación a través dos plans de formación para o profesorado e fomento dos plans de formación de centro. Administración educativa Si
Oportunidade Boa relación coa ANPA. ANPA Si
Oportunidade Mellora na oferta de actividades extraescolares. ANPA Non
Oportunidade Emprego da Aula Virtual como espazo de retroalimentación co profesorado e onde solicitar axuda para os procesos de ensino-aprendizaxe. Contorna Non
Oportunidade O alumnado conta con variedade de dispositivos dixitais propios. Contorna Si
Oportunidade No noso centro existen sistemas de protección de datos. Lexislación Si
Oportunidade Colaboración permanente con entidades municipais e extramunicipais públicas como privadas no desenvolvemento de proxectos educativos como en actividades extraescolares. Outras Non
Oportunidade Colaboración de entidades privadas en proxectos educativos interdisciplinares. Outras Non
Oportunidade Estreita colaboración ca administración municipal en diferentes proxectos educativos. Outras Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Partindo da análise de resultados do DAFO e examinando as debilidades e fortalezas decidiuse abordar cada unha das debilidades como prioritarias de cara o próximo curso, tentando mellorar nesas áreas elaborando as táboas con obxectivos realistas para poder analizar os valores previstos e, chegado o momento, realizar o seguinte plan dixital cun punto de partida xa dende  eses valores acadados.

Estes obxectivos realizaronse de común acordo entre todos os membros do plan dixital que integran profesionais de cada un dos niveles educativos do centro e que están implicados en todas as áreas relacionadas coas debilidades e fortalezas análizadas no DAFO.

Por cada un deses obxectivos cumprimentouse unha táboa localizada neste mesmo documento e que analiza temporalización e recursos así como todas as accións necesarias para alcanzalos.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Proposta de formación para a mellora da competencia dixital docente.
O02PD Empregar rúbricas para a avaliación de traballos facilitando retroalimentación axeitada ao alumnado en entorno Google Classroom.
O03PD Empregar actividades de coavaliación e autoavaliación para a avaliación dixital de traballos (en formato dixital ou non) do alumnado en Google Classroom.
O04PD Emprego da gamificación con ferramentas dixitais.
O05PD Manexo de equipamento dixital: impresoras 3D, cortadora láser, robótica,...
O06PD Realizar un repositorio de recursos comúns a compartir entre o profesorado na aula virtual e engadir un banco de recursos adaptados para alumnado con dificultades de aprendizaxe.
O07PD Implantar ferramentas para supervisar o comportamento do alumnado (Veyon), rexistro e comunicación de incidencias TIC e reserva de espazos no centro educativo. Elaboración dun protocolo ante avarías básicas que poden ser resoltas polos propios docentes.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do PD realizarase ao final de cada trimestre, polo que o equipo directivo xunto co equipo TIC, reunirase nos meses de decembro, marzo e xuño para analizar se se está a cumprir o calendario de accións previsto no apartado anterior, analizando:

  • Cumprimento dos obxectivos en prazo.
  • Grao de satisfacción na consecución dos obxectivos.
  • Posibles adaptacións das accións de mellora.
  • Outras observacións.

 

Obxectivo 1: Proposta de formación para a mellora da competencia dixital docente.

A01.1: Selección e solicitude do curso de formación no centro axeitado ás necesidades do profesorado.

Obxectivo 2: Empregar rúbricas para a avaliación de traballos facilitando retroalimentación axeitada ao alumnado en entorno Google Classroom.

AO2.1: Matrícula do alumnado na AV Google Suite do centro.

AO2.2: Creación de cursos na AV Google Classroom do centro para alumnado. P. Supervisión da mesma.

Obxectivo 3:Empregar actividades de coavaliación e autoavaliación para a avaliación dixital de traballos (en formato dixital ou non) do alumnado en Google Classroom.

AO3.1: Matrícula do alumnado na AV Google Suite do centro.
AO3.2: Creación de cursos na AV Google Classroom do centro

 

Obxectivo 7: Implantar ferramentas para supervisar o comportamento do alumnado (Veyon), rexistro e comunicación de incidencias TIC e reserva de espazos no centro educativo. Elaboración dun protocolo ante avarías básicas que poden ser resoltas polos propios docentes.

A07.1: Instalación de software na aula de informática e nos portátiles dunha ferramenta para supervisar o comportamento do alumnado nos ordenadores.
A07.3: Implantación dunha ferramenta para reserva de espazos no centro educativo.

 

1º Trimestre

 

Realizamos unha valoración positiva na posta en marcha do Plan Dixital do presente curso 2023-2024.

Neste primeriro trimestre leváronse a cabo case todas as medidas previstas no Plan:

  • Creamos o equipo de coordinación dixital.
  • Déronse a coñecer os obxectivos do Plan nun Claustro.
  • Formamos grupos de traballo de profesores en cada etapa para facilitar a coordinación.
  • Realizouse unha enquisa de necesidades de formacion entre o profesorado.
  • Creamos os curso na AV do centro e matriculamos ao alumnado nos mesmos.
2º Trimestre

Obxectivo 1: Proposta de formación para a mellora da competencia dixital docente.

  • A01.1: Selección e solicitude do curso de formación no centro axeitado ás necesidades do profesorado.
    • Seleccionamos os cursos B1 e B2 para todo o profesorado do centro a realizar no terceiro trimestre.

Obxectivo 2: Empregar rúbricas para a avaliación de traballos facilitando retroalimentación axeitada ao alumnado en entorno Google Classroom. 

  • A02.3: Elaboración de rúbricas base para traballos en diferentes niveis educativos.
    • Elaboraronse rúbricas base en diferentes niveis educativos.
  • A02.4: Incorporación das rúbricas base elaboradas coma rúbricas compartidas en Google Drive.
    • Compartironse as rúbricas en Google Drive para todos os docentes.

Obxectivo 4: Manexo de equipamento dixital: impresoras 3D, cortadora láser, robótica,...

  • A04.1: Emprego de actividades de gamificación con ferramentas dixitais
    • Máis do 50% dos profesores utilizan a gamificación con ferramentas dixitais.

Obxectivo 5: Manexo de equipamento dixital: impresoras 3D, cortadora láser, robótica,...

  • A05.1: Realización do seminario de Polos creativos por parte do profesorado interesado.
    • Realizaronse as formacións no centro implicando a máis do 10% do profesorado.

Obxectivo 6: Realizar un repositorio de recursos comúns a compartir entre o profesorado na aula virtual e engadir un banco de recursos adaptados para alumnado con dificultades de aprendizaxe.

  • A06.1: Creación dun repositorio dixital no ámbito do Google Suite do centro.
    • Creamos un repositorio en Google Drive
  • A06.3: Engadido de contidos ao repositorio dixital e ao banco de recursos adaptados para alumnos con dificultades de aprendizaxe. 
    • Engadironse contidos de Educación primaria no banco de recursos.

Obxectivo 7: Implantar ferramentas para supervisar o comportamento do alumnado (Veyon), rexistro e comunicación de incidencias TIC e reserva de espazos no centro educativo. Elaboración dun protocolo ante avarías básicas que poden ser resoltas polos propios docentes.

  • A07.1: Instalación de software na aula de informática e nos portátiles dunha ferramenta para supervisar o comportamento do alumnado nos ordenadores.
    • Levouse a cabo a instalación de Veyon nos ordenadores para supervisar ao alumnado nos ordenadores
  • A07.3: Implantación dunha ferramenta para reserva de espazos no centro educativo.
    • Implantaronse diferentes calendarios en google como recursos para a reserva dos espazos no centro.
3º Trimestre

Obxectivo 1: Proposta de formación para a mellora da competencia dixital docente.

Realizouse a formación en Competencia Dixital Docente no centro na que máis do 10% dos docentes acadaron o nivel B2.

Obxectivo 2: Empregar rúbricas para a avaliación de traballos facilitando retroalimentación axeitada ao alumnado en entorno Google Classroom. 

Acadouse o obxectivo de crear a compartir rúbricas para a avaliación de traballos en Google Classroom.

Obxectivo 3: Empregar actividades de coavaliación e autoavaliación para a avaliación dixital de traballos (en formato dixital ou non) do alumnado en Google Classroom.

Non se acadou o obxectivo do 25% do profesorado.

Obxectivo 4: Emprego da gamificación con ferramentas dixitais.

Actividades de gamificación realizadas polo profesorado superior o 50% das materias

Obxectivo 5: Manexo de equipamento dixital: impresoras 3D, cortadora láser, robótica,...

Realizados os cursos de formación de Polos creativos, máis do 10% do profesorado manexa o equipamento.

Obxectivo 6: Realizar un repositorio de recursos comúns a compartir entre o profesorado na aula virtual e engadir un banco de recursos adaptados para alumnado con dificultades de aprendizaxe.

Acadouse o obxectivo implantando un repositorio en Google Drive e compartironse contidos adaptados. Queda pendente a realización dun manual para a incorporación de contidos propios é curación de contidos para engadir o repositorio.

Obxectivo 7: Implantar ferramentas para supervisar o comportamento do alumnado (Veyon), rexistro e comunicación de incidencias TIC e reserva de espazos no centro educativo. Elaboración dun protocolo ante avarías básicas que poden ser resoltas polos propios docentes.

Queda pendente a realización dun manual de avarías básicas que podan ser resoltas polo profesorado e a instalación da ferramente para supervisar o comportamento do alumnado nos portátiles.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación realizarase ao final do curso, coincidindo co seguimento do terceiro trimestre. Neste apartado de xeito global analizarase:

  • Consecución de obxectivos.
  • Desviación nos obxectivos non conseguidos na súa totalidade.
  • Motivos polos que non se lograron os obxectivos.
  • Se os obxectivos alcanzados deben ser potenciados no curso seguinte ou se xa están nunha situación óptima.
  • Posibles modificacións ou substitución de obxectivos.
  • Análise do funcionamento do equipo TIC e a coordinación co equipo directivo.
Valoración xeral

A valoración xeral é moi positiva, acadando catro dos sete obxectivos e deixando os tres restantes nun estado parcial e nun punto moi avanzado de cara o seguinte curso.

Obxectivos acadados:

  • Proposta de formación para a mellora da competencia dixital docente. Máis dun 10% dos docentes acadaron o nivel B2 en Competencia Dixital Docente.
  • Empregar rúbricas para a avaliación de traballos facilitando retroalimentación axeitada ao alumnado en entorno Google Classroom.
  • Emprego da gamificación con ferramentas dixitais. Máis dun 50% dos profesores realizaron nas suas materias actividades de gamificación.
  • Manexo de equipamento dixital: impresoras 3D, cortadora láser, robótica,... Máis dun 10% do profesorado manexa o equipamento dixital da formación de Polos creativos e o 100% dos docentes inscritos no curso o superaron.

Obxectivos pendentes:

  • Empregar actividades de coavaliación e autoavaliación para a avaliación dixital de traballos (en formato dixital ou non) do alumnado en Google Classroom. Non se acadou o obxectivo do 25% do profesorado.
  • Realizar un repositorio de recursos comúns a compartir entre o profesorado na aula virtual e engadir un banco de recursos adaptados para alumnado con dificultades de aprendizaxe. Só quedou pendente realizar un manual para a incorporación de contidos
  • Implantar ferramentas para supervisar o comportamento do alumnado (Veyon), rexistro e comunicación de incidencias TIC e reserva de espazos no centro educativo. Elaboración dun protocolo ante avarías básicas que poden ser resoltas polos propios docentes. Queda pendente a realización dun manual de avarías básicas que podan ser resoltas polo profesorado e a instalación da ferramente para supervisar o comportamento do alumnado nos portátiles.
Proposta de mellora

As propostas de mellora levaremolas adiante no Plan Dixital do curso 2024/2025
• Ampliar a implicación do profesorado máis ainda.
• Afianzar o proceso de aprendizaxe compartindo experiencias e erros e así avanzar en común é o camiño que creemos nos levará a plasmar o Plan Dixital na realidade do centro.
• Implicar o alumnado na valoración positiva de levar a cabo as boas prácticas dixitais previstas e cumplilas.

Resólvese ademáis incidir en potenciar os obxectivos acadados que sexan sensibles de mellorar e engadir novos obxectivos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Os medios de difusión do plan serán os que ata a data vén empregando o Centro, a través da plataforma educativa Alexia e da aula virtual de Google Workspace, ademais das reunións de claustro e do diálogo constante coas familias, pois na medida en que sexamos capaces de concienciar ás familias da súa importancia, daremos conseguido una boa competencia dixital no alumnado e un uso responsable das TIC nos fogares.        

O Plan Dixital pode consultarse directamente dende a web do centro no seguinte enlace:

Ligazón de acceso ao Plan

Así mesmo pódese consultar directamente na web de educalidade co seguinte enlace directo ou facendo unha busca no buscador de centros

Ligazón de acceso ao Plan en Educalidade