Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O plan dixital do  CPR Malvedo é un instrumento de planificación integrado no Proxecto Educativo que persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Este plan está concibido como un documento vivo que contén os acordos alcanzados no centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Supón un compromiso por parte de toda a comunidade educativa. Cada un na medida das súas posibilidades e o seu nivel actual de formación.

É fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, para que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e oriente o uso das tecnoloxías.

Este PD atende á seguinte normativa vixente:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Nos escasos intres nos que nos puidemos reunir as integrantes do EDPD debatimos para a elaboración do DAFO sempre tendo en conta as suxestións do resto do claustro de profesores para facer as modificacións pertinentes seguindo as directrices marcadas para a elaboración do mesmo. Tamén nos reunimos por videoconferencia varias veces. Así mesmo, estivemos en contacto coa nosa responsable ADIX para resolver dúbidas a través da plataforma dixital creada para este cometido.

As plataformas usadas foron: Google Meet, Docs, follas de cálculo e ADIX. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Atendendo as necesidades e demandas da sociedade en materia de competencia dixital e entendendo que a principal misión da escola é formar ao alumnado para a vida, consideramos fundamental desenvolver unha estratexia dixital reflexionada e consensuada que se reflicte no Plan Dixital do Centro e que será a folla de ruta do CPR Malvedo para converterse nunha institución educativa competente en materia dixital e que iso sexa beneficioso para o alumnado e a sociedade en xeral.

Para levar a cabo a elaboración deste complexo documento creouse un Equipo de Dinamización do PDC integrado pola Directora, a Xefa de Estudos e varios membros do profesorado. Este grupo de traballo celebrou sesións formativas entre os meses de febreiro e xuño de 2022, contando coa presenza da mentora ADIX.

Ademais, o EDPD, nos escasos intres nos que nos puidemos reunir e aproveitando o noso tempo libre antes de reunións do claustro e en horas de garda, as integrantes do equipo de dinamización debatimos para a elaboración do DAFO sempre tendo en conta as suxerencias do resto do claustro de profesores para facer as modificacións pertinentes seguindo as directrices marcadas para a elaboración do mesmo. Tamén nos reunimos por videoconferencia varias veces.

Nestas sesións e seguindo as pautas proporcionadas polo mentor ADIX, elaboráronse os plans de acción para realizar a análise DAFO e as fontes ou instrumentos de recollida de información foron: a autoavaliación SELFIE e o test CDD. A partir destes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Unha vez elaborado o PDC, pasará polos órganos colexiados do centro para a súa validación.

Os documentos cos que traballamos para realizar a análise unha vez obtidos os datos do informe SELFIE, foron: 

Os modelos cuantitativos, cualitativos, as táboas de excel e as sucesivas reunións e debates realizamos polos membros do equipo co fin de realizar as conclusións do análise DAFO.

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A.2 A comunicación coas familias é escasa; hai pouco feedback a través de medios dixitais. Familias Si
Debilidade C.5 No noso centro non dispoñemos de asistencia técnica que resolva problemas técnicos. Infraestruturas Si
Debilidade C.1 O noso centro non dispón de infraestructura dixital que permita apoiar este método de ensino. Infraestruturas Non
Debilidade C.10 O centro no dispón de dispositivos portáliles para que o alumnado os poida levar á casa. Infraestruturas Non
Debilidade C.11 O nivel socioeconómico do alumnado do centro fomenta a fenda dixital. Infraestruturas Si
Debilidade A.3 Por falta de recursos e formación non se exploran novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais Oferta Si
Debilidade A.4 O profesorado non tengo tempo liberado para explorar a ensinanza dixital. Persoal docente Si
Debilidade E.5 O profesorado non coñece recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Debilidade C.15 Non se utilizan tecnoloxías asistenciais en xeral para que traballe o alumnado con NEE Persoal docente Non
Debilidade G. 5 Non se utilizan as tecnoloxías para que o alumnado reflexione sobre o seu aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G.9 Non se utilizan datos sobre alumnado concreto para mellorar a súa expperiencia de aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade D.2 O profesorado non ten posibilidade de acceso a DPC por falta de tempo e infraestructuras. Persoal docente Si
Fortaleza H.3 Cremos na importancia da formación do alumnado para un comportamento responsable en internet. Alumnado Si
Fortaleza H.4 Incidimos constantemente en que o alumnado contraste e verifique a calidade da información que atopa en internet. Alumnado Si
Fortaleza C.8 O noso centro posúe dispositivos dixitais en propiedade que o alumnado pode utilizar, sen embargo debido a ca baixa calidade da conexión a internet faise moi difícil poder usalos Infraestruturas Non
Fortaleza C.14 O noso centro dispón de espazo físico suficiente para facilitar a ensinanza con dispositivos dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza C.13 En moitas sesións os alumnos poden utilizar os seus dispositivos para investigar e traballar en distintas materias e nos temas transversais Organización de centro Non
Fortaleza E4. A comunicación do centro coas familias faise a través das distintas ferramentas dicxitais como correo electrónico e WhatsApp. Persoal docente Non
Fortaleza E.1 O noso profesorado esta implicado coa búsqueda de recursos educativos en liña Persoal docente Si
Fortaleza E.1 O profesorado do centro fomenta a búsqueda de recursos dixitais en liña. Persoal docente Si
Fortaleza F.4 O noso alumnado encontrase motivado hacia o uso da tecnoloxía. Persoal docente Si
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C.2 Non posuímos dispositivos dixitais para utilizar na nosa labor docente, usamos os propios Administración educativa Non
Ameaza C.1 Pouca calidade e velocidade da conexión a internet. Administración educativa Si
Ameaza D.2 O noso profesorado non ten posibilidade de FFP dixital proposta pola administración. Administración educativa Si
Ameaza C12. No noso centro non contamos cun plan para abordar os retos que xurden da brecha dixital Contorna Si
Ameaza C.11 O nivel socioeconómico do alumnado do centro fomenta a fenda dixital. Contorna Si
Oportunidade C.14 Coa correcta conexión a Internet teriamos a posibilidade de usar as infraestructuras dispoñibles. Administración educativa Non
Oportunidade Aposta da administración educativa pola dixitalización. Administración educativa Si
Oportunidade D.1 O noso profesorado e consciente da necesidade de formación e debate sobre métodos de aprendizaxe dixital. Administración educativa Si
Oportunidade C.11 Posibilidade, cos medios financieiros axeitados, de reducir a brecha dixital, parte do noso alumnado vive en lugares onde non hai conexión a internet estable. Contorna Non
Oportunidade Existe o decreto regulador do 3 de setembro do 2021 que aposta pola elaboración do plan dixital. Lexislación Non
Oportunidade C.7 A política de protección de datos estase a aplicar de forma correcta Lexislación Si
Oportunidade B.4. No noso centro colabórase en distintas campañas: ONCE, Cáritas ... Outras Non
Oportunidade B.3. Aínda que neste momento non existe, a nosa situación geográfica permíte a colaboración cos Concellos limítrofes. Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o Test CDD e analizados os informes dos resultados de ambos xunto coa reflexión do Equipo de Dinamización do Plan Dixital do Centro, obsérvanse unha fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na análise DAFO; sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que pasamos tamén por un filtro cualitativo, dando como resultado unha serie de prioridades que nos propoñemos atender en distintas temporalizacións.

De todas elas, as que requiren dunha atención máis urxente, están recollidas no Plan de Acción de xeito que os items analizados se convirten nos obxectivos que trataremos de acadar a través de distintas accións. Todo iso recollerase na pestana de Obxectivos.

A análise DAFO indícanos que debemos mellorar en: Infraestruturas e equipamentos,formación do personal docente e comunicación coas familias

Os items que se priorizaron son os relacionados coa formación do persoal docente xa que existen carencias no uso de recursos educativos abertos e a comunicación efectiva coas familias a través de medios dixitais. Ademais, priorizamos tamén a mellora das infraestruturas e equipamentos, algo fundamental para desenvolver os obxectivos do Plan Dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Realizar cursos DPC por parte do profesorado
O02PD Dispoñer de asistencia técnica que resolva incidencias informáticas
O03PD Definir unha canle de comunicación interna dixital que permita o intercambio de mensaxes entre todo o persoal docente
O04PD Promover o uso da canle de comunicación do profesorado do centro
O05PD Fomentar entre o profesorado o uso de recursos educativos abertos
O06PD Promover a comunicación coas familias mediante o uso de medios dixitais

Seguimento

Procedemento

Cada unha das accións propostas neste PD ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi acadado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións. Este seguimento levarase a cabo no prazo idicado en cada obxectivo para saber se está acadado ou non.

Realizarase unha avaliación mediante a recollida continua e sistemática de datos para avaliar o funcionamento do proxecto de forma trimestral. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución e a análise dos resultados.

O equipo de dinamización do PD realizará a lo menos unha xuntanza por trimestre para a valoración da evolución deste plan.

A persoa mentora ADIX realizará a lo menos dúas visitas ao centro por trimestre, pero procurarase que sexa unha cada mes, para reunirse coa coordinadora do PD e analizar o desenvolvemento do proxecto. En caso de circunstancias adversas, estas reunións realizaranse de xeito telemático.

A persona coordinadora do PD terá acceso á plataforma Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións do PD, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso centrámonos en acadar o obxectivo O03PD  que consiste en definir unha canle de comunicación interna dixital que permita o intercambio de mensaxes entre todo o persoal docente.

Quedaron pendentes as accións do O05PD e insistiuse na  AO6.2 xa que non se acadaron os resultados esperados.

2º Trimestre

Neste trimestre, completouse o obxectivo O04PD, Promover o uso da canle de comunicación do profesorado do centro cuxa data prevista era o final do curso 2022-2023

Levouse a cabo outro testeo da AO6.2 con resultados positivos. Seguiuse a aprazar o O05PD.

3º Trimestre

Neste terceiro trimestre, centrámonos no obxectivo O01PD que consiste en Realizar cursos DPC por parte do profesorado. Este obxectivo queda aprazado por falta de dispoñibilidade para horas de formación por parte do profesorado. Unicamente se puido realizar unha das tres formacións previstas.

Acadouse o obxectivo O02PD Dispoñer de asistencia técnica que resolva incidencias informáticas e tamén o obxectivo O06PD que consiste en promover a comunicación coas familias mediante o uso de medios dixitais.

O obxectivo O05PD non se puido acadar, quedando aprazado para o vindeiro curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións. Este seguimento levarase a cabo no plazo indicado en cada obxectivo para saber se está acadado ou non.

O tipo de avaliación consiste na avaliación mediante a recollida continua e sistemática de datos para avaliar o funcionamento do proxecto que farase de forma trimestral. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución e a analise dos resultados. 

Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe  evaluativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores

 

 

 

Valoración xeral

Dos seis obxectivos iniciais previstos neste PD, dous deles quedan aprazados para o seguinte curso. En xeral o desenvolvemento dos outros catro realizouse dentro dos prazos previstos. Con todo isto, puidemos ver as deficiencias coas que contaba o noso centro e valorar a posibilidade de mellorar no campo dixital, tarefa que continuaremos nos vindeiros cursos co fin de sacar o máximo partido aos recursos educativos dixitais e ás tecnoloxías da información e comunicación.

A nosa prioridade era contar cunha conexión a internet estable coa capacidade necesaria para poder conectarse desde tódalas aulas sen interrupcións, algo que se foi solventando ao longo do curso coa instalación da fibra.

A falta de horas dispoñibles por parte do equipo do PD, sen dúbida foi un dos principais problemas no desenvolvemento do mesmo. Para finalizar a carga e a publicación do PD, necesitaríamos máis horas dispoñibles de traballo. É importante, ademais recibir a formación adecuada para manexar as aplicacións relacionadas co PD.

 

Proposta de mellora

A falta de recursos dixitais dificulta a consecución dalgúns dos obxectivos do PD, por iso nos vindeiros cursos se intentará avanzar neste eido; ademais, entre as propostas de mellora, dende o inicio do vindeiro curso promoverase o uso de recursos educativos abertos por parte do profesorado así como as actividades formativas no ámbito da competencia dixital e das metodoloxías de aprendizaxe a distancia.

En canto á comunicación coas familias proporase o uso do Espazo Abalar como canle oficial para que estas teñan un seguemento máis exhaustivo dos seus fillos e fillas.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital formará parte do PEC do centro. Será explicado ao claustro de profesores en reunións específicas con especial atención ás persoas titoras e aos xefes e xefas de departamento. O alumnado será informado polo equipo e polas persoas titoras, previa formación das mesmas.

Ademais, a través do email atenderanse todas as dúbidas que se presenten e  tentaranse solucionar posibles problemas relacionados co mesmo.

Este documento, unha validado e aprobado polos órganos colexiados competentes, difundirase  mediante a súa publicación entre toda a comunidade a través do medios dos que dispon o centro, principalmente a páxina web. 

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso á plataforma EduCalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

https://www.cprmalvedo.es/el-colegio/plan-dixital