Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

CEIP Santa María A Real:

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CEIP Santa María A Real atópase nun entorno rural no que a situación socioeconómica é máis ben baixa e a formación das familias no contexto dixital é escasa.

Tentaremos que o Plan Dixital se interrelacione co maior número de proxectos do centro posible apoiando a súa realización: co PLAMBE, co Plan de Normalización lingüística, cos Plan Proxecta,…

Continuaremos con algún PFPP e cursos de formación relacionado coa temática.

Na Programación Xeral Anual do cursos 22/23 crearemos un epígrafe relacionado co Plan Dixital e a súa implicación en todo o proceso de ensino-aprendizaxe.

 

 1.3.Breve xustificación do mesmo

Tal e como se establece no artigo 111 bis, no 121 e no 132 da LOE os centros regulados por esta norma deben contar cun plan que promova e facilite o emprego das tecnoloxías da información e da comunicación, dito plan deberá estar recollido no Proxecto Educativo de Centro e apoiado pola dirección do mesmo.

Tamén na Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 e na Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 se establece que os centros docentes deben elaborar no cursos 21/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.

Ademais na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 establécense: o ámbito de aplicación, os principios e os procedementos de deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital, así como a súa coordinación e as actuacións da Administración educativa na súa posta en marcha.

1.4.Proceso de elaboración

A elaboración do Plan Dixital realizouse por medio da participación nun PFPP baseado nesta temática, para completalo fomos seguindo as pautas e os pasos que nos ían marcando os titores que nos asignaron por medios da aula virtual e das charlas explicativas.

Comezamos co análise da situación do centro por medio do SELFIE, para despois envorcar os datos deste no DAFO e buscar os principais obxectivos. Unha vez estivo todo isto establecido comezamos a redactar o Plan Dixital en base a os datos recadados.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  1. Para realizar o DAFO baseámonos principalmente nos resultados do SELFIE analizando cada unha das áreas e os resultados obtidos despois de responder as cuestións propostas.

    Ademais tivemos en conta que a formación do profesorado nas área dixital é alta, dado que son varios os cursos que fixemos en conxunto relacionados coa temática, ademais de que nos suscita un alto interese.

    A continuación pódese ver un breve resumo dos resultados de cada área do informe SELFIE.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade As habilidades dixitais do alumnado son moi baixas o alumnado mostra pouca implicación. Alumnado Non
Debilidade A brecha dixital é moi ampla. A competencia dixital e a implicación das familias é baixa. A maioría do alumnado non conta con recursos dixitais na vivenda. Familias Non
Debilidade Non existe un aula específica para as novas tecnoloxías. Os dispositivos para o alumnado son insuficientes e están obsoletos. Infraestruturas Non
Debilidade Non existe unha boa estratexia dixital de centro. Non se valorou a posibilidade de participar en redes deste tipo. Organización de centro Non
Debilidade O emprego de contornos virtuais e metodoloxías abertas é escaso. Apenas se emprega a tecnoloxía dixital nas sesións e na avaliación. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado mostra un comportamento seguro e responsable. Alumnado Non
Fortaleza Dispoñemos dun bo acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Dende o centro tentamos promover o emprego das novas tecnoloxías e do ensino dixital. Organización de centro Non
Fortaleza A implicación e a formación continua do profesorado é boa. Os docentes usan tecnoloxías dixitais para adaptar o ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A admón, deberá promover que se dote ás familias cos recursos precisos. Administración educativa Non
Ameaza O nivel socio-económico é baixo Os coñecementos dixitais das familias son escasos Contorna Non
Ameaza É moita a normativa que invita á creación dun Plan Dixital. Lexislación Non
Oportunidade A admón. promove a formación continua do profesorado neste ámbito. Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA mostra boa disposición para colaborar. ANPA Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Partindo do datos recollidos no SELFIE e analizando o realizade do centro xeramos un análise DAFO para recoñecer as debilidades e fortalezas do centro no eido dixital e poder así marcar as liñas fundamentais do Plan Dixital establecendo os obxectivos a conseguir e as accións a desenvolver para acadalos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1 Empregar a aula virtual no proceso de ensino-aprendizaxe
O2 Avaliar empregando as tecnoloxías dixitais
O3 Mellorar a implicación e a formación das familias no emprego de abalar e da aula virtual
O4 Crear un aula dixital no centro

Seguimento

Procedemento

Entre todos as/os mestras/es levaremos a cabo unha avaliación continua e directa do plan e da súa implementación, tendo unha reunión trimestral e outra a final de curso para avaliar o plan.

1º Trimestre

Reunión de seguimento trimestral ao final da 1ª avaliación para tratar os obxectivos acadados e os que se esperan acadar no segundo trimestre

2º Trimestre

Reunión de seguimento trimestral ao final da 2ª avaliación para tratar os obxectivos acadados e os que se esperan acadar no terceiro trimestre.

3º Trimestre

Reunión de seguimento final do Plan dixital para tratar os obxectivos acadados durante todo o ano e tratar os diferentes obxectivos a tratar no vindeiro curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Levaremos a cabo unha avaliación continua e directa do plan e da súa implementación, farémolo de dúas formas principalmente:

  • Unha avaliación continua que se poñerá en común entre todos os mestres unha vez ao trimestre, onde valoraremos o estado de execución das accións e a valoración dos resultados da mesma. Propoñendo cambios se fora preciso.

  • Unha avaliación final que realizaremos ao rematar o curso e na que analizaremos a valoración dos logros dos obxectivos e proporemos cambios se fora preciso.

Para a avaliación, ademais da observación directa teremos en conta os indicadores establecidos para cada obxectivo e faremos algunha enquisa tantos a mestres, como alumnado e familias.

 

Valoración xeral

A valoración final do Plan Dixital 2022-2023 é boa, xa que se acadaron dous dos catro obxectivos marcados, e outro dos obexctivos foi parcialmente acadado.

Proposta de mellora

-  Propoñer para o Plan Dixital 2023-2024 obxectivos que se adapten mellor as características do centro e do seu contexto.

- Acadar todos os obxectivos que se planteen no próximo Plan Dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión deste Plan levarémola a cabo principalmente por medio das páxinas web da escola, publicándoo a principio de curso, tamén por medio do Abalar e ademais organizaremos diversas reunións coas familiar, para informalos e axudarlles na formación.