Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A normativa empregada en ralación co Plan Dixital é:

Artigo 111 bis. Tecnoloxías da Información e a Comunicación da lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación onde se establece que o Ministerio de Educación e Formación Profesional establecerá os estándares que garanten a interoperabilidade entre os distintos sistemas de información  para posibilitar a ampliación da información estatística referida ao alumnado, ao profesorado, aos centros e ás xestións educativas.

Artigo 121. Proxecto educativo, da lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, onde se establece  a estratexia dixital de centro.

Artigo 132. Competencias do director ou directora, da lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, onde salienta a competencia de promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo de centro.

Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

a.- O informe SELFIE, co cal se fai unha diagnose da situación en relación a competencia dixital coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE).
b.- Test de Competencia Dixital Docente (Test CDD). Este test nos permite obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencial (A1- C2), polas áreas deste Marco e devolve un detallado feedback.

Partindo do informe SELFIE, o centro xerou un informe sobre ás Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que nos permitiu a análise de situación e a definición das liña fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e
actuacións.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O centro non conta con dispositivos dixitais suficientes para o alumnado. Non contempla a opción de traer dispositivos dixitais propios. O alumnado non sabe identificar os comportamentos inadecuados no ámbito dixital para protexer a información propia e doutras persoas. Tampouco emprega as tecnoloxías de xeito responsable e adecuado. Ademais existe unha falta de implicación do alumnado para permitir un aprendizaxe máis interactivo e participativo para favorecer o traballo colaborativo nas aulas. Alumnado Si
Debilidade Falta de creación de recursos recursos educativos en línea que nos permiten complementar o proceso ensinanza/aprendizaxe en calquera situación e espazo. O centro non contempla a opción de traer o propio dispositivo Familias Non
Debilidade Deficiencia para crear unha educación combinada con ambientes enriquecidos e diferentes para expandir a capacidade de crear, compartir e dominar o coñecemento do alumno e do profesorado. Oferta Si
Debilidade Déficit no desenvolvemento de métodos, técnicas e outros coa finalidade de apoiar o proceso educativo. O profesorado e o alumnado conta con diferentes momentos e escenarios de formación; formal e informal, pero non adaptados ás necesidades individuais e reais do entorno educativo no que traballan. Organización de centro Non
Debilidade Necesidade do profesorado a un aprendizaxe permanente para manter actualizados os seus coñecementos e habilidades para otorgar unha mellor ensinanza. Carencia na potenciación do desenvolvemento e fomento da creatividade do alumnado. Non se axustan os instrumentos aos resultados individuais de cada alumno para obter unha avaliación positiva. Falta de creación, por parte do profesorado, de recursos dixitais onde se combinan experiencias, leccións de libros, innovacións... -Dependencia deste proceso da existencia de profesorado implicado e interesado. - Falta de tempo do profesorado para preparar novas estratexias e metodoloxías de traballo educativo con ferramentas dixitais Persoal docente Si
Debilidade Necesidade do persoal non docente dun aprendizaxe permanente para manter actualizados os seus coñecementos e habilidades conseguindo así unha mellor ensinanza. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado constata a información con outra para comprobar a súa verificación. Alumnado Non
Fortaleza Empréganse diferentes recursos dixitais para a comunicación coa comunidade educativa Familias Si
Fortaleza O centro conta con espazos físicos suficientes, con dispositivos dixitais suficientes para a axuda do profesorado, con tecnoloxía (equipamento nas aulas) que crea un entorno máis accesible e aumenta o acceso ou minimiza e elimina as barreiras ao apoio e aos recursos e con asistencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza O profesorado e o alumnado conta con diferentes momentos e escenarios de formación; formal e informal. O centro educativo conta con estratexias para identificar a brecha dixital existente. Contamos co liderazgo do equipo directivo no cambio dixital de centro. Organización de centro Si
Fortaleza Entre o profesorado establécense intercambios e experiencias, o centro e o profesorado garante e protexe os datos persoais cos que traballa. Contamos cunha actitude positiva do profesorado ante o cambio dixital. Pola contra contamos cun Baixo nivel de competencia dixital docente. Persoal docente Non
Fortaleza Entre o persoal non docente establécense intercambios e experiencias. Este garante e protexe os datospersoais cos que traballa. Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O centro non dispón dos medios técnicos e servizos necesarios para un bo aprendizaxe mixto. Non dispón dunha conexión WIFI ou fibra de calidade para ter acceso a internet. Tampouco dispón de dispositivos dixitais para acadar unha ensinanza mixta de calidade. Existencia excesiva burocracia. que sobrecarga a labor docente. -Falta de recursos e dotacións económicas. Administración educativa Si
Ameaza Pais pouco implicados ANPA Non
Ameaza Sería preciso potenciar as relación con outras institucións educativas Contorna Non
Ameaza Excesiva lexislación e cambios continuos. Lexislación Non
Ameaza Falta de apoio: existe un desencanto xeneralizado Outras Non
Oportunidade O centro conta con espazos físicos suficientes. Administración educativa Si
Oportunidade Contamos co apoio por parte da ANPA ANPA Non
Oportunidade Relacións positivas con outros centros, entorno e administración Contorna Non
Oportunidade O profesorado do centro participa activamente para innovar, aportar novas ideas. Outras Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD IMPULSAR O PLAN DIXITAL DE CENTRO
O02PD MODIFICAR O PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA A ENSINANZA NON PRESENCIAL.
O03PD PROPORCIONAR AOS DOCENTES ESPAZOS E TEMPO NOS QUE INTERCAMBIAR BOAS PRÁCTICAS EDUCATIVAS
O04PD PROPORCIONAR ESPAZOS E TEMPOS PARA COMPARTIR EXPERIENCIAS ENTRE DOCENTES E ALUMNADO.
O05PD REXISTRAR E ACTUALIZAR O USO DE RECURSOS TECNOLÓXICOS DO CENTRO
O06PD CREAR E DIFUNDIR UN DOCUMENTO DE REXISTRO DE INCIDENCIAS DOS RECURSOS TECNOLÓXICOS DO CENTRO.
O07PD CREAR UN REXISTRO DE OCUPACIÓN CUN MODELO DE NORMAS PARA O USO AXEITADO DOS RECURSOS DO CENTRO
O08PD FOMENTAR O DESENVOLVEMENTO A COMPETENCIA DIXITAL DO PROFESORADO
O09PD MELLORAR A PRÁCTICA DOCENTE A TRAVÉS DAS TICS
010PD IMPLEMENTAR TECNOLOXÍAS DIXITAIS PARA ADAPTARSE ÁS NECESIDADES DO ALUMNADO
011PD MELLORAR A AVALIACIÓN E AUTOAVALIACIÓN MEDIANTE EMPREGO DAS TIC
012PD PROMOVER POR PARTE DO PROFESORADO A CREACIÓN DE PRODUTOS TIC NAS AULAS.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Comezouse cun inventario de equipamentos TIC, procedendo á retirado de equipos obsoletos nas aulas e substituíndoos por equipos portáiles facilitados pola Consellería de Educación.

Se pasa unha enquisa ás familias para coñecer as necesidades en equipamento informático básico.

Por outra banda, puxéronse operativas as aulas virtuais de cada aula ou asignatura(ESO), a través das cales se envían contidos didácticos e o alumnado pode enviar traballos sobre diferentes contidos a solicitude do profesorado.

Nas primeiras reunións do curso celebradas co profesorado se informa sobre o protocolo a levar a cabo para a boa práctica de uso TIC e se facilita a localización do libro de rexistro de incidencias TIC.

2º Trimestre

Se facilita información ao profesorado para a dquisición de compretencias TIC.

3º Trimestre

Se fai operativo un banco de equipos pc portátiles, con localización na biblioteca, e para uso común de todo o alumnado e profesorado  que así o solicite. Así mesmo se levan a cabo proxectos en primaria e a ESO para iniciar ao alumnado no uso de programas específicos para crear presentacións e animacións, tal como Canva.

obxectivo referencia...

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para realizar o seguimento do Plan centrarémonos en dous tipos de avaliación.
Unha avaliación procesual e outra final.
Na avaliación procesual centraremos a atención nos indicadores específicos
das accións propostas que nos axudarán a determinar si o obxectivo proposto foi
realizado, está aprazado ou pendente de ser levado a cabo ou, pola súa contra, se é
preciso realizar variacións no plantexamento destas accións para que ás propostas
se materialicen. Esta avaliación foi realizada  unha vez ao trimestre.
Coa análise deses indicadores, elaborarase un informe avaliativo final no que
se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de
mellora para os cursos posteriores.

Valoración xeral

O principal atranco que houbo durante o presente curso foi a escasa disponibilidade horaria coa que contaba o coordinador TIC e coordinadora Plan Dixital. Non é posible facerse cargo de todas as asignacións encomendadas dentro da xornada lectiva. Unha gran parte das accións acometidas foron executadas en tempos fóra da xornada escolar.

Proposta de mellora

No vindeiro curso precísase mellorar aspectos relacionados con:

* liberacións horarias para profesorado coordinador plan dixital e coordinador TICS.

*equipamentos informáticos para sala de profesorado e titorías.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para realizar a difusión do Plan Dixital é preciso establecer dous canles de
comunicación. O primeiro ao Claustro de profesores e o segundo a toda a
comunidade educativa.
A comunicación ao Claustro de Profesores levarase a cabo nas diferentes
reunións de CCP, Claustro e Consello Escolar, onde se irán comunicando os cambios
e as decisións tomadas no Plan en caso de existir.
A Comunidade Educativa, farase mediante a inclusión do Plan Dixital no Proxecto
Educativo do Centro, dando o seu coñecemento vía abalar, páxina web do centro e a
comunicación a ANPA para a súa difusión.