Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN


A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 

CONTEXTUALIZACIÓN


Contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo, Relación con otros Plans e proxectos do centro e traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías.

O noso centro ten xa unha traxectoria marcada no eido da integración das TIC dentro da educación. Pertencemos á rede de centros EDIXGAL, e no centro lévanse a cabo proxectos integrados de innovación educativa facendo un amplo uso das novas tecnoloxías. Durante o curso 2021/2022 leváronse a cabo actividades de robótica para o 2º e 3º ciclo de primaria, organizouse un Plan de formación para o profesorado neste mesmo campo, dando pe á súa integración noutros ámbitos de forma transversal, sendo empregadas as novas tecnoloxías para a realización dun proxecto combinado entre EI e o 2º ciclo de EP, “Os sons dos Castelos”, e outro desde a área de música implicando á totalidade do alumnado, “Arrólame paseniño, Arrólame un pouquiño”, “DJ Makey” e “Froiteando”. Ademais disto, o uso das TIC está moi estendido no centro, empregando distintas ferramentas a todos os niveis: docente (uso de ferramentas dixitais para facilitar a práctica diaria, como vídeos, proxeccións, aplicacións específicas), comunicativo (uso de abalar móbil, aulas virtuais e correos institucionais) e estrutural (sistema de avisos en rede para o centro, dixitalización de parte dos procesos e documentos máis importantes).

En relación coa contribución deste plan coa Programación Xeral Anual do curso 22/23, o mesmo será integrado como eixo transversal para a devandita mellora no funcionamento do centro, procurando así un rendemento superior tanto nos procesos de índole estrutural do centro como na propia práctica docente. Dentro do Plan Dixital contémplanse varias actuacións, como o desenvolvemento de obradoiros e actividades de mellora da competencia docente que permitirán ampliar e reforzar as actuacións propostas nestas liñas dentro da PXA do curso seguinte en relación coa do curso actual. Ao mesmo tempo, ao contar con ferramentas de avaliación específicas para cada unha destas medidas, e sistemas cuantificables de rendemento, será fácil levar a cabo a avaliación do plan e analizar o seu éxito, puntos de mellora e mesmo obxectivos para continuar coa súa integración e mellora nos sucesivos cursos escolares, intentando sempre ampliar o seu impacto nas máximas áreas posibles do quefacer diario do centro e procurando o emprego das TIC como ferramenta que axude, axilice e mellore todos os procesos nos que interveñan, sexan docentes, institucionais, burocrácticos ou de calquera outro tipo.

PROCESO DE ELABORACIÓN


Para a realización deste Plan Dixital, organizouse un equipo conformado pola dirección do centro, o coordinador TIC e a dirección do departamento de orientación, coa máis estreita colaboración do mentor ADIX asignado ao centro docente. A organización xeral estableceuse seguindo as pautas recollidas nas normativas previas, e seguindo os tempos marcados polo Plan de Formación Permanente do Profesorado específico que se levou a cabo para abordar este ámbito. 

Deste xeito no primeiro trimestre realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización. 

No comezo do segundo trimestre implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro. 

Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, amezas, fortalezas e oportunidades.

No terceiro trimestre elaboránronse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.

Cabe sinalar que o seguimento por parte do mentor da nosa zona establecía a entrega de diversas tarefas ao longo do curso. A súa realización axudou a ter unha temporalización organizada. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a elaboración deste Plan Dixital de Centrro, púxose en marcha ao inicio do curso un PFPP así como a creación do equipo de Dinamización do Plan Dixital. Realizáronse diversas sesións formativas das cales foron froito a posta en marcha do test SELFIE, test CDD, análise DAFO e táboas do  Plan de acción.

Interno
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade (H4, H6, H7, H13) Non se traballan axeitadamente no centro determinados contidos relacionados coa competencia dixital do alumnado: (citado, procura da información e identificación da mesma...) Alumnado Si
Debilidade (H3) Non se fai unha reflexión activa sobre a pegada dixital desde o eido educativo. Alumnado Si
Debilidade C5) Asistencia técnica lenta e pouco eficiente. Infraestruturas Non
Debilidade (C14, C1, C10) Os espazos e a infraestrutura non facilitan a aprendizaxe coas tecnoloxías e contamos con dispositivos pero non sistema de préstamo para alumnado (Abalar) Infraestruturas Si
Debilidade (H) Non se realizan obradoiros TIC para o alumnado. Oferta Non
Debilidade (C12) Non contamos con estratexia dixital nin se fai partícipe ao profesorado sobre ela. Organización de centro Non
Debilidade (AT, SUT, FLUT) Non se organiza un programa específico de formación do profesorado no eido dixital (Xade, ofimática básica, AAVV, AbalarBox) Organización de centro Non
Debilidade (A1, A2, G7) En xeral existe un escaso uso das tecnoloxías no centro, tanto para o seu uso como ferramenta de traballo administrativa ou como instrumento catalizador das aprendizaxes e motivacións do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade (SUT) O profesorado manifesta ter certa inseguridade no uso das TIC Persoal docente Non
Debilidade (C16, A4, FLUT) O profesorado non conta con tempo suficiente como para poder dedicar á utilización e aprendizaxe autónoma por medio das TIC. Persoal docente Si
Fortaleza (C8, C10, PEC 1.3) O alumnado ten acceso aos recursos e ferramentas que precisan para desenvolver o proceso educativo (ferramentas libres, información na web, EVAs...). Alumnado Non
Fortaleza (H11) O alumnado aprende a programar ao longo da etapa da educación primaria, participando en proxectos puntuais relacionados coa tecnoloxía en infantil Alumnado Non
Fortaleza (CTA, H1) O alumnado recibe información xeral sobre o uso das TIC, particularmente poñendo o foco no ámbito da seguridade. Alumnado Non
Fortaleza (PEC 3.3) O uso das ferramentas de comunicación corporativas (como abalar móbil) está moi extendida nas familias. Familias Non
Fortaleza C2, C3, C10, C15) No noso centro hai dispositivos e intraestruturas axeitadas para a iniciación do traballo por medio das TIC. (C7) Existen sistemas axeitados de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza Existen clases de informática impatidas pola ANPA, cedendo recursos e espazos do centro. Oferta Non
Fortaleza (FPAM) Existe unha boa comunicación no centro. Organización de centro Non
Fortaleza (A3) O equipo directivo apoia o desenvolvemento de plans e proxectos a fin de progresar no uso das TIC. Organización de centro Non
Fortaleza (C11, C15) O alumnado ten acceso ao uso de tecnoloxía do centro, e cóntase con medidas para identificar as dificultades que poden xorder no referente ao acceso aos recursos TIC por parte dos mesmos. Organización de centro Non
Fortaleza (PEC 1.1) No centro empréganse as ferramentas dixitais corporativas e foméntase o seu uso. Organización de centro Non
Fortaleza (D1, D2) O equipo directivo participa e promove o uso das TIC e a reflexión sobre a necesidade de formación permanente nese campo, facilitando o intercambio de experiencias. Persoal docente Non
Fortaleza (PEC 2.2, UADPC, D3) O profesorado recoñece a importancia da formación permanente, na que en termos xerais participa activamente. Persoal docente Non
Fortaleza (E1, E4, F1, F4) O profesorado en xeral amósase interesado no uso das TIC e xa se iniciou no mesmo como ferramenta de apoio no proceso de ensinanza-aprendizaxe (procura de recursos, adaptación do proceso educativo...). Persoal docente Non
Fortaleza As ATE colaboran no uso das TIC co alumnado con NEE. PND participa e colabora nos proxectos de centro. O PND ten, en xeral, coñecementos TIC que pon á disposición do centro. Persoal non docente Non
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza (C5) Asistencia técnica lenta, pouco eficiente e resolutiva, o que dificulta o axeitado mantemento e uso dos equipos. Administración educativa Non
Ameaza Mala organización da información nas páxinas oficiais da Consellería. Administración educativa Non
Ameaza En xeral, mal deseño das aplicacións, sexa por pouca usabilidade (XADE, abalar), escasas prestacións (XADE, Correo) ou deficiente usabilidade. As ferramentas son pouco intuitivas e moi inferiores a outras alternativas. Administración educativa Non
Ameaza Escasa competencia dixital das familias. Contorna Non
Ameaza Tardanza por parte dos servizos do Concello en atender as necesidades TIC. Contorna Non
Ameaza Acceso limitado por parte do alumnado a dispositivos e conexións estables nas vivendas. Contorna Non
Ameaza Burocracia limitante para os quefaceres docentes en xeral, o que resta tempo para realizar tarefas de innovación e aprendizaxe coas TIC. Lexislación Non
Ameaza Lexislación especialmente limitante na posibilidade de uso de determinadas ferramentas. Lexislación Non
Ameaza Ausencia de apoio ao desenvolvemento de aplicacións tecnolóxicas útiles e efectivas para o eido educativo. Lexislación Non
Ameaza (B3, B4)Non se realizan colaboracións externas con outras entidades no campo das tecnoloxías dixitais. Outras Non
Oportunidade Aposta pola dixitalización e modernización dos centros educativos. Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA é especialmente colaborativa no centro. ANPA Non
Oportunidade Existencia da aula CEMIT do concello como recurso potencial. Contorna Non
Oportunidade (A5) O centro respecta as leis de protección dos dereitos de autor. Lexislación Non
Oportunidade (C7) Existen sistemas de protección de datos axeitados no centro. Lexislación Non
Oportunidade Existen moitas entidades coas que colaborar. Outras Non
Oportunidade O centro amósase aberto a realizar ditas colaboracións. Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar os resultados do noso DAFO evidéncianse carencias a nivel de estratexia dixital no noso centro. Ademais tamén hai un importante camiño por andar no que se refire a alfabetización dixital do noso alumnado, parte do profesorado e sobre todo tamén do resto da Comunidade Educativa. Vemos a necesidade de ir concretando o currículo TIC do noso alumnado e mellorar as infraestruturas dixitais de conectividade e impresión para o profesorado do noso centro. Tamén se puxo o foco na mellorar da documentación e organización interna do centro. Por último a posible inclusión no programa de Polos Creativos, daría o impulso final ao discorrer que o noso centro leva facendo nestes últimos cursos académicos. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Desenvolver a estratexia dixital do centro (A1 Liderado)
O02PD Fomentar a aprendizaxe da seguridade en internet co alumnado de terceiro cuarto quinto e sexto de EP e coas familias do centro. (H1Competencias dixitais do alumnado )
O03PD Incrementar o nivel competencial do profesorado na utilización das TIC (D1Desenvolvemento profesional continuo)
O04PD Concretar o currículo TIC para alumnado do centro dende EI ata EP. (A1 Liderado)
O05PD Poñer en marcha un sistema de impresión sinxelo e práctico. (A1 Liderardo)
O06PD Crear un espazo maker no centro (C1 Infraestrutura e equipos)
O07PD Establecer un protocolo e modelos da documentación de xestión e organización do centro (A1 Liderado)
O08PD Solicitar un espazo físico para o centro educativo dotado de equipamento especializado para fomentar a creatividade do alumnado nun contexto de aprendizaxe competencial. (C1 Infraestrutura e equipos)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.  Ademais tamén se revisarán os obxectivos dos distintos plans de acción nas visitas realizadas pola persoa mentora.

 

1º Trimestre
  • O1PD  Desenvolver a estratexia dixital do centro (A1 Liderado)
    • O documento está en elaboración e practicamente rematado.
  • O2PD  Fomentar a aprendizaxe da seguridade en internet co alumnado de terceiro cuarto quinto e sexto de EP e coas familias do centro. (H1Competencias dixitais do alumnado )
  • O3PD  Incrementar o nivel competencial do profesorado na utilización das TIC (D1Desenvolvemento profesional continuo)
    • Solicitáronse varias liñas de PFPP no noso centro coa participación de gran número de profesorado superando o 55% estipulado.
      • Liñas solicitadas:
        • Plan Dixital
        • Deseño e impresión 3D 
        • Edición de Vídeo e Chroma
        • SAAC (Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación)
  • O4PD  Concretar o currículo TIC para alumnado do centro dende EI ata EP. (A1 Liderado):
    • Estanse xa a realizar diferentes obradoiros con concreción currucilar específica como o de robótica e programación e seguridade na rede.
  • O5PD  Poñer en marcha un sistema de impresión sinxelo e práctico. (A1 Liderardo)
    • Instalouse un novo sistema de impresión adiantada por email enviando documentos directamente a conserxería con antelación.
    • Mellora do sistema de impresión na sala de profesorado coa contratación de empresa externa.
  • O6PD  Crear un espazo maker no centro (C1 Infraestrutura e equipos)
    • Este obxectivo mudou un pouco debido á concesión dos Polos Creativos. Recibiuse todo o mateiral da Consellería e estanse a acometer as obras necesarias para a preparación dos espazos. Previsión de posta en marcha no segundo trimestre.
  • O7PD  Establecer un protocolo e modelos da documentación de xestión e organización do centro (A1 Liderado)
    • Elaboránrones novos modelos de documentación administrativa. 
  • O8PD  Solicitar un espazo físico para o centro educativo dotado de equipamento especializado para fomentar a creatividade do alumnado nun contexto de aprendizaxe competencial. (C1 Infraestrutura e equipos)
    • Xa acadado grazas á concesión do proxecto de Polos Creativos. 
2º Trimestre
  • O1PD  Desenvolver a estratexia dixital do centro (A1 Liderado)
    • O documento está en elaboración e practicamente rematado.
    • Xa acadado.
  • O2PD  Fomentar a aprendizaxe da seguridade en internet co alumnado de terceiro cuarto quinto e sexto de EP e coas familias do centro. (H1Competencias dixitais do alumnado )
  • O3PD  Incrementar o nivel competencial do profesorado na utilización das TIC (D1Desenvolvemento profesional continuo)
    • Solicitáronse varias liñas de PFPP no noso centro coa participación de gran número de profesorado superando o 55% estipulado.
      • Liñas solicitadas:
        • Plan Dixital
        • Deseño e impresión 3D 
        • Edición de Vídeo e Chroma
        • SAAC (Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación)
  • O4PD  Concretar o currículo TIC para alumnado do centro dende EI ata EP. (A1 Liderado):
    • Estanse xa a realizar diferentes obradoiros con concreción currucilar específica como o de robótica e programación e seguridade na rede.
  • O5PD  Poñer en marcha un sistema de impresión sinxelo e práctico. (A1 Liderardo)
    • Instalouse un novo sistema de impresión adiantada por email enviando documentos directamente a conserxería con antelación.
    • Mellora do sistema de impresión na sala de profesorado coa contratación de empresa externa.
  • O6PD  Crear un espazo maker no centro (C1 Infraestrutura e equipos)
    • Este obxectivo mudou un pouco debido á concesión dos Polos Creativos. Recibiuse todo o mateiral da Consellería e estanse a acometer as obras necesarias para a preparación dos espazos. Previsión de posta en marcha neste segundo trimestre.
  • O7PD  Establecer un protocolo e modelos da documentación de xestión e organización do centro (A1 Liderado)
    • Elaboránrones novos modelos de documentación administrativa. 
  • O8PD  Solicitar un espazo físico para o centro educativo dotado de equipamento especializado para fomentar a creatividade do alumnado nun contexto de aprendizaxe competencial. (C1 Infraestrutura e equipos)
    • Xa acadado grazas á concesión do proxecto de Polos Creativos. 
3º Trimestre
  • O1PD  Desenvolver a estratexia dixital do centro (A1 Liderado)
    • O documento está en elaboración e practicamente rematado.
    • Xa acadado.
  • O2PD  Fomentar a aprendizaxe da seguridade en internet co alumnado de terceiro cuarto quinto e sexto de EP e coas familias do centro. (H1Competencias dixitais do alumnado )
  • O3PD  Incrementar o nivel competencial do profesorado na utilización das TIC (D1Desenvolvemento profesional continuo)
    • Solicitáronse varias liñas de PFPP no noso centro coa participación de gran número de profesorado superando o 55% estipulado.
      • Liñas solicitadas:
        • Plan Dixital
        • Deseño e impresión 3D 
        • Edición de Vídeo e Chroma
        • SAAC (Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación)
  • O4PD  Concretar o currículo TIC para alumnado do centro dende EI ata EP. (A1 Liderado):
    • Realizáronse diferentes obradoiros con concreción currucilar específica como o de robótica e programación e seguridade na rede.
  • O5PD  Poñer en marcha un sistema de impresión sinxelo e práctico. (A1 Liderardo)
    • Instalouse un novo sistema de impresión adiantada por email enviando documentos directamente a conserxería con antelación.
    • Mellora do sistema de impresión na sala de profesorado coa contratación de empresa externa.
  • O6PD  Crear un espazo maker no centro (C1 Infraestrutura e equipos)
    • Este obxectivo mudou un pouco debido á concesión dos Polos Creativos. Recibiuse todo o mateiral da Consellería e estanse a acometer as obras necesarias para a preparación dos espazos. Previsión de posta en marcha neste segundo trimestre.
  • O7PD  Establecer un protocolo e modelos da documentación de xestión e organización do centro (A1 Liderado)
    • Elaboránrones novos modelos de documentación administrativa. 
  • O8PD  Solicitar un espazo físico para o centro educativo dotado de equipamento especializado para fomentar a creatividade do alumnado nun contexto de aprendizaxe competencial. (C1 Infraestrutura e equipos)
    • Xa acadado grazas á concesión do proxecto de Polos Creativos. Enlace ao espazo de Polos Creativos

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

 

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto. 

 

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento. 

Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisou dun enfoque de tipo continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa e, nalgún obxectivo concreto, require máis tempo para optimizar o seu resultado como pode ser a posta en marcha dos Polos Creativos, proxecto que levaará máis dun curso académico.


Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino.  De aí que algunhas das propostas de mellora se vaianb enfocar na formación do profesorado. Ademais, o noso centro, debido a súa xornda ten unha gran mobilidade de persoal que implica que este tipo de formacións deban ser continuas para poder continuar coa realización dese tipo de iniciativas como a de Polos Creativos. 

A dotación de material tecnolóxico supón un antes e un despois na vida do noso centro. Dispoñer de material axeitado e funcional posiblita a realización, sen tantas dificultadas, de actividades educativas focalizadas na competencia dixital do noso alumnado.


No que respecta á avaliación do desenvolvemento do plan dixital, debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais, nais e outros actores chave. Ao ser este o primeiro Plan Dixital que desenvolvemos os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís.  Polo tanto, haberá que agardar a vindeiros cursos, nos que tras realizar un novo exercizo SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa, poideamos ter visión máis realista e completa dos resultados obtidos ata ese momento. 

Proposta de mellora

No que se refire ás propostas de mellora do PD do noso centro destacar o seguinte:

  • Realizar unha reavaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios. Isto é necesario debido á gran dotación de material tecnolóxico que se recibu neste curso académico vencelado tanto a Polos Creativos, como a dixitalización das aulas coa chegada de parte dos novos Paneis Dixitais Interactivos. 
  • Afondar na formación e no desenvolvemento profesional contínuo do corpo docente en colaboración co CAFI afondando na estabilización dunha liña TIC nos PFPP. Istó é algo moi neceario, a receptción da dotación de material, xa mencionada neste documento en varias ocasións, fai prescritivo a necesidade de formación específica do noso profesorado. 
  • Integración curricular: Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes. Tentaremso ir fiando máis polo miúdo as actividades que se realizan no noso centro tanto a nivel curricular como a nivel da competencia dixital do alumnado. 
  • Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan dixital, involucrando ás familias, estudantes e outros membros da comunidade na toma de decisións e na implementación de estratexias dixitais. 

Algúns posibles obxectivos para o vindeiro curso académico poderían ser:

  • Formación profesorado
    • PFPP Paneis Dixitais Interactivos
    • PFPP Plotter
    • PFPP E-téxtiles
  • Posta en marcha da aplicación de Inventario.
  • Afondamento na competencia TIC do noso alumnado. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será publicado na web do mesmo. Ademais enviarase un enlace ás familias coa entrada para facelas coñecedoras da súa publicación. Tamén se enviará a todo o claustro vía correo electrónico, ao Consello Escolar e á Inspección Educativa.

Enlace ao Plan Dixital do centro.