Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN

A Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio de Educación no seu artigo 121 establece que “o proxecto educativo do centro recollerá a estratexia dixital do centro”. Deste xeito faise inminente o

No artigo 111 bis desta mesma Lei tanto as Administracións como os equipos directivos promoverán o uso das TIC na aula e establecerán as condicións apropiadas fomentar a seguridade no seu uso e para eliminar os riscos derivados do mesmo.

No artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro. Polo que será desde a dirección dende onde se promova dita transformación dixital.

No ámbito de Galicia, a fundamentación legal na Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22 na que se establece na disposición adicional quinta que “Os centros docentes elaborarán no curso 2021/2022 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten”.

O deseño deste Plan Dixital queda establecido na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

CONTEXTUALIZACIÓN

Durante os últimos anos o CEIP Eduardo Pondal está tratando de dar os primeiros pasos no ámbito informático-tecnolóxico. Así fóronse levando a cabo diferentes iniciativas tratando de renovar os dispositivos: compráronse pantallas dixitais, ordenadores e impresoras.

A partir da COVID, púxose en funcionamento un carriño con 7 ordenadores que neste curso se integraron fisicamente na biblioteca para empregar por todo o profesorado. Ademais  o centro incorporouse na Rede Dixitalgal e aprobouse o Proxecto EDixgal para os cursos de quinto e sexto no curso 2022-2023.

Os avances e o compromiso do centro coa transformación dixital tamén se veu reflectida a través da formación do profesorado coa liñas dos PFPP. Dúas relacionadas coa robótica e programación e outra liña relacionada coa mellora das competencias dixitais docentes.

Por outra banda, para reducir esta fenda dixital, o centro puxo a disposición das familias máis desfavorecidas dispositivos con conexión de internet proporcionados pola Xunta.

Con todo isto, o Plan Dixital, de aquí en adiante (PDC) será o documento no que se definan as estratexias e liñas a seguir para a transformación dixital do centro. Polo que deberá formar parte da súa identidade, contribuíndo ao Proxecto Educativo.

Así será un instrumento de planificación e avaliación integrado no Proxecto Educativo e concretado na Programación xeral anual a través do cal se impulsará: o desenvolvemento da competencia dixital tanto do profesorado como do alumnado, a integración das TIC como unha ferramenta a disposición dos novos modelos de aprendizaxe e o uso das TIC nos procesos de xestión de centro.

É un documento elaborado polo Equipo de dinamización do Plan Dixital, o cal foi informando ao Claustro sobre o proceso seguido ao longo do curso coa finalidade de engadir propostas de mellora ou modificacións en cada apartado desenvolto polo equipo.

PROCESO DE ELABORACIÓN

  • Novembro e Decembro: Análise da Situación de Partida: nomeáronse os membros do Equipo de Dinamización do Plan Dixital. Realizouse a activación do SELFIE. Finalmente o profesorado e alumnado cubriu a enquisa e informouse ao Claustro dos resultados obtidos.
  • Febreiro: O profesorado realizou o test CDD cunha alta participación.
  • Finais de Marzo: Creouse un DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e debilidades) a partir das duas enquisas.
  • Maio: Elaboración do Plan de Acción: Establecendo 5 obxectivos presentados ao Claustro.
  • Xuño: Redacción do Plan Dixital e aprobación de Claustro e Consello.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo o Plan Dixital creouse o Equipo de Dinamización do Plan Dixital (EDPD) o cal traballo dende a liña do PFPP aberta para a realización do mesmo. Concretamente realizáronse diversas reunións coa Mentora Adix e accións formativas para poñer en marcha o Test Selfie , realizar o Test CDD e finalmente crear un DAFO que nos permita recoñecer cal é o punto de partida.

Interno
44 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade (H11)O alumnado non aprende nin sabe programar nin codificar. Alumnado Non
Debilidade (H13) O alumnado non é capaz de resolver problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade (H7) O alumnado non crea contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade O alumnado ten acceso aos ordenadores unha vez cada 15 días. Alumnado Si
Debilidade (H) Falta de competencias dixitais do alumnado. Alumnado Non
Debilidade Usa máis a tecnoloxía fora do centro educativo e para usos non educativos. Alumnado Non
Debilidade Non se coñecen as vantaxes nin desvantaxes do software libre e non se usa. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias Familias Si
Debilidade Acceso limitado a internet. Familias Non
Debilidade (C14) O centro non conta cunha aula de informática. Infraestruturas Si
Debilidade (C7) Descoñecemento da lexislación de protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade (C1, C14) Falta de espacio no centro educativo para incorporar aula de informática (a causa da COVID). Infraestruturas Si
Debilidade (C8, C10) O alumnado non conta con dispositivos suficientes para o desenvolvemento de ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade (A1) Inexistencia de estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade (D3) Falta de colaboración a través das tecnoloxías pola non adaptación ao nivel educativo. Organización de centro Si
Debilidade Falta de espazos para crear recunchos TIC. Organización de centro Si
Debilidade (B2) Falta de reunións formais para debater sobre as vantaxes e desvantaxes do uso das TIC. Organización de centro Non
Debilidade (E1) Falta de repositorios con contidos en liña. Organización de centro Si
Debilidade (E5) Non se emprega o software libre. Organización de centro Non
Debilidade (E2) falta de competencias dixitais do profesorado e falta para crear contidos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade (F6) Non se realizan nin participan en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade (G1, G2, G6, G7) Non se empregan as tecnoloxías como medio para evaluar nin coavaliar e tampouco para a autoreflexión do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade (A4) Non se lle dedica tempo para usar as Tic na práctica diaria. Persoal docente Non
Debilidade (B3, D3) Falta de colaboración e non se intercambian experiencias entre o profesorado. Persoal docente Non
Debilidade (E3) Non se empregan creativamente as contornas virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade (B4) Non se participa en procesos de innovación educativa. Persoal docente Non
Debilidade Baixa relación coa tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado atopa toda a información na web. Alumnado Non
Fortaleza (E4) As familias atopan e reciben toda a información relativa ao proceso de ensino-aprendizaxe e a información relativa do centro a través das plataformas corporativas Familias Si
Fortaleza Dende o centro promóvese a formación na aula virtual para as familias dende terceiro a sexto. Familias Si
Fortaleza (C3) Boa conexión e acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza (C2) Equipamento básico para o desenvolvemento do proceso de ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza (C5) Contamos con asistencia técnica pagada polo propio centro. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro inverte en material informático Infraestruturas Non
Fortaleza O centro emprega servizos educativos dixitais corporativos para difundir a información (páxina web, abalar, correo electrónico, webex) Organización de centro Non
Fortaleza (B2) Debates informais entre profesorado sobre as vantaxes e desvantaxes do uso das TIC Organización de centro Non
Fortaleza (D1)O centro conta cun plan de formación en TICs. Organización de centro Non
Fortaleza (D1) O centro promove un plan de formación acorde as necesidades do profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza Aproveitar os coñecementos dos propios docentes do centro para formarse. Organización de centro Non
Fortaleza (D2) Participación alta do profesorado no Plan de Formación Persoal docente Si
Fortaleza (E4) Comunicación coa comunidade educativa por medio das plataformas corporativas. Persoal docente Si
Fortaleza (E5) Úsanse recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza (F4) Realízanse actividades dixitais que facilitan a participación do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza (H1,H3) Infórmase ao alumnado de como navegar de forma segura e responsable por internet. Persoal docente Non
44 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza (B3, D3) Non se participa en proxectos externos Administración educativa Si
Ameaza (A4) Falta de tempo para explorar a ensinanza dixital Administración educativa Non
Ameaza (C5) Falta de asistencia técnica por parte de Administración. Administración educativa Non
Ameaza Falta de inversión en equipamento tecnolóxico. Administración educativa Non
Ameaza A conexión non é estable pola localización do centro e polo ámbito rural. ANPA Non
Ameaza Nivel medio-baixo sociocultural e baixo a nivel tecnolóxico. ANPA Non
Ameaza Non existe ANPA Contorna Non
Ameaza (H6) Falta de información sobre dereitos de autor. Maior exixencia aos centros educativos para cumprir a Lei. Lexislación Non
Oportunidade (C11,C12)Atribución por parte da Consellería de Equipos informáticos para a atención do alumnado (redución da fenda dixital) Administración educativa Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizados os datos da DAFO o centro é consciente das enormes carencias que segue a ter no ámbito tecnolóxico e informático. Por iso, durante o presente curso académico se centrará en tratar de introducir ao profesorado neste ámbito a través da participación no programa EDixgal e Polos Creativos. Por outra banda, dada a envergadura destes proxectos aprobeitaremos e organizaremsos os recursos do centro e os coñecementos do profesorado en materia dixital para tratar de sacarlle o máximo partido e rentabilizar os mesmos, poñéndoos a disposición do profesorado.

Finalmente queremos tratar de mellorar no protección de datos e imaxes a través dunha maior potenciación dos medios proporcionados pola xunta. Como son a Aula Virtual, Agueiro e a Páxina Web do Centro. . Todos estes aspctos quedan recollidos no Plan de Acción e plasmados por medio dos obxectivos que se verán a continuación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Desenvolver formación básica en no proxecto E-Dixgal tanto para familias como para profesorado
O02PD Creación dun espazo maker cos recursos que conta o centro
O03PD Promover o emprego das plataformas corporativas (Páxina web e Agueiro) por parte dos cordinadores de Centro/profesorado (E3)
O04PD Ampliar o repositorio de contados da Aula Virtual
O05PD Empregar os recursos TIC do centro

Seguimento

Procedemento

Para levar a cabo o seguimento do Plan Dixial, o EDPD reunirase alo menos dúas veces ao trimestre coa mentora Adix para así comprobar como se vai avanzando no desenvolvemento do mesmo, reflexionar en relación as dificultades ou problemas atopados para o seu desenvolmento. e establecer novas accións para seguir traballando no dito Plan e no cumplimento do OBxectivos. Además ao final do trimestre o EDPD reunirase para facer un balance e valoración do cumplimento dos obxectivos, de posibles modificacións e de coñecer como se van desenvolvendo os prazos.Dita valoración quedará recollida neste aplicativo para cada trimestre.

 

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre centrámonos no Obxectivo 1. Abreuse unha liña de PFPP sobre Edixgal  e impartíronse varias sesións de formación dentro do dito plan. Tamén se tratou de facer unha formación as Familias sobre esta plataforma. Dado que solo se apuntaron duas anulouse.

En referencia ao obxectivo 2 decidiuse o lugar onde se situaría o espazo maker e de Polos Creativos (concedido o Proxecto en Setembro) e comezáronse a organizar os recursos e a recopilar todos os que estaban distribuídos polo centro para poñer un punto TIC e outro ao arredor da dita aula de Polos. Polo tanto neste trimestre desenvolvéronse a Acción 2.1 e comezouse a 2.3.  Referente a 2.2 fíxose unha pequena aproximación pero está pendente de desenvolver no segundo trimestre.

En relación ao obxectivo 3 comezouse a traballar dende o Inicio coa finalidade de promover o uso da páxina Web e iniciarse en Agueiro. Subíronse os videotitoriais en vez de dar unha formación específica e presencial sobre esta plataforma. Ademais algúns coordinadores xa comezaron a empregar a dita plataforma.

Do obxectivo 4, neste trimestre actualizouse o repositorio e matriculouse ao novo profesorado no mesmo.

En relación ao obxectivo 5 simplemente se creou un bloque (MRBS) na Aula Virtual para reservar a aula de Polos e o material TIC do centro.

2º Trimestre

Neste seguno trimestre demos por finalizada a Formación en EDixgal e polo tanto finalizado o primeiro obxectivo. Falta comprobar se se cumpliu o porcentaxe de participación de profesorado. No caso das familias non contamos con participación das mesmas.

Referente ao segundo obxectivo fíxose o inventario do centro incorporando o material de Polos Creativos chegado en Xaneiro. Polo tanto o obxectivo estaría cumplido e finalizado.

Obxectivo 3: Neste caso seguimos insistindo en que os coordinadores empreguen Agueiro como medio para subir fotos e vídeos. A subida a Páxina Web fana os coordinadores pero a promoción a Páxina principal levao acabo algún integrante do Equipo TIC ou a Secretaria por cuestións de permisos.

Obxectivo 4: Informamouse ao Claustro de que xa estaba aberto o Repositorio e que polo tanto xa podían ir subindo as actividades desenvoltas no mesmo. Algún docente xsa subíu mmateriais e actividades pero aínda non se alcanzou o obxectivo.

Obxectivo 5: Está feito o documento de Benvida e informado ao Claustro da existencia do mesmo. Falta darlle formato e enviarllo a todo o profesorado.

3º Trimestre

Obxectivo1: Pese a que non alcanzamos o porcentaxe de participación do profesorado (55%), a participación foi bastante alta (45,8%). E importante destacar que dentro do profesorado contamos co Docente PROA que chegou ao centro cando xa estaba solicitado o PFPP. Ademais tamén entran os titores da etapa de Educación Infantil que prefiren avanzar por outras liñas dado que é un proxecto para primaria.  COn todo pensamos que quizais o indicador previsto so debería centrarse no profesorado de primaria como moito.

Referente as familias, teremos que buscar un acercamento para que así contemos coa súa participación no futuro. A súa participación na formación non depende do centro pero si debemos de buscar as ferramentas necesarias para tratar de involucralos na educación dos seus nenos e nenas.

No obxectivo 2:Obxectivo Alcanzado. Todo o material Maker está inventariado. Refernte a este obxectivo queda pendente continuar co inventariado total do centro o cal está en proceso.  

No obxectivo 3: Alcanzado. En xeral o profesorado emprega máis as plataformas da Xunta, pero seguimos a cometer erros en materia de protección de datos. Queda un longo camiño por percorrer pois debemos analizar os diseños tanto na páxina web como en Agueiro xa que non son uniformes e nótase que hai descoñecemento de como empregar este aplicativo.

Obxectivo 4: A pesar de ser un obxectivo sinxelo, non se conseguiu implicar ao profesorado na creación de contidos.

Obxectivo 5: Chegouse a un totoal de un 37,5% de profesorado que empregou os recursos tecnolóxicos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao final de cruso, o EDPD realizará unha avaliación do Plan Dixital de Centro para comprobar o cumplimento dos obxectivos e establecer propostas de mellora de cara o seguinte curso. Para iso iremos analizando os diferentes obxectivos establecendo posibles propostas de mellora.

Valoración xeral

En xeral o centro avanzou no ámbito informático- tecnolóxico e mesmo no STEM. Pódese dicir que este ano conseguimos que a porcentaxe de profesorado que usa os recursos informáticos-tecnolóxicos do centro aumentara considerablemente pero a pesar disto queda un longo camiño por percorrer. O incremento do material non foi proporcional a implicación do profesorado no uso da mesma,  pois a súa colocación, orden e o establecemento de normas de uso fixo que este aspecto se retrasara. Así, o profesorado empregou principalmente tabletas e de vez en cando os ordenadores. Finalmente é importante destacar neste ámbito que se conseguiu organizar o material Tecnolóxico e informático e crear un documento para entregarllo ao profesorado do próximo curso e así que saiba como funciona o centro a nivel TIC.

Referente ao uso das plataformas corporativas, pódese dicir que hai unha maior concienciación por parte do profesorado no uso deste tipo de plataformas e o profesorado está comezando a usalas. Ademais conseguimos que os coordinadores subiran contidos a páxina web do centro para así liberar a secretaria.

Por último, non conseguimos dinamizar a Aula Virtual e moito menos crear un repositorio colaborativo no centro que sexa beneficioso para todo o profesorado do centro. Polo contrario o profesorado de 5º e 6º manexase na plataforma Edixgal e en xeral conseguiuse unha participación alta nesta formación por parte do profesorado especialmente o de primaria.

Proposta de mellora

Agora que o centro xa conta con un amplo abano de recursos informáticos-tecnolóxicos e STEM, debemos tratar de dinamizalos e de que unha meirande parte do profesorado/alumnado os use. Por iso de cara ao próximo curso preténdese desenvolver obradoiros na aula Maker (Polos Creativos) ao mesmo tempo que se debera seguir incidindo na formación neste ámbito.

Ademais durante este curso escolar percatámonos de que o alumnado non ten coñecementos en Ofimática, é dicir, sabe empregar as tabletas pero non os ordenadores e moito menos aspectos relativos a ofimática como o uso de libreoffice, ordenar documentos, crear carpetas... Por iso pensamos que como centro debemos avanzar nesta liña.

En liña co anterior, e tendo en conta a actual realidade do noso centro na que contamos co proxecto Edixgal, consideramos que se debe fomentar o uso da aula virtual como unha ferramenta máis de aprendizaxe no segundo ciclo. O obxectivo é que o alumnado chegue a quinto cun dominio suficiente para moverse por estes entornos virtuais de ensinanza e teña coñecementos de ofimática que lle permita presentar ou facer diversos tipos de traballos.

Finalmente, temos que mellorar no uso das plataformas da Xunta, polo que se debería de proporcionar unhas Pílulas formativas neste ámbito e crear uns deseños base para que sexa uniforme. Como equipo do Plan Dixital debemos dar visualización aos videotitoriais que hai referentes a este ámbito.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Dada a importancia do Plan, como unha sinal do noso centro, toda a comunidade educativa deberá de coñecer a existencia do mesmo, polo que a difusión será un punto de gran relevancia.

Así será difundido a través das diferentes ferramentas corporativas.

- Para o profesorado: Enviarase a través do correo do centro educativo unha vez aprobado no Consello Escolar setembro).

- Para a comunidade educativa: publicarase o documento na páxina web do Centro. Concretamente no bloque de “Documentación” e enviarase un Abalar cun Link a páxina web de centro e outro a Agueiro para mostrar os obxectivos propostos e as accións que se están a levar a cabo. Igualmente neste espazo irase a informando a toda a Comunidade/ profesorado de accións levadas a cabo en dito plan.