Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.- XUSTIFICACIÓN DO PD EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE: O presente plan xustifícase na seguinte normativa legal:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

2.- CONTEXTUALIZACIÓN DO PD NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO P.E.

  • Contextualización do PD no CEIP Raquel Camacho : A Competencia Dixital do alumnado do CEIP Raquel Camacho é moi variado: en educación infantil: o alumnado fai uso das TIC de maneira manipulativa, para reforzar contidos e actividades traballadas nal aula, ao igual que nos primeiros niveis de Educación Primaria, necesitando unha supervisión e/ou acompañamento por parte do profesorado e familias. Nos cursos superiores, alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria conta con libro dixital e é algo máis autónomo no uso das TIC, busca, selecciona e crea información, entra en plataformas dixitais de maneira autónoma, comparte contido con outros de compañeiros e compañeiras, presenta tarefas, e en algúns casos son capaces de solucionar pequenos problemas técnicos que xurden na aula con relación aos dispositivos. A Competencia Dixital das familias, a nivel xeral, é moi básica: saben navegar e buscar información, comunicarse en redes sociais, etc. O 75 % das familias acceden a abalar móbil para comunicarse cos titores, saben enviar un email para comunicarse co centro, etc. A gran maioría accede a Internet a través dos seus dispositivos móviles. Falta consolidar máis o uso de abalarmóbil e da consulta da páxina web. Moitas familias carecen de estratexias básicas para acompañar aos seus fillos/as na nova cultura dixital e descoñecen o uso seguro e responsable para des

  • envolverse na rede. A alta porcentaxe de familias que teñen unha baixa competencia dixital vese agravada, nalgúns casos, polas súas precarias condicións socio-económicas, non dispoñendo de recursos e ferramentas TIC máis elementais (só dispoñen de móbil, carecendo de wifi). Hai unha porcentaxe de alumnado que non dispón de equipos adecuados para acceder a internet desde os seus fogares, sendo pouco valorado por parte das familias como un recurso educativo imprescindible máis. O profesorado e alumnado ten unha boa conectividade por cable no centro, en canto á conectividade por wifi, solo hai boa conetividade nas aulas Edixgal. No resto do centro a conectividade wifi é bastante deficiente. No centro existe unha adecuada infraestrutura tecnolóxica nas aulas Edixgal, pero no resto de aulas o equipamento é bastante obsoleto. Todo isto indícanos que o nivel educativo que existe en canto a competencia dixital é medio-baixo, creando a chamada fenda dixital, o que reforza o noso afán de involucrar a toda a comunidade educativa no desenvolvemento deste Plan Dixital. No CEIP Raquel Camacho sempre nos implicamos na integración ds TICs na aula, por iso levamos anos participando en diversas formacións e programas que axuden ao profesorado a formarse e coñecer as dotacións tecnolóxicas que ten o centro.. Todas las aulas están dotadas con encerado dixital ou pantalla proxectora, cañón proxector e ordenador portátil ou de sobremesa. O equipo de orientación conta con 6 tablets para o alumnado de neae. Contamos con unha aula de informática con 15 ordenadores de segunda man, e un laboratorio de inglés con 25 equipos, cañón e proxector. O centro conta con Páxina web e distintos blogues educativos, con abalarmóbil que usamos para comunicarnos coas familias e dar a coñecer as actividades que se relizan no centro, xunto co correo electrónico e Redes sociais.

  • Incardinación e contribución do PD ao PE: O PD incardínase co Plan Estratéxico de centro e ten por misión unha aposta por potenciar as Metodoloxías Activas para a mellora da acción educativa a través de proxectos e innovación. Quere acercar o mundo dixital á acción docente diaria.

  • Contribución do PD á PXA: O principal será fomentar o emprego de ferramentas dixitais tanto en docentes como en alumnos no proceso de ensinanza e aprendizaxe e a formación do profesorado.

3.- Proceso de elaboración

  1. Creación dun grupo de traballo para a elaboración do plan dixital.
  2. Preparación, posta en marcha e recopilación de datos do informe SELFIE.

  3. Preparación, posta en marcha e recopilación de datos do informe CDD.

  4. Elaboración do análise DAFO.

  5. Elaboración do Plan de Acción.

  6. Elaboración definitiva do Plan Dixital.

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida foron un informe SELFIE, e un Test CDD realizados entre a Comunidade Educativa durante o curso de preparación do PD (21/22), que levaron ao deseño dun informe DAFO que reflectimos á continuación:

Interno
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade MOBILIDADE E VULNERABILIDADE. Alumnado Non
Debilidade (H1,H3,H4)- COÑECEMENTOS ESPECÍFICOS (PROTECCIÓN DE DATOS, SEGURIDADE, USO DE PROGRAMAS EDUCATIVOS, CONTRASTAR INFORMACIÓN...) Alumnado Non
Debilidade FALTA DE RECURSOS. Familias Non
Debilidade (C11,C12)- FENDA DIXITAL. Familias Non
Debilidade INMIGRACIÓN ( DIFICULTADES DE COMPRENSIÓN, FALTA DE IDIOMA...) Familias Non
Debilidade CABLEADO E INFRAESTRUTURAS DEFICIENTES (MALA WIFI). Infraestruturas Si
Debilidade FALTA DE RECURSOS ESPECÍFICOS (EQUIPAMENTO OBSOLETO) Infraestruturas Si
Debilidade IMPLICACIÓN DO PROFESORADO NA REALIZACIÓN DA FORMACIÓN. Oferta Si
Debilidade INESTABILIDADE NA COHESIÓN DO EQUIPO TICS E SATURACIÓN DE TRABALLO DO MESMO. Organización de centro Non
Debilidade FALTA DE TEMPO EN HORARIO ESCOLAR. Persoal docente Non
Debilidade FALTA DE PERSONAL PROACTIVO QUE LIDERE PLANS E PROXECTOS. Persoal docente Si
Debilidade FALTA DE MOTIVACIÓN E SOBRECARGA DE PROXECTOS QUE CHEGAN AO CENTRO. Persoal docente Non
Debilidade FALTA DUN PROFESIONAL EXTERNO, PROPORCIONADO POLA CONSELLERÍA, QUE SE DEDIQUE EN EXCLUSIVA AO MANTEMENTO DO EQUIPAMENTO E DA INFRAESTRUCTURA. Persoal non docente Non
Fortaleza NATIVOS DIXITAIS. Alumnado Non
Fortaleza ACCESO DO ALUMNADO DE 5º E 6º AO EQUIPAMENTO EDIXGAL. Alumnado Non
Fortaleza ANPA COOPERATIVA Familias Non
Fortaleza DOTACIÓN EDIXGAL NAS AULAS DE 5º E 6º. Infraestruturas Non
Fortaleza DOTACIÓN DA CONSELLERÍA PARA ALUMNADO VULNERABLE. Infraestruturas Non
Fortaleza CURSOS E PROXECTOS DE FORMACIÓN. Oferta Non
Fortaleza PROXECTO EDIXGAL. Oferta Non
Fortaleza IMPLICACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO NA INNOVACIÓN EDUCATIVA Persoal docente Si
Fortaleza ALTA PORCENTAXE DE PERSOAL DEFINITIVO. Persoal docente Non
Fortaleza BO AMBIENTE DE TRABALLO. Persoal docente Non
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza FALATA DE APOIOS/RECURSOS HUMANOS E ECONÓMICOS Administración educativa Non
Ameaza ESCASA DOTACIÓN EN EQUIPAMENTO E INFRAESTRUCTURAS. Administración educativa Non
Ameaza POUCA DISPOÑIBILIDADE HORARIA ANPA Non
Ameaza ESCASEZA DE RECURSOS ECONÓMICOS E HUMANOS. ANPA Non
Ameaza MOITA POBOACIÓN INMIGRANTE CON ESCASOS RECURSOS. Contorna Non
Ameaza IMPOSICIÓN E EXCESO DE BUROCRACIA Lexislación Non
Ameaza POUCA DSPOÑIBILIDADE HORARIA DOS RECURSOS HUMANOS ADICADOS AOS DIFERENTES PROXECTOS Lexislación Non
Ameaza POUCA CHEGADA DA INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. Outras Non
Ameaza POUCA RESPOSTA DAS FAMILIAS ÁS DISTINTAS CONVOCATORIAS DE FORMACIÓN. Outras Non
Oportunidade APOSTA DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA POLO PLAN DIXITAL. Administración educativa Si
Oportunidade C2 - EQUIPAMENTO EDIXGAL. Administración educativa Non
Oportunidade OFERTA DE FORMACIÓN Administración educativa Non
Oportunidade OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES RELACIONADAS CO DIXITAL. ANPA Non
Oportunidade COOPERATIVA E IMPLICADA. ANPA Non
Oportunidade ENTIDADES NA ZONA DE INFLUENCIA DO CENTR QUE OFERTAN FORMACIÓN E RECURSOS. Contorna Non
Oportunidade BASEAMENTO LEXISLATIVO Lexislación Non
Oportunidade FORMACIÓN PARA FAMILIAS OFERTADAS POLOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO E OUTRAS ONG. Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Esta análise DAFO invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD IMPLEMENTACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN DIXITAL DE CENTRO
O02PD MELLORAR A COBERTURA WIFI DO CENTRO
O03PD DOTAR AO CENTRO DE EQUIPOS DIXITAIS ACTUALIZADOS
O04PD REFORZAR O EQUIPO TÉCNICO EXTERNO
O05PD POTENCIAR O USO DA PÁXINA WEB , REDES SOCIAIS E BLOGUES E ACTUALIALOS POR TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA
O06PD EMPREGAR ABALARMÓBIL COMO MEDIO DE COMUNICACIÓN PREFERENTE COAS FAMILIAS

Seguimento

Procedemento

Realizouse o seguimento do desenvolvemento do Plan Dixital a través da observación da consecución dos obxectivos marcados e as súas respectivas accións, a súa valoración por parte do EDPD e as reunións presenciais do coordinador co mentor ADIX (facilitadas por ser este o Centro de destino do mesmo) valorando o grao de consecución de cada obxectivo.

1º Trimestre

Traballouse a través das accións programadas no PD para este período, reflectindo a súa consecución nas "Actas de seguimento" das reunións levadas a cabo co coordinador Adix.

2º Trimestre

Traballouse a través das accións programadas no PD para este periodo, reflexando a súa consecución nas actas de seguimento levadas a cabo co coordinador Adix.

3º Trimestre

Traballouse a través das accións programadas no PD para este periodo, reflexando a súa consecución nas actas de seguimento levadas a cabo co coordinador Adix.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudaron a determinar si o obxectivo proposto foi acadado ou se, polo contrario sería necesario realizar variacións no deseño destas accións durante o curso para que as propostas se materializasen.

Na avaliación final recóllense os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores.

Realizouse a avaliación destes aspectos a través das reunións co asesor ADIX e a valoración dos resultados obtidos e a súa adecuación aos devanditos indicadores.

Valoración xeral

En xeral, acadáronse a meirande parte dos obxectivos e accións propostas no PD. Aínda así, cabe destacar entre outras problemáticas as seguintes:

- A Administración Educativa, á hora de facer a dotación de material, non tivo en conta as análises DAFO e a detección de necesidades dos centros que esta mesma ordenou realizar por parte dos equipos de Plan Dixital o curso pasado. Fíxose unha dotación de material xenérica sen atender á información recollida polos centros no PD a través dos procedementos e ferramentas indicados polos ADIX e a propia Consellería.

- Os pasos para levar a cabo o Plan Dixital este curso non foron claros, non se dispoñía dunha folla de ruta por parte dos equipos ADIX respecto aos procedementos e tempos.

- Resulta complicado acadar os obxectivos do Plan sen ferramentas tecnolóxicas adecuadas.

 

Proposta de mellora

Claridade por parte dos Servizos Centrais en canto a procedementos e tempos de execución na realización de documentos e tarefas, para evitar o traballo reiterado (incluso en balde) na posta en marcha da dixitalización dos centros educativos. Debería contarse cun plan de acción estudado e estruturado con antelación para que non recaian nos centros educativos as consecuencias da desorganización e a improvisación, cun gran impacto no día a día do labor educativo do profesorado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez rematado o Plan Dixital presentouse ante o Claustro e Consello Escolar do Centro para a súa aprobación e, posteriormente, publicouse na páxina web do centro para que quede a disposición de toda a Comunidade Educativa.

Pódese acceder ao documento na páxina web do centro, na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipraquelcamacho/plandixital