Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

NOME: IES Rego de Trabe    CÓDIGO: 15032935   ETAPAS EDUCATIVAS: ESO, Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía,  Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades, ESA (módulos 3 e 4).

O Plan Dixital foi diseñado para dar resposta a necesidades do centro, de acordo co noso Proxecto Educativo. Neste sentido, é oportuno destacar a evolución no emprego de ferramentas dixitais nos seguintes ámbitos:

  • Centro E-Dixgal dende o ano académico 2019-2020 para 1º de ESO e dende o 2020-2021 para 2º de ESO.
  • Centro Maker dende o 2019-2020.
  • Utilización da aplicación AbalarMobil para comunicación coas familias e entre o profesorado do centro.
  • Utilización da aula virtual Moodle na case totalidade das materias dende o 2019-2020.
  • Sitio web permanentemente actualizado.
    A integración do Plan Dixital á PXA do curso 2023-24 estará baseada no plan dixital deseñado durante o curso pasado 22-23 e que seguirá afondando nos seguintes aspectos: coñecemento e difusión do Plan para o profesorado do centro, posta en marcha das iniciativas recollidas nel (tanto a nivel de dotación como de formación), revisión, avaliación e análise do Plan nos prazos establecidos.
    Por outra banda, a contribución deste plan á PXA será promover a mellora da competencia dixital do profesorado e do alumnado, incrementar o rendemento do uso das TIC no desenvolvemento do currículo e optimizar os recursos dixitais do centro.
  • Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

    Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

    Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

    Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

    Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 

    Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 

     

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de medida foron o SELFIE e o cuestionario  TCDD.

Interno
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado de ESO e de Bacharelato non dispón de acceso a internet nin de equipos dixitais suficientes (C3, C8). Xa que non se renovou o plan de EDIXGAL. Alumnado Si
Debilidade Aprende escasamente a dar creto ao traballo doutras persoas que atopou en internet (H6) Alumnado Si
Debilidade Non aprende a conprobar se a información que atopa en internet é fiable (H4) Alumnado Non
Debilidade O alumnado emprega escasamente tecnoloxía dixital para traballo colaborativo (F5) Alumnado Si
Debilidade Deslocalización xurdida polo feito de ter dous edificios independentes. (C14) Organización de centro Si
Debilidade O profesorado non emprega tecnoloxías dixitais para que o alumnado realice coavaliación nin autoavaliación, nin tampouco para avaliar as capacidades do alumnado (G1, G5, G6) Persoal docente Si
Debilidade A miúdo empregamos os contornos virtuais de aprendizaxe como repositorios de contidos. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non é capaz de resolver problemas técnicos que xorden no uso da tecnoloxía dixital. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non emprega a tecnoloxía dixital para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Non empregamos a tecnoloxía dixital para avaliar os progresos en materia de E-A. Persoal docente Non
Debilidade Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade Empregamos escasamente a tecnoloxía dixital para fomentar a creatividade do alumnado. (F3) Persoal docente Non
Fortaleza Aprende a crear contidos dixitais (H7) Alumnado Si
Fortaleza Empregan as tecnoloxías dixitais para axilizar o intercambio de información co centro. Familias Si
Fortaleza Ofértanse na ESO e no Bacharelato materias relacionadas coa tecnoloxía dixital Oferta Si
Fortaleza Empregamos tecnoloxía dixital para comunicación relativa ao centro educativo e coa comunidade educativa (E4) Oferta Si
Fortaleza O equipo directivo debate co profesorado acerca das necesidades de DPC (D1) e apoia ao profesorado para que probe novas formas de E-A con tecnoloxías dixitais (A3) Persoal docente Si
Fortaleza Empregamos recursos educativos abertos (E5) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado participa activamente en programas de plan de formación que xiran entorno a capacitación dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Emprega as tecnoloxías dixitais para axilizar o intercambio de información co centro Persoal non docente Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Ratios elevadas. Exceso de plataformas non interconectadas entre si (Abalar, correo electrónico, XADE,...) Conexión a internet lenta ou pouco fiable. Apoio técnico limitado e non presencial Administración educativa Non
Ameaza Escasa participación das familias ANPA Non
Ameaza Non hai colaboración con entidades locais. Contorna Non
Ameaza Cambios moi frecuentes na lexislación Lexislación Non
Oportunidade Aposta da Administración por dixitalizar os centros. Oferta de formación continua do profesorado. Dispoñemos de equipos cedidos polo CFR como empréstito. Administración educativa Si
Oportunidade Ter o proxecto de Polos Creativos permite unha maior dixitalización por parte da comunidade educativa Administración educativa Non
Oportunidade Intercambio de experiencias con outras institucións e outros centros da contorna (E3) Contorna Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Partindo da análise DAFO realizada establecemos áreas proritarias de mellora, determinando en cada unha delas os obxectivos específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal que queremos conseguir.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD DESEÑAR PROXECTOS INTERDISCIPLINARES E FOMENTAR O TRABALLO COLABORATIVO DO ALUMNADO (F6)
002PD Reducir o número de incidencias TIC derivadas ao servicio externo de mantemento dos equipos. (C5)
003PD Empregar tecnoloxías dixitais para a avaliación das capacidades do alumnado e retroalimentación (G1)
004PD Deseñar e desenvolver contidos relacionados co uso responsable da tecnoloxía dixital, a pegada e a reputación dixital. (H1, H3)
005PD Fomentar a participación de profesorado e alumnado nos Polos creativos (C1, C14)
006PD Fomentar a participación da comunidade educativa na dixitalización do centro através do Programa Erasmus concedido este curso 23/24.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos realizarase tendo en conta as seguintes consideracións:

Realizarase unha  avaliación procesual,  nas datas reflectidas nas distintas descricións das accións, como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Antes do 30 de xuño realizarase unha avaliación final que incluirá, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Toda a información acadada nas revisións trimestrais e anual serán incorporadas, ao remate de cada curso, ao Plan Dixital, así coma as novidades lexislativas e as dotacións e plans de acción

1º Trimestre

Tras a revisión dos obxectivos plantexados coas súas acciones correspondentes , cúmplense a planificación para os  obxectivos 001PD, 002PD,003PD  e 005PD5. O resto dos obxectivos 004PD e 006PD serán impulsados para o segundo e tercer trimestre.

É dicir, traballaronse todos os puntos pero os realicionados co proxecto Erasmus e as acción de uso responsable e reputación dixital, tiveron que demorarse por falta de tempo para a súa organización e xestión.

 

2º Trimestre

Neste segundo trimestre , comenzouse prestando máis atención ao obxectivo número 006PD relacionado co proxecto Erasmus. tanto no desenvolvemento dos proxectos como nas accións de divulgación.

O obxectivo 004PD, que quedou posposto nas súas acción con respecto ao marcado para o primer trimestre, tamén se retomou nestes meses centrando o uso responsable das tecnoloxías dixitais no correcto uso da Intelixencia Artificial. 

O resto de obxectivos foron acadados tal e como estaba indicado no plan de dixitalización:

No obxectivo 001PD  creáronse os grupos de traballo e diseñáronse os proxectos indicados e se comenzaron a levar a cabo.

No resto de obxectivos se fixeron as accións descritas como:

- Creación materiales para a formación do profesorado resolvendo as dúbidas máis frecuentes. 

- Control de incidencias Tic através das entradas na web de solicitudes de resolución de problemas.

- Uso e recollida de datos do proceso de ensino aprendizaxe realizado polo profesorado e o alumando através das aulas moodle. Todas as aulas teñen matriculados ao seu alumnado para mellor control de datos de acceso e entrega de tarefas.

- No punto referido aos polos creativos os obxectivos marcados foron cubertos dende o principio de curso. Creación do equipo de dinamización de polos creativos,  xestión e realización dos proxectos realcionados cos polos creativos, tales como , traballos dentro do club de ciencias, radio escolar, creación de contidos audiovisuais,..

 

3º Trimestre

Con data 20 de maio do 2024, as accións marcadas foron realizándose tal e como se reflexa no seguimento dos obxectivos deste plan dixital.

Quedan a espera de finalización proxectos de difusión do traballo realizado durante este curso escolar.

Con data 21 de xuño do 2024 queda finalizadas as accións marcadas para este curso 23/24.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Os instrumentos de medida que pensamos utilizar para este próximo curso 23/24 será parecidos aos utilizados no curso pasado, que permitiu a toma de datos para facer o seguemento solicitado. Estes instrumentos, poden ser:

- En accións concretas, chequeo.

- Na análise de procesos :

                                          - Estudio de caso (anáise pormenorizada do resultado da acción)

                                          - Rúbrica

- Formularios de detección inicial

- Formalarios de detección sobre a implantación das accións.

Valoración xeral

A realización das accións marcadas para este curso 23/24 foron realizadas sen dificultades tanto polo profesorado como polo alumnado. Os planes de formación de profesorado e a contribución dos clubs de alumnado como o club de ciencia, clubs de linguas e a labor da biblioteca foron esenciais para acadar os obxectivos determinados. 

Convertéronse no motor do instituto  creando as necesidades dixitais plasmadas neste plan.

 

Proposta de mellora

Para o curso que ven intentaremos realizar a mesma estratexia de traballo ainda que cremos que deberemos facer máis fincapé na autonomía e empoderamento das competencias dixitais por parte do alumnado e do profesorado.

Para o curso que ven o centro contará cunha nova aula de informática co que resultará mais sinxelo levar a cabo máis accións.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital será en varias etapas:

  • Presentación do Plan Dixital ao Claustro de Profesorado.
  • Presentación e aprobación do Plan Dixital no Consello Escolar no Consello Escolar ordinario.
  • Comunicación ás familias. Unha vez aprobado será aloxado ao sitio web do centro, no bloque Documentos de Centro.  Notificarase ás familias a través da aplicación AbalarMóbil.
  • Educalidade
  • Presentación das accións realizadas durante este curso coa axuda das redes sociais do centro e na participación de proxectos.