Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Plurilingüe Ría do Burgo é un centro educativo do Concello de Culleredo, limítrofe coa cidade de A Coruña, con todas as características que iso conleva. Ten un alumnado de procedencia moi diversa (multicultural e multiétnico) e iso implica diferentes realidades sociais, económicas e, tamén, educativas. O colexio está a facer un esforzo, ao longo destes anos, por mellorar a súa atención ao alumnado en todos os aspectos, facilitar a asistencia á escola como un elemento positivo e motivador, procurar unha individualización e adaptación da aprendizaxe a cada alumno/a e situación (algo cada día máis complicado polo aumento e diversidade do alumnado e as súas dificultades educativas, que non soe vir acompañado dun aumento do profesorado e os recursos), facilitar a innovación educativa, a tolerancia, a convivencia, etc.

O Plan Dixital do centro pretende contribuír ao Proxecto Educativo do centro profundizando esencialmente na procura da individualización e adaptación da aprendizaxe a cada alumno/a e situación e promovendo e fornecendo a innovación educativa como elemento de unión, motivación e superación de barreiras e fendas que poidan aparecer no noso alumnado.

O Plan Dixital estará coordinado con outras actividades, proxectos e programas do centro, entre os que destacan: o Club de Ciencia (especialmente coas actividades de Xoves de Ciencia e Feira de Ciencia que se desenvolven nel), o Plambe e a Biblioteca escolar, a radio escolar, o EACE, o EDLG e, en xeral, calquera actividade que soemos desenvolver.

A contribución do Plan Dixital á PXA do curso 2023-24 estará baseada nos seguintes aspectos: coñecemento e difusión do Plan para o profesorado do centro, posta en marcha das iniciativas recollidas nel (tanto a nivel de dotación como de formación), revisión, avaliación e análise do Plan nos prazos establecidos.

Partindo de todo o anterior descrito así como da lexislación vixente, que a contunuación se detalla, elabórase este Plan Dixital:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

• Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados para recoller os datos cos que se elaborou o DAFO foron: o informe SELFIE, o test CDD elaborados no curso 2021/2022; o Equipo de Dinamización TIC e Innovación Educativa do centro revisamos e valoramos os datos para  a actualización deste plan.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade Non se promove o emprego de software libre no ámbito educativo. Infraestruturas Si
Debilidade Pouco emprego de datos para a mellora das aprendizaxes. Oferta Non
Debilidade Pouca capacidade de resolución de problemas técnicos. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo do profesorado para traballar e explorar, pola excesiva carga lectiva e burocratización por parte da Administración educativa. Persoal docente Si
Fortaleza Emprego de recursos en liña e comunicación co centro por parte dun grupo maioritario de familias. Familias Non
Fortaleza Equipamentos e conexións axeitados. Infraestruturas Non
Fortaleza Equipo directivo implicado nas TIC e desenvolvendo unha estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxía para a comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de renovación do equipamento e exceso de burocracia. Administración educativa Si
Ameaza A fenda dixital no alumnado pode acentuar as diferenzas e acceso á tecnoloxía e á educación. Contorna Non
Oportunidade Impulso, por parte da Administración educativa, dun Plan Dixital de centro. Administración educativa Non
Oportunidade Incorporación do novo PE, e implementación dos ámbitos, entre eles o ámbito cientifico tecnolóxico Administración educativa Non
Oportunidade Establecer estratexias de colaboración coa ANPA do centro para tratar, entre outros aspectos, de superar a fenda dixital. ANPA Non
Oportunidade Adaptación do Plan Dixital ás necesidades do alumnado e individualizalo o máis posible. Contorna Non
Oportunidade As leis educativas están a incorporar novas modalidades de ensino que inclúen a tecnoloxía. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración con outras entidades (se é posible da contorna) para mellorar o acceso e o traballo a nivel tecnolóxico da comunidade educativa en xeral e do alumnado en particular. Outras Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO realizado, a partires dos instrumentos de recollida de datos empregados e a súa posterior análise, invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e, a partir del, deseñamos o Plan de Acción.

Cos obxectivos plantexados, pretenderemos abordar unha mellor formación por parte de profesorado e alumnado, ao mesmo tempo que teña aplicación nas aulas e para que isto sexa posible,ter e manter unha adecuada dotación tecnolóxica no centro; é dicir, iremos na busca dun adecuado engranaxe nestas tres liñas de traballo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Promover o uso pedagóxico e responsable na comunidade educativa.
O2PD Traballar para eliminar de xeito progresivo a posible fenda dixital que se poida dar nalgúns alumnos/as e familias.
O3PD Participar como centro nun proxecto interdisciplinar de tecnoloxía dixital. Promovendo a incorporación do alumnado ao equipo multimedia do colexio para o manexo da radio, televisión e prensa, desde o ámbito científico, o ámbito social artístico e o ámbito lingüístico.
O4PD Empregar a tecnoloxía de forma práctica na aula para a mellora das aprendizaxes, velando polo bo mantemento e uso do material tecnolóxico do centro, Promover e fornecer a formación continua do profesorado no eido tecnolóxico (entre outros)...
O5PD Acadar unha competencia dixital mínima por unha parte do profesorado para a resolución de problemas técnicos.

Seguimento

Procedemento

O Plan Dixital terá un seguimento, ao longo de cada curso, para verificar o seu cumplimento, detectar as dificultades que poidan xurdir e planificar, de xeito trimestral, as actividades propostas no Plan (e outras que poidan xurdir). Realizaremos unha reunión por trimestre para realizar o seguimento do plan e aproveitaremos a do terceiro e último trimestre para realizar unha avaliación anual do Plan e realizar as modificacións e propostas do mesmo para o seguinte curso.

Este seguimento farase por parte do Equipo TICs e Innovación Educativa e baixo a colaboración e supervisión da nosa mentora ADIX.

1º Trimestre

No primeiro trimestre acadáronse, os obxectivos plantexados para o 1º trimestre e algúns dos plantexados acadar ao longo do ano ou alomenos algunhas das súas accións.

2º Trimestre

No segundo trimestre acadáronse, os obxectivos plantexados para o 2º trimestre e algúns dos plantexados acadar ao longo do ano ou alomenos algunhas das súas accións.

3º Trimestre

No segundo trimestre acadáronse, os obxectivos plantexados para o 3º trimestre e algúns dos plantexados acadar ao longo do ano que ven ou alomenos algunhas das súas accións.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do Plan Dixital será realizada en varios contextos:

  • Co remate de cada trimestre haberá unha avaliación procesual do desenvolvemento do Plan nese período. Nesta avaliación valoraremos o estado de execución das accións que estamos a levar a cabo, e faremos unha análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións de ditas accións e, chegado o caso, se hai propostas de mellora.
  • Ao reamatar cada curso, coincidindo co avaliación do 3º trimestre, realizaremos tamén unha avaliación final do Plan, facendo unha análise de conxunto do Plan e das actividades realizadas, así coma dos obxectivos acadados, as dificultades atopadas e as propostas de mellora.
  • Toda a información acadada nas revisións trimestrais e anual serán incorporadas, ao remate de cada curso, ao Plan Dixital, así coma as novidades lexislativas e as dotacións e plans de acción correspondentes, para enriquecer o Plan e facer del un documento vivo, flexible e non só un mero trámite burocrático.
Valoración xeral

O Plan dixital é complexo de ir levando á práctica na realidade do centro, xa que non existe liberación horaria do equipo.

Diferentes accións non foron acadadas, por falta de tempo e recursos económicos, pero encamiñáronse para facer de cara ao vindeiro curso escolar.

Proposta de mellora

Facer unha liberación de horario de algúns mestres para favorecer a competencia dixital de alumnado e compañeiros/as.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Os obxectivos e integrantes do plan dixital foron aprobados no Consello Escolar o 9 de outubro do 2023, unha vez escoitado o Claustro.

A partires deste momento daráselle difusión a través da seguinte URL.