Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O plan dixital do centro e un dos Plans que contribúen ao Proxecto Educativo do centro representando un documento de referencia para o avance do centro dentro do marco DigCompEdu.

Os centros docentes deben incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións

Unha das competencias destacadas da sociedade actual é a chamada Competencia Dixital, entendida como algo máis complexo que saber manexar dispositivos tecnolóxicos e aplicacións informáticas.

O marco DigCompEdu ten como finalidade prestar apoio ás organizacións educativas para promover a dixitalización dunha forma sistemática e estratéxica.

Este marco de referencia opera en tres dimensións:

  • A dimensión pedagóxica, que fai referencia á inclusión de xeito crítico das tecnoloxías dixitais en todos os aspectos relacionados coas prácticas de ensino e aprendizaxe, contidos do currículo e prácticas de avaliación.

  • A dimensión organizativa, que inclúe as prácticas de liderado e gobernanza, o desenvolvemento profesional e a colaboración.

  • A dimensión tecnolóxica, vencellada aos temas de infraestruturas, tanto físicas como dixitais.

    A dixitalización debe integrarse de maneira natural e transparente no ensino e na actividade diaria dos centros docentes. O seu uso debe ser invisible, é dicir, non debe ser unha barreira ou unha distracción. En lugar diso, a tecnoloxía debe ser unha ferramenta que facilite e mellore as nosas tarefas, sen requirir un esforzo adicional para utilizala ou comprendela. O seu papel debe ser o de apoiar e enriquecer os procesos de ensino e aprendizaxe. Isto implica que os docentes e estudantes poidan utilizar ferramentas dixitais de forma intuitiva e sen interrupcións, de xeito que sexa máis doado centrarse no contido e a experiencia de aprender.

Marco lexislativo

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022,do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022,do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A realización do DAFO realizouse a partir dos datos recabados do SELFIE, tanto do alumnado coma do profesorado, e do Test de competencias dixitais

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non a prende a resolver problemas técnicos Alumnado Non
Debilidade Insuficiente comportamento seguro e responsable na rede. Alumnado Si
Debilidade Non existen bibliotecas en liña que contengan materiais de de ensinanza aprendizaxe Infraestruturas Non
Debilidade Non exite certificación en competencias dixitais Oferta Non
Debilidade Carencia dunha estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Insuficente tempo para que os docentes podan explorar moadalidades de ensino no ámbito dixital Organización de centro Si
Debilidade Coavaliación entre alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Habilidades dixitais para diferentes materias Alumnado Non
Fortaleza Alumnado aprende a crear contenido dixital Alumnado Non
Fortaleza experiencia no emprego de plataformas eductivaos e outros recursos dixitais Alumnado Non
Fortaleza Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Suficiente Política de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivo para el alumnado del centro y para casa Infraestruturas Non
Fortaleza Suficientes espazos físicos que faciliten a ensinanza con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza Si exite canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro Oferta Non
Fortaleza Espazo Polos Creativos ou argalleiro Oferta Non
Fortaleza Obradoiro de iPad en Educación Infantil Oferta Non
Fortaleza Obradoiro de robótica para primaria, secundaria e bacharelato Oferta Non
Fortaleza Obradoiro de Programación en Educación Infantil Oferta Non
Fortaleza Scratch para Educación Primaria Oferta Non
Fortaleza Programa STEAM para primaria, secundaria e bacharelato Oferta Si
Fortaleza Equipamiento informático comprado polo propio centro Organización de centro Non
Fortaleza Contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Se utilizan recursos educativos abiertos Persoal docente Non
Fortaleza Se promueve el uso de las tecnoloxias dixitais con fins de avaliación Persoal docente Non
Fortaleza Participación do alumnado en proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Pouco nivel de financiación externa Administración educativa Non
Oportunidade papel impulsor das autoridades educativas respecto do Plan dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Alto grao de implicación das familias na comunidade educativa ANPA Non
Oportunidade Colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña no programa Talentos Inclusivos. Contorna Non
Oportunidade Lomloe aposta polo entorno dixital Lexislación Non
Oportunidade Plan Proxecta+ Outras Non
Oportunidade Relación fluída coas Institucións Públicas Outras Non
Oportunidade Plan director. Ministerio do Interior: Ciberacoso, Internet e RRSS¿ Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

As debilidades do alumnado acerca da construcción dunha identidade dixital axeitada e dun comportamento seguro na rede son sempre unha prioridade. Na era da Intelixencia Artificial tamén é importante traballar a análise crítica da fiabilidade da información.

Tamén debemos potenciar e manter fortalezas coma a colaboración con outras entidades e o emprego das tecnoloxías dixitais para a inclusión do alumnado, a oferta do centro de programación, robótica e similares.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Traballar co alumnado a identidade e comportamento responsable na rede
O02PD Empregar tecnoloxías dixitais para unha escola inclusiva
O03PD Organización de seminarios de formación do profesorado en tecnoloxías dixitais

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital realizarase tendo en conta os obxectivos, as accións dentro de cada obxectivo e engadindo revisións das mesmas.

A maiores, cada trimestre realizaremos unha valoración sobre o grao de cumprimento das metas previstas para ese período. Comprobarase se foron executadas as accións planificadas, valoraranse os resultados e, de ser necesario, faranse os axustes necesarios e propostas de mellora.

1º Trimestre

Os obxectivos marcados no Plan Dixital avanzan segundo a temporalización prevista. O equipo de dinamización do Plan Dixital (ou TIC) realizou reunións de traballo e coordinación mensualmente. Realizamos formación sobre intelixencia artificial e didáctica das matemáticas con ferramentas TIC. Tamén participamos na formación do programa de Talentos Inclusivos.

2º Trimestre

Os obxectivos marcados no Plan Dixital avanzan segundo a temporalización prevista. O equipo de dinamización do Plan Dixital (ou TIC) realizou reunións de traballo e coordinación mensualmente. Seguimos coa formación do programa Talentos inclusivos con formación mensual, é traballo semanalmente na aula. Celebráronse unhas charlas o 22 de enero 2024: Plan Director Guardia Civil - 5º EPO-2ºESO: ciberseguridad - 3º y 4º ESO: alcohol y drogas. 

3º Trimestre

Os obxectivos marcados no Plan Dixital avanzaron segundo a temporalización prevista. O equipo de dinamización do Plan Dixital (ou TIC) realizou reunións de traballo e coordinación mensualmente. Finalizamos coa formación do programa Talentos inclusivos coa exposición dos proxectos o 14 de Xullo no centro Ágora.

Celebraronsé unha sesión en liña de Ciberseguridade non Cole é sesión presencial de Pegada dixital "Iniciación a la huella digital y redes sociales".

Asistiuse o evento para o fomento do Talento Feminino en Ciberseguridade: «Somos Cibernéticas» organizado por Amtega, celebrado ó 11 de Xullo na cidade da Cultura. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

 

Cada ano realizarase unha avaliación final revisando os problemas atopados e facendo propostas de mellora. Tamén poderemos engadir novos obxectivos e axustar aqueles xa traballados pero que consideremos en función das necesidades detectadas ou realizar unha priorización dos mesmos.

Valoración xeral

Gracias o plan dixital, o centro puido fomentar as tecnoloxías dixitais, e sobre todo fortalecer os obxetivos marcados.

O profesorado incrementou o uso de instrumentos para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, a través do uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino na actividade diaria có alumnado.

A través de este programa o centro, profesorado e alumnado dímonos cuenta de que a tecnoloxía é un ferramente que facilita e mellora as nosas tarefas, sin ter que hacer un esforzo adicional para empregala.

Proposta de mellora

Para continuar mellorando o entorno dixital do Centro, propóñense as seguintes iniciativas:

  1. Adquisición de novas NewLine para as clases de secundaria, para a mellora das infraestructuras do centro.
  2. Seguir mantendo as fortalezas actuáis.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

 

O plan dixital é aprobado en Consello Escolar previa información ao Claustro. Estará a disposición de toda a comunidade educativa en Educalidade e/ou na páxina web do centro.