Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Nome: Ceip As Forcadas

Código: 15013230

Dirección: R/ As Forcadas s/n Corme (Ponteceso) 15114

Teléfono: 881 88 09 30

Web: https://edu.xunta.gal/centros/ceipasforcadas/

Etapas educativas: Infantil e Primaria

Alumnado: 47

Profesorado: 9

Normativa

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo

Tanto dende a dirección coma no resto de integrantes da comunidade educativa hai unha fonda concienciación pola necesidade de introducir no centro un uso crecente e axeitado a todos os niveis das tecnoloxías dixitais. Este Plan Dixital debe constituír un paso importante para que nos vindeiros cursos esta circunstancia sexa un obxectivo máis do noso Proxecto de Centro. Deste xeito o profesorado leva nos últimos anos participando en PFPP que proporcionan ferramentas dixitais de nivel xeral e básico na contorna escolar. Sempre priorizando nas aplicacións de carácter corporativo.

A partir do curso 2022-2023, grazas a este Plan Dixital, na Programación Xeral Anual incluiranse un amplo abano de aspectos relacionados coa presenza das tecnoloxías dixitais dentro do centro.

Proceso de elaboración

Na centro contamos co asesoramento da mentora da Rede Galega Dixitalgal, polo que ela foi a que guiou este proceso e nos asesorou no mesmo. Nesta versión do Plan Dixital tivéronse en conta os datos de análise do plan do ano pasado, polo que as táboas de acción seguen as mesmas liñas.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a avaliacion inicial da dixitalización do centro utilizamos a ferramenta de autoavaliación SELFIE, da Comisión Europea, que proporciona un informe de situación do centro. Ademáis tamén se empregou o Test CDD para avaliar a competencia dixital dos mestres e mestras do centro.

A parte de toda a información obtida coas dúas ferramentas citadas para a elaboración do DAFO, contamos tamén co asesoramento da persoa mentora de centro e dos membros do EDPD. Cabe sinalar que os datos do SELFIE ás veces son sesgados e requiriron de interpretación, das persoas antes mencionadas, para facer unha interpretación da situación real do centro.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.-Falta capacitación técnica en programación e mantemento de equipos (H.11, H.13). Alumnado Non
Debilidade 1.-Necesidade de formación en materia dixital Familias Non
Debilidade 2.-Descoñecen como usar as tecnoloxías de xeito saudable. Familias Non
Debilidade 1.-Buscar mecanismos que seguricen os datos dixitais máis sensibles. (C.7) Infraestruturas Non
Debilidade 2.- Actualizar os dispositivos existentes no centro. Infraestruturas Non
Debilidade 1.-Falta definir a estratexia dixital. (A.1) Organización de centro Non
Debilidade 1.- Faise necesario determinar no proxecto educativo do centro en que aspectos comúns da práctica docente e no proceso de aprendizaxe do alumnado facer uso das tecnoloxías (B.2). Persoal docente Si
Debilidade 2.- O noso centro debería procurar unha maior apertura a colaborar con outras organizacións (B.3). Persoal docente Non
Debilidade 3.- Pouco uso de Entornos Virtuais de Aprendizaxe (E.3). Persoal docente Non
Debilidade 6.- A puntuación media no TestCDD do seu centro foi de 96,2 sobre 192, polo tanto obtivo un nivel Integrador/a (B1). Persoal docente Si
Debilidade 4.- Falta afondar no uso da tecnoloxía dixital como medio para interconectar as distintas disciplinas (F.6). Persoal docente Non
Debilidade 5.- Máis retroalimentación (G.5, G.6, G.9, G.10). Persoal docente Non
Fortaleza 1.-Temos moi boa dotación de equipos para o alumnado (C.8, C.10). Alumnado Non
Fortaleza 2.- Traballamos sobre un uso seguro das tecnoloxías dixitais (H.1, H.3, H.4, H.8). Alumnado Non
Fortaleza 1.-Boa predisposición para formarse en sesións programadas dende o centro educativo. Familias Non
Fortaleza 1.- O centro conta con dispositivos suficientes como para iniciar o uso frecuente e sistemático dos mesmos na aula ( C.1, C.2, C.3). Infraestruturas Si
Fortaleza 2.-Contamos con amplos espazos e boa conectividade en todas as estancias (C.14). Infraestruturas Non
Fortaleza A.3 Nos últimos cursos promovese a participación de grupos de traballo para unha maior capacitación dixital. Oferta Non
Fortaleza 1.-Pouco profesorado é máis sinxelo de coordinar para traballar na mesma dirección (A.2). Organización de centro Si
Fortaleza 2.-O alumnado con necesidades beneficiase da suficiente dotación de equipos (unha tableta por alumno/a) (C.15). Organización de centro Non
Fortaleza 3.-Boa saúde da web do centro. Organización de centro Non
Fortaleza 1.- Participación maioritaria e consensuada (D.2, D.3). Persoal docente Si
Fortaleza 2.- Recúrrese moito a ferramentas na rede para uso e creación (E.2). Persoal docente Non
Fortaleza 4.- Aproveitamos a enorme oferta de recursos na rede de software libre (E.5). Persoal docente Non
Fortaleza 5.- Atendemos as necesidades individuais (F.3, F.4, F.5). Persoal docente Non
Fortaleza 3.- Empréganse medios dixitais para a comunicación (E.4). Persoal docente Non
Fortaleza 6.- Uso da tecnoloxía dixital para facilitar a avaliación (G.3, G.7, G.8). Persoal docente Non
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.-Precisamos unha mellor asistencia técnica (adaptada á practica educativa e cun maior coñecemento dos equipos que usamos)(C.5). Administración educativa Non
Ameaza 2.-Carga horaria excesiva. (A.4). Administración educativa Non
Ameaza 1.- Intromisión non construtiva dos procesos docentes no contexto de aula. ANPA Non
Ameaza 1.- O uso de dispositivos persoais, en principio, carece de sentido se o centro dispón de dispositivos funcionais que equilibran as diferenzas económicas entre familias.(C.13) Contorna Non
Ameaza 1.- Maior conciencia sobre o uso de material con dereitos de autor (A.5). Lexislación Si
Ameaza Propostas comerciais descontextualizadas das necesidades reais do centro. Outras Non
Oportunidade 1.-Recursos corporativos cada vez máis adaptados ás necesidades dos centros. Administración educativa Si
Oportunidade 2.-Ampla oferta de formación e capacitación dixital. Administración educativa Non
Oportunidade 1.-Moi colaboradora. ANPA Non
Oportunidade 1.-O alumnado é partidario do uso da tecnoloxía e constitúe un foco de motivación. Contorna Si
Oportunidade 1.-Marco de actuación definido. Lexislación Non
Oportunidade Formación. Adquisicións. Recursos educativos. Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois de ter coñecemento da realidade do centro no eido dixital, decidimos centrarnos nos principais problemas que se manifestaron no DAFO sobre o profesorado, mellorar a súa competencia dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso da Aula Virtual por parte do alumnado do centro (E3)
O02PD Crear un banco de recursos educativos na Aula Virtual do centro.
O3PD Formar ao profesorado en competencia dixital (D1*)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre promoveuse un uso activo da Aula Virtual por parte do profesorado e do alumnado. Para isto creáronse cursos e matriculouse tanto ao profesorado como ao alumnado e subíronse actividades para realizar. Así mesmo cada mestre preocupouse porque o seu alumnado soupese acceder e desenvolverse sen dificultades.

2º Trimestre

No segundo trimestre, o profesorado seguíu involucrado co uso da Aula Virtual e seguiron subindo actividades e tarefas básicas para realizar co alumnado. O nivel de coñecemento dos mestres en canto ás TICS era variado, polo que se decidiu realizar unhas xornadas, no centro, entre os propios mestres co fin de compartir coñecementos tecnolóxicos e acadar de maneira conxunta unha pericia maior no uso da Aula Virtual.

3º Trimestre

Neste terceiro trimestre, ao igual que se estaba facendo dende o inicio de curso, seguíuse coa formación do profesorado en realción coa competencia dixital.

Podemos afirmar que ao longo do curso o nivel de coñecemento das tecnoloxías por parte do profesorado mellorou con respecto ao que se pusuía no comezo, mais a inclusión do PROENS como sistema de recollida de datos fixo que nos centrásemos neste e nas diferentes aplicacións que ten e tivésemos que emprazar contidos relacionados con outros aspectos TICS para o vindeiro curso escolar.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento.

Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo.
Representou un desafío para a comunidade educativa e, nalgún obxectivo concreto, require máis tempo para optimizar o seu resultado.
Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de
recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino. O desenvolvemento do obxectivo "Formar ao profesorado en competencia dixital" viuse afectado pola inclusión de PROENS e o seu uso, adícaronselle sesións a explicalo polo que debemos reformulado para o vindeiro curso.
A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais e outros actores chave. Ao levar só 3 anos co desenvolvemento Plan Dixital os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos nos que voltemos a realizar un exercizo SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa.

Proposta de mellora

Realizar unha nova avaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos
adicionais son necesarios.


• Afondar na formación e no desenvolvemento profesional continuo do corpo docente en colaboración cos CFR afondando na estabilización dunha liña TIC nos
PFPP. Asimesmo, é importante fomentar a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre os docentes.


• Integración curricular: Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar
ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes. Así mesmo,
débense establecer criterios claros para avaliar o uso da tecnoloxía e o seu impacto na aprendizaxe.


• Promocionar o acceso a recursos dixitais de calidade, coma os do Espazo Abalar, Procomún, etc. , para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe.


• Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan dixital, involucrando aos pais, estudantes e outros membros da comunidade na toma de
decisións e na implementación de estratexias dixitais. Pódense realizar reunións informativas, enquisas e espazos de diálogo para recompilar opinións e
retroalimentación.

• Implantar como método de avaliación a realización dunha enquisa que se pasará anualmente (ao fin de curso) para que a comunidade educativa poida reflexar o impacto das TICS na calidade educativa ofertada polo centro.

• Implantar a creación e posterior envío dun formulario en fin de curso á comunidade educativa, para que esta poida reflexar o impacto que considera que tiveron as tecnoloxías na aprendizaxe do alumnado, servindo así de retroalimentación entre pais e docentes. Isto empregarase como avaliación do plan dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A Comunidade Educativa terá a súa disposición o Plan Dixital do centro en educalidade na páxina da xunta, nos enlaces dos plans dixitais dos centros de Galicia. Dito enlace será enviado o claustro e o consello escolar para a súa aprobación.