Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, farase do seguinte xeito:
• Avaliación procesual por parte dos responsables de cada obxectivo, supervisado polo Equipo TIC, valorando e adaptando, se fose necesario, o cumprimento das accións a desenvolver de cada obxectivo nas datas previstas. Esta avaliación procesual farase ao remate de cada avaliación.
• Avaliación final levarase a cabo ao finalizar o curso académico nunha xuntanza entre o coordinador TIC e os responsables de cada obxectivo. Nesta, farase unha reflexión sobre o cumprimento dos obxectivos e resultados obtidos. Estes datos, recolleranse na memoria de fin de curso. Tamén se deixarán recollidas as propostas de mellora, así como esbozadas as liñas de traballo do plan de acción do ano seguinte.
O01PD. Emprego das TIC para a actualización e innovación das prácticas de ensinanza aprendizaxe
- Mantemos a web do centro actualizada semanalmente coas novas dos diferentes eidos: Secretaría, biblioteca, EDLG, Actividades complementarias e extraescolares, galería de imaxes...
- Seguimos seguindo recursos, dentro do curso correspondente da AV para traballar co alumnado do GAL
O02PD. Obradoiro TIC para dar a coñecer aos novos docentes que se incorporan, no CADP ou CXT, con que ferramentas TIC se traballa no centro así como facer de guía no proceso de aprendizaxe das mesmas.
- A primeira semana de curso levouse a cabo unha xuntanza co profesorado novo no centro para darlles a coñecer o funcionamento das impresoras por rede, o NAS do centro, a AV así como outras ferramentas TIC coas que se traballa no centro.
O03PD. Implementación das TIC: Polos creativos, Digicraft e robótica.
Nesta primeira avaliación, estamos facendo una cambio de espazo da biblioteca debido á entrada do centro no PLAMBE. Polo tanto, temos pendente:
- Crear un espazo para Robótica na Biblioteca.
- Non nos chegou aínda ningún material de polos creativos.
Actualmente, faise emprego do Bluebot en Infantil para o traballo de aula e algunhas conmemoracións e actividades complementarias.
Debido a que o profesorado non ten dispoñibilidade horaria, non podemos:
- Ter un mestre de apoio con competencia TIC, dentro da aula, para levar a cabo con eficacia as tarefas de Digicraft/ Robótica co alumando.
O04PD. Formación continua do profesorado. Levar a cabo PFPP con liñas orientadas á mellora da Competencia Dixital.
Actualmente temos dúas liñas de traballo no PFPP do centro:
- Seminario destinado á mellora das bibliotecas escolares.
- Seminario destinado ao coñecemento do material de Polos Creativos. Ademais, o coordinador de Polos Creativos do centro, está asistindo á formación de Coordinadores do mesmo.
O05PD. Soporte, mellora e mantemento da infraestrutura e os equipos dixitais do centro.
Actualmente no centro:
- Contamos cunha listaxe actualizada das necesidades e incidencias de equipamento e cobertura dixital do centro, situada na secretaría do mesmo.
- Todos os equipos do centro están actualizados e funcionando. Ademais, os equipos do profesorado teñen acceso á carpeta compartida do centro (onde compartimos os recursos, documentos e material audiovisual) e ás impresoras por rede.
- Temas a Aula Virtual do centro creada cos cursos, materias e o alumnado matriculado.
- Contamos con dotación de equipos dixitais para a meirande parte do alumnado de 3º e 4º curso de EP (equipos do centro e Educa en Dixital) e todo o alumnado de 5º e 6º de EP (Edixgal)
- O equipo TIC Da soporte audiovisual nas actividades extraescolares e complementarias que se celebren no centro., e prestar axuda aos demais Equipos (EACE, Biblioteca, EDLG...) cando o soliciten para montar as diferentes conmemoracións: Magosto e 25N
O06PD. Empregar a Aula Virtual como ferramenta habitual no proceso ensinanza aprendizaxe.
Empregamos as ferramentas corporativas para a comunicación interna e externa coa comunidade educativa tal e como establece o Plan de Comunicación do Centro aprobado no presente curso: (Páxina web, Abalar, EVA, AV)
O07PD. Benestar dixita e Competencias Dixitais do alumnado.
Completada xa a actividade do Plan Director da Garda Civil e Policía Nacional sobre a Protección da natureza e o CiberAcoso esocolar.
O01PD. Emprego das TIC para a actualización e innovación das prácticas de ensinanza aprendizaxe
- Seguimos mantendo a web do centro actualizada semanalmente coas novas dos diferentes eidos: Secretaría, biblioteca, EDLG, Actividades complementarias e extraescolares, galería de imaxes...
O02PD. Obradoiro TIC para dar a coñecer aos novos docentes que se incorporan, no CADP ou CXT, con que ferramentas TIC se traballa no centro así como facer de guía no proceso de aprendizaxe das mesmas.
- Cando chega profesorado novo substituto, o coordinador mantén unha pequena xuntanza para darlles a coñecer o funcionamento das impresoras por rede, o NAS do centro, a AV así como outras ferramentas TIC coas que se traballa no centro.
O03PD. Implementación das TIC: Polos creativos, Digicraft e robótica.
Seguimos facendo o acondicionamento da nova biblioteca. Polo tanto, segue pendente:
- Crear un espazo para Robótica na Biblioteca.
O04PD. Formación continua do profesorado. Levar a cabo PFPP con liñas orientadas á mellora da Competencia Dixital.
- Seminario destinado á mellora das bibliotecas escolares: Tivemos xa varias sesións nesta materia.
- Seminario destinado ao coñecemento do material de Polos Creativos: levamos a cabo a formación de radio escolar.
O05PD. Soporte, mellora e mantemento da infraestrutura e os equipos dixitais do centro.
Actualmente no centro:
- Contamos cunha listaxe actualizada das necesidades e incidencias de equipamento e cobertura dixital do centro, situada na secretaría do mesmo.
- Todos os equipos do centro están actualizados e funcionando. Ademais, os equipos do profesorado teñen acceso á carpeta compartida do centro (onde compartimos os recursos, documentos e material audiovisual) e ás impresoras por rede.
- Temos a Aula Virtual do centro creada cos cursos, materias e o alumnado matriculado.
- Contamos con dotación de equipos dixitais para a meirande parte do alumnado de 3º e 4º curso de EP (equipos do centro e Educa en Dixital) e todo o alumnado de 5º e 6º de EP (Edixgal)
- O equipo TIC Da soporte audiovisual nas actividades extraescolares e complementarias que se celebren no centro., e prestar axuda aos demais Equipos (EACE, Biblioteca, EDLG...) cando o soliciten para montar as diferentes conmemoracións: Día da Paz, Entroido e Semana da prensa
O06PD. Empregar a Aula Virtual como ferramenta habitual no proceso ensinanza aprendizaxe.
Empregamos as ferramentas corporativas para a comunicación interna e externa coa comunidade educativa tal e como establece o Plan de Comunicación do Centro aprobado no presente curso: (Páxina web, Abalar, EVA, AV)
O01PD. Emprego das TIC para a actualización e innovación das prácticas de ensinanza aprendizaxe
- Seguimos mantendo a web do centro actualizada semanalmente coas novas dos diferentes eidos: Secretaría, biblioteca, EDLG, Actividades complementarias e extraescolares, galería de imaxes...
O02PD. Obradoiro TIC para dar a coñecer aos novos docentes que se incorporan, no CADP ou CXT, con que ferramentas TIC se traballa no centro así como facer de guía no proceso de aprendizaxe das mesmas.
- Cando chega profesorado novo substituto, o coordinador mantén unha pequena xuntanza para darlles a coñecer o funcionamento das impresoras por rede, o NAS do centro, a AV así como outras ferramentas TIC coas que se traballa no centro.
O03PD. Implementación das TIC: Polos creativos, Digicraft e robótica.
Seguimos facendo o acondicionamento da nova biblioteca. Polo tanto, segue pendente:
- Crear un espazo para Robótica na Biblioteca.
O04PD. Formación continua do profesorado. Levar a cabo PFPP con liñas orientadas á mellora da Competencia Dixital.
- Seminario destinado á mellora das bibliotecas escolares: Rematado con éxito o seminario
- Seminario destinado ao coñecemento do material de Polos Creativos: Seminario rematado satisfactoriamente.
O05PD. Soporte, mellora e mantemento da infraestrutura e os equipos dixitais do centro.
Actualmente no centro:
- Contamos cunha listaxe actualizada das necesidades e incidencias de equipamento e cobertura dixital do centro, situada na secretaría do mesmo.
- Todos os equipos do centro están actualizados e funcionando. Ademais, os equipos do profesorado teñen acceso á carpeta compartida do centro (onde compartimos os recursos, documentos e material audiovisual) e ás impresoras por rede.
- Temos a Aula Virtual do centro creada cos cursos, materias e o alumnado matriculado.
- Contamos con dotación de equipos dixitais para a meirande parte do alumnado de 3º e 4º curso de EP (equipos do centro e Educa en Dixital) e todo o alumnado de 5º e 6º de EP (Edixgal)
- O equipo TIC da soporte audiovisual nas actividades extraescolares e complementarias que se celebren no centro., e prestar axuda aos demais Equipos (EACE, Biblioteca, EDLG...) cando o soliciten para montar as diferentes conmemoracións: Semana da música, Letras galegas e Festival fin de curso.
O06PD. Empregar a Aula Virtual como ferramenta habitual no proceso ensinanza aprendizaxe.
Empregamos as ferramentas corporativas para a comunicación interna e externa coa comunidade educativa tal e como establece o Plan de Comunicación do Centro aprobado no presente curso: (Páxina web, Abalar, EVA, AV)
O07PD. Benestar dixita e Competencias Dixitais do alumnado.
Nesta avaliación puxemos en marcha un concurso para elixir o novo logo do centro, con motivo do noso 50 aniversario. Pódese ver picando no enlace
Avaliación
No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
No presente curso, o conxunto do profesorado, traballamos arreo para conseguir os obxectivos marcados neste Plan Dixital. Porén, o nivel de consecución dos mesmos foi dispar debido a que nos xurdiron diferentes atrancos que nos impediron traballalos xa que:
- A gran carga lectiva do profesorado non permite que teñamos a posibilidade de ter apoios para empregar as TIC dentro da aula. Sobre todo no primeiro e segundo ciclo de EP é fundamental posto que o alumnado demanda moita atención para traballar coas TIC e o mestre de referencia non é suficiente para atender e progresar con todo o alumnado.
- Este ano estamos cambiando de situación a biblioteca escolar debido á integración do centro no PLAMBE, polo que os novos espazos que tiñamos plantexados para a mesma aínda non puideron ser creados.
- Malia que o profesorado do centro, na súa maioría, participou no PFPP do centro enfocado no programa Polos Creativos, o centro non recibiu dotación material ningunha deste proxecto.
Polo tanto a valoración xeral deste plan, se o analizamos dende o traballo cos recursos persoais e materiais dos que dispoñemos, coido que sacamos o máximo partido posible grazas ao traballo de todo o profesorado. Mais tamén é necesario ter en conta que se queremos que este plan supoña unha mellora significativa para a competencia dixital da comunidade educativa é preciso dotar aos centros de máis recursos humanos.
- Dotar aos centros de máis recursos humanos para poder levar a cabo os obxectivos do Plan Dixital.
- Dotar aos centros do material do eido dixital enfocado á etapa na que estamos a traballar.
- Formar ao profesorado, e non só aos coordinadores do Plan Dixital, para que poida traballar de xeito práctico co alumnado.
Comunicación e difusión
O protocolo ou estratexia para a difusión do Plan Dixital será o seguinte:
1. O Plan será presentado e dado a coñecer ao profesorado en Claustro por parte do equipo directivo e do equipo de Dinamización. O aplicativo EduCalidade dispón da posibilidade da visibilidade e consulta do Plan Dixital.
2. Na páxina web do Centro tamén se informará da súa existencia e estará á disposición de toda a comunidade educativa, do mesmo xeito que os restantes documentos do Centro.
3. Dispoñible a consulta en EduCalidade