Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.
Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das taboas do plan de accion para o seu cumprimento.
Neste primeiro trimestre, propúxose realizar actividades con outros centros a través de canles dixitais, dada a boa acollida que tiveron no curso anterior. Ademais, acordamos enfocar a formación de Polos Creativos en robótica e Lego.
Neste 2º Trimestre, levamos a cabo a sesión Webex cun CEiP da contorna e contamos un conto a través desta canle.
En canto á formación do profesorado, non puidemos levar a cabo a formación de Polos Creativos enfocada en Robótica e Lego, e pola contra, ofertáronnos formación en Impresora 3D. Como a nosa propia impresora 3D non chegou ao centro, as actividades de formación reducíronse ao ámbito do profesorado en modo préstamo
Avaliación
No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.
Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das taboas do pian de accion para o seu cumprimento.
O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa e, nalgún obxectivo concreto, require máis tempo para optimizar o seu resultado.
Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino. O desenvolvemento do primeiro obxectivo viuse afectado por un destes factores polo que debemos reformulado para o vindeiro curso.
A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais e outros actores chave. Ao levar só 3 anos co desenvolvemento Plan Dixital os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos nos que voltemos a realizar un exercizo SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa.
- Realizar unha nova avaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios.
- Afondar na formación e no desenvolvemento profesional continuo do corpo docente en colaboración co CFR afondando na estabilización dunha liña TIC nos PFPP. Asimesmo, é importante fomentar a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre os docentes.
- Integración curricular: Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes. Así mesmo, débense establecer criterios claros para avaliar o uso da tecnoloxía e o seu impacto na aprendizaxe.
- Promocionar o acceso a recursos dixitais de calidade, coma os do Espazo Abalar, Procomún, etc. , para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe.
- Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan dixital, involucrando aos pais, estudantes e outros membros da comunidade na toma de decisións e na implementación de estratexias dixitais. Pódense realizar reunións informativas, enquisas e espazos de diálogo para recompilar opinións e retroalimentación.
- Establecer un sistema de avaliación e seguimento continuo para medir o impacto do plan dixital na aprendizaxe dos estudantes e na calidade do ensino. Isto implica recompilar datos, analizar resultados e realizar axustes periódicos segundo os achados. Tamén é importante comunicar os avances e logros do plan á comunidade educativa.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital do noso centro enviarase o claustro e ao Consello Escolar vía correo electrónico. Logo será aprobado en Consello Escolar e publicado na web do centro para a difusión entre a Comunidade Educativa.