Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro:

CEIP Mar de Fóra. R/ Alcalde Fernández 48, Fisterra; 15155, A Coruña.

Tfno: 881880658; fax: 881880659 ceip.mar.fora@edu.xunta.gal  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmardefora/

Trátase dun centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Nel impártense ensinanzas de Educación Infantil e Educación Primaria, e a sección bilingüe. Conta con xornada continua desde o curso 2021/2022. É un centro de liña un con tres niveis de E.I. e cinco de E.P., xa que hai un aula mixta. Hai un total de 106 alumnos/as. En xeral o alumnado do centro é moi variado en canto a intereses, motivación, capacidades e necesidades. No centro, contamos con 16 profesores/as entre titores e especialistas. Aproximadamente a metade dos docentes son definitivos e o resto adoitan ser profesorado interino. A A orientadora, a especialista en Audición e Linguaxe e o profesor de Relixión son compartidos co CEIP Areouta de Sardiñeiro.

As familias destes alumnos teñen un nivel socio-económico medio-baixo na súa maioría e dedícanse sobre todo á pesca, á agricultura e á hostalaría. A maioría das nais da localidade son amas de casa ou están no paro e traballan maioritariamente no sector terciario. O turismo é o grande protagonista dos últimos anos, sendo os peregrinos o máis salientable ao rematar en Fisterra o Camiño de Santiago. A lingua predominante é o galego, aínda que os fillos/as tenden a falar cada vez máis o castelán. Polo que respecta á relación familia-centro, a comunidade educativa é maioritariamente participativa, aínda que sempre hai aqueles pais que non acoden ao centro aínda que sexan reclamados. Co desenvolvemento do Plan Dixital preténdese contribuír a un correcto aproveitamento e uso dos recursos tecnolóxicos dentro da nosa comunidade educativa, axudando a desenvolver os obxectivos propostos no Proxecto Educativo de Centro e fortalecendo así dito documento. O Plan Dixital supón un gran respaldo ao desenvolvemento do proxecto E-Dixgal, no que comezamos a traballar no curso 2021-2022 en 5º de primaria, servindo de apoio tanto a mestres, como alumnos e familias. Polo anteriormente mencionado, a PXA recollerá certos aspectos que se reflicten no Plan Dixital.

No centro contamos co asesoramento da mentora da Rede Galega Dixitalgal, polo que ela foi a que guiou este proceso e nos asesorou no mesmo. Nesta versión do Plan Dixital tivéronse en conta os datos de análise do plan do ano pasado, polo que as táboas de acción seguen as mesmas liñas.

Este documento foi elaborado seguindo a lexislación corresponde que citamos a continuación: 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a avaliacion inicial da dixitalización do centro utilizamos a ferramenta de autoavaliación SELFIE, da Comisión Europea, que proporciona un informe de situación do centro. Ademáis tamén se empregou o Test CDD para avaliar a competencia dixital dos mestres e mestras do centro.

A parte de toda a información obtida coas dúas ferramentas citadas para a elaboración do DAFO, contamos tamén co asesoramento da persoa mentora de centro e dos membros do EDPD. Cabe sinalar que os datos do SELFIE ás veces son sesgados e requiriron de interpretación, das persoas antes mencionadas, para facer unha interpretación da situación real do centro.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7: O profesorado considera que o alumnado non aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade A1: Tanto equipo directivo como profesorado indican a falta de estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade A4: O profesorado non dispón de tempo para explorar como mellorar o seu método de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C16: O profesorado afirma que non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade B3: O profesorado non utiliza ferramentas de colaboración con outros centros ou entidades. Outras Si
Debilidade F6: Tanto equipo directivo como profesorado consideran que non fomentan a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade D1: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman non debater sobre as necesidades de Desenvolvemento Profesional Continuo no relativo á ensinanzas con tecnoloxías. Persoal docente Non
Debilidade G1: O equipo directivo considera que o profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G8: O profesorado considera que non facilita que o alumnado utilice tecnoloxías dixitais para documentar a aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza H1-H2: A comunidade educativa considera que no noso centro procúrase que o alumnado aprenda a actuar de forma responsable e segura en internet. Alumnado Non
Fortaleza C1: Tanto equipo directivo como profesorado consideran que no centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C2-C8-C10: No centro existen dispositivos dixitais suficientes para o profesorado e o alumnado para ensinanza aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C3: O centro dispón dun bo acceso a internet para o ensino aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza D2: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman ter acceso a posibilidades de Desenvolvemento Profesional Continuo no relativo a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza A maioría do profesorado mostra niveis aceptables de manexo de tecnoloxías e predisposición a afondar na súa formación. Persoal docente Si
Fortaleza E1: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que buscan recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Non
Fortaleza E4: Tanto equipo directivo como profesorado afirman que se utilizan tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza As demandas que se fan á administración educativa, en canto equipos e material tecnolóxico, tenden a tardar moito ou a non ter resposta positiva. Administración educativa Non
Ameaza Escasa importancia das opinións do profesorado no desenvolvemento educativo por parte da administración. Administración educativa Non
Ameaza Carga burocrática do profesorado con múltiples funcións que non permiten un bo desenrolo das mesmas. Administración educativa Non
Ameaza Elevado número de persoal docente provisional no centro. Administración educativa Non
Ameaza A5: Tanto equipo directivo como profesorado creen ter coñecemento sobre as normas de dereitos de autor e licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para a ensinanza e o aprendizaxe pero isto non se cumpre en todos os casos. Lexislación Non
Ameaza Excesiva lexislación educativa e cambios continuos. Lexislación Non
Oportunidade É un incentivo para a mellora da calidade educativa. Administración educativa Non
Oportunidade A Consellería está facendo un gran investimento neste proceso e é unha boa oportunidade para cambiar e mellorar as cousas. Administración educativa Si
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Existe mentor ADIX na zona para apoiarnos no camiño da dixitalización. Administración educativa Non
Oportunidade C5: A comunidade educativa afirma que a asistencia técnica é bastante eficaz no noso centro cando xurden problemas coas tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade Existe unha ampla oferta de programas e proxectos para formación do profesorado. Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois de ter coñecemento da realidade do centro no eido dixital, decidimos centrarnos nos principais problemas que se manifestaron no DAFO sobre o profesorado, mellorar a súa competencia dixital.

Por outra banda,  tamén consideramos que debemos seguir mantendo contacto con outros centros educativos sobre o eido dixital, xa que resulta moi enriquecedor para todos e o mesmo tempo atallaríamos unha debilidade. 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD (B3) Poñer en marcha un proxecto relacionado co uso e vivencia das TICS en colaboración con outros centros.
O2PD Formar ao profesorado en competencia dixital (D1*)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das taboas do pian de accion para o seu cumprimento.

1º Trimestre

Respecto ao obxectivo 1 (B3 - Poñer en marcha un proxecto relacionado co uso e vivencia das TICS en colaboración con outros centros), neste primeiro trimestre o alumnado de 4º e 5º participou nun Kahoot intercentros a nivel nacional. A actividade incluiu unha preparación tanto de contidos como de práctica ca ferramenta Kahoot e outras similares. Tanto o profesorado como o alumnado implicado valorou moi positivamente a experiencia.

O obxectivo 2 (D1 - Formar ao profesorado en competencia dixital) está relacionado ca posta en marcha do proxecto de Polos Creativos. Estamos á espera da chegada do material.

2º Trimestre

Obxectivo 1 (B3 - Poñer en marcha un proxecto relacionado co uso e vivencia das TICS en colaboración con outros centros): Visto o éxito da actividade do Kahoot intercentros, o alumnado quiso repetir, así que fixémolo de novo, cun resultado moi positivo novamente.

Obxectivo 2 (D1 - Formar ao profesorado en competencia dixital). Seguemos a esperar polo material. Empezamos a estudiar alternativas para a formación dos profesores.

3º Trimestre

Obxectivo 1 (B3 - Poñer en marcha un proxecto relacionado co uso e vivencia das TICS en colaboración con outros centros): O alumnado de 5º e 6º participou nunha actividade online de caracter celebrativo con motivo da festividade das Letras Galegas en colaboración co CEIP Areouta (Fisterra). Aparte dunha videoconferencia os rapaces e rapazas realizaron diversos xogos e actividades.

Obxectivo 2 (D1 - Formar ao profesorado en competencia dixital). Dado que o material non chegou (a ver si para o ano), optamos por levar a cabo unha formación de eXeLearning como ferramenta de elaboración de materiais didácticos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

PROCEDEMENTO PARA A AVALIACIÓN

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das taboas do pian de accion para o seu cumprimento.

VALORACIÓN XERAL

Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a dispoñibilidade de material
tecnolóxico, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de
recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino. O desenvolvemento do
obxectivo 2 en concreto viuse gravemente afectado pola falta de material, polo que quedou pendente de desenvolver no curso seguinte. Tendo en conta o impacto das actividades na aprendizaxe dos estudantes e a retroalimentación dos docentes, consideramos que o obxectivo 1 foi acadado, aínda que vemos recomendable continuar incidindo nel. 

 

Proposta de mellora
  • Continuar para o ano cos obxectivos que traballamos este ano, sobre todo o obxectivo 2 relativo a formación do profesorado e os Polos Creativos.
  • Ao mesmo tempo realizar una nova avaliación das necesidades tecnolóxicas no eido educativo.
  • Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal, identificando oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A comunidade Educativa do centro terá acceso ao Plan DIxital do centro a través do enlace de Plans Dixitais de Galicia na páxina da xunta. Será aprobado en Consello Escolar.